viernes, 26 de diciembre de 2008

ABLANEDO


Antes de nada, pedirvos desculpas por non actualizar nestes días, pero os motivos son obvios. Volvo cun post en honor ó Sporting de Xixón, todo un histórico do fútbol español o que eu teño un especial cariño. Igual de histórico é, pois, o protagonista de hoxe. É un dos mellores porteiros españois das últimas décadas. É Juan Carlos "O Gato" (ou Gatu) Ablanedo Iglesias.


¿Quén era?: Un porteiro español dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno gardameta do Sporting, por ser internacional (case sempre a sombra de Zubizarreta) e por ser tres veces gañador do trofeo Zamora o porteiro menos goleado.


¿Qué foi del?: Ablanedo retirouse en 1999, por suposto, nas filas do Sporting. Tra-la sua retirada, desvinculouse totalmente do mundo do fútbol. Diplomado en Relacions Laborais, sacouse o título de axente da propiedade e agora dirixe unha inmobiliaria que leva o seu nome e que ten a sua sede en Xixón.

¿Sabías qué...?: O seu irman maior José Luis xogou tamén no Sporting en Primeira. Por iso, durante moitas tempadas o seu nome futbolístico era Ablanedo II.
- Debutou coa Selección Española no Molinón.
- Como vos dicía antes, o seu apodo era O Gato (ou o Gatu, en asturiano), debido a sua axilidade e reflexos.
- Esa axilidade e reflexos compensaban a sua relativamente baixa estatura para ser porteiro: 1,77 metros.
- Coñecido en Xixón pola sua gran timidez, está solteiro. En 1986 proclamouse campión de Europa sub 21 coa Selección. Aquel día gañou España a Italia por penaltis. O Gato parou tres dos catro lanzamentos dos azzurri.
- Coa Absoluta so xogou catro partidos e encaixou dous goles.
- Dise que a entrada en vigor da regla que impide o porteiro recoller coas mans un balón cedido por un compañeiro perxudicouno, porque o forte de Ablanedo non era o xogo cos pes.
- Un cántico típico do Molinón era: "Non temos medo, temos a Ablanedo".
- Unha das suas anécdotas viviuna nun partido contra o Madrid no 86. Nunha xogada, o dianteiro mexicano dos brancos, Hugo Sánchez, deulle un pisotón o porteiro asturiano. Éste reaccionou dándolle unha patada o goleador azteca e o árbitro viuno: penalti e expulsión.
- Ablanedo é un típico apelido asturiano que se pode traducir como Avellanedo (do bable ablano=avellano).

Biografía, palmarés, estatísticas: Xoan Carlos Ablanedo Iglesias naceu o 2 de setembro de 1963 en Mieres, Asturias. Surxido da que probablemente é a mellor canteira de España, a de Mareo, debutou co Sporting en 1982 e alí permaneceu durante 17 anos. Conseguiu o trofeo Zamora en 1985, en 1986 e en 1990. Co equipo xixonés xogou 398 partidos e como vos contei antes, catro coa Selección Nacional. O seu único título é o antes referido Europeo sub 21 de 1986.

No hay comentarios: