sábado, 31 de enero de 2009

BLANC


Repasando un pouco os meus posts, dinme conta de que aquí saíu un dos grandes xogadores franceses (xa retirado) dos últimos anos como Desailly. E pensando un pouco, dinme conta de que faltaba un bastante bo, bastante carismático, e que encima xogou en España. Así tiveno claro e hoxe vouvos falar doutro dos irreductibles galos que, capitaneados por Zidane, asombraron o mundo enteiro nos últimos anos do seculo pasado. É Laurent Blanc.


¿Quén era?: Un defensa francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos centrais titulares da selección francesa que gañou o Mundial do 98 e a Eurocopa do 2000 e por xogar en grandes de Europa como o Barça, o Inter ou o Manchester United.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2003 nas filas do Manchester United. Despois delo, sacou o título de entrenador e o ano pasado, un histórico galo como o Girondins de Burdeos deulle unha oportunidade. E foille bastante ben, porque no seu primeiro ano no banquiño dos de Aquitania, clasificou o equipo para a Champions League.


¿Sabías qué...?: Nos partidos da selección francesa, popularizou un xesto que facía antes de cada partido. Blanc acercabase o porteiro, Fabien Barthez, e bicaballe a calva.

- Laurent Blanc foi o autor do primeiro gol de ouro da historia dos Mundiais. Meteullo a Paraguai en 1998.
- As veces que Blanc xogou en defensa con Thuram, Desailly, Lizarazu e Barthez de porteiro, Francia nunca perdeu. Perdeuse a final do Mundial do 98 porque en semifinais foi expulsado polo árbitro español García Aranda (que raro), por unha suposta agresión o croata Slaven Bilic (hoxe seleccionador dos balcánicos). Deulle un pouco, pero Bilic esaxerou o golpe.
- Alex Ferguson estivo detrás da sua fichaxe dende 1996 para o seu Manchester. Non o puido contratar ata 2001.
- É o séptimo xogador francés con máis internacionalidades.
- Os lectores da revista France Football elexirono en 2006 o cuarto mellor xogador da historia de Francia, despois de Platini, Zidane e Kopa (todos eles, por certo, de orixe estranxeiro -italiano, arxelino e polaco-).
- No Barcelona non logrou facerse coa titularidade, lastrado polas lesions.
- En Francia era coñecido como Le Président (o Presidente).

Biografía, palmarés, estatísticas: Laurent Blanc naceu o 19 de novembro de 1965 en Alès, Francia. Debutou como profesional no Montpellier, en 1983. Despois de oito anos no clube, fichou polo Napoles italiano, onde cuallou unha boa tempada. Volveu non obstante, a Francia para xogar no Nîmes na tempada 92-93. O ano seguinte marchou para o histórico Saint Etienne. Despois de dous anos cos verdes, fichou polo Auxerre do lexendario Guy Roux. O ano seguinte (96-97) fichou polo Barcelona. En 1997 fichou polo Olympique de Marsella, onde estivo dous anos. Logo volveu a aventurarse no extranxeiro e fichou polo Inter, onde pasou outros dous anos. As suas últimas duas tempadas viviunas en Inglaterra, co Manchester United. Coa selección xogou 97 partidos e meteu 16 goles. No seu palmarés destacan, por suposto, o Mundial do 98 e a Euro de 2000. A nivel de clubes, ten unha Supercopa de España, duas ligas francesas, unha liga inglesa e duas copas de Francia.
PD: Era un defensa cumplidor, profesional dentro e fora do campo, un señor. Cando xogou no Barcelona quedou segundo na Liga, aínda que estaba acompañado de grandes xogadores como Ronaldo, Figo, Stoichkov ou Guardiola xa que o Real Madrid de Capello, Suker e Mijatovic alzouse campión.
Para min é o mitico defensa, xenial, fabuloso e gran xogador en todos os seus equipos pero que se apaga a pasos axigantados en Can Barça (Abidal, Pellegrino, Christanval, Bogarde, Thuram ou Fernando Couto).
Pronto apareceran antigos compañeiros de seleccion de Blanc, esa gran selección con nomes como Djorkaeff, Lizarazu, Dugarry, Boghossian ou Leboeuf

martes, 27 de enero de 2009

BUYO


Antes de nada, decirlle a "ovella" que moitas gracias polo comentario e que vou falar hoxe dun da terra (aínda que o peor galeguista, era mais madrileño que galego o tipo), de momento estou poñendo xogadores xa retirados como Buyo e a ver se pronto a Marcos Vales ou a Dani Bouzas. Tamén decirche que non e facil configurar o "chirimbolo" xa que atopo moi pouca información de xente como Padín, Soto, Maqueda ou José Ramón.


Hoxe aparece outra vella gloria do Madrid. Un dos porteiros con mellores reflexos. Un tipo amado e odiado a partes iguais que marcou toda unha época no Bernabéu e que, quizás, non tivo o recoñecemento necesario na selección española, probablemente a sua espiña cravada. Cómo non, estouvos falando de Francisco "Paco" Buyo.


¿Quén era?: Un porteiro galego dos 70, os 80 e os 90.
¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno porteiro do Madrid durante máis dunha década (dende mediados dos 80 a case finais dos 90), ser considerado un dos mellores porteiros de Europa e ter un palmarés envidiable, que logo veremos máis en profundidade.


¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol en 1997, nas filas do seu Real Madrid, aínda que tamén xoga co Madrid de veteranos na Liga Indoor. Na actualidade traballa como comentarista para a cadena qatarí Al Jazeera (si, si, Qatar, flipante...) e ademáis, ten un blog en El País. A nivel privado, ten unha empresa de instalación de césped artificial.

¿Sabías qué...?: Gañou o trofeo Zamora en duas ocasions (1988 e 1992).
- Sempre se dixo que tiña un asombroso parecido co actor Arnold Schwarzenegger.
- O gran 'pero' da sua carreira foi a sua presencia na selección española. So xogou sete partidos como internacional, xa que Zubizarreta cerroulle as portas durante anos. De feito, non iba nin convocado (en Italia 90, por exemplo, xunto a Zubi os porteiros eran Ochotorena e Ablanedo). Para moitos medios de comunicación e para moitos afeccionados, foi unha das maiores inxusticias do fútbol español. Ademáis, Buyo non oculta a sua frustración. Nunha entrevista reciente, o gardameta galego declaraba: "Opino, con todo o respeto do mundo, que non era lóxico que sendo o porteiro menos goleado e campeón durante cinco temporadas non tivese oportunidades. Era unha decisión caprichosa e inaceptable por parte dalgún seleccionador, pero polo menos quedame o recoñecemento da prensa e público e o poder formar parte do equipo subcampeón de Europa no 84". Outro consuelo que non cita Buyo é o de ser o porteiro da selección española no que probablemente sexa o seu partido máis lexendario, o 12-1 a Malta (o día 21 de decembro cumplironse 25 anos dese partido, disputado no estadio Benito Villamarín de Sevilla).
- O partido de Malta era o debut para Buyo, que por aquel enton xogaba no Sevilla FC.
- O seu forte carácter convertiuno nun ídolo para a afección madridista e nun dos xogadores máis odiados para outras (de feito a min non me cae nada ben), sobre todo para a do Atlético de Madrid e a do Osasuna.
- O partido (e a liga) que o Madrid perdeu en Tenerife en 1992 é un dos momentos máis escuros da carreira de Buyo, xa que a sua actuación foi desafortunada.
- Asegura que o porteiro que máis lle impresionou na sua carreira é Luis Miguel Arkonada.
- Os madridistas recordan que o mellor partido de Buyo co Madrid foi no partido de volta de oitavos de final da Copa de Europa de 1987, contra a Juventus. Na ida, os brancos gañaran 1-0 á Vecchia Signora en Chamartín, e na volta, a Juve de Platini gañou 1-0. Na tanda de penalties, Buyo parou tres.
- É o terceiro xogador con máis partidos xogados na Liga (542), por detrás de Zubizarreta e Eusebio.
- O seu sucesor na portería do Madrid foi o alemán Bodo Illgner.

Biografía, palmarés, estatísticas: Francisco Buyo Sánchez naceu o 13 de xaneiro de 1958 en Betanzos, A Coruña. Os seus primeiros equipos foron o Ural CF (fundado por Augusto César Lendoiro) e o Betanzos CF. En 1975 xogou no Mallorca. O ano seguinte, fichou polo Deportivo da Coruña, onde estivo ata 1978, ano no que firmou pola SD Huesca. Despois dun ano en Aragón e outro máis no Depor, en 1980 chegou o Sevilla FC, onde permaneceu cinco anos, acadando a internacionalidade. En 1986 e ata a sua retirada xogou no Real Madrid. O seu palmarés é impresionante: Seis Ligas, duas Copas do Rey e tres Supercopas de España. Ademáis, conta con dous trofeos Zamora.

lunes, 19 de enero de 2009

ILIE


Durante os últimos días, as augas baixan revoltas polo Valencia CF, un dos grandes equipos de Europa e de España. Pero non fai tanto, menos de dez anos, na ribeira do Turia gozaban moito cunha escadra capaz de codearse cos máis grandes. Desa época é o protagonista de hoxe, un dos grandes dianteiros que xogou en España. Con él imos a Rumanía, un país que deu numerosos prodixios o mundo do fútbol. É Adrian Ilie.


¿Quén era?: Un dianteiro rumano da década dos 90 e principios desta.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros titulares de Rumanía e unha das estrelas do Valencia CF que se proclamou subcampeón de Europa no ano 2000.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2006 no Germinal belga. Agora é director deportivo do Steaua de Bucarest e empresario do sector turístico. Construiu un hotel e varios apartamentos en Poiana Brasov, unha cidade romanesa famosa polas suas pistas de esquí. Ademáis, é propietario dun clube da segunda división romanesa, o Forex Brasov. Tamén xoga, esporádicamente, na selección romanesa de fútbol-playa.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo era A Cobra.
- Chegou o Valencia co seu irman Sabin, tamén futbolista. Para moitos, Sabin, un ano menor que Adrian, era mellor futbolista, pero o seu mal carácter arruinouno como deportista. Proba delo é que pasou por 23 clubes en so 15 anos. Agora xoga en China.
- Meteuse no negocio turístico por consello do seu sogro. O apodo da Cobra puxollo o entrenador italiano Claudio Ranieri (moi dado a por motes de animais; de Cañizares dixo que era un dragón). O seu razoamento era que Ilie "é letal, é como unha cobra, que te pica e te mata".
- As lesions impidironlle raiar a mellor nivel no Valencia, a pesares da sua prometedora primeira tempada, na que fixo 12 goles (e so xogou a segunda volta).
- A sua retirada debeuse a unha grave lesión de tobillo.
- No ano 2000, Ilie foi sancionado polo Valencia e tivo que pagar tres millons das antiguas pesetas por prolongar sen permiso as suas vacacions navideñas.
- O club ché pagou por el 7 millons de dólares o Galatasaray turco.

Biografía, palmarés, estatísticas: Adrian Bucurel Ilie naceu o 20 de abril (non do 90) do 1974 en Craiova, Rumanía. Debutou como profesional no Electroputere (bonito nome) de Craiova, en 1991. En 1993 fichou polo máis grande equipo romanes, o Steaua de Bucarest, onde permaneceu ata 1996. Os seguintes dous anos pasounos no Galatasaray de Estambul, ata que no mercado de inverno de 1998 fichouno o Valencia CF. En 2002 foi traspasado o Alavés, e a tempada seguinte, volveu a Turquía para xogar no Besiktas. As suas duas últimas temporadas pasounas no FC Zurich de Suiza e no Germinal belga. Coa selección xogou 55 partidos e meteu 13 goles. No seu palmarés destacan a Liga española de 2002 (aínda que participou pouco), a que hai que sumar catro títulos en Rumanía e outro máis en Turquía.

jueves, 15 de enero de 2009

BAGGIO


Señoras e señores, quítense o sombreiro se o levan, porque hoxe toca falar dun dos xogadores con máis talento que pisaron nunca un terreo de xogo. É Roberto Baggio.


¿Quén era?: Un futbolista italiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante anos o auténtico líder da selección italiana de fútbol, algo que tamén conseguiu a nivel de clubes, pois non en van xogou na Juventus, no Milan e no Inter, os tres equipos máis poderosos do país transalpino.

¿Qué foi del?: Retirado en 2004 nas filas do Brescia, adicase, simplemente, a vivir. Sigue sendo embaixador das Nacions Unidas e ten unha finca agrícola en Arxentina, a que vai a relaxarse e a cazar. Ademáis, é un blogger bastante activo (de feito, o seu blog ten unha versión en castelan). Por agora non se decidiu a volver a vincularse o mundo do fútbol, a pesares de que o presidente do Inter, Massimo Moratti, propuxollo.

¿Sabías qué?: É budista.
- Escribiu a sua biografía, titulada Una porta nel celo (Unha porta no ceo).
- O seu irman pequeno, Eddy, xoga o fútbol nun equipo de cuarta división italiana.
- Non ten ningún parentesco co que fora compañeiro seu na selección e na Juve Dino Baggio. É Cabaleiro da Orde do Mérito da República Italiana.
- Ten unha filla e dous fillos.
- É o único futbolista italiano que marcou goles en tres Mundiais (Italia 90, USA 94 e Francia 98).
- A cantante Madonna namorouse del despois de verlle un partido do Mundial de Italia.
- Foi o autor do 2-1 no partido que sacou a España do Mundial de Estados Unidos (sí, o do codazo de Tassotti a Luis Enrique).
- Moitos expertos definían a Baggio como un '9,5', pois non era dianteiro centro (9) nin un centrocampista atacante (10) en esencia. Era un termo medio. Non obstante, xogaba con este último dorsal.
- O Brescia retirou o número 10 no seu honor.
- En Italia chamano Il Divin Codino, en referencia a sua coda ou cola de cabalo.
- Cerca do final da sua carreira chegou a ter ofertas do Arsenal e do Real Madrid.

Biografía, palmarés, estatísticas: Roberto Baggio naceu en Caldogno, provincia de Vicenza, Italia, o 18 de febreiro de 1967. Despois de xogar tres anos no Vicenza, fichou pola Fiorentina, onde empezou a despuntar. Pasou alí cinco anos e no 1990 fichou pola Juventus, onde pasou outro lustro (no que xogou 141 partidos e meteu 78 goles). Do 95 o 97 xogou no Milan. Pasou un ano no Bolonia e despois regresou a Milán, pero para xogar no Inter, entre o 98 e o 2000. Ese ano fichou polo Brescia, onde se retirou en 2004. En total, acumula 453 partidos de liga italiana e 205 goles neles. Coa selección xogou 56 partidos e meteu 27 goles. No seu palmarés ten duas ligas italianas, unha Copa de Italia e unha UEFA. Foi Balón de Ouro e FIFA World Player en 1993.

martes, 13 de enero de 2009

DJALMINHA


Moitos futbolistas están tocados por esa gracia que os converte en únicos. O problema é que moitos deles están tamén tocados por ese punto rebelde que pode botar por terra todo o bo. Pero no caso de hoxe, eu creo que o bo prevaleceu e a Djalma Feitosa consideraraselle sempre como un xogadorazo. Sí, amigos deportivistas e amantes do bo fútbol, hoxe toca Djalminha.


¿Quén era?: Un mediocampista brasileiro de finais dos 90 e principios do seculo XXI.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos xogadores con máis clase e exquisita técnica que pasaron nunca por Riazor, por ser parte do Coruña que se proclamou campión de Liga e campión de Copa no famoso Centenariazo (cando o Coruña lle gañou o Madrid na final, en plena celebración polo Centenario branco) e, por desgracia, polo seu non menos famoso cabezazo que lle propinou o seu adestrador, Javier Irureta.


¿Qué foi del?: Retirouse fai so catro anos, nas filas do América de México. Agora é un habitual dos partidos de fútbol indoor, onde se volveu a enfundar a camiseta blanquiazul. Segundo unha periodista carioca, pasa temporadas en Río de Janeiro dedicándose a xogar o fútbol na praia.

¿Sabías qué...?: O seu pai, Djalma Días foi central da selección brasileira nos 60.
- O seu peor momento, o cabezazo a Irureta, ocorreu nun entrenamento en 2002. Djalminha picouse porque nun partidiño pitaronlle un penalty en contra. Cada vez que o segundo entrenador pousaba o balón no punto de penalty, o brasileiro daballe unha patada, así varias veces. Irureta interviu para mandalo a ducha e foi enton cando lle lanzou o cabezazo, sen consecuencias físicas para o técnico irundarra. Este feito supuxo o seu ocaso como deportivista. No partido do Centenariazo Djalminha xogou so uns minutos. Pero fai pouco, no espacio Fiebre Maldini de Canal +, Djalminha recordaba cómo o seu compatriota Flavio Conceiçao, nas filas do Madrid, invitouno, antes do partido, a festa que ia celebrar o equipo branco tras gañar a Copa. Djalminha advertiuno de que non vendera a pel do oso antes de cazalo... e así foi.
- Coincidiu, na sua época do Palmeiras, con Cafú, Rivaldo ou o propio Conceiçao.
- Fíxose moi famoso polos seus espectaculares regates.
- No Depor de fútbol indoor comparte equipo con históricos como Fran, José Ramón, Songo'o, Elduayen, Manjarín, oTuru Flores, Radchenko ou Donato.
- Nunca chegou a destacar individualmente na selección brasileira (coa que, non obstante, gañou unha Copa América). Alguns expertos consideran que o seu principal problema foi ser demasiado 'chupón'.
- O Depor fichouno por 1.500 millons de pesetas.
- Tamén se especializou por lanzar penalties 'o Panenka'. Un deles lanzouno en San Siro, ante o Milan. E meteuno.

Biografía, palmarés, estatísticas: Djalma Feitosa Días naceu en Sao Paulo o 9 de decembro de 1970. Empezou a xogar no Flamengo, onde militou entre 1989 e 1993. Despois dun ano no Guaraní, marchou a Xapón, onde xogou para o Shimizu S-Pulse. Despois dun ano no país asiático volveu a Brasil en 1996 para deslumbrar co Palmeiras. Un ano despois chegaba o Depor. Xogou cos coruñeses ata 2002. Os seus últimos equipos foron o Austria Viena e o América de México. Coa selección xogou 14 partidos e meteu seis goles. O seu palmarés destaca por unha Liga española, unha copa, duas Supercopas, unha Bundesliga austríaca, unha liga brasileira, unha copa brasileira, un campionato de Río e outro Paulista e a Copa América coa sua selección en 1997.

viernes, 9 de enero de 2009

SHEARER


Hoxe traiovos a un dos máximos expoñentes de Inglaterra na década dos 90. Un goleador dos que xa no abundan. É Alan Shearer.


¿Quén era?: Un dianteiro centro inglés dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela da selección inglesa na Eurocopa de 1996, ser o máximo goleador da competición e por ser un dos grandes arietes da sua época.


¿Qué foi del?: Retirouse fai dous anos, nas filas do Newcastle United da sua terra. Aínda que sempre se rumoreou que ia asumir tarefas técnicas cos magpies, debutou no veran de 2006 comentando o Mundial na BBC e actualmente forma parte do equipo de comentaristas do popular programa Match of the Day, que presenta Gary Winston Lineker. Ademáis, esta sacando o carné de entrenador UEFA.

¿Sabías qué...?: Con 15 anos, foi rexeitado polas categorías inferiores do Newcastle. 11 anos despois, pagaron 15 millons de libras por el, a fichaxe máis cara da historia naquel momento.
- O día do seu debut como titular no Southampton, o seu primeiro equipo profesional, fixolle un hat-trick o Arsenal. Tiña 17 anos. Nunca antes un xogador fixera tres goles tan novo. Estivo duas veces cerca de fichar polo Manchester United, en 1992 e en 1996.
- É o quinto máximo goleador da historia da selección inglesa (30 goles).
- Posue un doutorado honorífico en Dereito Civil pola Universidade de Northumbria.
- É Officer (oficial) do Imperio Británico. Nomeouno a Raiña en 2001.
- É Freeman of the City of Newcastle, o equivalente no Reino Unido a ter a Chave da Cidade.
- Ten tres fillos.
- Tamén coñecido como O León de Gosforth.

Biografía, palmarés, estatísticas: Alan Shearer naceu en Gosforth, Newcastle, Inglaterra, o 13 de agosto de 1970. Despois de xogar no Wallsend Boys Club, fichou polo Southampton en 1988. No equipo roxiblanco meteu 23 goles en 118 partidos. En 1992 fichou polo Blackburn Rovers, escuadra coa que gañou a Premier League na temporada 93-94 (é o seu único título). Despois de 112 goles en 138 partidos fichou en 1996 polo Newcastle, onde fixo 148 goles en 303 partidos o longo de dez tempadas. Coa selección, como vos dicia, meteu 30 goles en 63 partidos.

jueves, 8 de enero de 2009

SERGI


Un xogador que foi un fixo na liña defensiva do mellor Barcelona da historia (agás o actual, claro), o Dream Team, que ademáis foi tamén insustituible na selección española e que culminou a sua brillante carreira fichando polo Atlético de Madrid (qué colofón). Adiviñastelo. É Sergi Barjuán.


¿Quén era?: Un defensa español dos 90 e a primeira metade desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o lateral esquerdo titular do Barcelona durante case unha década, formando parte do Dream Team (aínda que chegou o primeiro equipo trala Copa de Europa de Wembley) e por selo tamén da Selección Española.


¿Que foi del?: retirouse do fútbol en 2005, nas filas do Atlético de Madrid. Na actualidade, dirixe un campus de fútbol co seu nome e é xerente dunha empresa de marketing e eventos.

¿Sabías qué...?: É un fanático do motor e participou nalgunhas competicions de turismos.
- Debutou coa selección en febreiro do 94 nun partido internacional amistoso, España-Polonia.

- Ese día meteu un gol. Foi o seu primeiro e último tanto coa Roja, e iso que acumulou 56 entorchados.
- Asegura que o seu peor recordo como futbolista é a final da Champions do 94, na que o Milan derrotou por 4-0 o Barça en Atenas.

- En cambio, recorda con cariño o feito ocorrido catro días antes da final de Atenas, é dicir, o día no que o Barça gañou a Liga gracias o famoso penalty de Djukic.

- Nunha entrevista recente contaba esta anécdota sobre aquel día: "Eu xa estaba no banquillo e pola radio escoito que pitan penalti para o Depor. Todos berramos 'penalti' e o míster [Cruyff] xirouse sen preocuparse e di 'bah, lo falla seguro'".
- A sua empresa tamén ofrece servizos de azafatas. O Barcelona contratounas nalgunha ocasión para algún evento.
- Denunciou por impago o Atlético de Madrid.
- Os seus eternos compañeiros na defensa do Barça foron 'Chapi' Ferrer, Miguel Ángel Nadal e Ronald Koeman.
- É da mesma quinta que o actual entrenador do Barça, Pep Guardiola (colleita do 71).
- Solía levar o dorsal 12.
- Disputou duas Eurocopas (96 e 2000) e dous Mundiais (94 e 98).
- Na sua carreira deportiva como xogador de Primeira División, so meteu seis goles, todos co Barça.
- Na final de Atenas foi sustituido por Quique Estebaranz no minuto 73 (o marcador xa era de 4-0).

Biografía, palmarés, estatísticas: Sergi Barjuán Esclusa naceu en Les Franqueses del Vallès, Barcelona, o día dos Inocentes de 1971. Procedente das categorías inferiores azulgranas, debutou no Barça B en 1990 e no primeiro equipo en 1993. En 2002 deixou o Barça para fichar polo Atlético de Madrid, onde permaneceu tres anos. No seu palmarés destacan tres Ligas, duas Copas e duas Supercopas a nivel nacional, máis unha Recopa e unha Supercopa de Europa.

sábado, 3 de enero de 2009

BATISTUTA


O outro día, un de vos pediume que escribira sobre o protagonista de hoxe. De seguido aceptei porque se trata dun dos meus xogadores favoritos de sempre, un pedazo de dianteiro centro dos de primeira categoría. Hoxe traiovos a Gabriel Omar Batistuta.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que destacou dende finais dos 80 ata principios deste seculo.


¿Por que se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros máis potentes de Arxentina nos últimos anos, que de feito faino ser o xogador que máis goles meteu coa albiceleste (aí é nada), e por ser o santo e seña de equipos italianos como a Fiorentina ou a Roma.


¿Que foi del?: Retirouse fai pouco, en 2005, se ben levaba dende 2001 xogando na pouco competitiva liga qatarí. Agora vive en Australia. Aínda que ten o título de entrenador, aínda non se decidiu a dar o salto. Ten pequenos negocios no seu país e dedicase o golf e o polo.

Recentemente rumoreouse con que Batistuta podería ser seleccionador australiano e incluso que ía formar parte do equipo técnico liderado por Maradona para dirixir a Arxentina.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo máis coñecido é Batigol.
- A pesares de que so xogou un ano na Bombonera, declarase hincha de Boca Juniors, segundo revelou nunha entrevista o prestixioso diario Clarín.
- É o arxentino que máis goles meteu en Copas do Mundo da FIFA (10), incluido un hat trick a Grecia en 1994. De pequeno era alto e probou co baloncesto (logo quedouse, de adulto, cuns nada despreciables 185 centímetros).
- Foi outro dos grandes xogadores arxentinos que se enfrentou o seleccionador Daniel Passarella.
- Coñeceu a sua muller cando tiña 16 e ela 15 anos. Casaron cinco anos despois. Teñen catro fillos.
- Era un auténtico ídolo para as afeccions da Fiorentina e da Roma.
- Na Fiore e na selección sempre levou o 9. Cando chegou a Roma, ese dorsal estaba ocupado (por Montella) e decidiu levar o 18. O ano seguinte, levou o 20 (os goles que metera na campaña anterior) e na sua última etapa coa Roma, levou o 33 (a sua idade naquel enton).
- No seu primeiro ano na Roma gañou o Scudetto. Nun partido desa tempada fixolle un gol ó seu ex equipo (a Fiorentina) que non quixo celebrar.
- Na tempada 94/95, en Florencia, conseguiu marcar en 11 partidos consecutivos.
- É o oitavo máximo goleador da historia da Serie A italiana.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gabriel Omar Batistuta naceu en Reconquista, Arxentina, o 1 de febreiro de 1969. Empezou nas categorías inferiores do Newell's Old Boys de Rosario, onde xogou unha tempada a nivel profesional, de 1988 a 1989. No ano seguinte chegou a River Plate, onde xogou outro ano máis. No seguinte chegou a sua fichaxe por Boca Juniors. A sua boa tempada fixolle dar o salto a Italia, para fichar pola histórica Fiorentina. Alí reventou como crack, con nove anos a un altísimo nivel. No ano 2000 chegou a Roma, onde rematou de despuntar. No 2003, e tras un breve paso polo Inter de Milán, marchou a Qatar para xogar no Al-Arabi, onde permaneceu dous anos, nos que non xogou xa moito polas lesions. No seu palmarés destacan unha liga italiana coa Roma, duas Supercopas italianas (unha coa Fiore e outra coa Roma), unha Copa italiana coa Fiorentina e un campionato de Segunda División italiana, tamén co equipo viola. Coa selección gañou duas Copas de América e duas Copas Confederacions.