martes, 31 de marzo de 2009

CHILAVERT


Sempre se dixo que para ser porteiro de fútbol hai que estar algo tolo. Tamén se conta que os porteiros máis carismáticos e extravagantes se atopan no continente americano. O protagonista de hoxe é, quizáis, un dos gardametas con máis personalidade de Suramérica: José Luis Chilavert.


¿Quén era?: Un porteiro paraguaio, activo entre 1980 e 2004.

¿Por qué se lle recorda?: En España por xogar no Zaragoza, amén de polo que se lle coñece en todo o mundo: O seu carisma, a sua forte personalidade e a sua capacidade para meter goles.


¿Qué foi del?: Despois da sua retirada en 2004, fixo os seus pinitos como comentarista de partidos de fútbol (no Mundial 2006) no canal Univisión.

¿Sabías qué...?: Na sua carreira deportiva marcou 62 goles, un récord para un porteiro que bateu o brasileiro Rogério Ceni.
- Nos seus tres anos no Zaragoza (entre 1988 e 1991) meteu so un gol. Foi de penalti, a Real Sociedade. O equipo txuri-urdin, por medio de Goikioetxea, marcou nada máis sacar de centro, porque Chilavert non se puxera no seu sitio aínda. Na sua época de porteiro de Vélez Sarsfield, en Arxentina, vestiu unha camiseta cun bulldog debuxado.
- Despois dun partido clasificatorio para o Mundial de 2002 entre Paraguai e Brasil, foi sancionado por escupir o enton madridista Roberto Carlos, quen chamou os paraguaios "indios".
- Nun Paraguai-Colombia de 1997, liouse a tortas co dianteiro 'cafeteiro' Faustino Asprilla.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Luis Félix Chilavert naceu en Luque, Paraguai, un 27 de xullo de 1965. Xogou no Sportivo Luqueño e no Guaraní do seu país, en San Lorenzo de Almagro de Arxentina, no Zaragoza, en Vélez Sarsfield, de novo en Arxentina, no Estrasburgo francés, no Peñarol de Montevideo uruguaio e de novo en Vélez. Gañou tres Clausuras, un Apertura, unha Copa francesa, unha Liga Uruguaia, unha Libertadores, unha Intercontinental e unha Interamericana. Coa selección meteu 8 goles en 74 partidos.


PD: A clasificación de goles dos gardametas é a seguinte: O lider é Rogèrio Ceni (76 goles), o segundo é Chilavert (62) e o terceiro Higuita (41).

1 comentario:

Tatiana dijo...

Es verdad que el fútbol no es mi fuerte, y que en muchas cosas estoy y estaré "pez", me queda mucho para ponerme al día, ¿algún día lo conseguiré? no lo sé... De todas formas, me gusta tu blog, lo que escribes y cómo lo escribes... una página recomendada para los amantes del fútbol y seguro que muy visitada por éstos.
Enhorabuena por este espacio tan entretenido y lleno de curiosidades...

Una seguidora, a la que le va más el arte...