jueves, 11 de diciembre de 2008

BOBAN


Hoxe traiovos o blog outro gran xogador de fútbol do que poidemos disfrutar na Liga Española, aínda que fora no ocaso da sua carreira. Un tipo que formou parte dun dos mellores equipos dos últimos anos en Europa e que formou parte, ademáis, dunha nova selección de fútbol que deslumbrou a todo o mundo co seu bo xogo e coa calidade dos seus xogadores. É Zvonimir Boban.

¿Quén era?: Un centrocampista croata dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte do gran Milan de mediados da pasada década, que se proclamou campión de Europa e da selección croata que conseguiu o terceiro posto no Mundial de Francia en 1998. En último término, en España recordámolo mellor os siareiros do Celta de Vigo, que desfrutamos do seu xogo na tempada 2001-2002.

¿Qué foi del?: Boban retirouse no Celta en 2002. Este fino centrocampista demostrou, ademáis, que ser deportista non está reñido cos estudios, pois nada máis retirarse, licenciouse en Historia pola Universidade de Zagreb, no seu país. Agora dedicase o periodismo deportivo. É un dos directivos de Sportske Novosti, un diario deportivo croata. Ademáis, é comentarista para a televisión RTL Televizija do seu país, e colabora con Sky Italia e é columnista do prestixioso diario deportivo italiano La Gazzetta dello Sport. Ademáis, ten un bar co seu nome en Zagreb.
¿Sabías qué...?: Zvonimir Boban é coñecido por ser un orgulloso nacionalista croata. Dixo públicamente que o seu país é o que máis ama e que morrería por él.

- A sua reputación como patriota comezou nun día moi importante para a historia recente dos Balcans, e todo iniciouse nun campo de fútbol. Era maio de 1990. Iugoslavia aínda existía. Xogaban en Zagreb o mellor equipo de Croacia, o Dínamo (o equipo de Boban), contra o mellor equipo de Serbia, o Estrela Vermella. A belixerancia estabase fraguando xa que, poucos días antes do encuentro, o nacionalista e gran opositor de Slobodan Milosevic, Franjo Tudjman, gañara as primeiras eleccions libres da república en Croacia. A cousa prevíase quente porque, ademáis, o tristemente famoso líder paramilitar e ultranacionalista serbio Zeljko Raznatovic, alias Arkan, anunciou que ía ir o partido cos ultras do Estrela Vermela, os Delije (Heróes). A pesares de que xa nas rúas de Zagreb houbo enfrontamentos entre ambas afeccions, a gorda montouse no estadio. Os ultras serbios, ante a impasibidade da policía, lanzaronse ó ataque dos ultras croatas. Estes decidiron invadir o campo, e a policía antidisturbios contraatacou. A todo isto, os futbolistas do Estrela Vermella estaban encerrados no vestiario, pero os do Dínamo de Zagreb quedaronse no terreo de xogo. E foi enton cando Zvonimir Boban, capitán do Dínamo, saiu en defensa dun hincha croata que estaba sendo golpeado por un policía, e agrediu ó axente cunha patada voadora. Xusto despois, os hinchas do Dínamo sairon na sua defensa. A partir dese momento, Boban foi considerado como un heroe nacional croata, idea que el reforzaría afirmando: "Aí estaba eu, unha cara pública preparada para arriscar a miña vida, a miña carreira, todo o que a fama pode comprar, todo por un ideal, por unha causa: a causa croata".

- Ese partido significou o final da liga iugoslava. E de maneira non oficial, foi o comezo da guerra da independencia croata.

- O suceso costoulle unha suspensión de seis meses por parte da Federación Iugoslava.

- Co tempo soubose que o axente agredido era... un bosnio musulmán, que públicamente perdoou a Boban.

- A pesares de que chegou a xogar oito partidos coa selección iugoslava, en canto se formou a croata enrolouse nela. De feito, debutou no segundo partido da historia de Croacia, antes incluso de que o país fose plenamente independente. O mesmo día do seu debut con Croacia, fixerono outros dous ilustres da nosa liga, Davor Suker e Robert Jarni.

- Só xogou catro partidos no Celta.

- Gañou con Iugoslavia o Mundial Xuvenil do 87. Nese equipo estaban tamén Suker, Jarni, Prosinecki e Mijatovic.
Biografía, palmarés, estatísticas: Zvonimir Boban naceu o 8 de outubro de 1968 en Imotski, Croacia. Empezou a sua carreira no Dínamo de Zagreb, en 1985. En 1991, xusto cando todo se liou no seu país, emigrou a Italia para xogar no Bari. Ó ano seguinte fichou polo Milan, onde permaneceu dez anos. A sua última tempada pasouna cedido no Celta de Vigo. No seu palmarés destacan o xa citado Mundial xuvenil, catro ligas italianas, tres Supercopas italianas, unha Liga de Campions e unha Supercopa de Europa co Milan e o terceiro posto do Mundial de Francia con Croacia. Por certo, coa sua selección xogou 51 partidos e meteu 12 goles.

No hay comentarios: