lunes, 29 de junio de 2009

EFFENBERG


Desde que Alemaña pasara a final da Eurocopa, veño pensando posibles nomes de xogadores alemans que poderian asomar o blog. Pensei en grandes estrelas da Mannschaft, en cracks teutons que houberan marcado unha época. Hainos bos, como Brehme, Klinsmann ou Matthaus. Pero o final decidinme por un que creo que encarna perfectamente o que pensan moitos do fútbol alemán. Tratase dun bo xogador, pero a vez dun tipo duro, pendencieiro, antipático se me apuras, desafiante, polémico... Un xogador que moitos afeccionados valencianistas recordarán e que encima xa fai pouco falou de España e da Liga, e non tirándolle flores precisamente. Sí, é Stefan Effenberg.


¿Quén era?: Un centrocampista alemán dos 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o capitán do Bayern de Munich durante alguns anos nos que equipos españois o sufriron e por ser un dos xogadores alemans máis polémicos dos últimos tempos.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2004 no Al Arabi de Qatar. Agora comenta os partidos da Champions League para a cadena alemá Premiere.

¿Sabías qué...?: Forma parte do mellor 11 titular da historia do Bayern de Munich, elexido polos afeccionados do equipo bávaro. Comparte este honor con lendas como Beckenbauer, Rummenigge ou Torpedo Müller.
- Coñecido polos afeccionados como Effe ou O Tigre.
- Effenberg encheu centos de titulares en Alemaña despois de saberse que tiña un lío coa atractiva esposa do seu compañeiro do Bayern, Thomas Strunz, chamada Claudia. Effenberg, que tamén estaba casado, divorciouse da sua muller. Claudia Strunz e o Tigre casaron en 2005.
- Effenberg estivo moi cerquiña de fichar polo Atlético de Madrid en 2002, gracias a gran amizade que o une coa familia Gil (de feito, Effenberg e a sua familia pasaron uns días na famosa finca de Valdeolivas). O problema, foi, como sempre, o diñeiro.
- O posible fichaxe de Effenberg polo Glorioso Invencible tivo algunhas consecuencias desastrosas para o Atlético. O lexendario Paulo Futre era director deportivo do clube, pero os Gil comezaron a negociar o fichaxe do teutón a espaldas de Futre. Cando o portugués se enterou pola prensa, decidiu deixar o cargo, por sentirse ninguneado pola familia.

- O seu paso pola selección tamén estivo marcado pola polémica. No Mundial de Estados Unidos, o Tigre Effenberg non se lle ocurriu outra cousa mellor que sacarlle o dedo anular a afección alemana que lle silbaba polo seu baixo rendemento. Esto costoulle a expulsión do equipo e pasou catro anos sen xogar na Mannschaft.
- Por se fora pouco polémico, Effenberg publicou en 2003 as suas memorias, nas que pon a caer dun burro a alguns dos seus compañeiros. Do mítico Matthäus, por exemplo, di que é un "cagón".
- Nesta Eurocopa, preguntado polo Italia-España de cuartos, iste gran vidente dixo: "Non teño dúbida que os italianos gañarán o equipo español". E preguntado pola dupla Torres-Villa, afirmou que "Hai xogadores moito mellores como Ruud Van Nistelrooy".

Biografía, palmarés, estatísticas: Stefan Effenberg naceu o 2 de agosto de 1968 en Hamburgo, Alemaña. Comezou a xogar no Victoria da sua cidade natal como xuvenil. O seu paso a profesionalidade deuno co Borussia Mönchengladbach, onde pasou tres anos. Tras iso, fichou en 1990 polo Bayern de Munich. Dous anos despois foise a Italia para converterse nun dos ídolos da Fiorentina. En 1994 volveu a Mönchengladbach e catro anos despois, realizou de novo o camiño ó todopoderoso Bayern. En 2002 marchou o Wolfsburgo e acabou a sua carreira en 2004 no Al Arabi qatarí. No seu haber conta con tres Bundesligas e duas Copas alemanas, máis duas Copas da Liga. En 2001 gañou a Liga de Campións (co Bayern e ante o Valencia), a Supercopa de Europa e a Intercontinental. Coa selección alemana xogou 35 partidos e meteu 5 goles.

jueves, 18 de junio de 2009

HAGI


O mellor xogador da historia de Romanía pode dicir tamén que xogou nos dous máis grandes equipos de España. Todo un crack, Gheorghe 'Gica' Hagi asomase a este blog.


¿Quén era?: Un futbolista romanés que abandeirou o deporte do seu país nos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua extraordinaria clase co balón (que lle gañou o sobrenome de Maradona dos Cárpatos) e polo seu carisma no terreo de xogo.


¿Qué foi del?: Retirado en 2001, fixose entrenador. Tras dirixir a sua selección e o Galatasaray, entre outros, fixose cargo do mellor equipo de Romanía, o Steaua de Bucarest do controvertido George 'Gigi' Becali, do cal dimitiu tras enfrontarse o presidente, que lle ordeaba as alineacions. Agora é olleador en Europa do Este dun equipo escocés, o Inverness Caledonian Thistle.


¿Sabías qué?: Non gañou ningún título nin co Madrid nin co Barça.
- A sua muller é a irma da muller do seu amigo, tocaio e compañeiro no Barça e na selección Gica Popescu.

- É de etnia arumana.
- É o máximo goleador da historia da selección romanesa.
- En España recordase un gol que, co Barcelona, lle meteu o Celta de Vigo dende o centro do campo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gheorghe Hagi naceu un 5 de febreiro de 1965 en Sacele, Constanta, Romanía. Empezou a xogar no Farul Constanta, do que pasou o Sportul Studentesc. En 1987, xusto despois de que o Steaua gañara a Copa de Europa, firmou por este equipo. A sua seguinte etapa pasouna no Madrid, entre o 90 e o 92, de onde emigrou o Brescia italiano, que o tivo nas suas filas ata o 94. Firmou polo Barcelona ese ano e xogou duas tempadas. De aí foise o Galatasaray turco, onde en cinco anos viviu unha das suas mellores etapas. Empezou como entrenador na sua selección. Logo entrenou o Bursaspor e o Galatasaray en Turquía e a Politecnica de Timisoara e o Steaua no seu país. Gañou duas Supercopas de Europa (con Steaua e co Galatasaray), unha UEFA (co equipo turco) e varias ligas e copas locais en Romanía e Turquía.

PD: Cando falamos de Hagi debemos mencionar un pouco o Mundial 94. Romanía perdeu en cuartos de final, pero foi a selección que probablemente realizou o xogo máis vistoso. E esa selección, o igual que Bulgaria, non era un equipo, senon Hagi e un ou dous máis facendoo todo, e ese Mundial foi o que o relanzou a fama, e con iso a sua fichaxe polo F.C. Barcelona (e bueno, tamén o que non poideron fichar a Rui Costa)


domingo, 14 de junio de 2009

DJUKIC


Un dos momentos máis dramáticos dos últimos anos da Liga española tivo lugar fai xa 15 anos (cómo pasa o tempo). Tivo lugar no estadio de Riazor e tivo como protagonista o xogador do que vos vou falar hoxe. Tratase dun histórico do noso campionato, un futbolista que viviu un amargo trago, xunto a toda unha cidade. É Miroslav Djukic.


¿Quén era?: Un defensa serbio da década dos 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Sexamos realistas. Recordaselle por aquela fatídica última xornada da Liga 93/94. Era o 14 de maio de 1994. Xogabanse o campionato o Barcelona e o Deportivo da Coruña. Na última xornada, o Depor, entrenado por Arsenio Iglesias, dependía de sí mesmo. Se gañaba era campión. No último minuto do partido, con 0-0 no marcador, o Valencia cometeu un penalti. Aínda que o debería tirar Bebeto (ou polo menos eso é o que sempre se dixo), o brasileiro non quixo lanzalo e a responsabilidade recaeu no defensa iugoslavo Miroslav Djukic. Non quedaba tempo para máis. Se entraba, o Depor gañaba o partido e a Liga. Todo Riazor, toda Galicia parou. Era un momento histórico. Un equipo modesto como o Depor podería arrebatarlle a Liga os grandes. Djukic colleu o balón. Colocouno no punto de penalti. Cos brazos en xarra, resoplou profundamente. Colleu carreiriña, lanzou coa perna dereita a dereita do porteiro González... e o gardameta do Valencia parou o balón. A Coruña chora. Barcelona estalla de alegría. O soño do Super Depor desvanecese. Anos máis tarde, Djukic fichou polo Valencia. A sua carreira acabouna tamén en España, no Tenerife.

¿Qué foi del?: Como vos dicía, retirouse no Tenerife, no ano 2004. Volveu a Valencia, para residir na bela capital do Turia. Fíxose entrenador e debutou, en 2006, como técnico da selección Serbia sub 21. O ano seguinte fichou como entrenador do Partizan de Belgrado, un dos grandes equipos serbios de todolos tempos. A principios deste ano, e en sustitución de Javier Clemente, faise cargo da selección absoluta de Serbia. Fai unhas semanas, Radomir Antic sustituino. Non obstante, Djukic fixose cargo da selección olímpica de Serbia, coa que acaba de desputar os Xogos de Pekín.

¿Sabías qué...?: O día seguinte do partido de maio do 94, o do penalti, no portal da casa onde Djukic vivía apareceu unha pintada: "¿Djukic? Querote igual".
- O serbio quedou profundamente marcado por ese fallo. Dixo que foi o momento máis triste da sua vida deportiva e que "a xogada, a imaxe, o momento, perseguiume durante moito tempo, era como unha obsesión insana. Un día decidín que non podía seguir pensando naquel maldito instante, non quería volverme tolo". Cando anos despois, o Depor gañou a Liga, Djukic declarou que "Deus existe. Merecíano. Agora estou en paz".
- Declarou recentemente que lle encantaría entrenar en España.
- Anos despois daquela Liga, o defensor valencianista Giner afirmou que o Barcelona os primou aquel día.
- Na sua época valencianista, estivo seriamente pelexado con Santi Cañizares, ata o punto de non falarse. O motivo é que o serbio nunca consentiu as intensas broncas de Cañizares os defensas. Finalmente, fixeron as paces.
- Fai pouco houbo polémica, de novo, polo penalti de Djukic. Fernando Giner, o mesmo que dixo que o Barça os primou, afirmou que "Durante o partido Bebeto dixome de todo: que se éramos uns vendidos, que se non nos daba vergoña? En fin, de todo -recalca-. Cando pitan o penalti dirixome a el e digolle que xa o tiñan, que se era o que quería xa o conseguira. O que son as cousas. Enton desapareceu da miña vista, escondeuse e tivoo que tirar 'Djuka'. Fodeume que se borrara desa maneira. A Liga perdea o Deportivo, non lla facemos perder nos". O brasileiro respondeulle: "Quen diga que non me atrevín a tirar o penalti, está mentindo. Donato non estaba no campo e Djukic era o lanzador. Él nunca fallaba, nin sequera nos entrenamentos. Falei con él para tiralo, pero dixome que estaba ben para lanzar e facer gol. Ademáis, no campo eu xamais falaba cos xogadores rivais. Eu non lle comentei nada a Giner. O que el di agora son tonterías. Está tolo e minte".
- Djukic volveu a vivir momentos amargos como futbolista. En concreto, as duas finais da Liga de Campións que perdeu co Valencia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Miroslav Djukic naceu o 19 de febreiro de 1966 en Sabac, Serbia. Debutou como profesional en 1986 nas filas do Macva Sabac. Logo pasou unha tempada no Rad de Belgrado, ata que en 1990 fichou polo Deportivo da Coruña, onde pasou sete anos. Logo fichou polo Valencia CF. En 2003 foi o Tenerife e en 2004 retirouse. Gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España co Depor. Co Valencia gañou unha Liga, unha Copa e unha Supercopa de España. Como internacional, xogou 48 partidos e meteu dous goles, tanto coa selección de Iugoslavia unida como coa Iugoslavia que formaron despois Serbia e Montenegro.

martes, 9 de junio de 2009

ROGER MILLA


Todo un exemplo de lonxevidade e profesionalidade, é todo un símbolo no seu país, e non é para menos. É Roger Milla.


¿Quén era?: Un futbolista camerunés dos 60, os 70, os 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos mellores xogadores da historia de Camerún, participante en tres Mundiais de fútbol.


¿Qué foi del?: Pois retirouse no Putra Samarinda, que é un equipo indonesio, en 1997, con 45 anos de idade. Tras ter algún cargo na Federación Camerunesa, na actualidade é embaixador de Unicef no seu país.


¿Sabías qué...?: En 1987 retirarase do fútbol internacional. Co Mundial de Italia 90 a volta da esquina, o presidente de Camerún chamouno para pedirlle por favor que xogara coa selección. Meteu catro goles nunha competición que consagrou o seu país.
- Tamén xogou o Mundial de USA 94, con 42 anos. Convertiuse no xogador máis veterano en xogar unha fase final mundialista. Ademáis, meteu un gol (ante Rusia), o que tamén lle fixo ser o xogador máis vello que meteu un gol nun Mundial.

- Foi elexido como o mellor xogador africano do seculo XX.
- O seu verdadeiro apelido é Miller.
- É o africano que máis goles meteu en Mundiais (5).

- O Camerún de 1994 bateu outro récord. Neste equipo estaba a maior diferencia de idade entre dous xogadores de toda a historia dos Mundiais. Milla tiña, nese Mundial, 24 anos máis que o seu compañeiro Rigobert Song, que por certo, é agora o capitán de Camerún e o xogador con máis internacionalidades.
- O seu penúltimo equipo foi o Perlita Jaya indonesio. Nese equipo retirouse o matador Kempes.
- En Italia 90 tamén se fixeron famosas as suas celebracions de gol. Iase o córner e alí iniciaba un baileciño secundado polos seus compañeiros.
- Sempre levou o 9 nos Mundiais que xogou.
- Pelé elexiuno como un dos 125 mellores xogadores da historia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Albert Roger Mooh Miller naceu o 20 de maio de 1952 en Yaoundé, Camerún. Enumerovos os seus equipos, porque son un huevo: Eclair de Douala, Leopard de Douala, Tonnerre Yaoundé, Valenciennes, AS Monaco, Bastia, Saint Etienne, Montpellier, Saint Pierroise, Perlita Jaya e Putra Samarinda. Con Camerún xogou 102 partidos e meteu 28 goles.

PD: Recordo que non se sabía a idade que tiña, pero é que nin el estaba seguro porque a sua unidade de medida para medir o tempo non eran os anos, senon as colleitas. Esto dixoo nunha bonita entrevista que lle fixeron en France Football.

A verdade é que Camerún foi a auténtica animadora de Italia 90, se non chega a ser por eles sería un mundial máis merda aínda do que xa foi. E case se cargan a Inglaterra en cuartos, foi a ostia ese partido... cargaronse a Arxentina no partido inaugural nunha cantada do parapenaltis Goycoechea.
Ademáis recordo que foi a única selección nese mundial que apostou polo toque e por xogar algo o fútbol, incluso a Brasil do nefasto Lazaroni non xogou un pemento, e así lles foi... estou de acordo en que Milla podería haber xogado nun equipo máis potente porque tiña calidade para iso, nos 80 e os primeiros 90 os xogadores africanos so xogaban en Francia, e en equipos mediocres.
Tamén participou en España 82 no grupo "galego", xunto con Italia, Perú e Polonia, empataron os tres partidos.

O xogador máis completo dese equipo de Camerún era sen dúbida Oman Biyik, aínda que o máis determinante seguia sendo o noso protagonista, Roger Milla.