jueves, 5 de marzo de 2009

COLLYMORE



Sempre se dixo que é moi fácil que un futbolista estranxeiro triunfe na Liga inglesa e que é moi difícil que un futbolista inglés o faga noutra liga que non sexa a sua. E é case certo (hai algunha excepción). O protagonista de hoxe é un exemplo disto elevado á enésima potencia. O que ocorre é que ademáis, era un caso deses nos que se cria que nacera unha superestrela pero en realidade, nacera un superestrelado. Ademáis, o heroe de hoxe representa o tópico do futbolista inglés xove con demasiado diñeiro e todo o que elo conleva. Bueno, non me alargo máis. Vouvos falar de Stan Collymore.



¿Quén era?: Un futbolista inglés dos 90.



¿Por qué se lle recorda?: Por ser, na sua época, o futbolista británico máis caro da historia e polo seu fichaxe polo Real Oviedo, fai anos, nunha etapa con máis pena que gloria. No Reino Unido recordaselle máis ben por ser un dos xogadores máis polémicos dos últimos anos, habitualmente envolto en problemas de "faldas" e pelexas.



¿Qué foi del?: Pois despois da sua experiencia no Oviedo (2001), colgou as botas. Escribiu a sua biografía e, sobre todo, colabora con numerosos medios de comunicación como comentarista ou columnista. Así, traballou para a BBC, para Eurosport, para a Televisión de Ghana ou a de Australia, entre outros canles. Ten, actualmente, unha columna no Daily Mirror. Pero ademáis, fixo os seus pinitos no cine. Collymore, que ten unha productora, fixo unha aparición en Instinto Básico 2, na que interpreta a Kevin Franks, un futbolista co que Catherine Tremmell (personaxe interpretado pola eternamente sensual Sharon Stone) ten un affaire, que non acaba moi ben para o personaxe de Collymore.



¿Sabías qué...?: Decíavos que na sua época foi o xogador británico máis caro da historia. Ocurreu cando, en 1995, o Liverpool pagou 8,5 millones de euros o lexendario Nottingham Forest polos seus servizos.
- Debutou co Liverpool marcando un gol.
- Despois de xogar cos reds, foise o Aston Villa en 1997, que pagou 7 millons de libras. Foi no seu momento a fichaxe máis cara da historia dos vilans e a venta máis cara por parte do Liverpool.
- De pequeno era fan do Aston Villa.
- Collymore meteulle un gol o Atlético de Madrid en cuartos de final da UEFA do 98, no partido de volta, en Birmingham. O Villa gañou 2-1, pero ese gol de Caminero deulle o pase as semis os colchoeiros.


- O seu nome apareceu en grandes titulares nos tabloides ingleses cando Collymore recoñeceu que practicara dogging, esa práctica sexual consistente en practicar sexo en lugares públicos, a vista de outros, con descoñecidos (ou non).
- Outro asunto polémico foi cando se soubo nos medios que maltratou a sua moza, a presentadora Ulrika Jonsson.
- A sua chegada a España foi unha aposta persoal de Radomir Antic, que dixo del que "É unha persoa moi equilibrada, culta, que nos vai facer desfrutar. Vai ser un luxo para o Oviedo. Se ven falaremos da fichaxe máis barata na historia do clube. Cos meus criterios e a credibilidade que cada día estou gañando nesta profesión, penso que non traemos un cadáver deportivo. Todo o contrario".
- Respecto a sua chegada a España, o que fora o seu entrenador no Forest, Frank Clarke, declarou que "estou seguro de que terá un gran éxito".
- 1.500 fans do Oviedo recibirono a sua chegada.
- Cinco semanas e tres partidos despois de chegar o Tartiere, esta persoa equilibrada anunciou que se retiraba do fútbol. Tiña 30 anos.
- O Oviedo denunciouno por romper unilateralmente o contrato de 18 meses que o unía o clube asturian. Foi condeado a pagar 300.000 euros, que nunca pagou.
- O periodista inglés John Carlin xa avisara sobre Collymore, nun artigo que escribiu en El País: "Comparado con Collymore, Paul Gascoigne é un perfecto Bobby Charlton, un correctísimo gentleman, un impecable profesional".
- Outra fazaña de Collymore en España tivo lugar no ano 2000, cando era xogador do Leicester. O equipo estaba concentrado na Manga e o bo de Stan no se lle ocorreu outra cousa que vaciar un extintor nun dos bares do complexo da Manga Club.
- Anos despois, uns xogadores do Leicester protagonizaron un escándalo por unha suposta violación levada a cabo na Manga Club.
- En Inglaterra é coñecido como Stan The Man (igual que a Van Nistelrooy cando xogaba no Manchester -chamabanlle Van The Man-).



Biografía, palmarés, estatísticas: Stanley Victor Collymore naceu o 22 de xaneiro de 1971 en Stone, Staffordshire, Inglaterra. Comezou a xogar como profesional no Stafford Rangers en 1990. Ese mesmo ano, e ata 1992, xogou no Crystal Palace, despois fichou polo Southend United, onde pasou un ano máis. En 1993 foise o Nottingham Forest, onde rematou de despuntar, o que lle valeu que en 1995 o fichara o Liverpool. Despois de dous anos en Anfield, fichou polo Aston Villa, onde permaneceu ata 2000 (en 1999 estivo cedido no Fulham). En 2000 foise o Leicester City. Ese mesmo ano foise o Bradford City e en 2001 o Oviedo, o seu último clube. Chegou a xogar coa selección inglesa, coa que disputou tres partidos.

PD: O mais destacable de Stan collymore o seu paso por Oviedo a parte de dar a espantada a todos os oviedistas deixou claro o ollo de Radomir Antic e dos directivos e presidente do Real Oviedo que a postre devoraron o clube. Pero é de reseñar que as 5 semanas que Stan pasou na capital do Principado de Asturias foron intensas, segundo din por alí cheas de alcohol nunha discoteca cercana o hotel no cal se hospedaba. Nesas 5 semanas de vacacions o seu cicerone era o francés Frank Rabaribony que o guiaba pola noite ovetense nun Mini Cooper a velocidade de vertigo, segundo din por alí o seu horario era a partir das 8 da tarde ata as 5,30 da madrugada na que Stan chegaba como un can e retirabase a sua habitacion onde pedía un litro de zumo de laranxa para mitigar os efectos do alpiste e da farlopa. Cando chegou parece ser que viña acompañado da sua moza a cal se foi de Oviedo antes da primeira semana motivada polas duas tremendas bofetadas que Stan lle propinou cando chegou dunha das suas primeiras festas na capital. Parece ser que aquela noite a xarra de zume acabou enriba da cama de Stan e o servizo de limpeza tivo traballo extra esa noite mentres Frank Rabaribony o lateral do Real Oviedo estrelaba o seu BMW contra unha farola isabelina da ovetense rúa Fray Ceferino despois dunha discusion acalorada coa sua muller o cal lle obrigou a cambiar o vehiculo polo antes citado Mini Cooper. Tamén destacar de Stan a mala alimentacion que levou na capital con comidas copiosas e excesivo abuso de carne e hamburguesas o cal se lle notou o día do seu debut contra o Vilarreal onde deu pena velo pasado de kilos. Pero os maiores excesos fixoos coas mulleres xa que segundo contan sempre aparecia acompañado de putas. Se todo esto que se conta por Oviedo é verdade, este tipo e un tipo peculiar sen dubida.

Parece ser que Stan Collymore, cando chegou a Oviedo caeulle a alma os pes e declarou: "Como vai ser isto un equipo" e foi o que o motivou a colgar as botas. Esto é recordado sobre todo polos do Xixón.

Por outra parte hai que ver os pouquiños británicos que xogaron en España. Así, a bote pronto, e ademáis do persoaxe de Collymore acordome de McManaman, Beckham, Woodgate e Owen no Madrid; Lineker e Hughes no Barça; Vinny Samways nas Palmas; Atkinson, Aldrigde e algún outro na Real Sociedade; e Michael Robinson e Lee no Atletico Osasuna.

Tamén recordo unha multa que lle puxo Diadora, creo, que era a marca que o patrocinaba, por pousar para unha entrevista dunha revista cunhas zapatillas Nike.

No hay comentarios: