domingo, 14 de diciembre de 2008

MOSTOVOI

De novo xogamonola contra Rusia. Por iso, traiovos a outro futbolista dese país que alguns solicitastes na enquisa. Foi un dos máis talentosos xogadores da nosa liga, e todo un ídolo de masas para a afección do Celta de Vigo entre a que me incluo e que nos fixo saborear boas tardes de fútbol. Tamén foi o líder da sua selección. Con todos vos, o zar de Balaídos, Alexander Mostovoi.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mellor xogador do Celta de Vigo na sua época (e sen dúbida, un dos mellores do equipo galego na sua historia).

¿Qué foi del?: Retirado da competición en 2005, nas filas do Alavés, Mostovoi vive agora a cabalo entre Marbella (era tolo pero non era tonto), Moscú e Vigo. Participa en campus de fútbol ensinando o seu saber aos máis novos. Máis recentemente, con motivo da final da Liga de Campions, que tivo lugar na sua cidade natal, disputou un partido de veteranos coa selección do seu país.

¿Sabías qué...?: O seu último partido coa selección rusa foi, casualmente, na anterior Eurocopa e contra España. Gañara España 1-0 e Mostovoi criticou despois do partido os métodos do seleccionador, Yartsev. Éste expulsouno da concentración. Aínda así, xa avisara de que deixaba a selección despois do campionato.

- Non so era un futbolista moi talentoso, senon que ademáis destacaba polo seu forte carácter dentro do terreo de xogo, o que lle valeu máis dunha expulsión. A pesares deso, dixo: "De cada dez cartóns que me amosan, nove son inxustos". En 1992 xogou no Benfica portugués. Grazas o seu matrimonio cunha lusa, obtivo o pasaporte do país veciño.

- Xogou tamén coa Unión Soviética e co equipo da Comunidade de Estados Independentes (CEI).

- Compartiu equipo duas veces con outro ruso ilustre, o mediático Valery Karpin. Coincidiron no Spartak de Moscova e no Celta.

- Karpin e Mostovoi, nas filas do Spartak, montaron unha tangana en Balaídos contra xogadores do Celta, en pleno torneo Cidade de Vigo de 1990 (quén lles diría que anos máis tarde xogarían no equipo celeste).

- O primeiro equipo español que se interesou en contratalo, cando aínda xogaba en Francia, foi o Burgos.

Biografía, palmarés, estatísticas: Alexander Vladimirovich Mostovoi naceu o 22 de agosto de 1968 en Moscova. Debutou como profesional en 1987 no Spartak, onde permaneceu ata que no 1992, fichou polo Benfica de Lisboa. Despois dun ano na terra dos fados, fichou no 1993 polo Caen francés. Despois pasou dous anos no Estrasburgo e por fin en 1996 firmou polo Celta de Vigo. Despois de oito gloriosos anos en Balaídos, acabou en 2005 a sua carreira no Alavés. Conseguiu duas ligas soviéticas, unha liga portuguesa e unha copa do país veciño. En España liderou o mellor Celta da historia, conseguindo entrar en Liga de Campions. A nivel de selección, xogou 15 partidos coa URSS (meteu tres goles), 2 co equipo da CEI e 50 con Rusia, con 10 goles convertidos.

PD: Mostovoi unha vez quixera arrancar do campo co partido en xogo ata que chegou Patxi Salinas e o puxo a andar, como non sei ben os datos non o puxen arriba pero arriscome a pensar que era un Zaragoza - Celta e os motivos eran, como non, arbitrales

PD2: Houbo rumores de que Capcom quería incluir a Djalminha e a Mostovoi no novo Street Fighter pero o final non o consideraron (mitica colleja) jejej...

2 comentarios:

Aitor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Aitor dijo...

Unha cousa, o partido foi contra o Sporting en Xixón. O Sporting ese ano non ganara nin un solo partido en toda a temporada e iballe gañando 2-1 (me parece) o Celta.
O Celta estaba xogando de pena e Mostovoi dixo que se piraba do campo, en plan "Sodes uns mataos, ahi vos quedades". Patxi Salinas, efectivamente, puxoo a andar xD
Eso foi na sua primeira temporada. Logo viria o pase de luxo a Gudelj que se mandou na ultima xornada contra o Madrid e que salvaba o Celta. A partir de ahi, empezou a sua brillante carreira no Celta.
Un dos momentos mais tristes da sua carreria foi na final da Copa do Rei entre o Celta e o Zaragoza, na que fixo dous regates de luxo e mandouna fora contra todo pronóstico. O Celta perdeu a Copa por 2-1.
Descatar un gol seu no Spartk no se regateou a 7 xogadores rivais dentro do area, e un gol o Madrid e outro o Barsa no que se foi de 4 xogadores en cada un.
Un auténtico xenio.
Deixovos este video para que os que non o poidestes disfrutar vos fagades unha idea da sua calidade.
Un saludo e noraboa pola entrada.
Este tipo e o meu puto idolo de todos os tempos.

Aqui vos deixo o video:

http://es.youtube.com/watch?v=plkqKhrI3G0