jueves, 29 de octubre de 2009

IVANOV


Seguimos na liga española na década dos 90 e hoxe vouvos a falar dun xogador do Betis. Non e que fora un crack nin un deses xogadores que marcan época, pero sí é un deses futbolistas que a un lle quedan grabados na mente. O seu aspecto, o seu carácter e sobre todo o seu nome resonan aínda na memoria dos afeccionados o fútbol español: Trifón Ivanov.


¿Quén era?: Un defensa búlgaro dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: En España, por xogar no Betis e no resto do mundo, por formar parte da mellor selección búlgara da historia, na que era titular xunto a monstros como Hristo Stoichkov, Lubo Penev, Krassimir Balakov ou Yordan Letchkov, e que conseguiu o cuarto posto no Mundial de Estados Unidos de 1994.

¿Qué foi del?: Retirouse en 1998 nas filas dun modesto equipo da Terceira Divisón Austríaca, presidido por un amigo. O último que atopei del é que sigue en Austria, colaborando na xestión deste clube, o FAC Avanti, e que ten negocios no mundo dos combustibles, con varias gasolineras no seu país.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle O Lobo Búlgaro, pola sua melena e o seu aspecto, sempre sen barbear.
- Destacaba polas suas duras entradas e os seus lanzamentos lonxanos. No Betis no cuallou, entre outras cousas pola sua indisciplina.
- Sempre polémico, cando xogaba no Neuchatel suizo, dixo do seu entrenador públicamente que "Non ten nin idea de fútbol".
- Poucos minutos antes do partido do seu debut co Rapid de Viena, o equipo co que máis éxitos alcanzou, non se preocupou en ocultarse mentras fumaba un cigarro.
- Está considerado, pola web uglyfootballers.com (que vos recomendo), como un dos 11 xogadores máis feos da historia dos Mundiais.
- Chegou a ser capitán de Bulgaria.
- Cando os partidos se poñían feos, chegaba o final e Bulgaria necesitaba meter un gol, Ivanov colocabase de dianteiro.

Biografía, palmarés, estatísticas: Trifón Marinov Ivanov naceu o 27 de Xullo de 1965 en Veliko Tarnovo, Bulgaria. Comezou a xogar no Etar da sua cidade natal, entre 1983 e 1989. Ese ano fichou polo máis importante equipo de Bulgaria, o CSKA de Sofía, onde permaneceu ata 1991. Ese ano veu a España para xogar no Betis, pero so estivo duas tempadas. En 1993 fichou polo Neuchatel Xamax suizo e en 1995, polo Rapid de Viena austríaco. Gañou unha liga austríaca, duas búlgaras e unha Copa nacional do seu país. En 1997 foise o Austria de Viena e en 1998 acabou a sua carreira no FAC. Coa selección xogou 75 partidos e meteu 8 goles.

PD: Meteulle un golazo de cabeza o Athletic de Bilbao desde o punto de penalti en plancha tras aprobeitar o rebote do balón no pau longueiro. Pero hai outro mais impactante, o Betis tiña a favor un corner e Ivanov estaba na área do Betis. Comezou a correr dirección a portería contraria, pero correr a sprint. E os afeccionados abraiados; centran e metese na area contraria mete a cabeza con moita forza, e metea pola escadra. Os afeccionados saltaron rapidamente "Ivanov, Ivanov...". Eran moi típicos eses goles del.

No Mundial de USA 94, sacaron imaxes nas TV da concentración da seleccion búlgara e saian varios xogadores, entre eles Ivanov, xogando a partida con cigarro en boca. Winston para máis señas.

lunes, 26 de octubre de 2009

PROSINECKI


O post de hoxe está adicado a un gran xogador, a un superclase que non acabou de triunfar na Liga española. Pero ademáis, tratase dun futbolista que se quedou grabado a lume na memoria dos afeccionados españois e que os publicitarios souberon aproveitar. Un tipo que demostrou un tremendo bo humor que axigantou a sua lenda. É Robert Prosinecki.


¿Quén era?: Un xogador croata dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por que chegou o Madrid coa vitola de ser un dos mellores xogadores do mundo, por xogar tamén no Oviedo, Barça e o Sevilla e últimamente, por protagonizar os exitosos anuncios de Renault Kangoo nos que se popularizou 'Prosikito', un boneco que representaba os principais defectos do croata: Ser moi festeiro, lesionarse con facilidade, gustarlle moito as mulleres...


¿Qué foi del?: Ademáis do seu éxito como actor de anuncio, Prosinecki é agora o axudante do seleccionador croata, o seu ex compañeiro Slaven Bilic.

¿Sabías qué...?: Aínda que é de nacionalidade croata (antes iugoslava), naceu en Alemaña, onde seus pais estaban traballando.
- É o único xogador que marcou en dous Mundiais diferentes con dous países distintos (Iugoslavia e Croacia).
- O seu primeiro gol coa camisola de Croacia fixollo a España nun amigable xogado en 1994.
- A sua terrible facilidade para lesionarse valeulle o calificativo de Lesionecki.
- Dise que na sua época de futbolista fumaba dous paquetes de tabaco o día.
- Un dos seus últimos equipos foi o Portsmouth inglés. Nese equipo xoga agora Niko Kranjcar, unha das estrelas de Croacia. Foi Prosinecki quen o convenceu para que xogara alí.

- O Madrid pagou por el o Estrela Vermella 1.000 millons de pesetas. Non en van, acababa de ser campión de Europa co equipo de Belgrado.
- Alguns compararon a dous recentes fichaxes do Madrid, Woodgate e Robben, con Prosinecki, pola sua facilidade para lesionarse.
- Unha irman sua vive en Oviedo, quizais onde máis cómodo estivo en España.

Biografía, palmarés, estatísticas: Robert Prosinecki naceu o 12 de xaneiro de 1969 en Schwenningen, Alemaña, pero sendo moi neno os seus pais retornaron a Iugoslavia. Empezou a xogar no Dinamo de Zagreb, en 1986. En 1987 xa fichou polo todopoderoso Estrela Vermella de Belgrado, onde pasou catro anos a moi alto nivel. En 1991 chegou a sua fichaxe polo Madrid. En 1994, marchou o Oviedo, onde permaneceu unha tempada. A seguinte, por petición expresa de Cruyff, fichou polo Barcelona, pero so aguantou un ano. O seu último equipo en España foi o Sevilla, na tempada 96/97. O ano seguinte volveu o Dinamo de Zagreb (que naqueles anos chamabase Croacia de Zagreb -logo volvería a cambiarse o nome-). Pasou tres anos na sua casa e tras un breve paso polo NK Hrvatski do seu país, xogou no Standard de Liexa belga, no Portsmouth inglés, no Olimpia de Ljubljana de Eslovenia, para acabar a sua carreira no NK Zagreb. Con Iugoslavia xogou 15 partidos e meteu catro goles. Con Croacia xogou 49 e meteu 10 goles. No seu palmarés destacan tres ligas e unha copa iugoslava, unha Copa de Europa, unha Intercontinental, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España (co Madrid), tres ligas e unha supercopa croata e unha copa eslovena.

PD: Fichar a Prosinecki foi quizais un erro de Cruyff no Barça, porque supuxo a chegada de Pantic o Atletico de Madrid, xogador que acabaria sendo clave no doblete do Atleti.
Resulta que Antic quería a Robert Prosinecki para o seu proxecto no Atletico de Madrid, posto que con el no Oviedo conseguira desplegar un bo futbol, pero o Barça interpuxose por medio, quízais buscando a un ex-madridista que triunfara no Camp Nou e devolverlle a moneda polo de Milla e Laudrup. O final foi o propio Robert quen fixo valer a sua vontade e acabou no Barça, onde so brilou durante a pretempada facendo regates tipo "Lobo" Carrasco.

sábado, 24 de octubre de 2009

LE TISSIER


Os fanáticos do fútbol internacional coñecemos moi ben o protagonista de hoxe. Quizáis moitos de vos non o coñezades, pero xa vos digo que o seu nome é toda unha lenda para os fans das ligas estranxeiras. Non encontraredes aquí un palmarés impresionante, nin siquera a un xogador que fixera historia coa sua selección. Pero as suas extraordinarias actuacions durante 16 tempadas e sobre todo, os seus espectaculares goles, fano merecedor dun sitio no santoral do fútbol mundial e por suposto, neste blog. É Matthew Le Tissier.

¿Quén era?: Un centrocampista inglés dos 80, os 90 e principios desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela do modesto pero sempre guerreiro Southampton FC inglés, por ser internacional e sobre todo, polos seus espectaculares goles.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002, nas filas do Southampton, o seu equipo de toda a vida. Agora e un dos analistas do programa Soccer Saturday, da cadena inglesa Sky News.

¿Sabías qué...?: Naceu na Illa de Guernsey, unha das illas do Canal da Mancha.
- Os nacidos nas Channel Islands poden ser convocados por calquera das Federacions de Fútbol do Reino Unido (Escocia, Inglaterra, Gales ou Irlanda do Norte). Aínda que se rumoreou que puido xogar con Escocia, nunca ocorreu. De feito, xogou con Inglaterra.

- A pesares de ter unha técnica envidiable e unha extraordinaria capacidade goleadora, criticouselle por correr pouco e por ter asiduos problemas de sobrepeso.
- A pesares de ter, durante a sua carreira, ofertas do Milan, do Chelsea ou do Tottenham, nunca abandoou o Southampton.
- Un avión da compañía Flybe con sede en Guernsey leva o seu nome.
- Un bloque de edificios da cidade de Southampton, construido sobre o que antes era o estadio do equipo (The Dell) tamén se chama Matthew Le Tissier.
- Seu irman é o presidente da Federación Territorial de Guernsey.
- Deixou a sua muller por unha actriz australiana (da que logo se separou).
- Le Tissier dixo que se houbera sido francés ou italiano, houbera xogado máis internacionalidades.
- En maio de 2002 organizaronlle un partido homenaxe entre o Southampton e a selección inglesa, que acabou 9-9. Le Tissier xogou un tempo con cada equipo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Matthew Paul Le Tissier naceu o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port, illa de Guernsey, Reino Unido. Pasou toda a sua carreira no Southampton, onde xogou entre 1986 e 2002. En 443 partidos meteu 162 goles. Coa selección xogou oito partidos, pero non meteu ningún gol.

jueves, 22 de octubre de 2009

LALAS


Estados Unidos nunca foi unha gran potencia futbolística na decada dos 90, agora comeza a facerse un bloque de calidade con opcións en partidos (preguntenllo a España) o cal non quita para que na decada dos 90, de vez en cando, saliran nomes difíciles de olvidar (ou máis ben aspectos). Un deles é Alexi Lalas.


¿Quén era?: Un futbolista estadounidense da década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua actuación no Mundial de 1994, no seu país, pola sua longa melena e a sua profusa perilla pelirroxa.


¿Qué foi del?: Tras retirarse en 2003, convertiuse no presidente do seu último equipo, Os Anxeles Galaxy. De feito, pode dicir que é o home que fichou para a liga estadounidense a David Beckham.

¿Sabías qué...?: En 1994 convertiuse no primeiro estadounidense en xogar en Italia, cando fichou polo Padova. Hai alguns expertos, non obstante, que o consideran o terceiro, pois nos anos 30, houbo dous xogadores na Liga italiana que naceran en Estados Unidos, aínda que en familias 100% italianas.
- Grabou varios discos de rock.

- Nos seus ocos libres xoga nun equipo amateur chamado Hollywood United FC, composto por alguns famosetes, como Anthony La Paglia, o protagonista da serie Sin Rastro.
- Antes de xogar o fútbol, tamén fixo os seus pinitos no hockei.
- En Europa, tras o Mundial do 94, coñeceuselle co sobrenome de Buffalo Bill.
- É un auténtico ídolo entre os hinchas escoceses, tanto polo seu aspecto como por meterlle un gol a Inglaterra en 1993.
- Xogou un mes no Emelec de Ecuador.
- Seu pai é grego.

Biografía, palmarés, estatísticas: Panayotis Alexander Lalas naceu o 1 de xuño de 1970 en Birmingham, Michigan, Estados Unidos. Tras xogar no equipo da Universidade de Rutgers, fichou en 1994 polo Padova, onde pasou temporada e media, con escaso éxito. Volveu o seu país para xogar, xa na recén creada Major Soccer League (MSL) no New England Patriots. Despois dunha tempada e un mes en Ecuador, fichou polo MetroStars neoiorquino, para xogar un ano despois no Kansas City Wizards. En 2000 deuse un ano sabático e regresóu en 2001 os Anxeles Galaxy, onde se retirou en 2003 para pasar a formar parte da directiva. Coa selección xogou 96 partidos e meteu nove goles.

PD: Na Copa do Mundo da FIFA do 94 en EEUU, Alexei Lalas e os seus compañeiros chegaron a cuartos de final e caeron eliminados coa campeona Brasil con gol de Bebeto. Esa selección foi a sorpresa da competición xunto a Bulgaria e Suecia. Meola, Balboa, Lalas, Tab Ramos, Wynalda, Cobi Jones, Harkes... Lalas e Balboa eran os centrais, moi contundentes e do mellor do equipo ianqui.

miércoles, 21 de octubre de 2009

KEMPES


Ben, chegou o momento: Valencianistas, arxentinos, preparadevos para emocionarvos coa historia do Matador.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que maravillou o mundo na década dos 70 e os 80.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mellor xogador do Mundial de Arxentina 78, amén de máximo goleador.


¿Qué foi del?: Tras xogar no ocaso da sua carreira en lugares como Indonesia, Kempes iniciou a sua carreira como entrenador naquel país asiático, en Albania e en Bolivia. A día de hoxe, o Matador é comentarista da cadena estadounidense ESPN, na sua versión latinoamericana, e comenta a Liga Española.


¿Sabías qué?: No seu primeiro partido co Valencia fallou un penalti.
- Mario Kempes, o artífice do Mundial de Arxentina, ten duas xugosas anécdotas da final. Unha, que non lle deu a man a Xorxe Videla, o militar que ocupaba o cargo de presidente da República Arxentina, debido o tumulto que se organizou. É o mesmo motivo polo que Kempes no chegou nunca a tocar a Copa do Mundo. Segundo conta nunha entrevista a revista El Gráfico, "o día seguinte levarona e non a vimos máis. Era imposible chegar a copa, estaban todos desesperados".
- Cando entrenou en Albania, tivo que escapar do país debido o clima prebélico que se creou por unha grave crisis económica.
- A dictadura arxentina impediulle chamar Natasha a unha filla, porque soaba a ruso. Tivolle que poñer Magalí. Anos despois tivo outra nena que sí se puido chamar Natasha.
- Nunca foi expulsado nos seus 24 anos de carreira futbolística.
- Afirma que o defensa máis duro co que se enfrontou foi Xosé Antonio Camacho.
- O seu ídolo foi Pelé.
- Cando facía o servicio militar xogaba en Rosario Central. Sempre posuidor dunha fermosa melena, un cabo obligouno a cortarla case a ras. Kempes enterouse máis tarde de que o cabo era hincha de Newell's Old Boys (o outro equipo de Rosario e eterno rival do Central).


Biografía, palmarés, estatísticas: Mario Alberte Kempes naceu en Bell Ville, provincia de Córdoba, Arxentina, un 15 de xuño de 1956. Xogou no Instituto de Córdoba, Rosario Central, Valencia, River Plate, Hércules de Alicante, Austria Viena, Sankt Polten; Krems (ambos de Austria), Fernández Vial (Chile) e Petaling Jaya (Indonesia). Gañou unha liga arxentina con River e unha Copa do Rei, unha Recopa e unha Supercopa de Europa co Valencia. Foi pichichi duas veces en España e otras duas en Arxentina, mellor xogador suramericano de 1978 e sexto mellor xogador arxentino do seculo XX. Coa selección foi campión do Mundo e bota de ouro mundialista en 1978. Sumou 43 partidos coa albiceleste e meteu 20 goles.


PD: No ano 84, Kempes encontrabase semi-retirado en Austria xogando o futbol-sala, e recibiu a chamada do Hércules para xogar en Primeira Division, para axudarlle a non caer en posicions de descenso. Esa tempada o Hércules salvouse gañando na última xornada no Bernabeu, mandando o Málaga a Segunda. O Málaga e o Betis pactaron un empate que mandaba o Hércules a Segunda se non gañaba en Madrid, pero a falta de 5 minutos Sanabria marcou para os herculanos, levando o pánico a Málaga. O ano seguinte Kempes abandonou o clube a media tempada para irse o Austria de Viena.

sábado, 17 de octubre de 2009

HASSLER


Volvemos o fútbol europeo dos 90, ese que nos gusta tanto os frikis do deporte da miña xeracion. Facemolo da man do que era, despois de Klinsmann, o meu xogador favorito de Alemaña, un dos membros dunha xeración de xogadores teutons que deixou moi alto o listón para os anos vindeiros e que aínda non foi igualada, por moito que Ballack, Klose ou Podolski se empeñaran. O protagonista de hoxe é o pequeno Thomas Hässler.


¿Quén era?: Un centrocampista alemán dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos puntais da Alemaña que se proclamou campiona do mundo en Italia 90, xunto a xogadores como Illgner, Matthäus ou Klinsmann.

¿Qué foi del?: Retirouse no Salzburgo austríaco en 2004, con 38 anos de idade. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Colonia, o equipo no que debutou como profesional. Fai pouco, ademáis, foi axudante de Berti Vogts cando éste era seleccionador de Nixeria.


¿Sabías qué...?: O seu apodo en Alemaña era Icke (que significa Ich -eu- en dialecto berlinés -Hässler naceu no Berlín Occidental- ).
- Gran parte da sua xeración foise a Italia a xogar, con máis ou menos éxito: Klinsmann, Matthäus ou Brehme son exemplos diso.
- Na sua etapa na Juventus (unha tempada), so meteu un gol.
- Cando regresou a Alemaña, rexeitou ofertas dos grandes equipos alemans e firmou polo Karlsruher, que pagou a Roma 7 millons de marcos, récord para o clube.

- Na sua última tempada no Karlsruher, o equipo descendeu. No seu contrato había unha cláusula que o deixaba libre se esto ocorría. Ocorreu e foise o Borussia de Dortmund.
- Era un extraordinario lanzador de faltas.
- A nivel de clubes, non gañou ningún título na sua carreira.
- Non era, dende logo, o prototipo de deportista alemán, xa que mide 1,66 metros.
- Foi elixido mellor xogador da Eurocopa do 92.
- Neste torneo meteu dous goles, un a Comunidade de Estados Independientes e outro a Suecia. Alemaña, como recordaredes, sucumbiu na final ante unha sorprendente Dinamarca.
- O seu primeiro gol como internacional meteuno no actual RheinEnergieStadion de Colonia, no que debutou como profesional.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Hässler naceu o 30 de maio de 1966 en Berlín Occidental, Alemaña. Debutou como profesional en 1984 no Colonia, onde xogou ata 1990, ano no que fichou pola Juventus de Turín. Na cidade alpina pasou so unha tempada e marchou a Roma, onde pasou tres anos. En 1994 retornou a Alemaña, o Karlsruher. Catro anos despois, tras o descenso do equipo de Baden-Württemberg, foise o Borussia de Dortmund. So pasou unha tempada no Westfalen Stadion, trala que viaxou a Baviera para fichar polo 1860 Munich. Tras outros catro anos, pasou a sua última tempada no Salzburgo austríaco. Na selección xogou 101 partidos e meteu 11 goles. No seu palmarés destacan o Mundial do 90 e a Eurocopa do 96.

lunes, 12 de octubre de 2009

GORDILLO


Hoxe veño da man dun futbolista que ten un aura especial. Tratase dun deses xogadores que calan fondo nos afeccionados durante anos. Fixo na selección e en dous dos máis grandes equipos de España, o héroe do que vos vou a falar neste post representa a toda unha xeración de futbolistas españois que, aínda sen gañar ningún título a nivel internacional de relumbrón, sí souberon aunar calidade e garra a raudales. O protagonista de hoxe é nada menos que Rafael Gordillo.

¿Quén era?: Un defensa español dos 80 e principios dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o lateral esquerdo titular de Real Betis, Real Madrid e selección española durante moitos anos, ademáis de estar considerado como unha das máis grandes lendas do beticismo.


¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol fai 14 anos nas filas do Écixa Balompé. Segue neste equipo, onde actualmente desempeña as tarefas de vicepresidente deportivo.

¿Sabías qué...?: A sua marca máis característica foi levar as medias baixadas ata o tobillo, sen espinilleras.
- Formou parte do lexendario equipo español que venceu a Malta por 12 a 1, fai agora 26 anos.
- Aínda que naceu en Almendralexo (Badaxoz), seus pais eran sevillanos e a cidade hispalense chegou con apenas meses de idade.

- O Barcelona interesouse polo seu fichaxe cando empezou a despuntar no Betis.
- Debutou co Madrid diante do Betis, e no Villamarín.
- Debutou con España en 1978 nun partido no Molinón ante Noruega.
- Compartiu vestiario coa Quinta do Buitre e con lexendarios como Camacho ou Juanito.
- Preguntado fai pouco qué cambiaría do Betis, dixo que "o que manda".
- A principios do ano 2008 publicouse que Gordillo estaba interesado en comprar o Xerez Deportivo.
- Fai dous anos, con motivo do enfrontamento en Copa entre o Madrid e Écixa, Gordillo recibiu un homenaxe por parte da presidencia do clube branco.

Biografía, palmarés, estatísticas: Rafael Gordillo Vázquez naceu en Almendralexo, Badaxoz, o 24 de febreiro de 1957. Empezou a xogar no Unidade, equipo do seu barrio (o Polígono de San Pablo). En 1976 debutou co Betis e alí permaneceu ata 1985, ano no que fichou polo Madrid. Como branco estivo ata 1992, cando regresou a Heliópolis para xogar tres tempadas máis como verdiblanco. En 1995 fichou polo Écixa, onde se retirou un ano máis tarde. No seu palmarés destacan catro Ligas, duas Copas do Rei, tres Supercopas de España e unha Copa da UEFA. Coa selección xogou a nada despreciable cifra de 75 partidos e meteu tres goles.


PD: Era un xogador con gran recorrido, non sabias se estaba de lateral ou de extremo, foi o comezo da saga de laterales largos como Cafú ou Roberto Carlos. Para moitos béticos aínda hoxe en día segue sendo o mellor xogador da súa historia. Gordillo meteu o gol número 13 do España - Malta, aínda que foi anulado.
No Real Madrid, Gordillo xogaba de extremo esquerdo, xa que o lateral ocupabao o ex-seleccionador José Antonio Camacho. O seu posto real era de "carrilero".
No ano 1988, Ruud Gullit foi nomeado balón de ouro e o holandés dixo que para el o mellor xogador de europa era Rafael Gordillo, non él.

miércoles, 7 de octubre de 2009

HIGUITA


Volvemos o fútbol suramericano da man dun dos seus máis controvertidos personaxes. Este é un deses porteiros que tanto se ven no continente americano (como Chilavert, Rogério Ceni ou Jorge Campos), que non so xogaban baixo o marco, senon que disfrutaba saindo da área, non sen certo perigo, as veces. O deportista de hoxe era todo un tipo e ademáis, puidemos desfrutalo na Liga española. É René Higuita.


¿Quén era?: Un porteiro colombiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua excentricidade, polas suas saidas da área, porque xogou no Valladolid e polo seu famoso 'Salto do Escorpión', unha forma de despexar o balón máis propia de Oliver e Benji que da vida real, pero dende logo, realmente espectacular.


¿Qué foi del?: Pois ollo o parche... René Higuita segue xogando o fútbol. En Agosto cummprirá 44 anos. No 2008 fichou polo Deportivo Pereira, da primeira división do seu país. E fixooo porque dixo públicamente que quere volver a selección colombiana.


¿Sabías qué...?: Contase que a sua inspiración foi o porteiro arxentino Hugo Loco Gatti (si, o que este ano saía con Josep Pedrerol no programa Clube de Fútbol de TVE).
- O seu gran momento chegou en setembro de 1995, nun amigable entre Inglaterra e Colombia en Wembley. O enton xogador do Liverpool Jamie Redknapp lanzou un balón dende fora da área, que Higuita rematou co seu famoso Escorpión. Básicamente é un despexe acrobático realizado cos talons, botando o corpo hacia adiante.
- Pero tamén ten no seu haber algunha (e perdón pola expresión) cagada. Monumental foi a de Italia 90, nun partido contra Camerún, cando Higuita saiu da área controlando o balón, e o carismático Roger Milla quitoulla e marcou a porta valeira, gol que ademáis, valeu a eliminación de Colombia.
- Tras ese Mundial, o Real Valladolid fichou a tres controvertidos colombianos: Valderrama, Leonel Álvarez e o propio Higuita. Canto rizo en tan poucos xogadores... Ademáis, o entrenador era Pacho Maturana, o que foi seleccionador en Italia 90.

- Tivo serios problemas coa xustiza. En 1993 foi detido por estar implicado nun caso de secuestro. En realidade o que fixo foi mediar para conseguir a liberación da filla dun amigo, pero eso está prohibido polas leis colombianas. Estivo seis meses no cárcere e por iso non puido ir o Mundial de USA 94. En prisión comezou unha folga de fame como protesta.
- En novembro de 2004, un positivo por cocaína, en Ecuador, case lle deixa sen fútbol para sempre.
- Nunha ocasión, agrediu a un periodista deportivo que se encontrou nun aeroporto.
- En 2005 participou Na illa dos famosos, versión colombiana, xunto o seu ex compañeiro de selección e do Valladolid, Leonel Álvarez.
- O mellor foi que, nese mesmo ano, participou noutro reality, chamado Cambio Extremo (que aquí chamouse Cambio Radical). Higuita, que non era ningún Adonis precisamente, conmocionou a toda Colombia tras someterse a unha liposucción, a un aumento de mentón, a un arreglo integral dos dentes e algunha chapuciña máis. O resultado foi espectacular.
- Era amigo do famosísimo líder narcotraficante Pablo Escobar, o que chegou a visitar no cárcere.

Biografía, palmarés, estatísticas: José René Higuita Zapata naceu en Medellín, Colombia, o 28 de agosto de 1966. Debutou no Millonarios de Bogotá en 1985. Logo fichou polo Atlético Nacional de Medellín, onde estivo en duas etapas entre 1986 e 1997, entre as cales pasou un ano (a temporada 92/93) no Valladolid. No 97 probou fortuna nos Tiburons Vermellos de Veracruz (México). En 1999 fichou polo Independiente de Medellín. Tras iso, foise case a clube por ano: Real Cartaxena, Atlético Junior, Pereira e Baixo Cauca (Colombia), Aucas (Ecuador) e Guaros de Lara (Venezuela). Os seus dous últimos equipos foron o Deportivo Rionegro e o Deportivo Pereira, ambos do seu país.

jueves, 1 de octubre de 2009

GINOLA


Completamos un ciclo de grandes futbolistas franceses dunha gran época (xa vistes aquí a Djorkaeff, a Dugarry e a Cantona, entre outros) cun xenial xogador de fútbol que quizáis abriu unha tendencia do máis actual, a de aproveitar a sua imaxe para facer un diñeiro extra futbolístico. O protagonista de hoxe é David Ginola.


¿Quén era?: Un futbolista francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos máis talentosos futbolistas franceses, por asombrar a Europa nun Paris Saint-Germain no que formou unha temible parella con George Weah e por conquistar as inglesas co seu acento francés, o seu sorriso 'Profidén' e a sua melena.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002 en Inglaterra. Agora fixo os seus primeiros pinitos como comentarista deportivo e estase a preparar para sacarse o título de entrenador. Ademáis, apareceu no reality Coach Trip, da televisión británica. É unha especie de Gran Hermano pero viaxando por toda Europa e facendo probas. Ginola participou nunha delas, en Francia, xogando o fútbol-praia cos concursantes.

¿Sabías qué...?: Ginola fixose famosísimo en Inglaterra por protagonizar un anuncio de televisión de productos para o pelo de L'Oréal, que finalizaba cun "Porque eu o valo", dito cun marcado acento francés que volvía tolas as inglesas.
- Tamén participou nun anuncio do Renault Laguna. Era protagonista asiduo dun programa da BBC chamado Vingt Minutes (nada que ver cos nosos irmans franceses), adicado a ensinar francés no Reino Unido.
- Ginola foi sinalado por todos como o culpable de que Francia non se clasificara para o Mundial do 94. Tivo unha bronca con Cantona tras ese partido. A partires de aí, nin o protagonsita de hoxe, nin Cantona nin Papin volveron a ser convocados polos bleus. Comezaba así a época de Zidane e compañía.
- Foi elixido, en 1999, xogador do ano en Inglaterra, tanto polos medios como polos xogadores da Premier.
- É embaixador da Cruz Vermella.
- Antes de irse a Inglaterra, vinculouselle co Barcelona.
- Participou en duas películas. Ademáis, é un dos dobradores que participou na versión francesa da película de animación Buscando a Nemo. Puxo a sua voz a disposición de Jacques, o camarón que compartía acuario con Nemo.
- Ten dous fillos.
- Declarouse seguidor de Sarkozy.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Ginola naceu o 25 de xaneiro de 1967 en Gassin, a moi poucos quilómetros de Saint-Tropez, en plena Costa Azul. Comezou a sua carreira en 1985 no Toulon. En 1987 fichou polo histórico Racing Club de París. De 1990 a 1992 xogou no Brest. De 1992 a 1995 triunfou no Paris Saint-Germain e logo deu o salto a liga inglesa. Do 95 o 97 xogou no Newcastle United. Ese ano fichou polo Tottenham Hotspur, onde permaneceu ata o 2000. Xogou dous anos máis no Aston Villa e no 2002 acabou a sua carreira nas filas do Everton. Coa selección so xogou 17 partidos e meteu tres goles. No seu palmarés destacan unha liga francesa, duas Copas francesas e unha Copa da Liga, todo co PSG. En Inglaterra gañou, cos Spurs, unha Copa da Liga (hoxe Carling Cup). Dase a circunstancia de que ése trofeo era o último que había gañado o Tottenham ata o ano pasado, cando o volveu gañar.

PD: Ginola levou unha ovación no Bernabeu cando foi sustituido nun partido de Copa de Europa. O propio Real Madrid estivo a punto de contratalo tamén con Benito Floro no banquiño, aínda que, finalmente, o Real Madrid decidiuse polo eslovaco Petr Dubovsky.