domingo, 14 de diciembre de 2008

ONOPKO


Como houbo un empate entre Mostovoi e Onopko nas votacións da enquisa, vexome na obriga de cumplir e por eso despois de poñer a Alexander Mostovoi poñerei tamén a Onopko e así aparecen os dous vencedores.
Volvemos entón a aqueles xogadores que formaron parte da Liga Española fai poucos anos e que contribuiron a facela grande. Un ex carbayón aparece neste blog. Éste era un excelente xogador de fútbol, carismático entre os aficionados, non só do Real Oviedo, senon do Raio Vallecano, onde tamén xogou. É un tipo que tamén foi un importante pilar na sua selección nacional, a que sigue vinculado na actualidade. Pero eso contovolo agora. O protagonista de hoxe é Viktor Onopko.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mediocentro defensivo titular do Oviedo nos 90 e tamén da selección rusa.

¿Qué foi del?: Retirouse no 2006, nas filas do Saturn de Moscú. Na actualidade, é o director deportivo da selección rusa. Como tal puidemolo ver a pasada Eurocopa, na que o seu equipo enfrontouse duas veces con España e, como recordaredes, en ambas venceu o combinado español con claridade.

¿Sabías qué...?: Aínda que naceu na República Socialista Soviética de Ucrania, xogou con Rusia.

- A sua filla Eugenia, de 13 anos, dedicase a ximnasia rítmica. Aínda que naceu en Moscú, ten dobre nacionalidade porque se criou en Oviedo e foi campiona de España infantil. A muller de Onopko é ximnasta e daba clases en Oviedo.

- Estivo a punto de fichar polo Atlético de Madrid, pero foi o Oviedo o que o levou. Despois do seu periplo en Asturias, tamén estivo cerca do Deportivo da Coruña, pero o final foise o Raio.

- Cando fichou polo Raio, a sua familia seguiu vivindo en Oviedo. No partido Betis-Raio, Onopko meteu o 0-1 definitivo. O controvertido presidente do Betis, Manuel Ruiz de Lopera, explicou como fora o gol: «O ruso este rematou cos pelos do flequillo, e xa está, 0-1». (Como podedes comprobar e calvo como as bombillas)

- Se non houbera sido futbolista, o servizo militar obrigarialle a servir en Chechenia, segundo el mesmo confesou nunha entrevista.

- É o xogador que máis veces vestiu a camisola da selección rusa (109).

- Tivo problemas xudiciais co Oviedo, cando o equipo asturiano se arruinou e lle debía cartos a moitos dos seus xogadores.

Biografía, palmarés, estatísticas: Viktor Savelyevich Onopko naceu en Lugansk, hoxe Ucrania, o 14 de outubro de 1969. Debutou como profesional en 1988 no Shaktar Donetsk ucraniano. En 1992 fichou polo Spartak de Moscú. Tres anos despois fichou polo Real Oviedo, onde xogou ata 2002. Ese ano chegou o Raio, onde estivo un ano. Despois dun breve paso polo Alania Vladikavkaz ruso, acabou como xogador no Saturn de Moscú en 2006. No seu palmarés destacan tres ligas rusas. Coa sua selección, como vos dicía, xogou 109 partidos e meteu sete goles.Tamén xogou catro partidos coa selección da Comunidade de Estados Independientes (CEI).

No hay comentarios: