viernes, 3 de abril de 2009

GUDELJ


Continuamos nos grandes anos da Liga española, a época dos cromos dos da miña xeración, a época na que non había tantos millons para fichar e na que os clubes tiñan que ter moito ollo no mercado, que as veces daba uns pufos terribles, pero que tamén ofrecía xogadores que se facían cun nome. O protagonista de hoxe é un destes últimos. Veu dos Balcans e convertiuse en todo un ídolo e un símbolo para os siareiros (entre os que me inclúo) do Celta de Vigo. Fálovos de Vladimir Gudelj.


¿Quén era?: Un dianteiro centro bosnio dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante case unha década o goleador e unha das estrelas do Celta de Vigo, onde firmou algunhas das mellores tempadas do clube celeste.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2002 nas filas do Hajduk Split croata. Tras esa experiencia, regresou a Vigo e actualmente é o responsable de Relacions Externas do Celta.

¿Sabías qué...?: Foi pichichi de Segunda na sua chegada o Celta e clave para o ascenso do equipo vigués.
- É o segundo máximo goleador da historia do Celta.
- O Logroñés tivo a principios dos 90 a outro xogador bosnio que se apelidaba Gudelj.
- Nunha recente entrevista, dicía que "No vestiario do Celta é onde máis aprendeu da vida, parecía a ONU". Nunca xogou nin na selección iugoslava nin na bosnia.
- Gudelj xogou noutro equipo galego, o Compostela, entre 1999 e 2001.
- En Vigo recordan con cariño partidos como aquel no que Gudelj lle meteu tres goles o Madrid da primeira época de Capello, ou un contra o Mérida que supoñía o pase do Celta a UEFA por primeira vez na sua historia e no que Gudelj, tras marcar o 2-0, luciu unha camiseta co lema "Gracias afición".
- Era un extraordinario lanzador de penalties.
- Nunca deu escándalos de ningunha clase e recordase polo seu carácter tímido e reservado.
- Ten unha peña celtista co seu nome.

Biografía, palmarés, estatísticas: Vladimir Gudelj naceu en Mostar, hoxe Bosnia, enton Iugoslavia, o 27 de novembro de 1966. Comezou a sua carreira no equipo da sua cidade, o Velez Mostar, a cuxo primeiro equipo chegou en 1985 con 19 anos. Despois duns extraordinarios números na liga iugoslava, chegou en 1991 a España para xogar no Celta con 24 anos, onde pasou oito anos nos que meteu 68 goles. En 1999, con 33 anos, ficha polo Compostela, onde volve a deixar mostras do seu olfato goleador, pois en duas tempadas fixo a nada despreciable cifra de 17 goles. En 2001 fichou polo Hajduk Split croata xa con 35 anos, equipo no que se retirou en 2003 ós 37 anos.


P.D: Por primeira vez en todos os post que leva este blog voume tomar a licencia de facer un comentario persoal xa que creo que xogadores como este xa no hai, humilde, loitador e comprometido. Grazas por todo o que me fixeches desfrutar.


Falei mais arriba dun xogador do Logroñés que se apelidaba tamén Gudelj, ese xogador era Nebojsa Gudelj e é primo de Vlado, pero este non chegou a triunfar na liga española.


Nunca olvidarei a recepción no concello por aquela histórica clasificación para a UEFA (A clasificación acadouse na temporada 97/98, tras a victoria en Balaidos contra o Mérida, con gol de Gudelj, daquela o campión de Liga acudía a Copa de Europa, o campión de Copa ía á Recopa de Europa e para ir a Copa da UEFA tiñas que clasificarte entre 2 e 5), na que Vlado arrancou a cantar "A Rianxeira"... en galego!!



Saludos!! Gran Blog!!

No hay comentarios: