sábado, 18 de abril de 2009

CHRISTIANSEN


Thomas Christiansen retirouse da élite fai moi pouquiño, pero como o fixo lonxe de España e con pouco ruido, merece o seu sitio neste blog.


¿Quén era?: Thomas Christiansen era un futbolista hispano-danés que xogou no FC Barcelona a principios dos 90 e que despois xogou por diversos equipos españois. Chegou a ser internacional absoluto con España.

¿Por qué se lle recorda?: Por debutar coa selección española absoluta, da man de Javier Clemente, sen nin sequera debutar co primeiro equipo do Barça. Xogou dous partidos coa Roja e meteu un gol.


¿Qué foi del?: En 2000 foise a Grecia para fichar polo Panionios, pero moi pronto volveu a Dinamarca para enrolarse no Herfølge BK, sen destacar de todo. O clube alemán VfB Bochum fichouno. No seu segundo ano alí meteu 17 goles. A gloria chegoulle na tempada 2002-2003, xa que con 21 goles, converteuse no pichichi da Liga alemana, empatado co brasileiro Giovane Elber, do Bayern de Munich. Esta fazaña fixoo fichar polo Hannover 96. Deronlle o 9, pero non puido igualar os seus rexistros. En 55 partidos meteu 12 goles ata que as lesions (unha operación de tobillo e a tibia dereita rota duas veces) acabaron coa sua carreira. O ano pasado, o Hannover decidiu non renovalo e el, colgar as botas.


¿Sabías qué...?: Sua nai, madrileña, non lle deixou viaxar a España a finais dos 80 para facer unha proba co Real Madrid.
- No Barça coincidiu con dous daneses: un tal Michael Laudrup e outro sub'21, Ronnie Ekelund.
- No ocaso da sua carreira xogou en Alemaña, no Bochum, onde conseguiu ser pichichi da Bundesliga.
- Crese que foi convocado tan pronto pola selección española para evitar que a danesa o convocara e perder así a unha posible estrela.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Christiansen Tarín naceu en Copenhague, Dinamarca, un 11 de marzo de 1973. Seu pai é danés pero a sua nai española, de Madrid. Empezou a xogar no Avedøre IF. Cando tiña 15 fichou polo equipo máis grande de Dinamarca, o Brøndby. En 1991 fichou polo Barça para xogar no filial, con 18 anos. Debutou coa sub'21 no 92 nun partido contra Alemaña e fixo un gol. Debutou coa absoluta contra México nas Palmas (27-Xaneiro-93). Clemente convocouno unha segunda vez, para un partido clasificatorio para o Mundial USA'94 contra Lituania, en Sevilla, un 24 de febreiro del 93. Meteu un gol. A tempada seguinte (1993), o Barça cedeuno o Sporting de Xixón. Tivo a mala sorte de lesionarse e completou 10 partidos con catro goles. A seguinte cesión levouno a Osasuna. Os seus números, 14 partidos, un gol. A seguinte tempada (94/95) foi de novo cedido o Racing de Santander. Empezou ben cos do Sardinero e volveu a ser convocado pola Selección, pero lesionouse e non puido xogar. Alí completou 15 partidos e meteu un gol. O Barça quixoo vender o Manchester City de Inglaterra. Pero el quería quedarse en España e fichou polo Real Oviedo. En duas tempadas alí xogou 50 partidos e meteu 5 goles. O Oviedo vendeuno a un Vilarreal que aspiraba a subir a Primeira e conseguiuno. O balance, 5 goles en 22 partidos. Tras iso, volveu a Segunda para xogar co Tarrassa, pero nin debutou. Logo, emigrou de España.


PD: Un verdadeiro trotamundos do fútbol este Christiansen, un dos poucos, atreveriame a dicir que o único xogador que foi cedido tres anos seguidos a tres equipos distintos da Liga Española.

Xogou en F.C. Barcelona, Sporting de Xixón, Rácing de Santander, Atlético Osasuna, Real Oviedo, Villarreal e Terrasa. Por outro lado, a min sempre me tocaba o cromo de Christiansen, un tipo que me caia simpático por certo. Foi pichichi da Bundesliga con 30 anos, tardío éxito cando apuntaba a estrela con 18 anos no F.C. Barcelona.

No hay comentarios: