martes, 9 de diciembre de 2008

McMANAMAN


Como sabedes, a miña afección celtista e galega provoca que no Bernabéu haxa poucos santos da miña devoción. Pois hoxe vouvos falar dun que me caía bastante ben. O de hoxe é un xogador británico que sí puido dicir que triunfou fora das illas, algo difícil de ver. Todo un señor dentro e fora do campo, que soubo adaptarse á Liga Española e que pasou polo noso país sen escándalos nin absurdos paripés que outros compañeiros merengues protagonizaran nos últimos tempos. Por todo eso, e aínda que se retirou fai pouco, hoxe falareivos de Steve McManaman.


¿Quén era?: Un centrocampista inglés dos 90 e principios deste siglo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser unha xove promesa do Liverpool, por chegar o Madrid en un dos mellores momentos do clube branco, por gañar duas Copas de Europa (e marcar nunha de elas) e gañarse o cariño da afección merengue.


¿Qué foi del?: McManaman retirouse en 2005 nas filas do Manchester City (que aínda non tiñan xeque que os dominara). Xusto despois estivo colaborando coa producción da película Gol 2 (esa na que un mexicano que triunfa na Premier ficha despois polo Madrid), aportando a sua experiencia para recrear o máis fielmente posible o ambiente do Bernabéu. Despois fixo de comentarista para un par de cadeas e agora é presentador dun programa de fútbol en Setanta Sports, a plataforma que ofrece (pagando) os partidos da Premier League e algúns máis. Ademáis, é director executivo dun holding con sede en Hong Kong, propiedade dun multimillonario desa rexión china, que está como tolo por comprar un equipo inglés e que parece ser que vai selo Birmingham City.


¿Sabías qué...?: É de ascendencia irlandesa e de relixión católica.

- Sempre foi hincha do outro equipo da cidade de Mersey, o Everton, aínda que comenzou a sua carreira no Liverpool.
- É moi amigo doutro lexendario ex-red, Robbie Fowler. Os dous teñen unha empresa de inversións en cabalos de carreiras.
- Casouse na catedral de Palma de Mallorca. Ten unha filla á que lle está inculcando a afección... polo Everton.
- Debutou en Liga co Madrid, precisamente, en Mallorca. Ese día deu o pase do gol da victoria a Fernando Morientes.
- Coñecido por todos como Macca.
- Como vos dixen antes, o seu mellor momento como futbolista viviuno na final da Champions de 2000, Real Madrid-Valencia. Marcou o 2-0. O resultado final foi de 3-0, como supoño que case todos recordaredes.
- Antes de fichar polo Madrid estivo cerca de firmar polo Barça.
- O seu primeiro gol en Liga co Madrid fíxollo ó Numancia.
- Foi o primeiro británico que gañou unha Copa de Europa cun clube non británico.
- Ademáis, é o xogador británico expatriado con mellor palmarés da historia.

- Trala sua primeira temporada no Madrid, o clube branco estivo a punto de vendelo o Middlesbrough, pero o xogador rechazou volver a Inglaterra nese momento. O tempo darialle a razón.
- Os seus mellores amigos no Madrid foron Figo e Ronaldo.
- Na semifinal da Champions do 2002, ante o Barcelona, Macca marcou no Nou Camp o gol definitivo que lle deu o pase o Madrid.
- Escribiu a sua autobiografía. Nela critica (suavemente) a política de Florentino Pérez (a dos galácticos), dicindo que o clube 'disneyficarase'.
- Nos seus primeiros anos no Liverpool, protagonizou un famoso incidente co porteiro Bruce Grobbelaar. O de zimbabue emprendeuna a golpes co xove Macca (21 anos, nese momento) despois de encaixar gol nun derby ante o Everton.
- Nos seus catro anos no Madrid, estimouse que gañara 15 millons de euros.

Biografía, palmarés, estadísticas: Steven Theodore McManaman naceu o 11 de febreiro de 1972 en Bootle, unha localidade a 6 quilómetros de Liverpool. Debutou no primeiro equipo do Liverpool en 1989 e alí permaneceu ata 1999, cando fichou polo Madrid. Despois de catro anos no Bernabéu, pasou os dous últimos anos da sua carreira no Manchester City. Coa selección inglesa disputou 37 partidos e meteu 3 goles. O seu palmarés é excelente: Unha copa inglesa, unha copa da liga e unha Community Shield co Liverpool. Co Madrid, pois nada menos que duas Champions, duas Ligas, duas Supercopas europeas, unha Intercontinental e duas Supercopas españolas. Case nada.

3 comentarios:

Diego Gallego García dijo...

d

Diego Gallego García dijo...

BUENO POR FAVOR, COMO ME GUSTA ESA MELENA DE MAC, SEGURO QUE UN SEGUIDOR K PASA MOITO POLO ASTERIX ASI EL CON GAFAS SE EMPALMOU MAS DE UNHA VEZ CON ESTE XOGADOR, EN FIN,KEN O AGUANTARA AHORA CO JUANDE, EU NON SEI PORK NON O FICHARON A EL, K BURRO O MIJATOVIC...
BARCA 6-1 MADRID

O DEPOR POR ENCIMA PA SEMNA

Tatiana dijo...

por que no te dedicas a esto? comentarista deportivo? lo haces muy bien... me gusta... bien escrito...
y me quedo con ese resultado del partido del sábado que da Diego... 6-1... o por que no 5-0? lo que está claro es uqe va a ganar el Barça... VISCA EL BARÇA!
Un besito