miércoles, 2 de diciembre de 2009

COSTACURTA


Dise que a defensa do Milan dos 90 é a mellor (ou unha das mellores) de todos os tempos. Por este blog pasaron alguns dos seus compoñentes. Por iso, hoxe traiovos a un dos seus compoñentes, un dos fixos, inolvidable (outro que non fai honra o título desta páxina). Un gran defensor que marcou unha época e que ten un currículo sencillamente impresionante. Así que sen máis dilación, viaxamos a bela Italia para falarvos de Alessandro Costacurta.


¿Quén era?: Un defensa italiano dos 80, 90 e esta mesma década.


¿Por qué se lle recorda?: Pois por ser unha das lendas do AC Milan, conformando con Baresi, Maldini e Tassotti, sobre todo, unha das mellores defensas da historia.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2007 os 41 anos de idade, no seu equipo de sempre, o Milan. Trala sua retirada iniciou unha carreira como entrenador. A sua primeira experiencia foi no Mantova, da Serie B, se ben foi despedido pola sua falta de resultados. Ademáis, tamén fixo os seus pinitos no mundo da publicidade. Agora podedelo ver nun anuncio das maletas Roncato, que están pasando en España últimamente.


¿Sabías qué...?: É o xogador (de campo, sen contar porteiros) máis veterano en xogar un partido da liga italiana.

- No seu último encontro, en maio de 2007 ante o Udinese, Costacurta saltou o céspede con 41 anos e 25 días.
- É, ademáis, o xogador máis veterano que marcou na liga italiana. Foi o mesmo día no que batiu o récord, ante o Udinese. Foi de penalti. O seu anterior gol en liga meterao 15 anos antes.
- So meteu tres goles en 21 anos de carreira. Xa vedes que, en Italia, os defensas adicanse a defender...

- A sua muller é a Miss Italia 1991 Martina Colombari. É a bela muller que sae no anuncio de Roncato que vos dicía antes. Ten un fillo con ela, chamado Achille.
- O seu apodo era Billy.
- Criado na canteira rossonera, xogou toda a sua vida no Milan agás un pequeno paréntesis entre 1986 e 1987, cando o fixo cedido no Monza.
- So Maldini e Baresi xogaron máis partidos ca el coa camiseta do AC Milan.
- Non xogou a final da Champions do 94 (ante o Barcelona, que gañou o Milan 4-0) por estar sancionado. Tamén estaba Baresi, pero non se notou moito. Dous meses despois, perdeuse a final do Mundial de USA 94, tamén por sanción.
- É un gran fan do baloncesto.
- Di que o mellor xogador contra o que se enfrontou é Ronaldo, mellor incluso que Maradona.

Biografía, palmarés, estatística: Alessandro Costacurta naceu en Jerago con Orago, provincia de Varese, Lombardía, Italia, o 24 de abril de 1966. Debutou como profesional en 1985, xogando toda a sua vida no AC Milan agás o intervalo antes citado no Monza. O seu palmarés: sete ligas italianas, unha Copa de Italia, cinco Supercopas italianas, cinco Ligas de Campions, catro Supercopas de Europa e duas Intercontinentais. Coa selección italiana xogou 59 partidos e meteu dous goles.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

TAFFAREL


É curioso que sendo Brasil, probablemente, a maior potencia futbolística de todos os tempos, nunca tivera grandes porteiros. Quizá sexa precisamente por iso, porque como son tan bos cos pes, ningún neno brasileiro quere ser porteiro (que debe ser un rollo mentras podes facer regates, bicicletas e "folhas secas"). A pesar de todo, Brasil tivo un par ou tres de gardametas medianamente regulares e un deles é o protagonista de hoxe. Durante moitisimos anos foi o titular da canarinha. Os que sodes máis ou menos da miña quinta coincidiredes comigo en dicir que o meta de hoxe é o primeiro porteiro brasileiro que recordades. Vouvos a falar de Claudio Taffarel.

¿Quén era?: Un porteiro brasileiro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro titular da selección brasileira durante moitos anos, incluindo no Mundial de Estados Unidos do 94, que Brasil gañou.


¿Qué foi del?: Retirouse nas filas do Parma italiano en 2003. Na actualidade é axente de futbolistas en Brasil.


¿Sabías qué...?: Nada máis retirarse tivo unha pequena experiencia como entrenador axudante de Gheorghe Hagi no Galatasaray, equipo no que ambos xogaron.
- É de oríxe italiano e alemán.
- Foi un dos mellores xogadores de Brasil no Mundial de Francia 98, aínda que encaixara tres goles na final ante Francia.

- Foi elixido mellor xogador da final da UEFA de 2000, na que o Galatasaray venceu o Arsenal.
- O pasado mes de xaneiro foi elixido como décimo mellor porteiro da historia (elixiuno a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol). É o mellor brasileiro clasificado.
- É o porteiro brasileiro que máis partidos xogou coa Seleçao, 101. Ademáis é o terceiro xogador que máis internacionalidades ten coa canarinha, so por detrás de Cafú e Roberto Carlos.
- Foi, en 1990, o primeiro porteiro estranxeiro en fichar por un equipo italiano (según a Gazzetta dello Sport, aínda que me extraña), o Parma.
- O seu fichaxe polo equipo parmesano formaba parte dunha estratexia comercial da empresa láctea Parmalat, que quería extenderse por Suramérica. De feito, no momento no que Taffarel se convertiu en meta do Parma, convertiuse tamén na imaxe de Parmalat en Brasil.
- Parou un penalti na tanda da final de USA 94 o italiano Massaro.
- Na sua segunda etapa no Parma quentou banquiño (tiña o francés Sebastien Frei por diante).

Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio André Mergen Taffarel naceu en Santa Rosa (Río Grande do Sul), Brasil, o 8 de maio de 1966. O seu primeiro equipo foi o Internacional de Porto Alegre, onde xogou entre 1985 e 1990. Ese ano foise o Parma italiano, onde permaneceu ata 1993. Seguiu en Italia para xogar na Reggiana un ano máis. Regresou a Brasil en 1994 para xogar no Atlético Mineiro. Retornou a Europa en 1998 para xogar no Galatasaray turco ata 2001, tralo que regresou o Parma para retirarse en 2003. Coa selección xogou 101 partidos, como vos dixen. O seu palmarés é excelente: Ten duas Copas de Italia e unha UEFA co Parma; duas ligas, duas copas turcas, unha UEFA e unha Supercopa de Europa co Galatasaray e a nivel de selección, un Mundial (94) e unha Copa América. Ademáis, gañou unha plata en Seúl 88 coa selección olímpica brasileira.


PD: Taffarel foi o primeiro porteiro estranxeiro en xogar a liga italiana, pero sinceramente a mín non me sorprende. Hai que ter en conta que enton non existía a lei Bossman e era moi raro que se gastara unha plaza de estranxeiro no porteiro. Ravelli por exemplo, o sueco, era un bo porteiro que so saliu de Suecia máis que para xubilarse en EEUU. Se porteiros como Ravelli ou Preudd'Home xogaran agora evidentemente non durarian nin dous anos nos seus países.

Cando xa era un xogador consolidado, saiu outro porteiro en Brasil moito mellor ca este, que efectivamente, era do monton. O problema deste chaval era que en Brasil os porteiros teñenos pouco menos que menospreciados, e enriba tiña a losa de ser fillo de O Rey. Era Edinho, e seu pai, o gran Pele, chegou a renegar del. Simplemente non lle cabía na cabeza ter un fillo porteiro.

martes, 10 de noviembre de 2009

MAZINHO


Se houbera unha clasificación de grandes futbolistas brasileiros que xogaron na nosa liga, o que vos traio hoxe estaría, seguro, entre os 10 primeiros. É ese tipo de xogador de enorme técnica, de traballo constante, de visión de xogo enorme e de honradez no terreo de xogo e fora del (non todolos brasileiros da nosa liga poideron dicir isto último). Ademáis, este futbolista é un dos compoñentes dunha das mellores xeracions de xogadores do seu país, capitaneada por Romário e que culminaron a sua carreira conseguindo gañar o Mundial dos Estados Unidos. O home do que vos falo hoxe é Mazinho.


¿Quén era?: Un futbolista brasileiro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser titular na selección brasileira que gañou o Mundial en Estados Unidos 94 e ser un dos grandes xogadores dos últimos anos tanto do Valencia CF como do Celta de Vigo. Ademáis, tamén xogou no Elche e no Alavés.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2001, nas filas do Vitória de Bahía do seu país. Tras iso, foi director técnico do Aris de Salónica grego. Agora volveu a vivir en España, en concreto en Barcelona. A razón é que se adica en corpo e alma a promocionar e representar a carreira futbolística dos seus fillos Thiago e Rafael, que xogan nas categorías inferiores do Barça. Os que saben moito desto din que Thiago, que xoga no Barça B as ordes de Luis Enrique, é un crack e que promete moitisimo. Ademáis, debutou xa coa sub 17 española. Ultimamente formou tándem con outro ex-futbolista brasileiro da nosa liga, Donato, para entrenar ó Aris de Salónica. Fai pouco que os destituiron.


¿Sabías qué...?: Sen dubida, a imaxe máis famosa de Mazinho, é a celebración dun gol que Bebeto lle fixo a Holanda no Mundial de USA 94. O ex dianteiro do Depor celebrouno co xesto de acunar un bebé (acababa de ser pai), e Romário e Mazinho unironselle na banda, imitando o mesmo xesto. Sobre esa celebración, Mazinho dixo fai pouco, nunha entrevista: "Non había nada preparado naquela celebración, foi algo espontáneo. Bebeto adicaballo o seu fillo e logo unimonos Romario e eu".
- Thiago, o fillo de Mazinho, ten nacionalidade española, pero naceu en Bari, Italia, cando seu pai xogaba no Lecce do país transalpino.
- Futbolísticamente, Thiago criouse en Vigo.
- Thiago estivo a punto de fichar polo Madrid, pero o clube merengue non aceptou o que pedía Mazinho: 40.000 euros, billetes de avión para viaxar a Madrid e un traballo como cazatalentos do Madrid en Vigo. O Barça si aceptou.
- A principios dos 90, houbo outro Mazinho que xogou coa selección brasileira.
- Mazinho tamén se fixo cargo dun campus de fútbol para nenos en Vigo.
- Fai un ano, o diario El Mundo Deportivo de Barcelona publicou que o Chelsea xa preguntara a Mazinho polos seus fillos.
- Segundo o blog "Eu xoguei no Celta", o Celta pagou 100 millons de pesetas o Valencia polos seus servizos.


Biografía, palmarés, estatísticas: Iomar do Nascimento, alias Mazinho, naceu en Santa Rita, Brasil, o 8 de abril de 1966. Debutou en 1983 no Santa Rita. En 1986 deu o salto o gran Vasco de Gama do seu país, onde pasou catro exitosos anos e tras os que deu o salto a liga italiana. En 1990 chegou o Lecce e o ano seguinte fichou pola Fiorentina. Tras un ano no equipo toscano, regresou a Brasil para xogar no Palmeiras de Sao Paulo. Duas tempadas despois volve a Europa da man do Valencia CF. Dous anos despois ficha polo Celta de Vigo, onde pasa catro tempadas. As suas últimas patadas o balón deunas no Elche, no Alavés e no Vitória de Bahía do seu país. Coa canarinha xogou 39 partidos. No seu palmarés destacan o Mundial do 94 e a Copa América do 89 coa selección e dous campionatos paulistas (Palmeiras), dous campionatos cariocas (Vasco), amén de dous Brasileiraos (un con Vasco e outro con Palmeiras).

PD: En Vigo foi onde máis destacou aínda que en Valencia tamén era un gran xogador, ata que chegou Luis Aragonés e o descartou xunto con Viola, Engonga e Romário... casualmente todos de color.

Estupenda tempada 97-98 que fixo o Celta no medio campo coa parella Ito - Mazinho. Complemento ideal que devolveu o Celta a Copa da UEFA, 19 anos despois.

Na seleccion brasileira campiona do Mundo en EEUU, Mazinho era suplente xa que o titular no centro do campo canarinho era Raí.

Falar de Mazinho como xa dixen e falar dun dos 10 mellores brasileiros que xogaron na Liga Española: Ronaldo, Rivaldo, Romário, Ronaldinho, Mauro Silva, Roberto Carlos, Djalminha, Dani Alves, Bebeto e o propio Mazinho, quizais neste orde.

Mazinho, un señor, agás o seu último ano no Celta, tiña unha lesión ósea dexenerativa nunha rodilla e pouco menos que coxeaba. Despois de 3 grandiosas tempadas non soubo recoñecer a sua desgracia e marchou o Elche pola porta de atrás. Todo iso non emborrona a gran calidade que tiña como futbolista e como persona. Vendo o Celta nestes días, no pozo da Segunda División acordome dun once mítico: Dutruel; Míchel Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges; Mazinho, Makélélé; Revivo, Mostovoi, Karpin; Penev.

jueves, 29 de octubre de 2009

IVANOV


Seguimos na liga española na década dos 90 e hoxe vouvos a falar dun xogador do Betis. Non e que fora un crack nin un deses xogadores que marcan época, pero sí é un deses futbolistas que a un lle quedan grabados na mente. O seu aspecto, o seu carácter e sobre todo o seu nome resonan aínda na memoria dos afeccionados o fútbol español: Trifón Ivanov.


¿Quén era?: Un defensa búlgaro dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: En España, por xogar no Betis e no resto do mundo, por formar parte da mellor selección búlgara da historia, na que era titular xunto a monstros como Hristo Stoichkov, Lubo Penev, Krassimir Balakov ou Yordan Letchkov, e que conseguiu o cuarto posto no Mundial de Estados Unidos de 1994.

¿Qué foi del?: Retirouse en 1998 nas filas dun modesto equipo da Terceira Divisón Austríaca, presidido por un amigo. O último que atopei del é que sigue en Austria, colaborando na xestión deste clube, o FAC Avanti, e que ten negocios no mundo dos combustibles, con varias gasolineras no seu país.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle O Lobo Búlgaro, pola sua melena e o seu aspecto, sempre sen barbear.
- Destacaba polas suas duras entradas e os seus lanzamentos lonxanos. No Betis no cuallou, entre outras cousas pola sua indisciplina.
- Sempre polémico, cando xogaba no Neuchatel suizo, dixo do seu entrenador públicamente que "Non ten nin idea de fútbol".
- Poucos minutos antes do partido do seu debut co Rapid de Viena, o equipo co que máis éxitos alcanzou, non se preocupou en ocultarse mentras fumaba un cigarro.
- Está considerado, pola web uglyfootballers.com (que vos recomendo), como un dos 11 xogadores máis feos da historia dos Mundiais.
- Chegou a ser capitán de Bulgaria.
- Cando os partidos se poñían feos, chegaba o final e Bulgaria necesitaba meter un gol, Ivanov colocabase de dianteiro.

Biografía, palmarés, estatísticas: Trifón Marinov Ivanov naceu o 27 de Xullo de 1965 en Veliko Tarnovo, Bulgaria. Comezou a xogar no Etar da sua cidade natal, entre 1983 e 1989. Ese ano fichou polo máis importante equipo de Bulgaria, o CSKA de Sofía, onde permaneceu ata 1991. Ese ano veu a España para xogar no Betis, pero so estivo duas tempadas. En 1993 fichou polo Neuchatel Xamax suizo e en 1995, polo Rapid de Viena austríaco. Gañou unha liga austríaca, duas búlgaras e unha Copa nacional do seu país. En 1997 foise o Austria de Viena e en 1998 acabou a sua carreira no FAC. Coa selección xogou 75 partidos e meteu 8 goles.

PD: Meteulle un golazo de cabeza o Athletic de Bilbao desde o punto de penalti en plancha tras aprobeitar o rebote do balón no pau longueiro. Pero hai outro mais impactante, o Betis tiña a favor un corner e Ivanov estaba na área do Betis. Comezou a correr dirección a portería contraria, pero correr a sprint. E os afeccionados abraiados; centran e metese na area contraria mete a cabeza con moita forza, e metea pola escadra. Os afeccionados saltaron rapidamente "Ivanov, Ivanov...". Eran moi típicos eses goles del.

No Mundial de USA 94, sacaron imaxes nas TV da concentración da seleccion búlgara e saian varios xogadores, entre eles Ivanov, xogando a partida con cigarro en boca. Winston para máis señas.

lunes, 26 de octubre de 2009

PROSINECKI


O post de hoxe está adicado a un gran xogador, a un superclase que non acabou de triunfar na Liga española. Pero ademáis, tratase dun futbolista que se quedou grabado a lume na memoria dos afeccionados españois e que os publicitarios souberon aproveitar. Un tipo que demostrou un tremendo bo humor que axigantou a sua lenda. É Robert Prosinecki.


¿Quén era?: Un xogador croata dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por que chegou o Madrid coa vitola de ser un dos mellores xogadores do mundo, por xogar tamén no Oviedo, Barça e o Sevilla e últimamente, por protagonizar os exitosos anuncios de Renault Kangoo nos que se popularizou 'Prosikito', un boneco que representaba os principais defectos do croata: Ser moi festeiro, lesionarse con facilidade, gustarlle moito as mulleres...


¿Qué foi del?: Ademáis do seu éxito como actor de anuncio, Prosinecki é agora o axudante do seleccionador croata, o seu ex compañeiro Slaven Bilic.

¿Sabías qué...?: Aínda que é de nacionalidade croata (antes iugoslava), naceu en Alemaña, onde seus pais estaban traballando.
- É o único xogador que marcou en dous Mundiais diferentes con dous países distintos (Iugoslavia e Croacia).
- O seu primeiro gol coa camisola de Croacia fixollo a España nun amigable xogado en 1994.
- A sua terrible facilidade para lesionarse valeulle o calificativo de Lesionecki.
- Dise que na sua época de futbolista fumaba dous paquetes de tabaco o día.
- Un dos seus últimos equipos foi o Portsmouth inglés. Nese equipo xoga agora Niko Kranjcar, unha das estrelas de Croacia. Foi Prosinecki quen o convenceu para que xogara alí.

- O Madrid pagou por el o Estrela Vermella 1.000 millons de pesetas. Non en van, acababa de ser campión de Europa co equipo de Belgrado.
- Alguns compararon a dous recentes fichaxes do Madrid, Woodgate e Robben, con Prosinecki, pola sua facilidade para lesionarse.
- Unha irman sua vive en Oviedo, quizais onde máis cómodo estivo en España.

Biografía, palmarés, estatísticas: Robert Prosinecki naceu o 12 de xaneiro de 1969 en Schwenningen, Alemaña, pero sendo moi neno os seus pais retornaron a Iugoslavia. Empezou a xogar no Dinamo de Zagreb, en 1986. En 1987 xa fichou polo todopoderoso Estrela Vermella de Belgrado, onde pasou catro anos a moi alto nivel. En 1991 chegou a sua fichaxe polo Madrid. En 1994, marchou o Oviedo, onde permaneceu unha tempada. A seguinte, por petición expresa de Cruyff, fichou polo Barcelona, pero so aguantou un ano. O seu último equipo en España foi o Sevilla, na tempada 96/97. O ano seguinte volveu o Dinamo de Zagreb (que naqueles anos chamabase Croacia de Zagreb -logo volvería a cambiarse o nome-). Pasou tres anos na sua casa e tras un breve paso polo NK Hrvatski do seu país, xogou no Standard de Liexa belga, no Portsmouth inglés, no Olimpia de Ljubljana de Eslovenia, para acabar a sua carreira no NK Zagreb. Con Iugoslavia xogou 15 partidos e meteu catro goles. Con Croacia xogou 49 e meteu 10 goles. No seu palmarés destacan tres ligas e unha copa iugoslava, unha Copa de Europa, unha Intercontinental, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España (co Madrid), tres ligas e unha supercopa croata e unha copa eslovena.

PD: Fichar a Prosinecki foi quizais un erro de Cruyff no Barça, porque supuxo a chegada de Pantic o Atletico de Madrid, xogador que acabaria sendo clave no doblete do Atleti.
Resulta que Antic quería a Robert Prosinecki para o seu proxecto no Atletico de Madrid, posto que con el no Oviedo conseguira desplegar un bo futbol, pero o Barça interpuxose por medio, quízais buscando a un ex-madridista que triunfara no Camp Nou e devolverlle a moneda polo de Milla e Laudrup. O final foi o propio Robert quen fixo valer a sua vontade e acabou no Barça, onde so brilou durante a pretempada facendo regates tipo "Lobo" Carrasco.

sábado, 24 de octubre de 2009

LE TISSIER


Os fanáticos do fútbol internacional coñecemos moi ben o protagonista de hoxe. Quizáis moitos de vos non o coñezades, pero xa vos digo que o seu nome é toda unha lenda para os fans das ligas estranxeiras. Non encontraredes aquí un palmarés impresionante, nin siquera a un xogador que fixera historia coa sua selección. Pero as suas extraordinarias actuacions durante 16 tempadas e sobre todo, os seus espectaculares goles, fano merecedor dun sitio no santoral do fútbol mundial e por suposto, neste blog. É Matthew Le Tissier.

¿Quén era?: Un centrocampista inglés dos 80, os 90 e principios desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela do modesto pero sempre guerreiro Southampton FC inglés, por ser internacional e sobre todo, polos seus espectaculares goles.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002, nas filas do Southampton, o seu equipo de toda a vida. Agora e un dos analistas do programa Soccer Saturday, da cadena inglesa Sky News.

¿Sabías qué...?: Naceu na Illa de Guernsey, unha das illas do Canal da Mancha.
- Os nacidos nas Channel Islands poden ser convocados por calquera das Federacions de Fútbol do Reino Unido (Escocia, Inglaterra, Gales ou Irlanda do Norte). Aínda que se rumoreou que puido xogar con Escocia, nunca ocorreu. De feito, xogou con Inglaterra.

- A pesares de ter unha técnica envidiable e unha extraordinaria capacidade goleadora, criticouselle por correr pouco e por ter asiduos problemas de sobrepeso.
- A pesares de ter, durante a sua carreira, ofertas do Milan, do Chelsea ou do Tottenham, nunca abandoou o Southampton.
- Un avión da compañía Flybe con sede en Guernsey leva o seu nome.
- Un bloque de edificios da cidade de Southampton, construido sobre o que antes era o estadio do equipo (The Dell) tamén se chama Matthew Le Tissier.
- Seu irman é o presidente da Federación Territorial de Guernsey.
- Deixou a sua muller por unha actriz australiana (da que logo se separou).
- Le Tissier dixo que se houbera sido francés ou italiano, houbera xogado máis internacionalidades.
- En maio de 2002 organizaronlle un partido homenaxe entre o Southampton e a selección inglesa, que acabou 9-9. Le Tissier xogou un tempo con cada equipo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Matthew Paul Le Tissier naceu o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port, illa de Guernsey, Reino Unido. Pasou toda a sua carreira no Southampton, onde xogou entre 1986 e 2002. En 443 partidos meteu 162 goles. Coa selección xogou oito partidos, pero non meteu ningún gol.

jueves, 22 de octubre de 2009

LALAS


Estados Unidos nunca foi unha gran potencia futbolística na decada dos 90, agora comeza a facerse un bloque de calidade con opcións en partidos (preguntenllo a España) o cal non quita para que na decada dos 90, de vez en cando, saliran nomes difíciles de olvidar (ou máis ben aspectos). Un deles é Alexi Lalas.


¿Quén era?: Un futbolista estadounidense da década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua actuación no Mundial de 1994, no seu país, pola sua longa melena e a sua profusa perilla pelirroxa.


¿Qué foi del?: Tras retirarse en 2003, convertiuse no presidente do seu último equipo, Os Anxeles Galaxy. De feito, pode dicir que é o home que fichou para a liga estadounidense a David Beckham.

¿Sabías qué...?: En 1994 convertiuse no primeiro estadounidense en xogar en Italia, cando fichou polo Padova. Hai alguns expertos, non obstante, que o consideran o terceiro, pois nos anos 30, houbo dous xogadores na Liga italiana que naceran en Estados Unidos, aínda que en familias 100% italianas.
- Grabou varios discos de rock.

- Nos seus ocos libres xoga nun equipo amateur chamado Hollywood United FC, composto por alguns famosetes, como Anthony La Paglia, o protagonista da serie Sin Rastro.
- Antes de xogar o fútbol, tamén fixo os seus pinitos no hockei.
- En Europa, tras o Mundial do 94, coñeceuselle co sobrenome de Buffalo Bill.
- É un auténtico ídolo entre os hinchas escoceses, tanto polo seu aspecto como por meterlle un gol a Inglaterra en 1993.
- Xogou un mes no Emelec de Ecuador.
- Seu pai é grego.

Biografía, palmarés, estatísticas: Panayotis Alexander Lalas naceu o 1 de xuño de 1970 en Birmingham, Michigan, Estados Unidos. Tras xogar no equipo da Universidade de Rutgers, fichou en 1994 polo Padova, onde pasou temporada e media, con escaso éxito. Volveu o seu país para xogar, xa na recén creada Major Soccer League (MSL) no New England Patriots. Despois dunha tempada e un mes en Ecuador, fichou polo MetroStars neoiorquino, para xogar un ano despois no Kansas City Wizards. En 2000 deuse un ano sabático e regresóu en 2001 os Anxeles Galaxy, onde se retirou en 2003 para pasar a formar parte da directiva. Coa selección xogou 96 partidos e meteu nove goles.

PD: Na Copa do Mundo da FIFA do 94 en EEUU, Alexei Lalas e os seus compañeiros chegaron a cuartos de final e caeron eliminados coa campeona Brasil con gol de Bebeto. Esa selección foi a sorpresa da competición xunto a Bulgaria e Suecia. Meola, Balboa, Lalas, Tab Ramos, Wynalda, Cobi Jones, Harkes... Lalas e Balboa eran os centrais, moi contundentes e do mellor do equipo ianqui.