viernes, 5 de diciembre de 2008

PIZZI

Despois de Radchenko ven outro dianteiro, un dianteiro que naceu máis alá do Atlántico pero que vestiu a "Roja", na mesma época que Donato (outro que naceu máis alá do Atlántico). Este é un deses goleadores carismáticos que sempre tivo a Liga. É Juan Antonio Pizzi.

¿Quén era?: Un dianteiro hispano-arxentino da década dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos mellores goleadores da súa época, por ser o estilete dun Tenerife de ensoño e por dar un par de alegrías gordas ós aficionados do Barça.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol en 2002, nas filas do Vilarreal. Despois, estableceuse en Barcelona onde se enrolou no Real Club de Polo de Barcelona para xogar a ese elitista deporte. Máis recentemente, marchouse a Perú para probar como entrenador. Ata a tempada pasada era o técnico do Universidade de San Martín do país andino.

¿Sabías qué...?: Foi coñecido como O Lagarto e como Macanudo Pizzi.

- O segundo apodo púxollo o periodista deportivo Joaquim Maria Puyal. Foi no seu día máis glorioso como azulgrana. Nunha semifinal épica de Copa do Rei entre o Barça e o Atlético de Madrid en 1997, Pizzi marcou o último gol dun tolo 5-4 que supuxo a clasificación dos culés para a final. Nese partido, o Barcelona chegou a perder por 0-3.

- Esa Copa do Rey gañouna o Barcelona ó Betis na final. Pizzi fixo o 2-2 que levou o partido á prórroga. O Barça gañou 3-2.

- Foi bota de oro Europea co Tenerife en 1996.

- Chegou a xogar con España ante o seu país orixinal, Arxentina. Foi nun amistoso no que España gañou 2-1 no Calderón. El mesmo meteu o primeiro gol.

- O seu último partido coa selección foi contra Paraguai no Mundial do 98, de mal recordo para os seguidores da selección.

- A súa etapa no Valencia tivo máis sombras que luces.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Antonio Pizzi Torroja naceu o 7 de Xuño de 1968 en Santa Fé, Arxentina. Debutou con 20 años nas filas de Rosario Central, onde estivo ata o 90. Ese ano marchou a México para xogar no Toluca, pero só pasou un ano. Foi entón cando chegou a Liga española, para xogar no Tenerife. Pasou dous exitosos anos ata que na 93/94 fichou polo Valencia. O seu escaso éxito na ribeira do Turia fixoo volver ó Tenerife, onde volveu pasar dous anos. Foi no 96 cando fichou polo Barcelona. Alí pasou dous anos e despois retornou a Arxentina, onde xogou un Apertura e un Clausura con River Plate, e outros tantos de novo con Rosario Central. Volveu a Europa para xogar no Oporto un ano e retirouse no Vilarreal, que o fichou en 2001 para sustituir a un lesionado Martín Palermo. Coa Selección española xogou 22 partidos e meteu oito goles. Os seus títulos gañounos co Barça: Campeón de Liga en 1998, de Copa do Rei no 97 e no 98, da Supercopa de España no 96 e da Recopa no 97.

No hay comentarios: