martes, 31 de marzo de 2009

CHILAVERT


Sempre se dixo que para ser porteiro de fútbol hai que estar algo tolo. Tamén se conta que os porteiros máis carismáticos e extravagantes se atopan no continente americano. O protagonista de hoxe é, quizáis, un dos gardametas con máis personalidade de Suramérica: José Luis Chilavert.


¿Quén era?: Un porteiro paraguaio, activo entre 1980 e 2004.

¿Por qué se lle recorda?: En España por xogar no Zaragoza, amén de polo que se lle coñece en todo o mundo: O seu carisma, a sua forte personalidade e a sua capacidade para meter goles.


¿Qué foi del?: Despois da sua retirada en 2004, fixo os seus pinitos como comentarista de partidos de fútbol (no Mundial 2006) no canal Univisión.

¿Sabías qué...?: Na sua carreira deportiva marcou 62 goles, un récord para un porteiro que bateu o brasileiro Rogério Ceni.
- Nos seus tres anos no Zaragoza (entre 1988 e 1991) meteu so un gol. Foi de penalti, a Real Sociedade. O equipo txuri-urdin, por medio de Goikioetxea, marcou nada máis sacar de centro, porque Chilavert non se puxera no seu sitio aínda. Na sua época de porteiro de Vélez Sarsfield, en Arxentina, vestiu unha camiseta cun bulldog debuxado.
- Despois dun partido clasificatorio para o Mundial de 2002 entre Paraguai e Brasil, foi sancionado por escupir o enton madridista Roberto Carlos, quen chamou os paraguaios "indios".
- Nun Paraguai-Colombia de 1997, liouse a tortas co dianteiro 'cafeteiro' Faustino Asprilla.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Luis Félix Chilavert naceu en Luque, Paraguai, un 27 de xullo de 1965. Xogou no Sportivo Luqueño e no Guaraní do seu país, en San Lorenzo de Almagro de Arxentina, no Zaragoza, en Vélez Sarsfield, de novo en Arxentina, no Estrasburgo francés, no Peñarol de Montevideo uruguaio e de novo en Vélez. Gañou tres Clausuras, un Apertura, unha Copa francesa, unha Liga Uruguaia, unha Libertadores, unha Intercontinental e unha Interamericana. Coa selección meteu 8 goles en 74 partidos.


PD: A clasificación de goles dos gardametas é a seguinte: O lider é Rogèrio Ceni (76 goles), o segundo é Chilavert (62) e o terceiro Higuita (41).

martes, 24 de marzo de 2009

ZAMORANO


Os madridistas hoxe poderán disfrutar de todo un heroe branco e bestia negra culé: Iván Luis 'Bam Bam' Zamorano.


¿Quén era?: Iván Zamorano foi un dianteiro chileno que xogou no Sevilla e no Real Madrid a principios dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua extraordinaria capacidade goleadora, que sufriu o FC Barcelona no histórico 5-0 que os brancos lle endosaron os blaugranas un 7 de xaneiro de 1995 (Zamorano fixo un 'hat-trick') e pola terrible sociedade que formou con José Emilio Amavisca.

¿Qué foi del?: Despois de retirarse en 2003, e tras varias aparicions na prensa do corazón con motivo dos seus noviazgos con famosas chilenas, Iván Zamorano é agora un dos máis poderosos empresarios do seu país, con un patrimonio estimado de 80 millons de dólares, que reparte entre un holding empresarial chamado Del Inca, a Cidade Deportiva Iván Zamorano en Santiago de Chile, unha Fundación co seu nome, unha empresa de representación deportiva chamada PassBall, unha de tecnoloxía chamada IT Training, numerosos inmobles en Chile e incluso o proxecto dunha universidade privada.


¿Sabías qué...?: O 14 de febreiro de 2004, a sua moza, a modelo chilena Kena Larraín, deixouno prantado no altar.
- É o segundo máximo goleador da historia da Selección de Chile, con 34 goles, so superado por Marcelo Salas.
- Adiantou a sua retirada despois de ser sancionado por agredir a un árbitro.
- O Madrid fichouno para sustituir a Hugo Sánchez.
- Sempre se rumoreou, e incluso alguns medios o publicaron, que Zamorano é homosexual. Unha fantasía algo máis desarrollada relacionabao sentimentalmente con Amavisca.
- Está casado cunha modelo arxentina, María Alberó, coa que ten dous fillos.
- No declive da sua carreira, rumoreouse un posible fichaxe polo Atlético de Madrid. A afección colchoeira mostrou pronto a sua total oposición, polo pasado madridista do chileno, e todo quedou en auga de borrallas.

Biografía, palmarés, estatísticas: Iván Luis Zamorano Zamora naceu en Santiago de Chile un 18 de xaneiro de 1967. Xogou no Trasandino e no Cobresal do seu país. Máis tarde fichou polo Saint Gallen suizo, dende o que deu o salto o Sevilla (duas tempadas, 59 partidos, 21 goles) e o Real Madrid (catro tempadas, 137 partidos, 76 goles). Logo marchou o Inter de Milán, onde gañou unha UEFA. Tra-la sua aventura italiana, de cinco anos, fichou polo América de México e tras duas tempadas alí acabou a sua carreira no Colo Colo do seu país. Entre os seus triunfos, unha Liga española, unha Copa da UEFA, unha Copa do Rey, unha medalla de bronce en Sydney 2000 e un trofeo Pichichi (1995).

PD: É olleador do Inter de Milán. Escribironlle unha tremenda canción en Chile, chámase: Leyenda de mi pueblo. A canción que sí que se escoitaba polo Camp Nou era a de: Iván Zamorano, eres un gitano...

lunes, 23 de marzo de 2009

CANTONÁ


Pouco falta para que chegue un dos acontecementos deportivos máis esperados do ano: a final da Liga de Campions, un deses partidos que é un pecado perdélo. E aproveitando a circunstancia, hoxe vouvos a falar dun dos grandes ídolos dos vixentes campións, o Manchester United. É un deses futbolistas que da para escribir 20 posts. Vou intentar sintetizar. Pero serame difícil, xa que o protagonista de hoxe é nada menos que Eric Cantona.




¿Quén era?: Un dianteiro francés dos 80 e os 90.




¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos futbolistas máis talentosos das últimas décadas, por ser o santo e seña do Manchester United e por ser tremendamente polémico (máis adiante entro en detalles). Ademáis, é tan mediático como polémico, así que o ten todo.






¿Qué foi del?: A verdade é que dos futbolistas que sairon neste blog, é un dos que máis se deixa ver. Retirouse no 1997 e non parou de facer cousas. A nivel deportivo, segue xogando o fútbol praia. É capitán da selección francesa. A nivel comercial, apareceu en moitos anuncios da firma estadounidense Nike e ademáis, participou como actor nunha ducia de películas, a última, o ano pasado.



¿Sabías qué?: Antes deciavos que Cantona destacou polos seus problemas de disciplina. O seu incidente máis famoso, que deu a volta o mundo, tivo lugar en 1995 en Londres, no estadio do Crystal Palace cando Cantona, que xogaba no Manchester, foi expulsado. Mentres saía do campo, foi increpado por un afeccionado. Cantona reaccionou dándolle xa unha lexendaria patada de kung-fu e varios puñetazos (en Inglaterra non hai vallas e os espectadores están moi cerca do terreo de xogo). Foi condenado a sete días de cárcere pero so cumpriu 24 horas. Foi sancionado 10 meses e o Manchester castigouno duramente tamén. O incidente, ademáis, costoulle non volver a selección francesa. Cantona xa viña precedido dunha gran fama de pendenciero: En 1987, cando xogaba no Auxerre, deulle un puñetazo o seu compañeiro Martini; no 88, foi sancionado durante tres meses por unha entrada perigosa (imaxinarse cómo sería); en 1989, foi apartado da selección por insultar en televisión o técnico, Henri Michel; ese mesmo ano, nas filas do Marsella, foi suspendido un mes por lanzar o balón o público e a camiseta o chan, enfadado por ser sustituido (e era un amigable); nas filas do Montpellier, en 1989, lanzoulle a un compañeiro as botas a cara e foi suspendido 10 días; en 1991, lanzoulle o balón a un árbitro como protesta polas suas decisions e foi suspendido un mes. Cando se enterou, dixo públicamente que os do comité eran "idiotas" e a sanción aumentou a tres meses; xa en Inglaterra, en 1993, escupiu a un afeccionado do Leeds, o seu primeiro equipo nas Illas... En fin, un crack.
- Levaba o 7 no Manchester United. Dise que bendeciu ese dorsal, xa que despois levarono David Beckham e agora Cristiano Ronaldo.
- Unha das suas señas de identidade era xogar co cuello da camiseta subido. Fixo diso todo un símbolo gracias a un dos máis exitosos anuncios de Nike, o espectacular spot do "Au revoir..."
- Na película Elizabeth, protagonizada por Cate Blanchett (non confundir con Elizabeth, a idade de ouro, máis reciente pero do mesmo tema), Cantona interpreta o embaixador francés.



- Seu irman Joel tamén foi futbolista profesional, aínda que con menos éxito.
- Cantona tamén se fixo famoso polas suas frases. A máis popular pronunciouna en Inglaterra despois da patada de kung fu. Nunha rolda de prensa, limitouse a dicir, en referencia o acoso dos medios: "Cando as gaivotas persiguen o pesqueiro, é porque pensan que as sardiñas serán lanzadas o mar". Non dixo nada máis e foise.
- Outra frase: "O fútbol é como facer o amor. Se non podes aguantar 90 minutos coma min, non gañas".
- E outras duas máis: "Eu son Dios" e "¿O meu mellor momento? Cando lle din a patada a aquel hooligan".
- Unha vez preguntaronlle quén era o mellor xogador francés da historia, se Zidane ou Platini. Respondeu: "Ningun, son eu".
- O gran George Best (q. e. p. d.) dixo del: "Daría todo o champán que me bebin por xogar con él un bo partido europeo en Old Trafford".
- Escribiu unha autobiografía.




Biografía, palmarés, estatísticas: Eric Daniel Pierre Cantona naceu o 24 de maio de 1966 en Marsella. De 1983 a 1988 xogou no Auxerre. Do 88 o 89, no Olympique de Marsella, aínda que pasou parte do último ano cedido en Girondins de Burdeos. Do 89 o 90 formou parte do Montpellier. A tempada seguinte volveu o Olympique. En 1991 xogou no Nimes. Aterrizou en Inglaterra en 1992, para xogar no Leeds United. Ese mesmo ano foise o Manchester United ata a sua retirada, en 1995. Gañou duas ligas e unha copa francesa, cinco ligas inglesas (unha delas co Leeds), duas Copas e catro supercopas inglesas. Coa selección xogou 45 partidos e meteu 20 goles.



sábado, 21 de marzo de 2009

BRIAN LAUDRUP




O protagonista de hoxe tratase dun caso curioso. Foi un excelente futbolista, pero quizais estivo algo eclipsado polo seu irman, que era un megacrack. Pero sempre estivo en equipos de élite e destacou na sua selección, algo que non é fácil. Aínda que, insisto, seu irman é moito máis famoso (entre outras cousas porque triunfou en España), creo que o personaxe de hoxe merece un post. É Brian Laudrup.



¿Quén era?: Un futbolista danés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Case todos en España, por ser o irman do gran Michael Laudrup, pero podese dicir que foi un dos puntais da selección danesa que gañou a Eurocopa do 92 (sorprendendo a todo o mundo) e por xogar en equipos como o Bayern de Munich, o Milan ou o Chelsea.


¿Qué foi del?: Retirouse nas filas do Ajax de Amsterdam en 2000, cando so tiña 31 anos (as lesions aceleraron a sua retirada). Agora é comentarista dos partidos da Liga de Campions para a televisión danesa TV3+, xunto co seu compatriota Peter Schmeichel. Ademáis, ten unha escola de fútbol.



¿Sabías qué...?: Naceu en Viena, Austria, porque seu pai, Finn Laudrup, era futbolista e xogaba no WSC da capital austríaca.
- Unha curiosidade: xamáis coincidiu con seu irman en ningún equipo (a excepción da selección). Sí hai dous clubes que os tiveron nas suas filas: O Brondby danés e o Ajax holandés, pero en etapas diferentes. Pelé incluiuno na sua lista dos 125 mellores xogadores da historia. Nesa lista estaba tamén seu irman Michael.
- Aínda que non meteu ningún gol na Euro do 92, sí que se lle considerou como un dos mellores xogadores do torneo.
- Cando estivo na Fiorentina, viviu o dramático descenso do clube viola a serie B. Nunha ocasión, e para evitar a ira dos afeccionados, tivo que sair dun partido no maletero dun coche.
- Decidiu deixar a selección con so 29 anos.
- Cando chegou o Ajax, seu irman Michael deixara o clube un ano antes.
- O seu último equipo en Dinamarca foi o FC Copenhague. Na sua visita o campo do Brondby, o seu primeiro equipo, recibiu abucheos durante todo o partido.
- A sua mellor época foi a do Rangers, onde conseguiu tres ligas e unha Copa escocesa. Para moitos afeccionados do equipo protestante de Glasgow, Brian Laudrup é o mellor xogador extranxeiro da historia do clube.


Biografía, palmarés, estatísticas: Brian Laudrup naceu o 22 de febreiro de 1969 en Viena, Austria. O seu primeiro clube foi o Brondby danés (1986-1989). Na tempada 89-90 fichou polo Bayer Uerdingen alemán, experiencia que lle valeu para fichar polo Bayern Munich a tempada seguinte. Tras dous anos en Baviera, fichou pola Fiorentina, onde estivo unha nefasta tempada. Seguiu en Italia porque na tempada 93-94 xogou no Milan, onde non xogou moito. En 1994 fichou polo Glasgow Rangers, onde xogou durante catro exitosos anos. En 1998 fichou polo Chelsea. Despois dunha tempada en Londres, en 1999 xogou no FC Copenhague. A sua retirada chegou en 2000, nas filas do Ajax. Coa selección xogou 82 partidos e meteu 21 goles. No seu palmarés destaca a Eurocopa do 92 con Dinamarca, máis duas ligas danesas, un Scudetto co Milan, tres ligas, unha copa e unha copa da liga en Escocia e unha Supercopa de Europa co Chelsea.

miércoles, 18 de marzo de 2009

LITMANEN


Como sabedes, este blog esta adicado a futbolistas que desaparecen do panorama mediático, da primeira liña do deporte, sempre retirados. Pero nesta ocasión, vouvos a falar dun xogador que aínda segue en activo (segundo as ultimas novas que teño). Pero como o fai nunha liga menor (na do seu país), alexado dos focos das estrelas, creo que ten o seu hoco neste sitio. Este futbolista e o mellor da historia do seu país e ademáis, conseguiu grandes cousas na sua carreira. Por se fora pouco, tamén xogou na nosa Liga, así que me deixo de rollos e presentovolo. É Jari Litmanen.

¿Quén é?: Un futbolista fines que destacou na década dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mellor futbolista fines da historia, por ser unha das estrelas do Ajax de Amsterdam que gañou a Liga de Campions en 1995 e polo seu paso, a verdade que con máis pena que gloria, polo FC Barcelona.

¿Qué é del?: Pois segue xogando, os seus 38 años, no FC Lahti da sua cidade natal, en Finlandia.

¿Sabías qué...?: Seu pai e sua nai foron futbolistas.

- Herdou o 10 do Ajax de Dennis Bergkamp, cando éste se foi o Inter de Milán.

- Cando gañou a Liga de Campions co Ajax de Van Gaal, convertiuse no primeiro futbolista fines en conseguilo.

- É o xogador do Ajax que máis goles meteu en competicions internacionais. No Museo do Ajax so hai tres xogadores cun vídeo sempre visible: Johan Cruyff, Marco Van Basten e o propio Litmanen.

- Louis Van Gaal foi quen o trouxo o Barcelona.

- As lesions lastrarono no seu paso polo Barcelona e polo Liverpool.

- É o finés con máis internacionalidades (117) e con máis goles marcados (30).

- Seu compañeiro no Ajax e Barcelona, Marc Overmars, dijo del que é "o mellor xogador que vin".

- Outro ex barcelonista, Henrik Larsson, dixo que é o mellor rival o que se enfrontou en Europa.

- Chegou o Barcelona, entre outros, co francés Déhu e co actual atlético Simao.

- Lorenzo Serra Ferrer, que sustituiu a Van Gaal no Barça, foi quen o relegou o banquiño e acelerou a sua marcha do clube culé.

Biografía, palmarés, estatísticas: Jari Olavi Litmanen naceu o 20 de febreiro de 1971 en Lahti (Finlandia). O seu primeiro equipo foi o FC Lahti, no que debutou en 1987. En 1991 fichou polo HJK de Helsinki. O ano seguinte, fixoo polo MyPa, tamén no seu país. En 1992, un olleador do Ajax quedouse prendado do seu fútbol e levouno o máis laureado equipo holandés. Alí pasou sete exitosos anos, ata que en 1999 fichou polo Barcelona. En 2001 foise a Liverpool, onde so pasou un ano. Despois do seu pouco éxito en ambos grandes de Europa, regresou o Ajax, onde pasou duas tempadas máis, pero moi lonxe do nivel da sua anterior etapa. En 2004 regresou o seu equipo orixinal, o FC Lahti, no que parecía xa o ocaso da sua carreira. Pero a Litmanen quedaballe gasolina e no 2005 emprendeu unha aventura en Alemaña, onde fichou polo Hansa Rostock. Ese mesmo ano foise a Suecia, e xogou duas tempadas no Malmö. No último mercado de inverno probou fortuna de novo en Inglaterra, en concreto no Fulham londinense, pero non chegou a xogar ningún partido oficial e este veran volveu o Lahti da sua cidade onde xoga, quén sabe, unha da suas últimas temporadas en activo.

PD: Con 38 anos, Litmanen sigue indo á selección nacional e no seu país é máis respetado que a propia presidenta. É un idolo, tamén, para os afeccionados Ajaccied, pois, a pesares de ter nas suas filas a moitos dos máis grandes xogadores da historia, e de non ser holandés, encheselles a boca o falar do finés. Adorano pola sua etapa exitosa e, como fixeron moitos outros, volver a dar os últimos coletazos de futbol no Ajax, ensinando a "promesas" como Sneijder ou Emmanuelson...un crack. Cando chegou o Barcelona era o futbolista mellor pagado da plantilla, por encima de nomes como Rivaldo, Frank de Boer ou Guardiola, cobraba cerca de 800 millons de pesetas por tempada.

martes, 10 de marzo de 2009

KODRO


Traiovos hoxe a outro clásico do fútbol español, un gran goleador deses que aparecen de vez en cando pola nosa Liga e ademáis, un deses xogadores que despunta nun equipo modesto pero que logo nun grande non rinde igual. Bueno, imos con el. É Meho Kodro.
¿Quén era?: Un dianteiro centro bosnio que xogou na Real Sociedade, no Barcelona, no Tenerife e no Alavés.
¿Por qué se lle recorda?: Por facer un gran papel na Real, polo seu caro fichaxe polo Barcelona e sobre todo, polos seus duros disparos... os 'kodrazos'.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol en 2001, nas filas do xigante israelí Maccabi de Tel-Aviv. Empezou a sua carreira como entrenador en 2006, na Real Sociedade, cando foi axudante de Jose Mari Bakero. Antes fixera os seus pinitos no Antiguoko, un clube xuvenil de San Sebastián no que xogaba o seu fillo Kenan. En xaneiro fixose seleccionador de Bosnia-Herzegovina, pero foi destituido. O motivo foi a sua negativa a xogar un partido amigable en Irán, xa que non llo consultaran. Esta decisión da Federación Bosnia trouxo cola, porque puidemos ler que se manifestaron 2.000 hinchas bosnios en Saraxevo como protesta pola destitución. Esta protesta saldouse con cinco detidos, que lanzaron pedras e bengalas a sede da Federación Bosnia. Ademáis, dez internacionais bosnios negaronse a xogar o partido de Irán.
¿Sabías qué...?: O Barcelona pagou 700 millons de pesetas polo seu fichaxe, pero non chegou a triunfar. A Real Sociedad so pagou 150 millones o Velez Mostar.

- É unha das tres 'K' que marcaron unha época en San Sebastián. As outras duas son Karpin e Kovacevic.

- É musulmán.

- Crese que o efecto que causou sobre el a guerra no seu país foi demoledor. A súa cidade natal, Mostar, foi unha das máis castigadas.

- Antes de fichar polo Barcelona, Kodro foi tamén pretendido polo Deportivo da Coruña e polo Bayern de Munich.

- O ano pasado, Kodro saiu nas noticias tras incendiarse o edificio no que vivía en Donosti. Afortunadamente, nin a el nin a sua familia lles pasou nada.

- Hai unha peña realista en San Sebastián chamada 'Amigos de Kodro'.

- En 1995 e nas filas da Real, Kodro fixolle un hat-trick o Athletic de Bilbao. Os 'txuri-urdin' gañaron 5-0.

Biografía, palmarés, estatísticas: Mehmed 'Meho' Kodro naceu en Mostar, Bosnia, o 12 de xaneiro de 1967. Empezou a sua carreira en 1985 no Velez Mostar do seu país. No 91 chegou a Real Sociedade. En 1995 foi traspasado o Barcelona e, o ano seguinte, foise o Tenerife. Despois de tres anos en Canarias volveu o País Vasco para xogar co Alavés. No 2000 xogou a sua última tempada no Maccabi israelí. Xogou dous partidos con Iugoslavia e 13 con Bosnia, nos que fixo tres goles.

PD: Aparte dun gran xogador, que o foi, o que pouca xente sabe é que cando xogaba en Tenerife, en plena guerra de Bosnia, calquera compatriota que lle tocaba na porta para pedirlle axuda, conseguíalla, xa fora algo de diñeiro, un teito para pasar un par de días ou o que el poidera, era unha gran persoa.

lunes, 9 de marzo de 2009

ESNAIDER


Hoxe vouvos falar dun xogador que seguro que non olvidastes. Xogou en cinco equipos españois, tres dos cales están en Primeira. Todo un temperamento, foi un gran goleador, aínda que as lesions fixeronlle bastante dano. Con todos vos Juan Eduardo Esnáider.

¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e deste seculo.

¿Por qué se lle recorda?: Por chegar o Madrid con 17 anos, por gañar co Zaragoza a Recopa de Europa (metendo un gol na final), por ser o dianteiro centro titular do último Atleti que xogou a Champions e polo seu forte carácter.

¿Qué foi del?: Esnáider retirouse no 2005 nas filas do Newell's Old Boys do seu país. Pero quizas o vexamos pronto de novo cerca dos terreos de xogo, porque acaba de sacarse o carné de entrenador. Haberá que ver cal é o seu clube de debut e, quén sabe, se chega pronto a Liga española... Ademáis é comentarista de Aragón Televisión para os partidos de Primeira.


¿Sabías qué...?: O seu apelido é unha deformación do apelido Schneider. A sua familia é procedente dunha minoría étnica de alemans que vivía na ribeira do río Volga, na actual Rusia.
- A sua saida do Atlético de Madrid foi algo accidentada. Nun partido de cuartos de final contra o Ajax de Amsterdam, Esnáider fallou un penalti no Calderón que lle podería haber dado o paso os roxiblancos (Esnáider xa marcara no Amsterdam Arena). Despois dese fallo e dunha terrorífica entrada sobre Witschge (o ex barcelonista e alavesista), foi sustituido polo recién nomeado seleccionador serbio, Radomir Antic. Esnáider enfrontouse co entrenador e ese xesto valeulle a saida do clube do Manzanares. A sua despedida do fútbol español tamén foi realmente desafortunada. Xogaba no Real Murcia (en 2004), que o recuperara no seu penúltimo retorno a Primeira. O certo é que Esnáider non estaba aportando moito o equipo, pero o peor foi cando, nunha rolda de prensa, chamou "imbécil" a unha periodista do diario La Verdad, Eva Franco, que por aquel enton cubría as informacions do equipo. Foron ante os tribunais e tras recoñecer os feitos, foi condeado a pagar 600 euros, 300 por unha falta de inxurias e outros 300 por danos morais, pois a periodista alegou que o suceso (que tivo lugar diante de máis testigos) lle causou unha crise de ansiedade.
- Na sua mellor época, a do Zaragoza, gañouse o sobrenome de Gardel, polo elegante ritmo o que xogaba.
- En 1998 fichouno a Juventus de Turín, para intentar suplir unha lesión de larga recuperación de Alessandro Del Piero.
- É hincha do Racing de Avellaneda, aínda que nunca xogou neste clube.
- Na sua segunda etapa no Zaragoza (tempada 2000-2001), Esnádier protagonizou outro triste incidente. O equipo maño xogabase o descenso ante o Celta, o final da tempada, e o temperamental xogador arxentino, o comezo do choque, deulle un terrible cobadazo a Cáceres e foi expulsado. Dixose que o fixo a propósito, doido porque pouco antes, o clube dixeralle que non contaban con él para o seguinte ano. Esnáider desmentiu que esa fora a razón.
- Esnáider dixo: "Son arxentino, pero futbolísticamente son máis español".
- Dise que na sua última etapa no Zaragoza apenas entrenaba.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Eduardo Esnáider naceu en Mar del Plata, Arxentina, o 5 de marzo de 1973. Debutou como profesional en 1990 con Ferrocarril Oeste. Ese mesmo ano fichouno o Real Madrid, que o mantivo un ano no Castilla. O ano seguinte xogou, pouco, no primeiro equipo. E chegou en 1993 o Zaragoza, onde pasou duas extraordinarias campañas. Despois dun novo paso polo Madrid, no que xogou máis pero non triunfou, fichou polo Atlético de Madrid, coa difícil papeleta de sustituir a Lubo Penev, despois de conseguir o equipo colchoeiro o doblete. No ano seguinte (1997) fichou polo Espanyol de Barcelona, onde xogou unha tempada boa e outra regular. Logo marchou a Juve, onde pasou tres tempadas con máis pena que gloria. No 2000 recuperouno o Zaragoza e consiguiu salvar o equipo do descenso. En 2001 fichou polo Oporto portugués, pero fracasou. Volveu o seu país para xogar en River Plate, pero tampouco cuallou. Despois dun paso polo Ajaccio francés, tamén infructuoso, volveu a España para xogar no Murcia. A sua última tempada, a 2004-2005, disputouna en Newell's Old Boys de Rosario. Coa selección arxentina xogou tres partidos pero non marcou ningún gol. No seu palmarés destacan duas Copas do Rei co Zaragoza e unha co Madrid, unha Supercopa de España cos merengues, un Torneo Clausura con River e, sobre todo, a Recopa de Europa co Zaragoza.

domingo, 8 de marzo de 2009

DJORKAEFF


Volvemos a unha época dourada para o fútbol francés, cando os "bleus" se proclamaron campions do Mundo e de Europa. Un dos pilares dese equipo é o protagonista de hoxe. É Youri Djorkaeff.


¿Quén era?: Un centrocampista francés da década dos 90 e comezos desta.


¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte, como vos dicía antes, daquela selección francesa que se convertiu na máis poderosa do mundo.


¿Qué foi del?: Retirouse fai moi pouco, en 2006, nas filas dos MetroStars de New York (hoxe Red Bull New York). Agora é presidente do UGA Décines (UGA son as siglas de Unión General Armenia), un equipo de categoría amateur de Lyon. Djorkaeff é de orixe armenio.

¿Sabías qué?: Seu pai, Jean Djorkaeff, foi defensa do Olympique de Lyon, do Paris Saint Germain e da selección francesa.
- Escribiu un libro autobiográfico, Snake (é o apodo que lle puxeron pola sua forma de meterse nas defensas contrarias).

- Tamén probou sorte na música. Grabou unha canción de estilo house, pero ahí quedou a cousa.
- Xogou en catro das principais ligas de Europa: Francia, Italia, Alemania e Inglaterra. So lle faltou España.
- Sua nai é de orixe armenio. Seu pai, da etnia Kalmyk, de tipo mongol.
- Formou unha gran parella con Zinedine Zidane.
- Na sua época vinculouselle como posible fichaxe do Barcelona.

Biografía, palmarés, estatísticas: Youri Djorkaeff naceu o 9 de marzo de 1968 en Lyon, Francia. Debutou como profesional no Grenoble en 1984. No 89 chegou o Estrasburgo e dous anos despois, o Monaco. Despois de catro temporadas, foise o Paris Saint-Germain, onde cuallou unha gran tempada que o levou a Italia o ano seguinte para firmar polo Inter de Milán. En 1999 xogou no Kaiserslautern alemán. De 2002 a 2004, no Bolton Wanderers inglés. Despois dun breve paso polo Blackburn Rovers, chegou os MetroStars de Nueva York, onde se retirou en 2006. A nivel de clubes gañou unha Copa francesa co Monaco, unha Recopa co PSG e unha UEFA co Inter. Coa selección, o Mundial do 98 e a Eurocopa do 2000.

PD: O seu explendor máximo foi na Eurocopa do 1996 en Inglaterra, onde el so case consigue o titulo. Foi un xogador que en clubes nunca despuntou, pero con Francia era o corazón do equipo, salvandolles de eliminacions como contra España no 2000.
Djorkaeff era a definición perfecta de Centrocampista Interior, aínda que en clubes ás veces xogaba máis de mediapunta central. Moitísima clase, fisico un pouco endeble, habilidade para pegarlle a porta e sobre todo de primeiras. Facía xogar os seus compañeiros, non metía demasiados goles, pero gracias a él vimos brilar a xogadores como Zidane.

jueves, 5 de marzo de 2009

COLLYMORE



Sempre se dixo que é moi fácil que un futbolista estranxeiro triunfe na Liga inglesa e que é moi difícil que un futbolista inglés o faga noutra liga que non sexa a sua. E é case certo (hai algunha excepción). O protagonista de hoxe é un exemplo disto elevado á enésima potencia. O que ocorre é que ademáis, era un caso deses nos que se cria que nacera unha superestrela pero en realidade, nacera un superestrelado. Ademáis, o heroe de hoxe representa o tópico do futbolista inglés xove con demasiado diñeiro e todo o que elo conleva. Bueno, non me alargo máis. Vouvos falar de Stan Collymore.



¿Quén era?: Un futbolista inglés dos 90.



¿Por qué se lle recorda?: Por ser, na sua época, o futbolista británico máis caro da historia e polo seu fichaxe polo Real Oviedo, fai anos, nunha etapa con máis pena que gloria. No Reino Unido recordaselle máis ben por ser un dos xogadores máis polémicos dos últimos anos, habitualmente envolto en problemas de "faldas" e pelexas.



¿Qué foi del?: Pois despois da sua experiencia no Oviedo (2001), colgou as botas. Escribiu a sua biografía e, sobre todo, colabora con numerosos medios de comunicación como comentarista ou columnista. Así, traballou para a BBC, para Eurosport, para a Televisión de Ghana ou a de Australia, entre outros canles. Ten, actualmente, unha columna no Daily Mirror. Pero ademáis, fixo os seus pinitos no cine. Collymore, que ten unha productora, fixo unha aparición en Instinto Básico 2, na que interpreta a Kevin Franks, un futbolista co que Catherine Tremmell (personaxe interpretado pola eternamente sensual Sharon Stone) ten un affaire, que non acaba moi ben para o personaxe de Collymore.



¿Sabías qué...?: Decíavos que na sua época foi o xogador británico máis caro da historia. Ocurreu cando, en 1995, o Liverpool pagou 8,5 millones de euros o lexendario Nottingham Forest polos seus servizos.
- Debutou co Liverpool marcando un gol.
- Despois de xogar cos reds, foise o Aston Villa en 1997, que pagou 7 millons de libras. Foi no seu momento a fichaxe máis cara da historia dos vilans e a venta máis cara por parte do Liverpool.
- De pequeno era fan do Aston Villa.
- Collymore meteulle un gol o Atlético de Madrid en cuartos de final da UEFA do 98, no partido de volta, en Birmingham. O Villa gañou 2-1, pero ese gol de Caminero deulle o pase as semis os colchoeiros.


- O seu nome apareceu en grandes titulares nos tabloides ingleses cando Collymore recoñeceu que practicara dogging, esa práctica sexual consistente en practicar sexo en lugares públicos, a vista de outros, con descoñecidos (ou non).
- Outro asunto polémico foi cando se soubo nos medios que maltratou a sua moza, a presentadora Ulrika Jonsson.
- A sua chegada a España foi unha aposta persoal de Radomir Antic, que dixo del que "É unha persoa moi equilibrada, culta, que nos vai facer desfrutar. Vai ser un luxo para o Oviedo. Se ven falaremos da fichaxe máis barata na historia do clube. Cos meus criterios e a credibilidade que cada día estou gañando nesta profesión, penso que non traemos un cadáver deportivo. Todo o contrario".
- Respecto a sua chegada a España, o que fora o seu entrenador no Forest, Frank Clarke, declarou que "estou seguro de que terá un gran éxito".
- 1.500 fans do Oviedo recibirono a sua chegada.
- Cinco semanas e tres partidos despois de chegar o Tartiere, esta persoa equilibrada anunciou que se retiraba do fútbol. Tiña 30 anos.
- O Oviedo denunciouno por romper unilateralmente o contrato de 18 meses que o unía o clube asturian. Foi condeado a pagar 300.000 euros, que nunca pagou.
- O periodista inglés John Carlin xa avisara sobre Collymore, nun artigo que escribiu en El País: "Comparado con Collymore, Paul Gascoigne é un perfecto Bobby Charlton, un correctísimo gentleman, un impecable profesional".
- Outra fazaña de Collymore en España tivo lugar no ano 2000, cando era xogador do Leicester. O equipo estaba concentrado na Manga e o bo de Stan no se lle ocorreu outra cousa que vaciar un extintor nun dos bares do complexo da Manga Club.
- Anos despois, uns xogadores do Leicester protagonizaron un escándalo por unha suposta violación levada a cabo na Manga Club.
- En Inglaterra é coñecido como Stan The Man (igual que a Van Nistelrooy cando xogaba no Manchester -chamabanlle Van The Man-).



Biografía, palmarés, estatísticas: Stanley Victor Collymore naceu o 22 de xaneiro de 1971 en Stone, Staffordshire, Inglaterra. Comezou a xogar como profesional no Stafford Rangers en 1990. Ese mesmo ano, e ata 1992, xogou no Crystal Palace, despois fichou polo Southend United, onde pasou un ano máis. En 1993 foise o Nottingham Forest, onde rematou de despuntar, o que lle valeu que en 1995 o fichara o Liverpool. Despois de dous anos en Anfield, fichou polo Aston Villa, onde permaneceu ata 2000 (en 1999 estivo cedido no Fulham). En 2000 foise o Leicester City. Ese mesmo ano foise o Bradford City e en 2001 o Oviedo, o seu último clube. Chegou a xogar coa selección inglesa, coa que disputou tres partidos.

PD: O mais destacable de Stan collymore o seu paso por Oviedo a parte de dar a espantada a todos os oviedistas deixou claro o ollo de Radomir Antic e dos directivos e presidente do Real Oviedo que a postre devoraron o clube. Pero é de reseñar que as 5 semanas que Stan pasou na capital do Principado de Asturias foron intensas, segundo din por alí cheas de alcohol nunha discoteca cercana o hotel no cal se hospedaba. Nesas 5 semanas de vacacions o seu cicerone era o francés Frank Rabaribony que o guiaba pola noite ovetense nun Mini Cooper a velocidade de vertigo, segundo din por alí o seu horario era a partir das 8 da tarde ata as 5,30 da madrugada na que Stan chegaba como un can e retirabase a sua habitacion onde pedía un litro de zumo de laranxa para mitigar os efectos do alpiste e da farlopa. Cando chegou parece ser que viña acompañado da sua moza a cal se foi de Oviedo antes da primeira semana motivada polas duas tremendas bofetadas que Stan lle propinou cando chegou dunha das suas primeiras festas na capital. Parece ser que aquela noite a xarra de zume acabou enriba da cama de Stan e o servizo de limpeza tivo traballo extra esa noite mentres Frank Rabaribony o lateral do Real Oviedo estrelaba o seu BMW contra unha farola isabelina da ovetense rúa Fray Ceferino despois dunha discusion acalorada coa sua muller o cal lle obrigou a cambiar o vehiculo polo antes citado Mini Cooper. Tamén destacar de Stan a mala alimentacion que levou na capital con comidas copiosas e excesivo abuso de carne e hamburguesas o cal se lle notou o día do seu debut contra o Vilarreal onde deu pena velo pasado de kilos. Pero os maiores excesos fixoos coas mulleres xa que segundo contan sempre aparecia acompañado de putas. Se todo esto que se conta por Oviedo é verdade, este tipo e un tipo peculiar sen dubida.

Parece ser que Stan Collymore, cando chegou a Oviedo caeulle a alma os pes e declarou: "Como vai ser isto un equipo" e foi o que o motivou a colgar as botas. Esto é recordado sobre todo polos do Xixón.

Por outra parte hai que ver os pouquiños británicos que xogaron en España. Así, a bote pronto, e ademáis do persoaxe de Collymore acordome de McManaman, Beckham, Woodgate e Owen no Madrid; Lineker e Hughes no Barça; Vinny Samways nas Palmas; Atkinson, Aldrigde e algún outro na Real Sociedade; e Michael Robinson e Lee no Atletico Osasuna.

Tamén recordo unha multa que lle puxo Diadora, creo, que era a marca que o patrocinaba, por pousar para unha entrevista dunha revista cunhas zapatillas Nike.

lunes, 2 de marzo de 2009

BARESI


Esta semana volveu o maior torneo de Europa por equipos: a Champions League. Por eso hoxe vouvos falar dun dos tipos que máis gloria lle deu o torneo, a Copa de Europa. Él, claro e unhas cores, os rossoneros dun dos equipos máis gloriosos do mundo, un clube que deixou deslumbrado a mais de un e tres holandeses e xogadores como o de hoxe levarono o ceo. Bueno, basta de poesías. O protagonista de hoxe é Franco Baresi.


¿Quén era?: Un defensa italiano dos 80 e principios dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pois sencillamente por ser o mellor líbero do mundo na sua época e, xunto a Beckenbauer, o mellor da historia. Era ademáis un dos xogadores santo e seña do mellor Milan da historia, gañador de tres Copas de Europa en cinco anos.


¿Qué foi del?: Pois como non podía ser doutra forma, un santo e seña do Milan segue vinculado o clube rossonero. Foi entrenador do Milan B (o Primavera, como din en Italia) e agora é do Milan sub 19. Tamén é o director de marketing do equipo lombardo.


- Antes de facerse cargo dos equipos inferiores do Milan, tivo unha breve experiencia como director deportivo do Fulham, de Inglaterra.
- O seu dorsal, o 6, foi retirado polo clube na sua retirada. So outro compañeiro conseguiu algo parecido: Paolo Maldini (o número 3).
- O seu irman maior, Giuseppe, foi futbolista do eterno rival do Milan, o Inter. Agora é o axudante de José Mourinho no banquiño dos neriazzurri. Formou parte da selección italiana que gañou o Mundial en España 82, aínda que non xogou ningun minuto. Cando tivo a oportunidade de levantar o trofeo, como capitán no Mundial de USA 94, quedou as portas. Italia perdeu a final contra Brasil nos penalties. Baresi fallou o primeiro da tanda.
- En 20 anos como xogador do primeiro equipo do Milan e 532 partidos xogados na Liga, so meteu 16 goles, e dicir, un cada 33 partidos, máis ou menos.
- Coa selección italiana so meteu un gol. Xogou 81 partidos.
- Os ultras do Milan cantabanlle na sua honra "Un Capitano, c'è solo un Capitano" (un capitán, so hai un capitán), e aínda o seguen cantando.
- Os responsables das categorías inferiores do Inter rechazarono cando era novo.
- É miembro da Orde de Mérito da República Italiana.

Biografía, palmarés, estatísticas: Franco Baresi naceu o 8 de maio de 1960 en Travagliato, Italia. Debutou como profesional en 1977, no Milan, equipo que non abandonou ata a sua retirada, en 1997. O seu palmarés é espectacular, impresionante, homérico: Tres Copas de Europa, duas Intercontinentais, tres Supercopas de Europa, seis ligas italianas e catro copas italianas. Coa selección, como vos dixen antes, xogou 81 partidos.



PD: Existe un rumor con Baresi xa que se dicia que Baresi estaba casado cunha modelo italiana moi atractiva e que o parecer o seu primeiro fillo con esta señora, foi mulato!!! Sempre se comentou en Milan que o fillo era de Rijkaard. Repito que isto lino nunha revista, non recordo cal, pero non sei se é certo. Outra versión dicia que era Gullit o que lla xogara a Franco.

Anos mais tarde cando chegou a Milan o liberiano Weah, as afeccions inimigas, sobre todo a do Inter cantaban: "É arrivato Weah, è arrivato Weah, e Baresi ritorna papà!!!" ("Weah chegou, Weah chegou, e Baresi volve ser papá").