jueves, 18 de diciembre de 2008

WEAH


Co protagonista de hoxe comezamos a falar de grandes historicos do balompé que nunca pisaron a nosa liga aínda que non por eso son uns descoñecidos. Foi un dos mellores xogadores do mundo e despois da sua retirada, traballou por mellorar as condicions de vida do seu país, Liberia. É George Weah.


¿Quén era?: Un dianteiro liberiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua endiablada velocidade, pola sua gran potencia e por ser o protagonista dunha gran época para equipos como o Paris Saint Germain ou o Milan.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2003 nas filas do Al Jazira dos Emiratos Árabes. En 2005, Weah lanzouse o mundo da política, perseguindo ser presidente do seu país, moi castigado por unha guerra civil. A pesar da sua falta de experiencia, as suas promesas de vivienda barata, auga corrente, educación e electricidade levarono a gañar a primeira volta electoral, se ben perdeu na segunda volta contra Ellen Johnson-Sirleaf, a primeira muller en ser elexida presidenta en África.


¿Sabías qué...?: É de etnia kru, gañouse a fama en África pola sua especial combatividade contra os escravistas. Dise que ou acababan matando ós seus perseguidores ou acababan suicidándose con tal de non converterse en escravos. Cando expresou a sua vontade de ser presidente de Liberia houbo algunhas dubidas, xa que se supoñía que adoptara a nacionalidade francesa na sua estancia no país galo.
- O seu descubridor futbolístico e quen o trouxo a Europa foi o actual entrenador do Arsenal, Arsène Wenger, que o fichou para o seu Monaco no 1988.
- En 1995 convertiuse no primeiro xogador africano que gañou o trofeo o mellor xogador de Europa.
- Tamén foi elixido mellor xogador africano do seculo XX.
- Antes da sua carreira política, foi embaixador de UNICEF.
- Creou unha escola de fútbol para nenos en Monrovia, capital de Liberia. So había unha condición para entrar nela: Había que ir o colexo.
- Despois da sua retirada e antes de embarcarse na política viviu en Estados Unidos. O seu fillo George xa xogou na selección sub 20 dos USA.
- Era musulmán, pero abandoou este credo.

Biografía, palmarés, estatísticas: George Tawlon Oppong Ousman Weah naceu en Monrovia, Liberia, o 1 de outubro de 1966. Comezou a sua carreira en equipos do seu país como o Young Survivors, o Bongrange Company, o Mighty Barolle e o Invincible Eleven (bonitos nomes). Despois marchou a liga camerunesa para fichar polo Tonnerre Yaoundé. No 1988, como dixen antes, fichouno o Monaco francés. Catro anos despois fichou polo PSG (formando unha espectacular parella con David Ginola). No 1995 fichouno o Milan, onde permaneceu ata 1999. Despois de pasar un ano en Inglaterra (no Chelsea e no Manchester City), pasou un ano máis no Olympique de Marsella francés, para retirarse no Al Jazira dos Emiratos Árabes. Coa sua selección xogou 60 partidos e meteu 22 goles. Entre o seu palmarés por equipos destacan duas ligas italianas e unha francesa. De maneira individual, gañou o Balón de Ouro de 1995.

No hay comentarios: