lunes, 20 de abril de 2009

CANIGGIA


Case sempre que alguen nomea o fútbol arxentino, sae un nome, o de Maradona. Foi o protagonista dunha época moi importante para unha das mellores seleccions do mundo. Hoxe vouvos falar dun enorme dianteiro que é un, ademáis, un dos mellores amigos do 10 e que é todo un tipo: Claudio Caniggia.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro titular da Arxentina dos Mundiais do 90 e do 94, e por un gol que lle meteu a Brasil no primeiro.


¿Qué foi del?: Caniggia anunciou a sua retirada do fútbol en 2004, tras a sua experiencia en Qatar. Pero pouco despois, fixo pública a sua intención de ir coa albiceleste o Mundial de 2006, sí, o último. Non foi convocado por Pekerman, claro. Vive en Escocia.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle "El Pájaro", "El Hijo del Viento" e incluso "Axl" (por Axl Rose, o cantante de Guns'n'Roses).
- Deu positivo por cocaína cando xogaba na Roma.

- A amizade de Caniggia e Maradona é moi intensa. Incluso chegaron a celebrar un gol cun bico na boca. A muller de Caniggia, Mariana Nannis, dixo: "As veces penso que Diego está namorado do meu marido. Debe ser polo seu pelo longo e os seus músculos".
- Non acudiu o Mundial de Francia 98 por culpa do seleccionador, Daniel Passarella. O outrora capitán da albiceleste obrigaba a todos os seus xogadores a levar o pelo curto. Caniggia negouse e quedou sen Copa do Mundo.
- Catro anos despois, na Copa do Mundo de Corea e Xapón, Marcelo Bielsa sí o convocou. Pero non chegou a xogar ningún partido. Aínda así, recibiu un cartón vermello estando no banquiño no partido contra Suecia.
- O seu segundo nome é Paul, aínda que existe unha lenda que di que en realidade é Raúl, pero que o cambiou.


Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio Paul Caniggia naceu en Henderson, Arxentina, o 9 de xaneiro de 1967. Debutou coa camiseta de River Plate en 1985, onde estivo ata 1988. Nese ano comezou a sua aventura italiana, que o levou o Verona, o Atalanta e a Roma. En 1994 fichou polo Benfica de Lisboa, con 27 anos e o ano seguinte volveu a Arxentina, as filas de Boca Juniors. Tres anos despois, volveu facer as maletas e volveu o Atalanta. En 2000 emprendeu unha aventura en Escocia, con 33 anos que o levou o Dundee e o Glasgow Rangers. As suas últimas patadas o balón deullas no Qatar Sports Club, de onde se levou un bo puñado de petrodólares. Coa albiceleste xogou 50 partidos e meteu 16 goles. Os seus títulos, duas Copas de América con Arxentina (91 e 93) e unha Copa Confederacions no 92.

No hay comentarios: