lunes, 27 de abril de 2009

GULLIT


Non vos esaxero se digo que o protagonista de hoxe é un dos primeiros futbolistas dos que teño un recordo bastante lúcido. No por xogo xa que xogando naquel AC Milan que lle meteu 5 o Madrid no 89 eu aínda tiña 2 anos. Senon polo seu inconfundible look, formado por un profuso bigote e unhas longas 'rastas'. Sí. É Ruud Gullit.


¿Quén era?: Un futbolista holandés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Ademáis do que vos acabo de contar, por formar parte do máis parecido que houbo a Laranxa Mecánica de Cruyff no 74: a selección holandesa que en 1988 gañou a Eurocopa de Alemaña, que levantou Gullit.


¿Qué foi del?: Retirouse no 1998 nas filas do Chelsea, se ben xa levaba dous anos como entrenador-xogador. Tras a sua experiencia no banquiño de Stamford Bridge, pasou polo Newcastle, o Feyenoord e, agora, é entrenador dos Anxeles Galaxy, o ex-equipo de David Beckham, presidido por Alexei Lalas.


¿Sabías qué?: Na sua época no Milan, popularizaronse unhas gorras que levaban engadidas unhas rastas de pega, para que os hinchas puideran levar o look do seu ídolo.
- A ese Milan, entrenado por Sacchi, coñeceselle como o Milan dos holandeses. Ademáis de Gullit, xogaban cos rossoneri Marco Van Basten e o ex-entrenador do Barça, Frank Rijkaard. Algunhas teorías apuntan a que a moda que surxiu entre os hinchas do fútbol de porse no campo as cazadoras 'bomber' o revés (co reverso laranxa visible), naceu en San Siro, como homenaxe dos tifosi do Milan os tres holandeses (a selección dos Países Baixos, como ben saberedes, viste desa cor).
- Cando gañou a FA Cup co Chelsea en 1997, convertiuse no primeiro entrenador non británico en gañala.
- Xogou de defensa, de medio e de dianteiro.
- Era un experto rematador de cabeza.
- Marcou un dos goles da final da Eurocopa do 88. Foi de cabeza. E era o capitán da sua selección.
- Está actualmente casado cunha sobriña de Johan Cruyff, Estelle. É a sua terceira esposa. Coas tres tivo dous fillos (é dicir, que ten seis, dous nenos e catro nenas).
- Escribiu, en 1998, a sua autobiografía.
- Seu pai naceu en Surinam (Panamaribo), de orixe, polo tanto, americano como outros compañeiros de selección aínda que doutra época como Seedorf ou Kluivert.
- Sua nai era limpiadora no Rijksmuseum ou Museo Nacional de Amsterdam.
- Chegou a coincidir con Cruyff nas filas do Feyenoord de Rotterdam na tempada 83-84.

- Comentou partidos do último mundial para a cadea ITV e colabora con Sky News nos partidos de Champions.
- Foi elixido en 1987 Futbolista Europeo do Ano e dedicoullo a Nelson Mandela. Cando en Italia lle preguntaron quén era ese tal Mandela, el contestou que era "un futbolista con inquietudes políticas". Anos despois, cando Mandela saiu do cárcere, encontrouse con Gullit e dixolle: "Ruud, teño moitos amigos agora. Cando estaba no cárcere, ti eras un dos poucos que tiña".

Biografía, palmarés, estatísticas: Ruud Dil Gullit naceu o 1 de setembro de 1962 en Amsterdam. Comezou xogando no Haarlem do seu país. Do 82 o 85 xogou no Feyenoord, para pasar despois polo PSV Eindhoven. En 1987 fichouno o Milan, onde pasou seis anos. Logo foise a Sampdoria de Xénova. Tras volver o Milan e de novo a 'Samp', marchou a Inglaterra en 1995, onde xogou no Chelsea ata a sua retirada. Coa 'oranje' xogou 66 partidos e meteu 17 goles. O seu palmarés (collede aire): Tres ligas holandesas, unha Copa holandesa, tres ligas, tres supercopas e unha copa italiana, unha FA Cup, duas Copas de Europa, duas Supercopas Europeas e duas Copas Intercontinentais. E a todo isto, sumamoslle a Eurocopa do 88. Aí é nada.

sábado, 25 de abril de 2009

JORDI CRUYFF


Hoxe traivos a un futbolista recentemente retirado, e un coñecido da nosa liga e do FC Barcelona, creo que é unha boa ocasión para falar de Jordi Cruyff.


¿Quén era?: Era un futbolista hispano-holandés, que triunfou, sobre todo, na década dos 90.


¿Por que se lle recorda?: Principalmente, é innegable, polo seu apelido, un dos máis prestixiosos da historia do fútbol. Ademáis, porque xogou no Barcelona da era post dream team e porque, se ben quedou a anos luz da lenda de seu pai, Johan Cruyff, demostrou que era algo máis que un 'fillo de...'

¿Qué foi del?: En realidade, Jordi Cruyff estivo retirado e volveu. En 2004 abandoou a disciplina do Espanyol e quedou sen equipo, aínda que entrenaba co Barça B e xogaba partidos de veteranos. Pero en 2006, o ex barcelonista Pichi Alonso levouno a Ucrania, onde o valencian entrenaba o Metalurg Donetsk da primeira división daquel país. Aínda que Alonso o deixou, Jordi seguiu alí, en Ucrania, no ocaso da sua carreira, con 34 anos xa cumpridos, pouco fai que se retirou. Pero xa encamiñaba a sua carreira a outras actividades, como a do desenrolo da marca de roupa 'Cruyff'.


¿Sabías qué...?: Foi, como seu pai, internacional por Holanda. Xogou 9 partidos e meteu un gol, na Eurocopa de Inglaterra do 96, ante Suiza.
- Como seu pai, solía levar o dorsal 14. Digo solía porque agora en Ucrania levaba o 77.
- Naceu en Amsterdam, aínda que seu pai xa xogaba no Barcelona. Chamouno Jordi, obviamente, polo patrón de Cataluña.
- Jordi Cruyff xogou coa Selección Catalana tantos partidos como coa holandesa, 9. Ademáis, meteu dous goles.
- Fichou polo Manchester United tras sair do Barcelona na mesma tempada que seu pai. As lesions impedironlle triunfar en Inglaterra, a pesares do cal gañou duas ligas, duas FA Cups e unha Intercontinental. A sua mellor época como futbolista foi quizás a que pasou no Alavés, entre 2000 e 2003. En 2001, como todos recordaredes, o equipo vitoriano alcanzou a final da UEFA, que perdeu nun trepidante partido contra o Liverpool por 5-4. Jordi fixo o 4-4 co que se chegou a prórroga.
- Se ben empezou a sua carreira como atacante, agora en Ucrania desempeñabase como defensa central.
- O seu apelido, en holandés, é en realidade Cruijff.
- En Holanda coñeceselle como Het koningskind (o fillo do rei).

Biografía, palmarés, estatísticas: Jordi Johan Cruyff naceu en Amsterdam, Holanda, o 9 de febreiro de 1974. Empezou a xogar nas categorías inferiores do Ajax, ata que en 1988, seu pai, cando el tiña 14 anos levouno o Barcelona. Debutou no Barça B en 1992, con 18 anos, dous anos despois, fixoo co primeiro equipo. Ata 1996 estivo no Barça, cando seu pai saiu do clube. Foi enton cando fichou polos Diaños Vermellos, onde pasou ata o 2000, se ben no 99 estivo cedido no Celta de Vigo, aínda que so xogou 8 partidos. De 2000 a 2003 xogou no Alavés e de 2003 a 2004, no Espanyol. Logo deses dous anos de semi-retirada que vos comentaba antes, iniciou a sua aventura en Ucrania. Ademáis dos títulos xa referidos co Manchester, gañou unha Supercopa de España co Barcelona.

PD: A era post-Dream Team foi catastrofica para os culés. Ian a deriva, sen rumbo, con xogadores boisimos mesturados con medianias. Un Guardiola o lado dun Oscar, Popescu..., De la Peña que foi o gran "puff" do seculo XX. Nunca un xogador prometeu tanto como De la Peña e se quedou en tan pouco. Recordo como apareceron el e Raul o mesmo tempo e hai que ver onde chegou un e onde se quedou o outro...
O seu mellor gol co Barça foi un que lle fixo o Athletic de Bilbao, partiu do centro do campo dende a banda dereita e plantouse con velocidade diante do porteiro para batilo xunto o poste. Creo que houbera sido mellor xogador de non haberse chamado Cruyff, a carga dese apelido pesoulle moito.

Rumorease que a irma da súa muller, vascas, saia con Ibon Begoña, ex-xogador do Deportivo Alavés e do Eivissa, e parece ser que a muller de Ibon e cuñada de Jordi, era moi "amiga" de todos os compañeiros de vestiario de Ibon, segundo dicia a prensa ibicenca. Un deses "amigos" da muller de Ibon Begoña, Kirian de 24 anos, tivo que abandonar a SD Eivissa e agora xoga en alemaña no FSV Franckfurt.

Na SD Eivissa tamén xogaba outro ilustre do Deportivo Alavés, Javi Moreno.

viernes, 24 de abril de 2009

DUGARRY


Como sabedes os que seguides o blog, por aquí pasaron alguns dos mellores xogadores franceses dos últimos anos. Tamén o fixeron grandes barcelonistas. Hoxe vouvos falar dun futbolista que é ambas cousas, se ben coa sua selección fixo grandes cousas e cos culés... non tanto. É un tipo, ademáis, que xogou o lado do que para moitos é o mellor xogador do mundo nos últimos anos, o xenio Zinedine Zidane, cando éste era aínda un descoñecido. O deportista que hoxe vos traio é Cristophe Dugarry.

¿Quén era?: Un dianteiro francés dos 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser membro da lexendaria selección francesa que se proclamou campiona do Mundo en 1998 e de Europa en 2000. Pero tamén polo seu estrepitoso fracaso como xogador do F.C. Barcelona, en 1997, onde so xogou 10 partidos e non meteu ningún gol.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2005, en Qatar. Agora é comentarista da Liga Francesa para Canal+ Francia.

¿Sabías qué...?: Como vos dicía, a fama chegoulle a Dugarry nas filas do Girondins de Burdeos. Este equipo chegou a ser finalista da Copa da UEFA en 1996. Nel xogaban Dugarry, Lizarazu e Zidane. Despois desa fazaña, Zidane fichou pola Juve, Lizarazu polo Athletic de Bilbao e Dugarry, polo Milan, equipo no que tamén fracasou.
- Dugarry chegou o Barça, dende o Milan, xunto a Michael Reiziger. Moitos consideran que son dous dos peores fichaxes do Barcelona nos últimos anos, se ben o fracaso de Dugarry debeuse a que Louis Van Gaal apenas contou con el.
- Un dos seus puntos fortes era o remate de cabeza. Xogando en Qatar, tivo unha oferta do Benfica de Lisboa, pero Dugarry preferiu retirarse.
- Tivo un bar en Burdeos.
- O estadio de fútbol de Lormont, a sua localidade natal, chamase 'Cristophe Dugarry'.
- Ten, como o resto dos xogadores que conseguiu a Copa do Mundo, a Lexión de Honra, que é a máxima condecoración da República de Francia.
- En 1999 deu positivo por nandrolona. Librou da sanción dunha forma un tanto rocambolesca: Resulta que o médico que lle fixo o análise non estaba colexiado. Grazas a este defecto de forma e a brillantez dos seus abogados, o dianteiro librou do castigo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Cristophe Dugarry naceu en Lormont, Francia, o 24 de marzo de 1972. Debutou como profesional no Girondins de Burdeos en 1988, con 16 anos. En 1996 marchou o Milan, onde so estivo un ano. No veran de 1997 fichou polo Barcelona, pero no mercado de inverno regresou a Francia, o Olympique de Marsella. Tras outros dous anos, volveu o Girondins. Tres anos despois, en 2002, emigrou a Inglaterra para fichar polo Birmingham City. En 2004 foise a Qatar e en 2006 retirouse. Coa selección xogou 55 partidos e meteu 8 goles. No seu palmarés destacan unha Copa da Liga francesa e os logros coa sua selección: O Mundial do 98 e a Eurocopa do 2000.

PD: O que non se lle pode negar é que tiña unha confianza enorme nas suas posibilidades. Encaraba os defensas como se rebosara calidade e con total despreocupación.
Un deses xogadores do montón que tocados pola fortuna alcanzan grandes éxitos deportivos.

miércoles, 22 de abril de 2009

DUBOVSKY


Este deportista olvidado ten unha particularidade. Por desgracia, faleceu. Peter Dubovský morreu, nun extrano accidente. Precisamente por iso, merece o seu sitio neste blog.


¿Quén foi?: Un dianteiro eslovaco que xogou en España nas filas do Real Madrid e do Real Oviedo.


¿Por qué se lle recorda?: Polo seu escaso éxito no Real Madrid e pola sua desgraciada morte nun extrano accidente cando Dubovský pasaba as suas vacacions nunha illa de Tailandia.


¿Qué foi del?: O 23 de xuño de 2000, mentres pasaba as suas vacacions coa sua familia en Tailandia, na illa de Ko Samui, tivo a mala sorte de caer por un acantilado de 20 metros de altura. Dubovský ingresou nun hospital tailandés na localidade de Surat Thani cunha hemorraxia cerebral e coa pelvis e varias costelas rotas. Xa na mesa de operacions, os médicos non puideron deter a hemorraxia e Peter faleceu. A noticia encheu de consternación a todos os que o coñecían, sobre todo en Oviedo, onde recibiu numerosos homenaxes póstumos.


¿Sabías qué...?: No blog de Alfonso Arús ofrecense unha serie de extranas teorías sobre a morte do eslovaco. Según Arús, barallaronse varias teorías sobre o accidente de Dubo: Primeiro estaba a oficial, a que vos din eu, que se despeñou. Había outra, que falaba de que Dubovský se tirou de cabeza a auga pero, o haber pouca profundidade, abriu a cabeza. Unha un pouco máis friki di que Dubovský foi secuestrado en Tailandia por unha mafia local, que o crelo aínda xogador do Madrid pretendía cobrar unha suculenta recompensa. O enterarse de que xogaba no Oviedo, tirarono por un acantilado (esta teoría parece propia dos hinchas do Sporting). A última, totalmente irreal, afirma que Dubovský acumulaba millons de pesetas en deudas de xogo. Así que simulou a sua morte, cobrou o seguro, e agora vive, con outra identidade, apartado do mundanal ruido.
- Xogou coas seleccions de Checoslovaquia (14 partidos, 6 goles) e Eslovaquia (33 partidos, 12 goles)

Biografía, palmarés, estatísticas: Peter Dubovský naceu un 7 de marzo de 1972 en Bratislava, enton Checoslovaquia, hoxe Eslovaquia a secas. Empezou a sua carreira no FK Vinohrady Bratislava, para ser traspasado logo o moito máis famoso e poderoso Slovan de Bratislava, (1993). Ese mesmo ano fichou polo Real Madrid por 700 millons de pesetas. No Bernabéu xogou dous anos. En 1995 marchou o Real Oviedo. Alí sí que encontrou o seu sitio e enseguida se gañou o cariño da afección.


PD: O que se dixo no seu día foi un "resbalon!" nunha pequena catarata.... na que partira o cuello, espalda ou similar.... incluso aínda teño na memoria a foto dos servizos de emerxencia sacando a Peter da catarata aquela completamente inmovil.

Cando o fichou o Real Madrid, na portada de Marca presentarono como "DuGOLsky".

Os hinchas do Sporting crearon a "canción" (de moi mal gusto): "Dubovský usa manguitos" e "No fue penalty, Dubovsky se tiró" ... en fin...

De Dubovsky cabe recordar a anécdota do cambio de Valdano, que o sacou por un xogador español habendo xa 3 xogadores estranxeiros no campo ( supoño que serían Zamorano, Redondo e outro. Iván Rocha quizá), e Valdano tivo que sentalo e deixar o equipo con 10. aínda que o rival, o Compostela, non reclamou porque conseguiu empatar no Bernabeu.

lunes, 20 de abril de 2009

CANIGGIA


Case sempre que alguen nomea o fútbol arxentino, sae un nome, o de Maradona. Foi o protagonista dunha época moi importante para unha das mellores seleccions do mundo. Hoxe vouvos falar dun enorme dianteiro que é un, ademáis, un dos mellores amigos do 10 e que é todo un tipo: Claudio Caniggia.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro titular da Arxentina dos Mundiais do 90 e do 94, e por un gol que lle meteu a Brasil no primeiro.


¿Qué foi del?: Caniggia anunciou a sua retirada do fútbol en 2004, tras a sua experiencia en Qatar. Pero pouco despois, fixo pública a sua intención de ir coa albiceleste o Mundial de 2006, sí, o último. Non foi convocado por Pekerman, claro. Vive en Escocia.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle "El Pájaro", "El Hijo del Viento" e incluso "Axl" (por Axl Rose, o cantante de Guns'n'Roses).
- Deu positivo por cocaína cando xogaba na Roma.

- A amizade de Caniggia e Maradona é moi intensa. Incluso chegaron a celebrar un gol cun bico na boca. A muller de Caniggia, Mariana Nannis, dixo: "As veces penso que Diego está namorado do meu marido. Debe ser polo seu pelo longo e os seus músculos".
- Non acudiu o Mundial de Francia 98 por culpa do seleccionador, Daniel Passarella. O outrora capitán da albiceleste obrigaba a todos os seus xogadores a levar o pelo curto. Caniggia negouse e quedou sen Copa do Mundo.
- Catro anos despois, na Copa do Mundo de Corea e Xapón, Marcelo Bielsa sí o convocou. Pero non chegou a xogar ningún partido. Aínda así, recibiu un cartón vermello estando no banquiño no partido contra Suecia.
- O seu segundo nome é Paul, aínda que existe unha lenda que di que en realidade é Raúl, pero que o cambiou.


Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio Paul Caniggia naceu en Henderson, Arxentina, o 9 de xaneiro de 1967. Debutou coa camiseta de River Plate en 1985, onde estivo ata 1988. Nese ano comezou a sua aventura italiana, que o levou o Verona, o Atalanta e a Roma. En 1994 fichou polo Benfica de Lisboa, con 27 anos e o ano seguinte volveu a Arxentina, as filas de Boca Juniors. Tres anos despois, volveu facer as maletas e volveu o Atalanta. En 2000 emprendeu unha aventura en Escocia, con 33 anos que o levou o Dundee e o Glasgow Rangers. As suas últimas patadas o balón deullas no Qatar Sports Club, de onde se levou un bo puñado de petrodólares. Coa albiceleste xogou 50 partidos e meteu 16 goles. Os seus títulos, duas Copas de América con Arxentina (91 e 93) e unha Copa Confederacions no 92.

sábado, 18 de abril de 2009

CHRISTIANSEN


Thomas Christiansen retirouse da élite fai moi pouquiño, pero como o fixo lonxe de España e con pouco ruido, merece o seu sitio neste blog.


¿Quén era?: Thomas Christiansen era un futbolista hispano-danés que xogou no FC Barcelona a principios dos 90 e que despois xogou por diversos equipos españois. Chegou a ser internacional absoluto con España.

¿Por qué se lle recorda?: Por debutar coa selección española absoluta, da man de Javier Clemente, sen nin sequera debutar co primeiro equipo do Barça. Xogou dous partidos coa Roja e meteu un gol.


¿Qué foi del?: En 2000 foise a Grecia para fichar polo Panionios, pero moi pronto volveu a Dinamarca para enrolarse no Herfølge BK, sen destacar de todo. O clube alemán VfB Bochum fichouno. No seu segundo ano alí meteu 17 goles. A gloria chegoulle na tempada 2002-2003, xa que con 21 goles, converteuse no pichichi da Liga alemana, empatado co brasileiro Giovane Elber, do Bayern de Munich. Esta fazaña fixoo fichar polo Hannover 96. Deronlle o 9, pero non puido igualar os seus rexistros. En 55 partidos meteu 12 goles ata que as lesions (unha operación de tobillo e a tibia dereita rota duas veces) acabaron coa sua carreira. O ano pasado, o Hannover decidiu non renovalo e el, colgar as botas.


¿Sabías qué...?: Sua nai, madrileña, non lle deixou viaxar a España a finais dos 80 para facer unha proba co Real Madrid.
- No Barça coincidiu con dous daneses: un tal Michael Laudrup e outro sub'21, Ronnie Ekelund.
- No ocaso da sua carreira xogou en Alemaña, no Bochum, onde conseguiu ser pichichi da Bundesliga.
- Crese que foi convocado tan pronto pola selección española para evitar que a danesa o convocara e perder así a unha posible estrela.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Christiansen Tarín naceu en Copenhague, Dinamarca, un 11 de marzo de 1973. Seu pai é danés pero a sua nai española, de Madrid. Empezou a xogar no Avedøre IF. Cando tiña 15 fichou polo equipo máis grande de Dinamarca, o Brøndby. En 1991 fichou polo Barça para xogar no filial, con 18 anos. Debutou coa sub'21 no 92 nun partido contra Alemaña e fixo un gol. Debutou coa absoluta contra México nas Palmas (27-Xaneiro-93). Clemente convocouno unha segunda vez, para un partido clasificatorio para o Mundial USA'94 contra Lituania, en Sevilla, un 24 de febreiro del 93. Meteu un gol. A tempada seguinte (1993), o Barça cedeuno o Sporting de Xixón. Tivo a mala sorte de lesionarse e completou 10 partidos con catro goles. A seguinte cesión levouno a Osasuna. Os seus números, 14 partidos, un gol. A seguinte tempada (94/95) foi de novo cedido o Racing de Santander. Empezou ben cos do Sardinero e volveu a ser convocado pola Selección, pero lesionouse e non puido xogar. Alí completou 15 partidos e meteu un gol. O Barça quixoo vender o Manchester City de Inglaterra. Pero el quería quedarse en España e fichou polo Real Oviedo. En duas tempadas alí xogou 50 partidos e meteu 5 goles. O Oviedo vendeuno a un Vilarreal que aspiraba a subir a Primeira e conseguiuno. O balance, 5 goles en 22 partidos. Tras iso, volveu a Segunda para xogar co Tarrassa, pero nin debutou. Logo, emigrou de España.


PD: Un verdadeiro trotamundos do fútbol este Christiansen, un dos poucos, atreveriame a dicir que o único xogador que foi cedido tres anos seguidos a tres equipos distintos da Liga Española.

Xogou en F.C. Barcelona, Sporting de Xixón, Rácing de Santander, Atlético Osasuna, Real Oviedo, Villarreal e Terrasa. Por outro lado, a min sempre me tocaba o cromo de Christiansen, un tipo que me caia simpático por certo. Foi pichichi da Bundesliga con 30 anos, tardío éxito cando apuntaba a estrela con 18 anos no F.C. Barcelona.

jueves, 16 de abril de 2009

SEAMAN


Hoxe vouvos falar de David Seaman.


¿Quén era?: Un porteiro inglés da década dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante máis dunha década o porteiro titular da selección inglesa e en España, por duas cousas, unha agradable e outra non tanto. A agradable é o gol de Nayim. A menos agradable é pola Eurocopa do 96. En cuartos de final, Seaman paroulle un penalti a Nadal na tanda que decidía o pase a semis entre España e Inglaterra... e perdeu España.

¿Qué foi del?: Seaman retirouse en 2004 nas filas do Manchester City. Como Schmeichel, é outro animal televisivo. Participou en duas das edicions inglesas de Desafío sobre o Xeo (como Mira Quién Baila, pero patinando). Ademáis, organiza un torneo de golf solidario.

¿Sabías qué?: É o segundo porteiro inglés con máis partidos da selección (75), por detrás de Peter Shilton.
- Nos 90 foi a imaxe dunha marca de té.
- Cortouse a sua famosa coleta en 2005 nun programa de televisión para recaudar fondos.
- Xa retirado, en 2005, o modesto Walsall pediulle que lle fixera o favor de xogar un partido de Copa, pois os seus dous porteiros estaban lesionados. Seaman tivo que dicir que non, porque houbera roto os términos do seu acordo de xubilación.

- É o porteiro que máis partidos xogou no Arsenal (563).
- Na Eurocopa do 96 xa parara un penalti antes do de Nadal. Foi o capitán de Escocia, Gary McAllister, na fase de grupos.
- Seaman tampouco se escapou das críticas que tradicionalmente reciben os porteiros ingleses. En 2002, nun partido contra Macedonia, tragouse un gol directo de corner. Nunca máis volveu a xogar con Inglaterra.
- Tras a sua retirada, foi sustituido no Manchester City por David James, o mesmo xogador que se fixo coa titularidade na selección cando a deixou.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Andrew Seaman naceu en Rotherham, Yorkshire, Inglaterra, o 19 de setembro de 1963. Tras xogar nos xuvenis do Leeds United, fichou no 82 polo Peterborough United. Do 84 o 86 xogou no Birmingham City. Ata 1990, ocupou a portería do Queens Park Rangers, tralo que recalou no Arsenal, onde permaneceu 13 anos. A sua última tempada, a 2003-2004, pasouna no Manchester City. Tres veces campión da liga inglesa (91, 98 e 2002), catro FA Cups (93, 98, 2002 e 2003), unha Copa da Liga (93) e unha Recopa de Europa (1994).

PD: Despois do gol de Ronaldinho no Mundial 02 algún comentarista ingles mencionou:

"Se o pai de Seaman houbera usado condón agora non estariamos eliminados".

martes, 14 de abril de 2009

KAREMBEU


O futbolista de hoxe é un xogador que se axusta perfectamente o perfil 'canónico' de deportista olvidado: moi famoso na sua época e desaparecido en combate tra-la sua retirada. Ademáis, como no blog xa sairon alguns dos xogadores que en 1998 fixeron a Francia campiona do mundo. Por iso, hoxe vouvos a falar dese gran xogador chamado Christian Karembeu.


¿Quén era?: Un xogador francés (en realidade orixinario da colonia de Nova Caledonia, en Oceanía) dos 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos campions do mundo de Francia 98 e un dos fichaxes estrela do Real Madrid a finais dos 90, tras un longo culebrón. Ademáis, moitos tamén o recordan pola sua muller, a ex rapaza Wonderbra Adriana Skleranikova, modelo eslovaca coas pernas máis longas do mundo (ou polo menos iso dicían).


¿Qué foi del?: Retirouse en 2005 nas filas do Bastia francés. Foi comentarista para a televisión pública francesa e invertiu, xunto a sua muller, en negocios de panadería industrial. Ademáis, está volcado co seu país de orixe, Nova Caledonia, onde é embaixador da FIFA. Ademáis, traballa para promocionar turísticamente este arquipélago pacífico.

¿Sabías qué...?: Unha das cousas que, a nivel internacional, se recordan de Karembeu é que nin unha sola das 53 veces que xogou coa selección francesa cantou A Marsellesa. Non o facía porque el mesmo non se consideraba francés (di que aceptou xogar cos bleus para dar a coñecer Nova Caledonia) e como protesta por tantos anos de colonialismo en Oceanía.
- É de etnia kanak. Unha das razons do seu resentimento coa metrópoli é que en 1931, o seu bisavo foi exposto na Exposición Colonial de París. Cando digo exposto é exhibido, nun lugar que moitos expertos chamaron Zoolóxico Human e no que se trataba os indíxenas como algo pouco máis civilizado que un exótico animal.
- O Madrid perseguiuno durante meses. Fabio Capello, na sua primeira tempada como entrenador branco, pediullo o enton presidente Lorenzo Sanz. O final foi o seu sucesor, Jupp Heynckes, o que puido disfrutalo.
- O Barcelona tamén quixo fichalo. De feito, pactou coa Sampdoria a espaldas do xogador e chegou a adiantar unha parte do diñeiro.
- O Madrid puxolle unha cláusula de rescisión de 23.000 millons de pesetas, o nivel doutras estrelas do equipo como Mijatovic ou Seedorf. O Madrid pagou 500 millons de pesetas por el.
- Coñeceu a sua muller nun avión.
- Tiña un grupo de música cos seus irmans.
- Estaba no once titular do Madrid que gañou a Séptima en 1998. De feito, xogou os 90 minutos.
- A selección de Nova Caledonia puxose en marcha en 2004. Como despois da sua creación non xogara con Francia, Karembeu tivo a opción de xogar con este país, aínda que non o fixo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Christian Karembeu naceu o 3 de dicembro de 1970 en Lifou, Nova Caledonia, Francia. Debutou como profesional en 1990 nas filas do Nantes, onde xogou cinco anos. En 1995 emigrou a Italia para xogar na Sampdoria. No mercado de inverno da tempada 97/98 fichou polo Madrid, onde permaneceu ata 2000, ano no que se foi o norte de Inglaterra para xogar no Boro. Despois dun ano en Riverside foise a Grecia, o Olympiakos, ata 2004. Ese ano fichou polo Servette e en 2005 retornou a Francia para xogar no Bastia de Córcega, onde apenas estivo 10 meses, tralo que se retirou. Coa selección xogou 53 partidos e meteu un gol. O seu palmarés é extraordinario: Duas Ligas de Campións, unha Intercontinental, unha Liga francesa e duas griegas. Coa selección gañou un Mundial, unha Copa Confederacions e unha Eurocopa.

PD: Eu de Karembeu digo sempre o mesmo que de Anelka. Ambos meteron dous goles vitais para que o Real Madrid conseguira duas copas de Europa. O primeiro en 1998 en cuartos ante o Leverkusen e o segundo en 2000 en semis ante o Bayern.

Jupp Heynckes xogoulla a Lippi na final de Amsterdam invertindo as posicions de Karembeu (que normalmente xogaba pola dereita) e de Seedorf (que normalmente xogaba polo centro). Puxo a Karembeu polo centro e durante o primeiro tempo recordo ver a Davids deixando un oco do quince polo interior esquerdo do seu equipo. Foi unha das claves do encontro, anulando parcialmente a Zidane.

Pode que Karembeu non fora o mellor xogador do mundo, seguramente non estivera nin entre os 50 mellores, pero era un xogador de gran regularidade e entrega no equipo, recordoo como un estilo Solari...
Tivo unha pelexa moi famosa cun fotógrafo.

domingo, 12 de abril de 2009

FUTRE


Iste é deses futbolistas que non fan honor o título de blog. Quero dicir que non está olvidado. O menos, non para os hinchas do Atlético de Madrid. É máis, diría que para eles é inolvidable. O de hoxe é un futbolista especial, é para min o símbolo do Atletico de Madrid. É Paulo Futre.


¿Quén era?: Un futbolista portugués dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela da selección portuguesa durante os 80, por ser a auténtica estrela do Atlético de Madrid do inicio da era Gil e por ser campión de Europa co Oporto en 1987.

¿Qué foi del?: Retirouse en Xapón en 1999. Despois diso, foi director deportivo do Atlético entre 2000 e 2003. Tras deixar o cargo, adicase a negocios inmobiliarios no seu Portugal natal.


¿Sabías qué...?: Era o neno mimado de Jesús Gil. Foi o primeiro gran fichaxe do controvertido mandatario roxiblanco (trouxoo cando era unha das estrelas do Oporto campión de Europa).
- Era, na sua época de xogador, un fumador empedernido.
- Ademáis de pola sua velocidade, a Futre recordaselle por ser bastante 'piscinero' na sua época.
- Ten dous fillos, Paulo, de 18 anos, e Fabio, de 17. O primeiro toca nun grupo de rock madrileño chamado "fr1day" e o pequeno xoga nas categorías inferiores do Atletico e xa debutou coa selección portuguesa sub 17.Ten un sobriño chamado Artur Futre, que xogou na primeira división de Portugal no CD Aves, actualmente da segunda división lusa.
- A sua carreira viuse lastrada polas lesions de rodilla.
- Xogou o Mundial de México 86.
- En 1997, con 31 anos, regresou o Atlético de Madrid tras unhas fallidas experiencias no extranxeiro. Fíxoo como revulsivo do clube, pero apenas xogou 10 partidos nesa tempada.
- Un dos mellores partidos que xogou como roxiblanco foi a final de Copa do Rei de 1992, no Santiago Bernabéu, que enfrontaba o Atlético co Real Madrid. Os colchoeiros venceron por 2-0, cun golazo de Futre e outro do que ata fai uns meses era o técnico merengue, Bernd Schuster.
- É producto da inagotable canteira do Sporting de Portugal (que é como se chama realmente o equipo coñecido por todo o mundo como Sporting de Lisboa), coñecida como a Academia de Alcochete, que deu o fútbol xoias como Figo, Cristiano Ronaldo, Quaresma, Simao, Nani ou máis recentemente, Joao Moutinho e Miguel Veloso.

Biografía, palmarés, estatísticas: Paulo Jorge dos Santos Futre naceu o 28 de febreiro de 1966 en Montijo, Portugal. Debutou como profesional en 1983 nas filas do Sporting. O ano seguinte fichabao o Oporto. Cos Dragoes xogou tres anos. En 1987 veu a España para xogar no Atlético de Madrid, onde estivo ata 1993. Ese ano retornou a Portugal para xogar brevemente co Benfica e meses despois emigrou a Francia, onde fichou polo Olympique de Marsella. Aí empeza un peregrinar por toda Europa que o leva, aínda en 1993 a Reggina italiana, en 1995 o Milan (onde non xogou moito), en 1996 o West Ham londinense, en 1997 de novo o Atleti e finalmente, en 1998 o Yokohama Flugels xaponés, onde se retirou. No seu palmarés destaca a Copa de Europa do 87 co Oporto, duas Ligas portuguesas, unha Copa de Portugal, duas Supercopas lusas, duas Copas do Rei e unha Liga italiana co Milan. Coa selección xogou 41 partidos e meteu 6 goles.
PD: O Bernabeu non se lle daba mal. Recordase que o primeiro ou segundo ano de estar no Atletico de Madrid, o Atletico gañou o derbi na casa do Real Madrid por 0-4 ou 1-4, e este tipo saliuse. Tamén se sabía que habia partidos sobre todo os europeos, en que despois de xogar era tal a tension que tiña, que non pegaba ollo ata as 4 da maña. Fumando como un carreteiro. Vivía entre Pozuelo e Majadahonda, en Monte Alina.

sábado, 11 de abril de 2009

ILLGNER


Últimamente falase moito do decisivo que é Iker Casillas para o Real Madrid. Pero non se fala tanto do que fora o seu antecesor no marco merengue, un gran porteiro que estivo na séptima e oitava Copa de Europa do Madrid: Bodo Illgner.


¿Quén era?: Un porteiro alemán dos 80, 90 e principios do 2000.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno porteiro da selección alemana durante unha boa época e por ser a aposta persoal de Fabio Capello para a meta merengue na sua primeira etapa no Madrid e gañar no Bernabéu duas Copas de Europa e duas Ligas.


¿Qué foi del?: Bodo Illgner retirouse no ano 2001. Dende ese momento viviu moi alexado dos medios e da fama. Vive en España, en Alicante, aproveitando o seu bo clima. Recientemente, a sua muller (Bianca) e él deron o seu primeiro paso como escritores e publicaron unha novela titulada Alles ('Todo').

¿Sabías qué...?: A tempada pasada, cando Capello volveu o Madrid, o italiano demostrou o que lle gustaba Illgner. Preguntado pola portería blanca, dixo que estaba ben cuberta con "Illgner e Diego López", cando en realidade quería decir "Iker e Diego López".
- Capello trouxoo porque quería, a toda costa, un porteiro alto (Illgner mide 1,87).
- Perdeu a titularidade na 99/00, a costa de Casillas.
- Formou parte daquela selección da RFA (como a chamaban na época) que gañou o Mundial Italia 90 e que tiña a Matthäus, Klinsmann, Brehme, Völler ou Hässler (vaia equipazo).En 1989 foi o rostro dun videoxogo de fútbol.
- A sua muller, din, non lle deixaba irse de cena e de farra cos seus compañeiros en Madrid. De feito, non participou nos actos pola Champions no 98.

Biografía, palmarés, estatísticas: Bodo Illgner naceu un 7 de abril de 1967 en Coblenza, Alemaña. En categorías inferiores, pasou 10 anos (do 73 o 83) no FC Hardtberg alemán, ata o seu fichaxe por un dos clásicos do fútbol teutón, o Colonia, onde xogou 13 largos anos. A sua carreira cerrouna no Madrid, de 1996 a 2001. Catro veces elexido Porteiro Alemán do Ano, Illgner conta no seu haber coas duas Champions referidas antes, e con duas Ligas españolas. Tamén gañou unha Intercontinental. Coa Selección, coa que disputou 54 partidos, gañou o Mundial do 90 e proclamouse subcampión de Europa en 1992.

PD: Illgner participou no mellor partido de todo o Mundial de Italia'90 e recibiu un gol de tunel de Freddy Rincón, da Selección Colombiana e empataron 1-1. Despois de Michal Preud'Homme foi o mellor porteiro do Mundial de Italia 90.

Na tempada da octava (Real Madrid 3-0 Valencia), a 99-00, Illgner foi suplente na maioría dos encontros (creo recordar que xogou as duas primeiras xornadas e a terceira foi cando debutou Iker en San Mamés). César chegou tras gañar a Octava, na 00-01, pero eso non significou a retirada de Illgner. Sería nesa, na sua última tempada, o terceiro porteiro do equipo onde creo que so xogou en Copa (pareceme que o seu último partido foi en Copa, contra o Mérida, onde o Real Madrid perdeu na volta, pero non a eliminatoria).

viernes, 10 de abril de 2009

"TURU" FLORES


O protagonista de hoxe é un deses dianteiros arxentinos que de vez en cando aterrizan no noso campionato e que deixan un excelente sabor de boca. O problema é que se converten en 'cus de mal asiento' e pasan por innumerables equipos. Sea o que fora, deixovos con Óscar José 'Turu' Flores.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e estes primeiros anos de seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro centro daquel lexendario Vélez Sarsfield dirixido por Carlos Bianchi que gañou un Apertura, dous Clausuras, unha Libertadores de América e unha Intercontinental e logo chegou a España para xogar na UD Las Palmas, o Depor (co que tocou o ceo o gañar unha Liga), o Valladolid, o Mallorca e o extinto Cidade de Murcia.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2007 nas filas do Lyn Oslo noruegues. Dende fai uns meses é axudante do entrenador de Vélez Sarsfield, Ricardo Gareca.

¿Sabías qué...?: Na sua última experiencia como xogador, no Lyn, so xogou 45 minutos.
- Chegou a Noruega con outro ilustre arxentino, Matías Almeyda. Éste tampouco xogou apenas.

- A UD As Palmas pagou por él 550 millons de pesetas cando aínda estaban en Segunda. Convertiuse na fichaxe máis cara da historia da categoría.
- Cando xogou no Deportivo da Coruña formou a dianteira 'Turuleta': formabana el e o portugués Pauleta.
- Tiña tendencia a engordar, pero a pesares diso, era terriblemente habilidoso co balón nos pes.
- Consagrouse no Clausura do 95, no que conseguiu 15 goles.
- Naquel lexendario Vélez xogaban tamén Chilavert, Tito Pompei ou José Basualdo.
- Na sua segunda tempada nas Palmas meteu 21 goles, que foron clave para levar o clube a antiga promoción, na que foron vencidos polo Oviedo.
- Xogou co equipo de fútbol indoor para veteranos do Deportivo.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Óscar Flores naceu en Bos Aires o 16 de maio de 1971. Comezou a sua carreira profesional en Vélez Sarsfield en 1990, equipo no que permaneceu ata 1996, ano no que chegou a UD Las Palmas. Tras dous exitosos anos en Canarias, deu o salto o Deportivo da Coruña, onde pasou tres bos anos. En 2001 foise o Valladolid e o ano seguinte o Maiorca. De novo en 2003 cambia de equipo e ficha polo Cidade de Murcia, onde so permanece un ano. Regresa a Arxentina para fichar por Independiente de Avellaneda. Sen tempo para máis, ficha polo Atlético Aldovisi da segunda arxentina. A sua última experiencia foi a do Lyn noruegues. No seu palmarés ten un Apertura, dous Clausuras, unha Copa Libertadores de América, unha Intercontinental, unha Copa Interamericana e unha Supercopa americana. En España, co Depor, conseguiu unha Liga e unha Supercopa.


PD: Xogando co Cidade de Murcia meteulle un gol as Palmas e non o celebrou e puxose a chorar.
Nas Palmas e sobre todo no Deportivo da Coruña foi un bo xogador, pero en Valladolid chegou "queimado". Estaba gordete. Non fixo nada en todo o ano. Como se convertiu en costume en Valladolid por eses anos, 'fichaxe estrela' que viña, fichaxe que fracasaba ou non rendia o nivel esperado: Valderrama, Higuita, Belodedici, Urban, Asanovic, Ciric, Cuauhtemoc, Kaviedes, etc...

O Deportivo pagou 800 millons de pesetas por Turu Flores a UD As Palmas, cando a UD o comprara por 500, parecia un gran negocio pero resulta que xunto con Turu no paquete ía un tal Manuel Pablo.

jueves, 9 de abril de 2009

JULEN GUERRERO


Esta rematando a Liga e por iso, e como é a primeira vez que coincide a existencia deste blog co remate da competición das estrelas, vou a ir sacando futbolistas de todos os equipos de Primeira División que me sexa posible. Vou arrancar co Athletic de Bilbao, o clásico entre os clásicos, e cun futbolista que a pesares de ser dos recientes é, ademáis, o mellor xogador dos vizcaínos nos últimos anos. É Julen Guerrero.


¿Quén era?: Un xogador español dos 90 e desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o auténtico líder do Athletic durante máis de dez anos, por ser un fixo na selección española e por ser, na sua época, o xogador español máis cotizado no mundo.


¿Qué foi del?: Retirouse, como sabedes, fai xa dous anos. A verdade é que non para. Tras ser responsable dos xuvenis do Athletic durante uns anos e ser columnista de 20 Minutos e comentarista de Televisión Española, agora fai o mesmo na web de Eurosport. Julen, que xoga tamén o pádel, ten un restaurante co seu nome en Zamudio e está totalmente integrado na Liga de fútbol indoor, que tantos prestixiosos ex xogadores ten. Ademáis de co Athletic, Julen xoga coa selección española, coa que o pasado mes de xuño se proclamou campión de Europa, igualando a selección absoluta. Por se fose pouco, manten convenientemente actualizada a sua web, que inclue un diario-blog no que fala das suas actividades e da actualidade do seu clube de sempre.

¿Sabías qué...?: Seu irman José Félix tamén xogou en Primeira División, no Athletic e no Racing de Santander. Durante a sua carreira vinculouselle o Barcelona, o Real Madrid, o Atlético de Madrid, Juventus, Lazio e Manchester United, aínda que Julen foi sempre fiel o Athletic. Moitos expertos consideran que esa decisión de non abandonar San Mamés impediulle destacar aínda máis como futbolista.
- Javier Clemente foi quen lle fixo debutar coa selección nacional, cando so contaba 19 anos. No Athletic, foi Jupp Heynckes quen o subiu o primeiro equipo.
- Participou en dous Mundiais e duas Eurocopas, sempre co número 8 a espalda, o mesmo número que levaba no Athletic.
- Foi un dos futbolistas da sua época con máis éxito entre as mulleres.
- Toca o piano e colecciona camisetas de fútbol.
- Xogou varias ocasions coa selección de Euskadi.
- Estudiou periodismo (supoño que mal aconsellado, jajaja).
- O equipo o que máis veces marcou goles foi o Sporting de Xixón (9). O Madrid so lle puido facer un e o Barça, tres.
- O día que anunciou a sua retirada, ante os medios de comunicación, chorou amargamente.

Biografía, palmarés, estatísticas: Julen Guerrero López naceu en Portugalete, Viscaia, o 7 de xaneiro de 1974. Entrou no Athletic os 8 anos. Tras pasar polas diferentes categorías do Clube, debutou en Primeira con 18 anos. Retirouse os 32 anos, en 2006. Aínda que non conseguiu ningún título de importancia, acumulou 372 partidos co Athletic, nos que marcou 101 goles. Con España xogou 41 partidos e meteu 13 goles.


PD: Foi unha lastima como rematou os seus dias en Primeira Division, é unha lastima que un xogador como el, estivera xornada tras xornada no banquiño. Julen mereceu moito mais do que tivo, para min equivocouse en seguir en Bilbao, o seu xogo non creceu, e os cambios de entrenadores so o perxudicaron.
De todas maneiras o seu xogo limpo, a sua clase e o seu amor a unhas cores, fan que un o recorde sempre como unha gran persoa.

Por outra banda, outras opinions din del que é un claro exemplo de bo xogador pero sobrevalorado. Moita xente cre que se houbera estado no Madrid, Barcelona ou algún equipo potente europeo houbese fracasado estrepitosamente. Comparan a Julen con outro caso español como o de Mendieta. Moitas veces os xogadores consideramolos mellores do que son porque os vemos cercanos, nunca nos chamarían a atención noutros equipos. Aínda así non creo que fose o caso de Julen. Mendieta, na miña opinion, non chegaba a altura de Julen.

Julen preferiu "sacrificar" a sua carreira deportiva a abandoar o equipo da sua vida, e eso, queiras que non, tamén se valora.

Rumorease que Julen Guerrero non saiu de Bilbao porque foi amenazado pola esquerda aberchale.
Recordo un premio que lle deron por ser o xogador de primeira o que non lle mostraran nunca unha cartulina vermella, e xusto no partido no cal lle deron o merecido premio, expulsarono.

domingo, 5 de abril de 2009

CALDERÉ


Hoy vouvos traer a outro clásico, clasiquísimo do fútbol español. Formou parte dunha excelente fornada de xogadores españois que luciron un altísimo nivel no Mundial de México de 1986 e que so o porteirazo belga Jean-Marie Pfaff puido deter, e nunca mellor dito. Ilustre xogador culé, o protagonista de hoxe luciu bigote nos campos españois dos 80. É Ramón María Calderé.


¿Quén era?: Un centrocampista español dos 80.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser peza inamovible do Barça dos anos centrais da década dos 80 e un dos heroes españois que destacou no Mundial de México 86.


¿Qué foi del?: Retirouse en 1992, nas filas de todo un clásico da 2ª B, o Sant Andreu. Agora é adestrador e é o míster do Reus, da 3ª División.


¿Sabías qué...?: Empecemos polo final. No pasado play-off de ascenso a 2ª B, o Reus enfrontouse o Sangonera Atlético. Tras unhas decisions polémicas do árbitro e o acabar o partido, Calderé foise a increpar o árbitro. Apareceu un guardia civil a pacificar e... Calderé soltoulle un puñetazo. Foi detido e condenado despois a 2.500 euros por un delito de lesions.
- O seu debut en Liga foi contra o Madrid. O Barça gañou 0-3 e Calderé meteu un gol.
- Debutou coa selección en abril de 1985 en Wrexham, Gales, nun partido que perdeu España 3-0, con dous goles do lexendario Ian Rush.
- A sua actuación máis destacada coa selección foi na fase de grupos de México 86, ante Arxelia. Gañou 3-0 e Calderé meteu dous goles. O outro foi do xixonés Eloy Olaya. Nunha entrevista no diario Sport de fai uns anos, contaba divertido a seguinte anécdota: "Eu tiña un coche branco inmaculado, ata as rodas eran brancas, e os simpáticos Julio Alberto e Marcos unha maña despois dun entreno, pintaronme a señal da Cruz Vermella na campota en color vermello. Sempre nos gastábamos bromas".
- Preguntado na mesma entrevista polo mellor xogador que viu xamáis, respondeu que "Maradona. Puiden ser compañeiro del e vinlle facer cousas coa pelota que non volvin ver na vida. Coa pelota e con calquera cousa, un pañuelo, unha fruta o que queiras. Disfrutabas entrenando con el. Tamén, por todo o que me axudou, sempre recordaréi a Bernd Schuster".
- A Federación Catalana premiou a Calderé e a Rijkaard o mesmo ano, como adestradores máis destacados dos equipos catalans.
- Tras o segundo partido de México 86, ante Irlanda del Norte, Calderé deu positivo nun control antidoping. Resultou ser un xarabe para a tos.
- Nun partido contra o Atlético de Madrid, golpeou o roxiblanco Pedraza.
- Como adestrador consideraselle un excelente motivador. Cando era o míster do Badalona, mentres daba as suas charlas no vestiario, na pizarra había frases escritas como "Fé, ilusión, humildade e compañeirismo = equipo gañador" ou "Ninguen é máis nin menos que ninguen".


Biografía, palmarés, estatísticas: Ramón María Calderé Rey naceu o 16 de xaneiro de 1959 en Vila-Rodona, Tarragona. Con 20 anos, en 1979, debutou co Barça Atlétic. Tras unha cesión o Valladolid na tempada 80-81, pasou o primeiro equipo do Barça en 1984 e non o deixou ata 1988, cando fichou polo Betis. En Sevilla estivo dous anos. Os seus últimos dous anos pasounos no Sant Andreu. No seu palmarés destacan unha Liga, unha Copa, unha Supercopa e unha extinta Copa da Liga. Coa selección xogou 18 partidos e meteu 7 goles.

viernes, 3 de abril de 2009

GUDELJ


Continuamos nos grandes anos da Liga española, a época dos cromos dos da miña xeración, a época na que non había tantos millons para fichar e na que os clubes tiñan que ter moito ollo no mercado, que as veces daba uns pufos terribles, pero que tamén ofrecía xogadores que se facían cun nome. O protagonista de hoxe é un destes últimos. Veu dos Balcans e convertiuse en todo un ídolo e un símbolo para os siareiros (entre os que me inclúo) do Celta de Vigo. Fálovos de Vladimir Gudelj.


¿Quén era?: Un dianteiro centro bosnio dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante case unha década o goleador e unha das estrelas do Celta de Vigo, onde firmou algunhas das mellores tempadas do clube celeste.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2002 nas filas do Hajduk Split croata. Tras esa experiencia, regresou a Vigo e actualmente é o responsable de Relacions Externas do Celta.

¿Sabías qué...?: Foi pichichi de Segunda na sua chegada o Celta e clave para o ascenso do equipo vigués.
- É o segundo máximo goleador da historia do Celta.
- O Logroñés tivo a principios dos 90 a outro xogador bosnio que se apelidaba Gudelj.
- Nunha recente entrevista, dicía que "No vestiario do Celta é onde máis aprendeu da vida, parecía a ONU". Nunca xogou nin na selección iugoslava nin na bosnia.
- Gudelj xogou noutro equipo galego, o Compostela, entre 1999 e 2001.
- En Vigo recordan con cariño partidos como aquel no que Gudelj lle meteu tres goles o Madrid da primeira época de Capello, ou un contra o Mérida que supoñía o pase do Celta a UEFA por primeira vez na sua historia e no que Gudelj, tras marcar o 2-0, luciu unha camiseta co lema "Gracias afición".
- Era un extraordinario lanzador de penalties.
- Nunca deu escándalos de ningunha clase e recordase polo seu carácter tímido e reservado.
- Ten unha peña celtista co seu nome.

Biografía, palmarés, estatísticas: Vladimir Gudelj naceu en Mostar, hoxe Bosnia, enton Iugoslavia, o 27 de novembro de 1966. Comezou a sua carreira no equipo da sua cidade, o Velez Mostar, a cuxo primeiro equipo chegou en 1985 con 19 anos. Despois duns extraordinarios números na liga iugoslava, chegou en 1991 a España para xogar no Celta con 24 anos, onde pasou oito anos nos que meteu 68 goles. En 1999, con 33 anos, ficha polo Compostela, onde volve a deixar mostras do seu olfato goleador, pois en duas tempadas fixo a nada despreciable cifra de 17 goles. En 2001 fichou polo Hajduk Split croata xa con 35 anos, equipo no que se retirou en 2003 ós 37 anos.


P.D: Por primeira vez en todos os post que leva este blog voume tomar a licencia de facer un comentario persoal xa que creo que xogadores como este xa no hai, humilde, loitador e comprometido. Grazas por todo o que me fixeches desfrutar.


Falei mais arriba dun xogador do Logroñés que se apelidaba tamén Gudelj, ese xogador era Nebojsa Gudelj e é primo de Vlado, pero este non chegou a triunfar na liga española.


Nunca olvidarei a recepción no concello por aquela histórica clasificación para a UEFA (A clasificación acadouse na temporada 97/98, tras a victoria en Balaidos contra o Mérida, con gol de Gudelj, daquela o campión de Liga acudía a Copa de Europa, o campión de Copa ía á Recopa de Europa e para ir a Copa da UEFA tiñas que clasificarte entre 2 e 5), na que Vlado arrancou a cantar "A Rianxeira"... en galego!!



Saludos!! Gran Blog!!

jueves, 2 de abril de 2009

BEBETO


Agora o Deportivo da Coruña non é o que foi. Unha época na que o equipo coruñés se gañou o sobrenome de SuperDepor. Unha época na que brilaron con luz propia nomes como o do protagonista de hoxe: Bebeto.


¿Quén era?: Un dianteiro brasileiro que xogou entre o 83 e o 2002.


¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte do mellor Deportivo da Coruña da historia e por gañar coa sua selección o Mundial de USA 94. Os críticos recordarano por non tirar o famosísimo penalti que lle parou o valencianista González a Miroslav Djukic e que de ser gol, houbera suposto o título de Liga para o Depor na tempada 93/94. Bebeto era o encargado de tirar os penaltis.


¿Qué foi del?: Tras a sua retirada, fai seis anos, adicase a fundación Instituto Bola Pra Frente, de axuda a nenos desfavorecidos de entre 6 e 16 anos de Río de Janeiro. Colabora con el o tamén internacional Jorginho. Tamén é representante de xogadores.

¿Sabías qué...?: Saltou a fama a celebración dun dos seus goles no Mundial de Estados Unidos, contra Holanda. A sua muller acababa de dar a luz o seu terceiro fillo e cando Bebeto marcou, celebrouno cun xesto de como se acunara a un neno. Os seus compañeiros Mazinho e Romario acompañarono.

- Chegou o Depor xunto o seu compatriota Mauro Silva.
- Bebeto ven do seu segundo nome Roberto, o seu apodo "Shorao" significa chorón

- Case sempre se dixo que Bebeto non tirou o famoso penalti contra o Valencia por medo. O seu compañeiro Donato dixo fai uns anos na Voz de Galicia que foi porque había fallado recentemente dous penaltis e non tiña confianza.
- Considerase hincha do Flamengo.
- O seu fillo Matheus xa debutou coa selección sub-13.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Roberto Gama de Oliveira, Bebeto, naceu o 16 de febreiro de 1964 en Salvador, Brasil. Xogou no Vitoria, no Flamengo, no Vasco de Gama, no Deportivo, no Flamengo, no Sevilla, no Vitoria de novo, no Botafogo, no Toros Neza de México, no Kashima Antlers de Japón, de novo no Vitoria, de novo no Vasco e finalmente, no Al-Ittihad de Arabia Saudí. Coa canarinha xogou 76 partidos e meteu 42 goles. Foi plata na Olimpiada de Seúl e bronce na de Atlanta. Co Depor gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa (1995). Coa selección, un Mundial (1994) e unha Copa América (1989).

PD: Bebeto formou parte do mellor Deportivo da Coruña da historía onde a alineación tipo era a formada por: Liaño, Voro, Nando, Ribera, Lopez Rekarte, Aldana, Donato, Mauro, Fran, Claudio e Bebeto. Aparte do chamado xogador numero 12 e revulsivo Manjarín.


Discutiuse moito sobre o lanzador de penaltis naquela época. O primeiro ano do SuperDepor era Bebeto, o segundo, tempada 93/94 o primeiro lanzador era Donato, Bebeto o segundo ou cando non estaba Donato no campo; cousa que pasou aquel día contra o Valencia; Arsenio sustituirao por alguen máis ofensivo, non recordo quen. Outra das razons polas que Bebeto non lanzou o famoso penalti de Djukic foi porque fallara os dous últimos que lanzara un deles contra o Raio Vallecano na anterior xornada na casa. De habelo metido aquel día nin se chegaría a falar do erro de Djukic.

Volveu fichar polo Depor un par de anos despois pero non durou nin un mes, nin chegou a xogar, o discutir con Lendoiro sobre un suposto engano nas condicions do contrato.
Eu quedome co gol o Borussia en Riazor en cuartos de UEFA de espuela pola escadra... ou outro o Rosenborg nunha remontada épica remachando un contrataque de luxo entre Aldana e Fran.

Supuxo moita polémica a sua convocatoria para o Mundial de Francia 98 xa que estaba no ocaso da súa carreira. Xogouno porque o convocado Romario se lesionara. Bebeto xogou todo o mundial titular como parella de Ronaldo. Brasil chegou a final e el anotou 3 goles demostrando que aínda tiña corda, a verdade e que non había moitos mellores dianteiros brasileiros naquela época..Romario lesionado, Anderson ou Giovanni morrendo no Barcelona, Jardel, Edmundo e Luizao.

miércoles, 1 de abril de 2009

ENGONGA


Volvemos os clásicos da Liga española. Facemolo da man dun futbolista singular que ademáis pasou por un bo puñado de equipos dos chamados históricos e por enriba foi internacional coa nosa selección. Estou seguro de que recordaredes con meridiana claridade o look deste futbolista e a época na que destacou. Seguimos así coa serie de posts adicados a xogadores da nosa Liga. En definitiva, vouvos a falar dun clásico do noso campionato como Vicente Engonga.


¿Quén era?: Un futbolista hispano-guineano dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un destacado xogador de equipos tan importantes como o Celta, o Valencia, o Mallorca ou o Valladolid e por ser internacional. E tamén, por suposto, polo seu curradísimo peinado, que foi acortando conforme avanzou a sua carreira.


¿Qué foi del?: Retirouse en Inglaterra, nas filas do Coventry City, en 2003. Na actualidade e tras pasar polos banquiños do filial e do xuvenil do Real Mallorca, é o seleccionador nacional de Guinea Ecuatorial, o seu país de orixe. Sustituiu no cargo o seu irman Óscar.

¿Sabías qué...?: Seu pai era futbolista. Aínda que Vicente naceu en Barcelona, criouse en Cantabria, onde seu pai xogaba (no Raio Cantabria e na Ximnástica de Torrelavega). De feito, o seu primeiro equipo foi a Ximnástica.
- Os seus irmans menores, Óscar e Julio, tamén foron futbolistas.
- Debutou coa selección española o 23 de setembro do 98, nun amigable España-Rusia no que gañou España 1-0 e que se disputou nos Cármenes de Granada.
- Non debutou en Primeira ata os 26 anos.
- Chegou a xogar a Eurocopa do ano 2000, disputada en Bélxica e Holanda. Un partido contra Eslovenia, desta competición, foi o seu último partido como internacional. O seu único gol coa Roja foi nun partido disputado no Olímpico da Cartuja, en maio do 99, ante Croacia. Gañou España 3-1. O de Engonga foi o 1-1 (o primeiro gol meteuno Suker). Ese día, ademáis, debutou como internacional Guti.
- A pesares de ser catalán e de orixe guineano, chegou a xogar coa selección autonómica de Cantabria.
- Os seus dous últimos equipos eran de Segunda, o Oviedo en España e o Coventry en Inglaterra.
- Debutou en Primeira da man do adestrador colombiano Pacho Maturana, que entrenaba enton o Valladolid.
- Foi o primeiro xogador do Maiorca en meter un gol en Liga de Campions. Foi un penalti que lle fixo o Arsenal.
- Chegou o Maiorca xunto a outros cinco descartados do Valencia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Vicente Engonga Maté naceu en Barcelona o 20 de outubro de 1965. Debutou como profesional na Ximnástica de Torrelavega en 1984. En 1986 foise a Baleares para xogar no Sporting Mahonés. Deu o salto a Primeira en 1991, co Valladolid. Un ano despois foise o Celta, onde estivo ata 1994, cando se foi o Valencia. En 1997 regresou a Baleares para fichar polo Maiorca. En 2002 foise o Oviedo, onde pasou unha fugaz tempada, e logo o Coventry City inglés, onde se retirou en 2003. No seu palmarés destaca a Supercopa de España de 1998.


PD: Aparte dos seus irmans Julio e Óscar, tamén xogou outro irman chamado Rafael, que xogou varias tempadas no Tropezón de Tanos.

A marcha de Engonga o Maiorca coincidiu coa de outros xogadores do Valencia: Romero, Iván Campo, Eskurza, Moya e Pepe Gálvez. Valdano non contaba con ningun deles -nin con outros moitos como José Ignacio, Poyatos, Patxi Ferreira ou Karpin- e remodelou por completo o equipo, fichando a Del Solar, Carboni, Anglomá, Milla, Saib, Marcelinho Carioca, Morigi, Djukic ou Gerard, e repescando a Romario, que se fora meses antes polo lío aquel con Luis Aragonés de "míreme a los ojitos". O curioso da historia é que Valdano so aguantou dous meses no banquiño do Valencia, que o final, con Raineri, acabou noveno, mentres que o Maiorca foi quinto e xogou a final da Copa do Rey.