miércoles, 25 de noviembre de 2009

TAFFAREL


É curioso que sendo Brasil, probablemente, a maior potencia futbolística de todos os tempos, nunca tivera grandes porteiros. Quizá sexa precisamente por iso, porque como son tan bos cos pes, ningún neno brasileiro quere ser porteiro (que debe ser un rollo mentras podes facer regates, bicicletas e "folhas secas"). A pesar de todo, Brasil tivo un par ou tres de gardametas medianamente regulares e un deles é o protagonista de hoxe. Durante moitisimos anos foi o titular da canarinha. Os que sodes máis ou menos da miña quinta coincidiredes comigo en dicir que o meta de hoxe é o primeiro porteiro brasileiro que recordades. Vouvos a falar de Claudio Taffarel.

¿Quén era?: Un porteiro brasileiro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro titular da selección brasileira durante moitos anos, incluindo no Mundial de Estados Unidos do 94, que Brasil gañou.


¿Qué foi del?: Retirouse nas filas do Parma italiano en 2003. Na actualidade é axente de futbolistas en Brasil.


¿Sabías qué...?: Nada máis retirarse tivo unha pequena experiencia como entrenador axudante de Gheorghe Hagi no Galatasaray, equipo no que ambos xogaron.
- É de oríxe italiano e alemán.
- Foi un dos mellores xogadores de Brasil no Mundial de Francia 98, aínda que encaixara tres goles na final ante Francia.

- Foi elixido mellor xogador da final da UEFA de 2000, na que o Galatasaray venceu o Arsenal.
- O pasado mes de xaneiro foi elixido como décimo mellor porteiro da historia (elixiuno a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol). É o mellor brasileiro clasificado.
- É o porteiro brasileiro que máis partidos xogou coa Seleçao, 101. Ademáis é o terceiro xogador que máis internacionalidades ten coa canarinha, so por detrás de Cafú e Roberto Carlos.
- Foi, en 1990, o primeiro porteiro estranxeiro en fichar por un equipo italiano (según a Gazzetta dello Sport, aínda que me extraña), o Parma.
- O seu fichaxe polo equipo parmesano formaba parte dunha estratexia comercial da empresa láctea Parmalat, que quería extenderse por Suramérica. De feito, no momento no que Taffarel se convertiu en meta do Parma, convertiuse tamén na imaxe de Parmalat en Brasil.
- Parou un penalti na tanda da final de USA 94 o italiano Massaro.
- Na sua segunda etapa no Parma quentou banquiño (tiña o francés Sebastien Frei por diante).

Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio André Mergen Taffarel naceu en Santa Rosa (Río Grande do Sul), Brasil, o 8 de maio de 1966. O seu primeiro equipo foi o Internacional de Porto Alegre, onde xogou entre 1985 e 1990. Ese ano foise o Parma italiano, onde permaneceu ata 1993. Seguiu en Italia para xogar na Reggiana un ano máis. Regresou a Brasil en 1994 para xogar no Atlético Mineiro. Retornou a Europa en 1998 para xogar no Galatasaray turco ata 2001, tralo que regresou o Parma para retirarse en 2003. Coa selección xogou 101 partidos, como vos dixen. O seu palmarés é excelente: Ten duas Copas de Italia e unha UEFA co Parma; duas ligas, duas copas turcas, unha UEFA e unha Supercopa de Europa co Galatasaray e a nivel de selección, un Mundial (94) e unha Copa América. Ademáis, gañou unha plata en Seúl 88 coa selección olímpica brasileira.


PD: Taffarel foi o primeiro porteiro estranxeiro en xogar a liga italiana, pero sinceramente a mín non me sorprende. Hai que ter en conta que enton non existía a lei Bossman e era moi raro que se gastara unha plaza de estranxeiro no porteiro. Ravelli por exemplo, o sueco, era un bo porteiro que so saliu de Suecia máis que para xubilarse en EEUU. Se porteiros como Ravelli ou Preudd'Home xogaran agora evidentemente non durarian nin dous anos nos seus países.

Cando xa era un xogador consolidado, saiu outro porteiro en Brasil moito mellor ca este, que efectivamente, era do monton. O problema deste chaval era que en Brasil os porteiros teñenos pouco menos que menospreciados, e enriba tiña a losa de ser fillo de O Rey. Era Edinho, e seu pai, o gran Pele, chegou a renegar del. Simplemente non lle cabía na cabeza ter un fillo porteiro.

No hay comentarios: