sábado, 6 de diciembre de 2008

LEDIAKHOV

Volvemos a un país que sempre me causou interés e admiración e a un club o que lle teño un cariño especial, o Sporting de Xixón. Aproveito, por certo, para desexar os de Preciado que gañen moitos partidos, porque o Sporting é un deses equipos que sempre debe estar en Primeira. O caso é que o futbolista que vos traio foi un dos máis talentosos que pasou polo Molinón nos últimos anos. Con todos vos, ese gran centrocampista chamado Igor Lediakhov.

¿Quén era?: Un futbolista ruso dos 80 e dos 90.

¿Por qué se lle recorda?
: Por ser unha das estrelas do Sporting de Xixón dos 90.

¿Qué foi del?: Retirouse en España, nas filas do Eibar (outro equipo que me é moi entrañable, por certo) en 2003. Despois dunha breve experiencia como director deportivo do FC Rostov do seu país, agora forma parte do equipo técnico do Spartak de Moscova, que comanda Michael Laudrup. De feito, antes da chegada do danés, foi entrenador interino, en sustitución do anterior técnico, o antigo porteiro da selección rusa Stanislav Cherchesov (un con bigote, por se non o recordades). Ademáis, ten algún que outro negocio inmobiliario no sur de España.

¿Sabías qué...?: Á afección do Molinón tíñaa namorada coa sua calidade, pero nas suas últimas campañas en Asturias tamén recibiu críticas por unha suposta indolencia no terreno de xogo.

- No 2002, Lediakhov foi apartado do primeiro equipo do Sporting e o ruso levou ós tribunais ó clube, esixindolle 600.000 euros de indemnización e a sua desvinculación do equipo. Lediakhov non quixo chegar a un acordo e ó final a entidade xixonesa foi condeada a pagar 428.860 euros a Lediakhov (unha fortuna, tendo en conta as xa maltreitas, naquela época, arcas do Sporting).

- Ó Eibar non lle costou un peso contratalo polos feitos anteriormente citados.

- Durante algún tempo rumoreouse que Lediakhov fixera un gran capital cos seus negocios inmobiliarios e que estaba interesado en comprar o Sporting.

Era tamén coñecido como O Mago de Sochi (Sochi é a cidade rusa onde naceu).

- No 2000 foi suspendido con seis partidos por pegar a un contrario e empuxar ó árbitro nun partido de Liga.

- Estivo no Mundial de Estados Unidos do 94 con Rusia. Xogou só un partido, o último, o famoso 6-1 que lle meteron os rusos a Camerún, con cinco goles de noso vello amigo Oleg Salenko. O outro gol de Rusia dese partido meteuno outro vello coñecido, Dimitri Radchenko.

- Poderedes atopar o seu apelido escrito como Lediajov, Ledjakhov, Lediakhov ou Ledyakhov.

- No Sporting coincidiu con outro ruso, Dimitri Tcherichev, un rápido extremo, o seu fillo Denis xa está destacando nas categorías inferiores do Madrid.

- O día que debutou co Eibar en Ipurúa foi expulsado por dobre cartón amarelo.
Biografía, palmarés, estadísticas: Igor Anatolyevich Lediakhov naceu en Sochi, Rusia, o 22 de maio de 1968. Comezou a sua carreira profesional no SKA Rostov en 1988. En 1990 xogou no Dnipro Dnipropetrovsk (o Dnieper de toda a vida, vamos) ucraniano (naquel enton, soviético). A tempada 91/92 disputouna nas filas do Rotor de Volgogrado (a vella Stalingrado) e ese ano deu o salto a un dos grandes de Rusia, o Spartak de Moscova, cos que xogou dous anos a un altísimo nivel. Ese éxito permitiulle dar o salto a unha gran liga e no 1994 fichou polo Sporting de Xixón. Nunha primeira etapa no clube asturiano pasou catro anos plagados de boas actuacións. No 1998 emigrou a Xapón, ó Yokohama Flugels, onde coincidiu con Paulo Futre. No 2002 retornou ó Sporting, con máis pena que gloria (cuando foi apartado e tal) e a súa última tempada, en 2003, pasouna en Eibar.

No hay comentarios: