domingo, 28 de diciembre de 2008

CEDRÚN


Este post esta dedicado a todo un campión da Recopa, a un xogador carismático, a outro porteiro de raza, a un carismático deportista de pinta inolvidable. Hoxe vouvos traer o que foi durante moitos anos o porteiro do Zaragoza: Andoni Cedrún.


¿Quén era?: Un porteiro da década dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro titular do Zaragoza durante moitos anos e moitos partidos, entre outros, a famosísima final da Recopa de 1995, en París, na que os maños acabaron co Arsenal


¿Qué fue del?: Retirouse do fútbol en 1997, nas filas do CD Logroñés. Despois deso, desvinculouse do mundo do fútbol (a excepción de ser accionista do Zaragoza e socio do Athletic). Ten algunhas empresas en Madrid e de vez en cando participa en torneos de veteranos. Tamén xoga o pádel, como aficionado. Ademáis, colabora con algúns medios de comunicación en Aragón.

¿Sabías qué...?: É fillo dun lexendario porteiro do Athletic de Bilbao, Carmelo Cedrún, que ademáis, foi internacional con España.
- Cando xogaba no Athletic, foi cedido o Cádiz. Cando volveu, Javier Clemente, entrenador dos leons, non contaba con el, encontraralle un sustituto e marchouse o Zaragoza. Ese sustituto chamabase tamén Andoni, de apelido Zubizarreta. Iñaki Sáez foi quen lle deu a sua primeira oportunidade.
- O xogador que máis lle impresionou, segundo recoñeceu nunha entrevista, foi o cadista Mágico González.
- Nesa mesma entrevista, afirma que unha das suas noites máis especiais foi a dunha promoción contra o Real Murcia, na que os maños golearon por 5-2 o equipo murciano.
- Puido xogar a final da Recopa porque o cartaxeneiro Juanmi estaba lesionado.
- Un dos seus mellores momentos foi na Copa do Rey do 94, cando co Zaragoza, parou o noveno lanzamiento do Celta de Vigo (tirouno Alejo) e o seguinte gol do Paquete Higuera deulle a Copa os maños.
- Outra imaxe famosa de Cedrún tivo lugar nun partido de Liga entre o Zaragoza e o Real Madrid no Bernabéu. O de Durango montoulle unha boa o médico do equipo aragonés porque, coa cella rota, quería volver o campo e o doctor no lle deixaba.

Biografía, palmarés, estatísticas: Andoni Cedrún Ibarra naceu en Durango, Viscaia, o 5 de xuño de 1960. Empezou a xogar nas categorías inferiores do Athletic. Pasou un ano no primeiro equipo (temporada 80/81). A seguinte tempada pasouna en Cádiz. Como vos contaba antes, o non ter sitio en San Mamés foise o Zaragoza, onde se consagrou. En 1996 marchou o Logroñés, onde pasou a sua última tempada en activo. No seu palmarés destacan duas Copas do Rey (1986 e 1994) e unha Recopa (1995).

viernes, 26 de diciembre de 2008

ABLANEDO


Antes de nada, pedirvos desculpas por non actualizar nestes días, pero os motivos son obvios. Volvo cun post en honor ó Sporting de Xixón, todo un histórico do fútbol español o que eu teño un especial cariño. Igual de histórico é, pois, o protagonista de hoxe. É un dos mellores porteiros españois das últimas décadas. É Juan Carlos "O Gato" (ou Gatu) Ablanedo Iglesias.


¿Quén era?: Un porteiro español dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno gardameta do Sporting, por ser internacional (case sempre a sombra de Zubizarreta) e por ser tres veces gañador do trofeo Zamora o porteiro menos goleado.


¿Qué foi del?: Ablanedo retirouse en 1999, por suposto, nas filas do Sporting. Tra-la sua retirada, desvinculouse totalmente do mundo do fútbol. Diplomado en Relacions Laborais, sacouse o título de axente da propiedade e agora dirixe unha inmobiliaria que leva o seu nome e que ten a sua sede en Xixón.

¿Sabías qué...?: O seu irman maior José Luis xogou tamén no Sporting en Primeira. Por iso, durante moitas tempadas o seu nome futbolístico era Ablanedo II.
- Debutou coa Selección Española no Molinón.
- Como vos dicía antes, o seu apodo era O Gato (ou o Gatu, en asturiano), debido a sua axilidade e reflexos.
- Esa axilidade e reflexos compensaban a sua relativamente baixa estatura para ser porteiro: 1,77 metros.
- Coñecido en Xixón pola sua gran timidez, está solteiro. En 1986 proclamouse campión de Europa sub 21 coa Selección. Aquel día gañou España a Italia por penaltis. O Gato parou tres dos catro lanzamentos dos azzurri.
- Coa Absoluta so xogou catro partidos e encaixou dous goles.
- Dise que a entrada en vigor da regla que impide o porteiro recoller coas mans un balón cedido por un compañeiro perxudicouno, porque o forte de Ablanedo non era o xogo cos pes.
- Un cántico típico do Molinón era: "Non temos medo, temos a Ablanedo".
- Unha das suas anécdotas viviuna nun partido contra o Madrid no 86. Nunha xogada, o dianteiro mexicano dos brancos, Hugo Sánchez, deulle un pisotón o porteiro asturiano. Éste reaccionou dándolle unha patada o goleador azteca e o árbitro viuno: penalti e expulsión.
- Ablanedo é un típico apelido asturiano que se pode traducir como Avellanedo (do bable ablano=avellano).

Biografía, palmarés, estatísticas: Xoan Carlos Ablanedo Iglesias naceu o 2 de setembro de 1963 en Mieres, Asturias. Surxido da que probablemente é a mellor canteira de España, a de Mareo, debutou co Sporting en 1982 e alí permaneceu durante 17 anos. Conseguiu o trofeo Zamora en 1985, en 1986 e en 1990. Co equipo xixonés xogou 398 partidos e como vos contei antes, catro coa Selección Nacional. O seu único título é o antes referido Europeo sub 21 de 1986.

lunes, 22 de diciembre de 2008

DESAILLY


O protagonista de hoxe, foi o precursor de todos os mediocentros defensivos de orixe africano que despois xogaron nos grandes equipos. O de hoxe é Marcel Desailly.


¿Quén era?: Un centrocampista / defensa francés dos 90.
¿Por qué se lle recorda?: Por ser unha peza inamovible da Francia campiona do mundo do 98, e por ser un dos puntais do segundo mellor Milan dos últimos tempos (Boban, Desailly, Baresi...) (por detrás, por suposto, do meu idolatrado Milan degli olandesi (Rijkaard, Gullit e Van Basten)).


¿Qué foi del?: Retirouse fai dous anos en Qatar. Agora é comentarista da BBC, embaixador de Unicef por Ghana (o seu país natal) e firme candidato a ocupar o banquillo desa selección. Ademáis, é olleador do Milan en África.


¿Sabías qué...?: Adoptouno un diplomático francés que estaba en Ghana e que se casou coa sua nai


- El sempre preferiu xogar de defensa.
- Gañouse o sobrenome da Roca.
- Gañou duas Copas de Europa, unha co Olympique de Marsella e outra co Milan. A que gañou cos rossoneri foi naquela fatídica final de Atenas na que o equipo lombardo meteulle catro goles o Barça. Desailly marcou un. Foi expulsado na final do Mundial de Francia, ante Brasil. Converteuse así no terceiro xogador expulsado nunha final dun Mundial (o cuarto e Zidane, Alemania 06)
- Escribiu a sua autobiografía.
- Formou parte do comité organizador da pasada Copa de África, que se disputou en Ghana.
- Ten unha filla e tres fillos.
- É un fanático do viño, os reloxos, os coches e o tenis de mesa.
- Ten un bar en Nantes, a cidade a que chegou desde Ghana.
- Foi capitán de Francia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Odenke Abbey (logo cambiou o seu nome por Marcel Desailly) naceu en Accra, Ghana, o 7 de setembro de 1968. Comezou a sua carreira no Nantes Atlantique en 1986. En 1992 fichou polo Olympique de Marsella, onde so permaneceu un ano. No Milan estivo do 93 o 98. Ese ano foise o Chelsea, onde permaneceu ata 2004, cando emigrou a Qatar para xogar no Al-Gharafa e no Qatar SC, ata a sua retirada, fai dous anos. Co Marsella gañou unha Copa de Europa. Co Milan, outra, máis duas ligas italianas e unha Supercopa de Europa, trofeo que tamén gañou co Chelsea, os que hai que sumar unha FA Cup e unha Charity Shield (hoxe Community Shield). Tamén gañou unha liga qatarí. Coa selección xogou 116 partidos e meteu tres goles. Foi campión do mundo en 1998 e de Europa en 2000.

viernes, 19 de diciembre de 2008

OS DE BOER


Son os xemelos máis famosos do mundo do fútbol: Os irmans Ronald e Frank de Boer. E aquí volos traigo.


¿Quén eran?: Dous futbolistas holandeses dos 90.


¿Por qué se lles recorda?: Evidentemente, o feito de que sexan xemelos é difícil de olvidar. Pero ademáis, formaron parte do último gran Ajax de Amsterdam, o dos Kluivert, Seedorf, Blind, Rijkaard, Kanu ou Litmanen, que se proclamou campión de Europa. Ademáis, ambos xogaron no FC Barcelona.


¿Qué foi deles?: Frank, o defensa, retirouse en 2006 nas filas do Al Shamal de Qatar. Agora é entrenador das categorías inferiores do Ajax. Ronald, o centrocampista, que xogaba no mesmo equipo, acabase de retirar, fai apenas un par de meses.


¿Sabías qué...?: Ronald é 10 minutos maior que o seu irman.
- No terreo de xogo, Frank era zurdo cerrado e Ronald diestro. Pero para utilizar as mans, o diestro era Frank e o zurdo, Ronald. Curiosísimo.
- Coincidiron en cinco equipos: O Ajax, o Barça, o Glasgow Rangers, o Al Rayyan e o Al Shamal. Durante a sua carreira internacional coa selección 'oranje', ambos marcaron exactamente o mesmo número de goles: 13. A diferencia é que Frank xogou 112 partidos coa sua selección e Ronald 67.
- Máis diferencia hai aínda cos partidos xogados no Barcelona. Frank disputou 143 de blaugrana e Ronald, 33. O primeiro estivo cinco tempadas e o segundo, duas.
- Nos seus comenzos no Ajax, Ronald xogou de dianteiro centro.
- O Barcelona pagou por eles 3.500 millones das antiguas pesetas.
- Quizais para diferenciarse, ou como guiño, Frank peinase coa raya a dereita e Ronald, coa raia a esquerda... ¿ou é o revés?

Biografías, palmarés, estatísticas: Frank e Ronald de Boer naceron en Hoorn, Holanda, o 15 de maio de 1970. Ambos son froito da canteira do Ajax, unha das mellores do mundo. No primeiro equipo debutaron en 1988. Permaneceron nel ata 1998, cando ficharon polo Barça. Ronald, que xogou duas temporadas no Twente entre 1991 e 1993, foise no 2000 o Rangers, onde estivo ata 2004. Pasou un ano no Al Rayyan qatarí e retirouse no Al Shamal. Frank continuou en Can Barça ata 2003. Ese ano fichou polo Galatasaray turco. En 2004 xogou co seu irman no Rangers e xa non se separou del, porque estivo con el no Al Rayyan e no Al Shamal. Ambos, co Ajax, gañaron cinco ligas, duas copas e tres Supercopas holandesas, unha Champions, unha Supercopa de Europa e unha Intercontinental (Case nada). Frank ten, ademáis, unha UEFA (gañada cando o seu irman xogaba no Twente). Co Barça gañaron unha Liga. Ronald, ademáis, ten unha liga escocesa co Rangers.

jueves, 18 de diciembre de 2008

WEAH


Co protagonista de hoxe comezamos a falar de grandes historicos do balompé que nunca pisaron a nosa liga aínda que non por eso son uns descoñecidos. Foi un dos mellores xogadores do mundo e despois da sua retirada, traballou por mellorar as condicions de vida do seu país, Liberia. É George Weah.


¿Quén era?: Un dianteiro liberiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua endiablada velocidade, pola sua gran potencia e por ser o protagonista dunha gran época para equipos como o Paris Saint Germain ou o Milan.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2003 nas filas do Al Jazira dos Emiratos Árabes. En 2005, Weah lanzouse o mundo da política, perseguindo ser presidente do seu país, moi castigado por unha guerra civil. A pesar da sua falta de experiencia, as suas promesas de vivienda barata, auga corrente, educación e electricidade levarono a gañar a primeira volta electoral, se ben perdeu na segunda volta contra Ellen Johnson-Sirleaf, a primeira muller en ser elexida presidenta en África.


¿Sabías qué...?: É de etnia kru, gañouse a fama en África pola sua especial combatividade contra os escravistas. Dise que ou acababan matando ós seus perseguidores ou acababan suicidándose con tal de non converterse en escravos. Cando expresou a sua vontade de ser presidente de Liberia houbo algunhas dubidas, xa que se supoñía que adoptara a nacionalidade francesa na sua estancia no país galo.
- O seu descubridor futbolístico e quen o trouxo a Europa foi o actual entrenador do Arsenal, Arsène Wenger, que o fichou para o seu Monaco no 1988.
- En 1995 convertiuse no primeiro xogador africano que gañou o trofeo o mellor xogador de Europa.
- Tamén foi elixido mellor xogador africano do seculo XX.
- Antes da sua carreira política, foi embaixador de UNICEF.
- Creou unha escola de fútbol para nenos en Monrovia, capital de Liberia. So había unha condición para entrar nela: Había que ir o colexo.
- Despois da sua retirada e antes de embarcarse na política viviu en Estados Unidos. O seu fillo George xa xogou na selección sub 20 dos USA.
- Era musulmán, pero abandoou este credo.

Biografía, palmarés, estatísticas: George Tawlon Oppong Ousman Weah naceu en Monrovia, Liberia, o 1 de outubro de 1966. Comezou a sua carreira en equipos do seu país como o Young Survivors, o Bongrange Company, o Mighty Barolle e o Invincible Eleven (bonitos nomes). Despois marchou a liga camerunesa para fichar polo Tonnerre Yaoundé. No 1988, como dixen antes, fichouno o Monaco francés. Catro anos despois fichou polo PSG (formando unha espectacular parella con David Ginola). No 1995 fichouno o Milan, onde permaneceu ata 1999. Despois de pasar un ano en Inglaterra (no Chelsea e no Manchester City), pasou un ano máis no Olympique de Marsella francés, para retirarse no Al Jazira dos Emiratos Árabes. Coa sua selección xogou 60 partidos e meteu 22 goles. Entre o seu palmarés por equipos destacan duas ligas italianas e unha francesa. De maneira individual, gañou o Balón de Ouro de 1995.

martes, 16 de diciembre de 2008

CAMARASA


A nosa selección xoga na Coruña contra unha clásica do fútbol sudamericano, Chile. España enfrontouse a ela fai pouco e facía 15 anos que non se enfrentaban á "Roja" (así a chaman no seu país, é a homóloga o outro lado do oceano). A última vez que se enfrontaron España e Chile foi en setembro de 1993, nun partido tamén disputado na Comunidade Valenciana, en concreto no Rico Pérez de Alacante. Gañou 2-0, con goles de Julen Guerrero, España. Ese día, debutaron coa selección española tres xogadores. Un deles é o noso protagonista. É toda unha lenda do valencianismo. É Paco Camarasa.


¿Quén era?: Un defensa español dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos centrales do Valencia durante moitos anos, un dos xogadores máis emblemáticos do clube ché, que foi capitán do equipo e que formou parte da selección española que tan bo sabor de boca deixou no Mundial de Estados Unidos 94.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol profesional en 1999. Segue vinculado o seu clube de toda a vida. Agora é o segundo entrenador e delegado do filial do equipo ché, o Valencia-Mestalla.

¿Sabías qué...?: A sua retirada do fútbol foi bastante triste. Por algunha razón, tanto Claudio Ranieri como Héctor Cúper defenestrarono, chegando incluso a rebaixalo ó filial.
- Realizou un partidazo no Mundial 94, cando España xogou contra Alemaña, e que quedou 1-1.
- O seu máis habitual compañeiro na zaga valencianista foi outro home da casa, Fernando Giner.
- En 12 anos no clube, so meteu 7 goles. En 1999, en pleno ostracismo o que o someteu Claudio Ranieri, o Valencia gañou a Copa do Rey (a un Atlético de Madrid descendido). O capitán aquel día, o gran Gaizka Mendieta, quixo levantar a Copa xunto a Camarasa, que participara moi pouco.
- Con 17 anos casi se frustra a sua carreira deportiva, xa que rompeu unha tibia.
- Aínda sendo central, so foi expulsado de maneira directa 10 veces en 12 anos.
- O seu pai foi futbolista e xogou no Levante, equipo do que foi capitán.
- Nas suas catro últimas tempadas, so xogou de titular 18 partidos.
- O seu dorsal foi sempre o 4.
- O pasado mes de agosto, na presentación do Valencia, Camarasa tivo unha aparición estelar, xa que portou a Copa do Rey para ofrecerlla a afección.

Biografía, palmarés, estatísticas: Francisco José Camarasa Castella naceu o 27 de setembro de 1967 en Rafelbuñol, Valencia. Debutou co primeiro equipo, procedente das categorías inferiores, en 1987. Nunca se moveu do Valencia ata a sua retirada en 1999. No seu palmarés atopanse a Copa do Rey e a Supercopa do 99. Coa selección xogou 14 partidos.

ABELARDO


Unha das maiores alegrías que levou España nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92 foi a medalla de ouro que conseguiu o equipo nacional de fútbol, nunha inolvidable final que disputou ante Polonia. Un dos compoñentes daquela selección, que despois sempre se mantivo na élite do balompé español é o protagonista de hoxe. É o entrañable defensa central asturiano Abelardo Fernández Antuña. O "Pitu" Abelardo.


¿Quén era?: Un futbolista español dos 90.


Hitos olímpicos: En realidade so foi un, formar parte da selección española que logrou o ouro de fútbol en Barcelona 92.


¿Qué foi del?: Retirouse no ano 2003, nas filas do Deportivo Alavés. Despois seguiu vinculado o fútbol gracias o seu equipo dos inicios, o Sporting de Xixón. Agora é o entrenador do Sporting B, que a pasada campaña logrou o ascenso á 2ª B.

¿Sabías qué?: No torneo olímpico de fútbol, Abelardo marcou dous goles, nada menos que en semifinales ante Ghana e na finalísima ante os polacos.
- Debutou en Primeira División con 19 anos no Santiago Bernabéu, nun Madrid-Sporting.
- É íntimo amigo do seu paisano e compañeiro seu en Sporting, Barça e selección, Luis Enrique.
- A divertidísima web inglesa uglyfootballers.com teno clasificado como un dos futbolistas máis feos de Europa.

- Conseguiu que os tribunais lle deran a razón nun caso presentado ante a Seguridade Social, que lle pasa unha pensión por unha lesión de rodilla mal curada.
- Debutou coa selección absoluta no estadio Carlos Tartiere, a casa do eterno rival do Sporting, o Real Oviedo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Abelardo Fernández Antuña naceu en Xixón, Asturias, o 19 de marzo de 1970. Procedente da canteira do Sporting, debutou co primeiro equipo en 1989. Despois de cinco anos no Molinón, fichou polo F.C. Barcelona, onde estivo oito anos. No 2002 fichou polo Alavés, onde so permaneceu unha tempada. Coa selección absoluta disputou 54 partidos e meteu 3 goles. No seu palmarés destacan duas ligas, duas copas do Rey, unha supercopa de España, a recopa de Europa e unha supercopa de Europa, todo co Barcelona.

domingo, 14 de diciembre de 2008

ONOPKO


Como houbo un empate entre Mostovoi e Onopko nas votacións da enquisa, vexome na obriga de cumplir e por eso despois de poñer a Alexander Mostovoi poñerei tamén a Onopko e así aparecen os dous vencedores.
Volvemos entón a aqueles xogadores que formaron parte da Liga Española fai poucos anos e que contribuiron a facela grande. Un ex carbayón aparece neste blog. Éste era un excelente xogador de fútbol, carismático entre os aficionados, non só do Real Oviedo, senon do Raio Vallecano, onde tamén xogou. É un tipo que tamén foi un importante pilar na sua selección nacional, a que sigue vinculado na actualidade. Pero eso contovolo agora. O protagonista de hoxe é Viktor Onopko.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mediocentro defensivo titular do Oviedo nos 90 e tamén da selección rusa.

¿Qué foi del?: Retirouse no 2006, nas filas do Saturn de Moscú. Na actualidade, é o director deportivo da selección rusa. Como tal puidemolo ver a pasada Eurocopa, na que o seu equipo enfrontouse duas veces con España e, como recordaredes, en ambas venceu o combinado español con claridade.

¿Sabías qué...?: Aínda que naceu na República Socialista Soviética de Ucrania, xogou con Rusia.

- A sua filla Eugenia, de 13 anos, dedicase a ximnasia rítmica. Aínda que naceu en Moscú, ten dobre nacionalidade porque se criou en Oviedo e foi campiona de España infantil. A muller de Onopko é ximnasta e daba clases en Oviedo.

- Estivo a punto de fichar polo Atlético de Madrid, pero foi o Oviedo o que o levou. Despois do seu periplo en Asturias, tamén estivo cerca do Deportivo da Coruña, pero o final foise o Raio.

- Cando fichou polo Raio, a sua familia seguiu vivindo en Oviedo. No partido Betis-Raio, Onopko meteu o 0-1 definitivo. O controvertido presidente do Betis, Manuel Ruiz de Lopera, explicou como fora o gol: «O ruso este rematou cos pelos do flequillo, e xa está, 0-1». (Como podedes comprobar e calvo como as bombillas)

- Se non houbera sido futbolista, o servizo militar obrigarialle a servir en Chechenia, segundo el mesmo confesou nunha entrevista.

- É o xogador que máis veces vestiu a camisola da selección rusa (109).

- Tivo problemas xudiciais co Oviedo, cando o equipo asturiano se arruinou e lle debía cartos a moitos dos seus xogadores.

Biografía, palmarés, estatísticas: Viktor Savelyevich Onopko naceu en Lugansk, hoxe Ucrania, o 14 de outubro de 1969. Debutou como profesional en 1988 no Shaktar Donetsk ucraniano. En 1992 fichou polo Spartak de Moscú. Tres anos despois fichou polo Real Oviedo, onde xogou ata 2002. Ese ano chegou o Raio, onde estivo un ano. Despois dun breve paso polo Alania Vladikavkaz ruso, acabou como xogador no Saturn de Moscú en 2006. No seu palmarés destacan tres ligas rusas. Coa sua selección, como vos dicía, xogou 109 partidos e meteu sete goles.Tamén xogou catro partidos coa selección da Comunidade de Estados Independientes (CEI).

MOSTOVOI


De novo xogamonola contra Rusia. Por iso, traiovos a outro futbolista dese país que alguns solicitastes na enquisa. Foi un dos máis talentosos xogadores da nosa liga, e todo un ídolo de masas para a afección do Celta de Vigo entre a que me incluo e que nos fixo saborear boas tardes de fútbol. Tamén foi o líder da sua selección. Con todos vos, o zar de Balaídos, Alexander Mostovoi.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mellor xogador do Celta de Vigo na sua época (e sen dúbida, un dos mellores do equipo galego na sua historia).

¿Qué foi del?: Retirado da competición en 2005, nas filas do Alavés, Mostovoi vive agora a cabalo entre Marbella (era tolo pero non era tonto), Moscú e Vigo. Participa en campus de fútbol ensinando o seu saber aos máis novos. Máis recentemente, con motivo da final da Liga de Campions, que tivo lugar na sua cidade natal, disputou un partido de veteranos coa selección do seu país.

¿Sabías qué...?: O seu último partido coa selección rusa foi, casualmente, na anterior Eurocopa e contra España. Gañara España 1-0 e Mostovoi criticou despois do partido os métodos do seleccionador, Yartsev. Éste expulsouno da concentración. Aínda así, xa avisara de que deixaba a selección despois do campionato.

- Non so era un futbolista moi talentoso, senon que ademáis destacaba polo seu forte carácter dentro do terreo de xogo, o que lle valeu máis dunha expulsión. A pesares deso, dixo: "De cada dez cartóns que me amosan, nove son inxustos". En 1992 xogou no Benfica portugués. Grazas o seu matrimonio cunha lusa, obtivo o pasaporte do país veciño.

- Xogou tamén coa Unión Soviética e co equipo da Comunidade de Estados Independentes (CEI).

- Compartiu equipo duas veces con outro ruso ilustre, o mediático Valery Karpin. Coincidiron no Spartak de Moscova e no Celta.

- Karpin e Mostovoi, nas filas do Spartak, montaron unha tangana en Balaídos contra xogadores do Celta, en pleno torneo Cidade de Vigo de 1990 (quén lles diría que anos máis tarde xogarían no equipo celeste).

- O primeiro equipo español que se interesou en contratalo, cando aínda xogaba en Francia, foi o Burgos.

Biografía, palmarés, estatísticas: Alexander Vladimirovich Mostovoi naceu o 22 de agosto de 1968 en Moscova. Debutou como profesional en 1987 no Spartak, onde permaneceu ata que no 1992, fichou polo Benfica de Lisboa. Despois dun ano na terra dos fados, fichou no 1993 polo Caen francés. Despois pasou dous anos no Estrasburgo e por fin en 1996 firmou polo Celta de Vigo. Despois de oito gloriosos anos en Balaídos, acabou en 2005 a sua carreira no Alavés. Conseguiu duas ligas soviéticas, unha liga portuguesa e unha copa do país veciño. En España liderou o mellor Celta da historia, conseguindo entrar en Liga de Campions. A nivel de selección, xogou 15 partidos coa URSS (meteu tres goles), 2 co equipo da CEI e 50 con Rusia, con 10 goles convertidos.


PD: Mostovoi unha vez quixera arrancar do campo co partido en xogo ata que chegou Patxi Salinas e o puxo a andar, como non sei ben os datos non o puxen arriba pero arriscome a pensar que era un Zaragoza - Celta e os motivos eran, como non, arbitrales

PD2: Houbo rumores de que Capcom quería incluir a Djalminha e a Mostovoi no novo Street Fighter pero o final non o consideraron (mitica colleja) jejej...

jueves, 11 de diciembre de 2008

Boban e a patada xiratoria

Por peticion popular, poño o video da patada voladora de Boban ao policia iugoslavo, que morbosos sodes...

http://es.youtube.com/watch?v=Waz11ihnY8w

BOBAN


Hoxe traiovos o blog outro gran xogador de fútbol do que poidemos disfrutar na Liga Española, aínda que fora no ocaso da sua carreira. Un tipo que formou parte dun dos mellores equipos dos últimos anos en Europa e que formou parte, ademáis, dunha nova selección de fútbol que deslumbrou a todo o mundo co seu bo xogo e coa calidade dos seus xogadores. É Zvonimir Boban.

¿Quén era?: Un centrocampista croata dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte do gran Milan de mediados da pasada década, que se proclamou campión de Europa e da selección croata que conseguiu o terceiro posto no Mundial de Francia en 1998. En último término, en España recordámolo mellor os siareiros do Celta de Vigo, que desfrutamos do seu xogo na tempada 2001-2002.

¿Qué foi del?: Boban retirouse no Celta en 2002. Este fino centrocampista demostrou, ademáis, que ser deportista non está reñido cos estudios, pois nada máis retirarse, licenciouse en Historia pola Universidade de Zagreb, no seu país. Agora dedicase o periodismo deportivo. É un dos directivos de Sportske Novosti, un diario deportivo croata. Ademáis, é comentarista para a televisión RTL Televizija do seu país, e colabora con Sky Italia e é columnista do prestixioso diario deportivo italiano La Gazzetta dello Sport. Ademáis, ten un bar co seu nome en Zagreb.
¿Sabías qué...?: Zvonimir Boban é coñecido por ser un orgulloso nacionalista croata. Dixo públicamente que o seu país é o que máis ama e que morrería por él.

- A sua reputación como patriota comezou nun día moi importante para a historia recente dos Balcans, e todo iniciouse nun campo de fútbol. Era maio de 1990. Iugoslavia aínda existía. Xogaban en Zagreb o mellor equipo de Croacia, o Dínamo (o equipo de Boban), contra o mellor equipo de Serbia, o Estrela Vermella. A belixerancia estabase fraguando xa que, poucos días antes do encuentro, o nacionalista e gran opositor de Slobodan Milosevic, Franjo Tudjman, gañara as primeiras eleccions libres da república en Croacia. A cousa prevíase quente porque, ademáis, o tristemente famoso líder paramilitar e ultranacionalista serbio Zeljko Raznatovic, alias Arkan, anunciou que ía ir o partido cos ultras do Estrela Vermela, os Delije (Heróes). A pesares de que xa nas rúas de Zagreb houbo enfrontamentos entre ambas afeccions, a gorda montouse no estadio. Os ultras serbios, ante a impasibidade da policía, lanzaronse ó ataque dos ultras croatas. Estes decidiron invadir o campo, e a policía antidisturbios contraatacou. A todo isto, os futbolistas do Estrela Vermella estaban encerrados no vestiario, pero os do Dínamo de Zagreb quedaronse no terreo de xogo. E foi enton cando Zvonimir Boban, capitán do Dínamo, saiu en defensa dun hincha croata que estaba sendo golpeado por un policía, e agrediu ó axente cunha patada voadora. Xusto despois, os hinchas do Dínamo sairon na sua defensa. A partir dese momento, Boban foi considerado como un heroe nacional croata, idea que el reforzaría afirmando: "Aí estaba eu, unha cara pública preparada para arriscar a miña vida, a miña carreira, todo o que a fama pode comprar, todo por un ideal, por unha causa: a causa croata".

- Ese partido significou o final da liga iugoslava. E de maneira non oficial, foi o comezo da guerra da independencia croata.

- O suceso costoulle unha suspensión de seis meses por parte da Federación Iugoslava.

- Co tempo soubose que o axente agredido era... un bosnio musulmán, que públicamente perdoou a Boban.

- A pesares de que chegou a xogar oito partidos coa selección iugoslava, en canto se formou a croata enrolouse nela. De feito, debutou no segundo partido da historia de Croacia, antes incluso de que o país fose plenamente independente. O mesmo día do seu debut con Croacia, fixerono outros dous ilustres da nosa liga, Davor Suker e Robert Jarni.

- Só xogou catro partidos no Celta.

- Gañou con Iugoslavia o Mundial Xuvenil do 87. Nese equipo estaban tamén Suker, Jarni, Prosinecki e Mijatovic.
Biografía, palmarés, estatísticas: Zvonimir Boban naceu o 8 de outubro de 1968 en Imotski, Croacia. Empezou a sua carreira no Dínamo de Zagreb, en 1985. En 1991, xusto cando todo se liou no seu país, emigrou a Italia para xogar no Bari. Ó ano seguinte fichou polo Milan, onde permaneceu dez anos. A sua última tempada pasouna cedido no Celta de Vigo. No seu palmarés destacan o xa citado Mundial xuvenil, catro ligas italianas, tres Supercopas italianas, unha Liga de Campions e unha Supercopa de Europa co Milan e o terceiro posto do Mundial de Francia con Croacia. Por certo, coa sua selección xogou 51 partidos e meteu 12 goles.

martes, 9 de diciembre de 2008

McMANAMAN


Como sabedes, a miña afección celtista e galega provoca que no Bernabéu haxa poucos santos da miña devoción. Pois hoxe vouvos falar dun que me caía bastante ben. O de hoxe é un xogador británico que sí puido dicir que triunfou fora das illas, algo difícil de ver. Todo un señor dentro e fora do campo, que soubo adaptarse á Liga Española e que pasou polo noso país sen escándalos nin absurdos paripés que outros compañeiros merengues protagonizaran nos últimos tempos. Por todo eso, e aínda que se retirou fai pouco, hoxe falareivos de Steve McManaman.


¿Quén era?: Un centrocampista inglés dos 90 e principios deste siglo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser unha xove promesa do Liverpool, por chegar o Madrid en un dos mellores momentos do clube branco, por gañar duas Copas de Europa (e marcar nunha de elas) e gañarse o cariño da afección merengue.


¿Qué foi del?: McManaman retirouse en 2005 nas filas do Manchester City (que aínda non tiñan xeque que os dominara). Xusto despois estivo colaborando coa producción da película Gol 2 (esa na que un mexicano que triunfa na Premier ficha despois polo Madrid), aportando a sua experiencia para recrear o máis fielmente posible o ambiente do Bernabéu. Despois fixo de comentarista para un par de cadeas e agora é presentador dun programa de fútbol en Setanta Sports, a plataforma que ofrece (pagando) os partidos da Premier League e algúns máis. Ademáis, é director executivo dun holding con sede en Hong Kong, propiedade dun multimillonario desa rexión china, que está como tolo por comprar un equipo inglés e que parece ser que vai selo Birmingham City.


¿Sabías qué...?: É de ascendencia irlandesa e de relixión católica.

- Sempre foi hincha do outro equipo da cidade de Mersey, o Everton, aínda que comenzou a sua carreira no Liverpool.
- É moi amigo doutro lexendario ex-red, Robbie Fowler. Os dous teñen unha empresa de inversións en cabalos de carreiras.
- Casouse na catedral de Palma de Mallorca. Ten unha filla á que lle está inculcando a afección... polo Everton.
- Debutou en Liga co Madrid, precisamente, en Mallorca. Ese día deu o pase do gol da victoria a Fernando Morientes.
- Coñecido por todos como Macca.
- Como vos dixen antes, o seu mellor momento como futbolista viviuno na final da Champions de 2000, Real Madrid-Valencia. Marcou o 2-0. O resultado final foi de 3-0, como supoño que case todos recordaredes.
- Antes de fichar polo Madrid estivo cerca de firmar polo Barça.
- O seu primeiro gol en Liga co Madrid fíxollo ó Numancia.
- Foi o primeiro británico que gañou unha Copa de Europa cun clube non británico.
- Ademáis, é o xogador británico expatriado con mellor palmarés da historia.

- Trala sua primeira temporada no Madrid, o clube branco estivo a punto de vendelo o Middlesbrough, pero o xogador rechazou volver a Inglaterra nese momento. O tempo darialle a razón.
- Os seus mellores amigos no Madrid foron Figo e Ronaldo.
- Na semifinal da Champions do 2002, ante o Barcelona, Macca marcou no Nou Camp o gol definitivo que lle deu o pase o Madrid.
- Escribiu a sua autobiografía. Nela critica (suavemente) a política de Florentino Pérez (a dos galácticos), dicindo que o clube 'disneyficarase'.
- Nos seus primeiros anos no Liverpool, protagonizou un famoso incidente co porteiro Bruce Grobbelaar. O de zimbabue emprendeuna a golpes co xove Macca (21 anos, nese momento) despois de encaixar gol nun derby ante o Everton.
- Nos seus catro anos no Madrid, estimouse que gañara 15 millons de euros.

Biografía, palmarés, estadísticas: Steven Theodore McManaman naceu o 11 de febreiro de 1972 en Bootle, unha localidade a 6 quilómetros de Liverpool. Debutou no primeiro equipo do Liverpool en 1989 e alí permaneceu ata 1999, cando fichou polo Madrid. Despois de catro anos no Bernabéu, pasou os dous últimos anos da sua carreira no Manchester City. Coa selección inglesa disputou 37 partidos e meteu 3 goles. O seu palmarés é excelente: Unha copa inglesa, unha copa da liga e unha Community Shield co Liverpool. Co Madrid, pois nada menos que duas Champions, duas Ligas, duas Supercopas europeas, unha Intercontinental e duas Supercopas españolas. Case nada.

lunes, 8 de diciembre de 2008

ALFONSO


Cando España gañou a Eurocopa, púxenme a pensar nese torneo. A recordar grandes xogadores, momentos de emoción, xogadas espectaculares, equipos revelación... e recordei a un pedazo de dianteiro español, queridísimo por moitas afeccións, que tivo un momento estelar 'eurocopeiro'. É Alfonso Pérez Muñoz.

¿Quén era?: Un dianteiro centro español dos 90 e principios desta década.

¿Por qué se lle recorda?: Por varias cousas. Foi unha das grandes xoias da canteira madridista, converteuse nun dos xogadores máis carismáticos do Real Betis, xogou no Barcelona e por riba, meteu un dos goles máis vibrantes de España nos últimos anos: Fase de grupos da Eurocopa 2000. Último partido. España necesita gañar. É o minuto 90 e perdemos ante Iugoslavia por 3-2. Nese momento, Gaizka Mendieta mete un gol de penalti que aínda nos da a vida, nun partido tolo. Con segundos a falta de que o árbitro pite o final, o noso protagonista de hoxe engancha unha volea ó borde da área que se mete na portería iugoslava. É gol. España gaña 4-3 e pasa como líder a cuartos de final (onde, efectivamente, caéu. Foi o partido do penalti que Raúl lanzou ás nubes ante Barthez). E bueno, é case imposible olvidalo porque o estadio da súa localidade natal, Xetafe, leva o seu nome.

¿Qué foi del?: Alfonso retirouse en 2005. Actualmente é unha das estrelas do Real Madrid da liga indoor, que tantos veteranos do noso campionato xogan, para maior satisfacción dos nostálxicos do fútbol español.

¿Sabías qué...?: A pesar de que nunca xogou no Xetafe, foron os propios xetafenses os que elixiron o nome do Coliseum por votación popular.

- Só tiña 26 años cando bautizaron o estadio do Xetafe co seu nome.

- Foi un dos xogadores que puxo de moda as botas blancas.

- Destacaba tamén pola cantidade de pulseiras que levaba na man dereita, costume que tiña dende a infancia.

- Causou moita polémica porque, cando chegou ó Barça, Alfonso dixo que dende pequeno era hincha do clube catalán. Algúns madridistas nunca lle perdoaron esas declaracions. De calquera maneira, xoga a Liga indoor cos blancos e, de feito, é socio do Real Madrid.

- Un cántico moi famoso na súa época bética era "Qué bonitos, qué bonitos, son los goles de Alfonsito..."

- Tamén tiveron repercusión unhas declaracions suas, cando xogaba no Betis. O Sevilla estaba en posicions peligrosas, cerca do descenso, e Alfonso dixo que lle gustaría que o Sevilla se salvase. O propio Manuel Ruiz de Lopera mostrou o seu disgusto por este xesto, en realidade, tan deportivo, do bon de Alfonso.

- Acaba de finalizar segundo na clasificación de máximo goleador da Liga indoor, con 36 goles en 8 partidos, só superado polo valencianista Juan Sánchez. O Madrid acabou subcampeón, por detrás do Deportivo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Alfonso Pérez Muñoz naceu en Xetafe o 26 de setembro de 1972. Comenzou a xogar na canteira do Madrid. En 1990 deu o salto o primeiro equipo, onde permaneceu cinco anos. En 1995 chegou ó Betis, onde se fixo co cariño da afección. Cinco anos despois, fichou polo Barcelona, onde permaneceu ata 2002, cando foi cedido ó Olympique de Marsella. Despois dunha pouco exitosa experiencia no emblemático clube francés, volveu ó Betis, para retirarse en 2005. No seu palmarés conta con dúas Copas do Rey (unha co Betis e outra co Madrid), unha liga e unha Supercopa, ámbolas dúas co Madrid. Ademáis, Alfonso é un dos lexendarios xogadores que conseguiu en 1992 a medalla de ouro nas Olimpiadas de Barcelona.

sábado, 6 de diciembre de 2008

LEDIAKHOV

Volvemos a un país que sempre me causou interés e admiración e a un club o que lle teño un cariño especial, o Sporting de Xixón. Aproveito, por certo, para desexar os de Preciado que gañen moitos partidos, porque o Sporting é un deses equipos que sempre debe estar en Primeira. O caso é que o futbolista que vos traio foi un dos máis talentosos que pasou polo Molinón nos últimos anos. Con todos vos, ese gran centrocampista chamado Igor Lediakhov.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 80 e dos 90.

¿Por qué se lle recorda?
: Por ser unha das estrelas do Sporting de Xixón dos 90.

¿Qué foi del?: Retirouse en España, nas filas do Eibar (outro equipo que me é moi entrañable, por certo) en 2003. Despois dunha breve experiencia como director deportivo do FC Rostov do seu país, agora forma parte do equipo técnico do Spartak de Moscova, que comanda Michael Laudrup. De feito, antes da chegada do danés, foi entrenador interino, en sustitución do anterior técnico, o antigo porteiro da selección rusa Stanislav Cherchesov (un con bigote, por se non o recordades). Ademáis, ten algún que outro negocio inmobiliario no sur de España.

¿Sabías qué...?: Á afección do Molinón tíñaa namorada coa sua calidade, pero nas suas últimas campañas en Asturias tamén recibiu críticas por unha suposta indolencia no terreno de xogo.

- No 2002, Lediakhov foi apartado do primeiro equipo do Sporting e o ruso levou ós tribunais ó clube, esixindolle 600.000 euros de indemnización e a sua desvinculación do equipo. Lediakhov non quixo chegar a un acordo e ó final a entidade xixonesa foi condeada a pagar 428.860 euros a Lediakhov (unha fortuna, tendo en conta as xa maltreitas, naquela época, arcas do Sporting).

- Ó Eibar non lle costou un peso contratalo polos feitos anteriormente citados.

- Durante algún tempo rumoreouse que Lediakhov fixera un gran capital cos seus negocios inmobiliarios e que estaba interesado en comprar o Sporting.

Era tamén coñecido como O Mago de Sochi (Sochi é a cidade rusa onde naceu).

- No 2000 foi suspendido con seis partidos por pegar a un contrario e empuxar ó árbitro nun partido de Liga.

- Estivo no Mundial de Estados Unidos do 94 con Rusia. Xogou só un partido, o último, o famoso 6-1 que lle meteron os rusos a Camerún, con cinco goles de noso vello amigo Oleg Salenko. O outro gol de Rusia dese partido meteuno outro vello coñecido, Dimitri Radchenko.

- Poderedes atopar o seu apelido escrito como Lediajov, Ledjakhov, Lediakhov ou Ledyakhov.

- No Sporting coincidiu con outro ruso, Dimitri Tcherichev, un rápido extremo, o seu fillo Denis xa está destacando nas categorías inferiores do Madrid.

- O día que debutou co Eibar en Ipurúa foi expulsado por dobre cartón amarelo.
Biografía, palmarés, estadísticas: Igor Anatolyevich Lediakhov naceu en Sochi, Rusia, o 22 de maio de 1968. Comezou a sua carreira profesional no SKA Rostov en 1988. En 1990 xogou no Dnipro Dnipropetrovsk (o Dnieper de toda a vida, vamos) ucraniano (naquel enton, soviético). A tempada 91/92 disputouna nas filas do Rotor de Volgogrado (a vella Stalingrado) e ese ano deu o salto a un dos grandes de Rusia, o Spartak de Moscova, cos que xogou dous anos a un altísimo nivel. Ese éxito permitiulle dar o salto a unha gran liga e no 1994 fichou polo Sporting de Xixón. Nunha primeira etapa no clube asturiano pasou catro anos plagados de boas actuacións. No 1998 emigrou a Xapón, ó Yokohama Flugels, onde coincidiu con Paulo Futre. No 2002 retornou ó Sporting, con máis pena que gloria (cuando foi apartado e tal) e a súa última tempada, en 2003, pasouna en Eibar.

viernes, 5 de diciembre de 2008

PIZZI

Despois de Radchenko ven outro dianteiro, un dianteiro que naceu máis alá do Atlántico pero que vestiu a "Roja", na mesma época que Donato (outro que naceu máis alá do Atlántico). Este é un deses goleadores carismáticos que sempre tivo a Liga. É Juan Antonio Pizzi.

¿Quén era?: Un dianteiro hispano-arxentino da década dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos mellores goleadores da súa época, por ser o estilete dun Tenerife de ensoño e por dar un par de alegrías gordas ós aficionados do Barça.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol en 2002, nas filas do Vilarreal. Despois, estableceuse en Barcelona onde se enrolou no Real Club de Polo de Barcelona para xogar a ese elitista deporte. Máis recentemente, marchouse a Perú para probar como entrenador. Ata a tempada pasada era o técnico do Universidade de San Martín do país andino.

¿Sabías qué...?: Foi coñecido como O Lagarto e como Macanudo Pizzi.

- O segundo apodo púxollo o periodista deportivo Joaquim Maria Puyal. Foi no seu día máis glorioso como azulgrana. Nunha semifinal épica de Copa do Rei entre o Barça e o Atlético de Madrid en 1997, Pizzi marcou o último gol dun tolo 5-4 que supuxo a clasificación dos culés para a final. Nese partido, o Barcelona chegou a perder por 0-3.

- Esa Copa do Rey gañouna o Barcelona ó Betis na final. Pizzi fixo o 2-2 que levou o partido á prórroga. O Barça gañou 3-2.

- Foi bota de oro Europea co Tenerife en 1996.

- Chegou a xogar con España ante o seu país orixinal, Arxentina. Foi nun amistoso no que España gañou 2-1 no Calderón. El mesmo meteu o primeiro gol.

- O seu último partido coa selección foi contra Paraguai no Mundial do 98, de mal recordo para os seguidores da selección.

- A súa etapa no Valencia tivo máis sombras que luces.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Antonio Pizzi Torroja naceu o 7 de Xuño de 1968 en Santa Fé, Arxentina. Debutou con 20 años nas filas de Rosario Central, onde estivo ata o 90. Ese ano marchou a México para xogar no Toluca, pero só pasou un ano. Foi entón cando chegou a Liga española, para xogar no Tenerife. Pasou dous exitosos anos ata que na 93/94 fichou polo Valencia. O seu escaso éxito na ribeira do Turia fixoo volver ó Tenerife, onde volveu pasar dous anos. Foi no 96 cando fichou polo Barcelona. Alí pasou dous anos e despois retornou a Arxentina, onde xogou un Apertura e un Clausura con River Plate, e outros tantos de novo con Rosario Central. Volveu a Europa para xogar no Oporto un ano e retirouse no Vilarreal, que o fichou en 2001 para sustituir a un lesionado Martín Palermo. Coa Selección española xogou 22 partidos e meteu oito goles. Os seus títulos gañounos co Barça: Campeón de Liga en 1998, de Copa do Rei no 97 e no 98, da Supercopa de España no 96 e da Recopa no 97.

RADCHENKO



Veume á memoria un xogador ruso que xogou en España durante un bo número de tempadas e que, de feito, estableceuse no noso país tra-la súa retirada. É un dianteiro, un cazagoles que se gañou o cariño das afeccions que desfrutaron da súa velocidade e do seu olfato goleador. Hoxe, para que vaiamos quentando o blog, falareivos de Dimitri Radchenko.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Porque destacou no primeiro equipo español no que xogou, o Racing de Santander, acompañado dun par de compatriotas (Popov e Zygmantovich, quen non obstante, era bielorruso) e tamén no Deportivo da Coruña.

¿Qué foi del?: Aínda que non volo creades, aínda se retirou fai duas tempadas, nas filas do CD Baio galego. Agora adicase a entrenar os nenos do Bergantiños, ademáis de disputar co Depor a xa famosa liga indoor de veteranos, con tantos e tantos outros xogadores que pasarán por este blog.

¿Sabías qué...?: Un dos seus primeros equipos en Rusia foi o Zenit de Leningrado. Este Zenit é o que se acaba de proclamar campeón da UEFA, o que pasa é que tra-la caída do telón de aceiro, Leningrado recuperou o seu antigo nome, San Petersburgo.

- O Racing costulle no seu día 197 millons de pesetas, un dos precios máis altos que pagou por un xogador naquela época.

- No 2006 foi detido na súa casa de Oleiros (A Coruña) por pegarlle a súa muller. El mesmo o confesou. Ademáis, díxose que tiña problemas co alcohol, aínda que ese extremo sí que o desmentiu.

- Pode dicir con orgullo que marcou nun partido do Mundial. Foi no famosísimo Rusia 6, Camerún 1, no que o seu compatriota e ex xogador do Logroñés, Valencia e Córdoba, entre outros, Oleg Salenko (pronto saliré neste blog), meteu cinco goles. Non é o único Radchenko famoso. Hai un futbolista ucraniano e unha impresionante modelo e presentadora rusa (famosa en Italia) que comparten o seu apelido. Por lo que puiden mirar, non teñen relación familiar.

- Buceando en Internet, encontrei unha noticia algo difícil de crer, máis ben un rumor, pero avisando da sua dudosa credibilidade, contovolo. Parece ser que no verán de 1995, o Deportivo da Coruña buscaba un dianteiro. Lendoiro tiña que escoller entre dúas opcións: Radchenko, o que xa se lle coñecía polo seu paso polo Racing, e un xove dianteiro ucraniano de apenas 19 anos, que xa destacaba no Dinamo de Kiev, chamado... Andriy Shevchenko. Ó final, o fichado foi Radchenko. Esta é a historia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Dimitri Radchenko naceu en Leningrado, Unión Soviética (hoxe San Petersburgo, Rusia), o 2 de decembro de 1970. Comezou a sua carreira profesional no Dinamo de Leningrado en 1988. Despois dun ano no Zenit e dous no Spartak de Moscova, chega a España en 1993, o Racing de Santander. Pasa dous anos en El Sardinero e viaxa ata A Coruña en 1995. No Depor pasou só unha tempada. Ó ano seguinte xogou, con pouca fortuna, no Raio Vallecano. Logo encadea un equipo o ano: Mérida, Compostela, Júbilo Iwata de Xapón, Hajduk Split croata e Bergantiños. O seu último equipo foi o Baio. Coa selección soviética xogou dous partidos. Coa rusa, 33. Meteu 9 goles con ela. Os seus títulos gañounos todos no seu país: Duas ligas e duas Copas.


Que foi de...

Comeza a andadura deste blog, onde imos a recordar a miticos futbolistas da liga espanhola ou ligas internacionales que xa remataron a súa andadura futbolistica e quedaron no olvido...
O noso homenaxe a estes deportistas que no seu dia foron grandes goleadores, promesas, xogadores, pufos... e demáis familia...

Braizinho1