jueves, 16 de abril de 2009

SEAMAN


Hoxe vouvos falar de David Seaman.


¿Quén era?: Un porteiro inglés da década dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante máis dunha década o porteiro titular da selección inglesa e en España, por duas cousas, unha agradable e outra non tanto. A agradable é o gol de Nayim. A menos agradable é pola Eurocopa do 96. En cuartos de final, Seaman paroulle un penalti a Nadal na tanda que decidía o pase a semis entre España e Inglaterra... e perdeu España.

¿Qué foi del?: Seaman retirouse en 2004 nas filas do Manchester City. Como Schmeichel, é outro animal televisivo. Participou en duas das edicions inglesas de Desafío sobre o Xeo (como Mira Quién Baila, pero patinando). Ademáis, organiza un torneo de golf solidario.

¿Sabías qué?: É o segundo porteiro inglés con máis partidos da selección (75), por detrás de Peter Shilton.
- Nos 90 foi a imaxe dunha marca de té.
- Cortouse a sua famosa coleta en 2005 nun programa de televisión para recaudar fondos.
- Xa retirado, en 2005, o modesto Walsall pediulle que lle fixera o favor de xogar un partido de Copa, pois os seus dous porteiros estaban lesionados. Seaman tivo que dicir que non, porque houbera roto os términos do seu acordo de xubilación.

- É o porteiro que máis partidos xogou no Arsenal (563).
- Na Eurocopa do 96 xa parara un penalti antes do de Nadal. Foi o capitán de Escocia, Gary McAllister, na fase de grupos.
- Seaman tampouco se escapou das críticas que tradicionalmente reciben os porteiros ingleses. En 2002, nun partido contra Macedonia, tragouse un gol directo de corner. Nunca máis volveu a xogar con Inglaterra.
- Tras a sua retirada, foi sustituido no Manchester City por David James, o mesmo xogador que se fixo coa titularidade na selección cando a deixou.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Andrew Seaman naceu en Rotherham, Yorkshire, Inglaterra, o 19 de setembro de 1963. Tras xogar nos xuvenis do Leeds United, fichou no 82 polo Peterborough United. Do 84 o 86 xogou no Birmingham City. Ata 1990, ocupou a portería do Queens Park Rangers, tralo que recalou no Arsenal, onde permaneceu 13 anos. A sua última tempada, a 2003-2004, pasouna no Manchester City. Tres veces campión da liga inglesa (91, 98 e 2002), catro FA Cups (93, 98, 2002 e 2003), unha Copa da Liga (93) e unha Recopa de Europa (1994).

PD: Despois do gol de Ronaldinho no Mundial 02 algún comentarista ingles mencionou:

"Se o pai de Seaman houbera usado condón agora non estariamos eliminados".

No hay comentarios: