lunes, 19 de enero de 2009

ILIE


Durante os últimos días, as augas baixan revoltas polo Valencia CF, un dos grandes equipos de Europa e de España. Pero non fai tanto, menos de dez anos, na ribeira do Turia gozaban moito cunha escadra capaz de codearse cos máis grandes. Desa época é o protagonista de hoxe, un dos grandes dianteiros que xogou en España. Con él imos a Rumanía, un país que deu numerosos prodixios o mundo do fútbol. É Adrian Ilie.


¿Quén era?: Un dianteiro rumano da década dos 90 e principios desta.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros titulares de Rumanía e unha das estrelas do Valencia CF que se proclamou subcampeón de Europa no ano 2000.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2006 no Germinal belga. Agora é director deportivo do Steaua de Bucarest e empresario do sector turístico. Construiu un hotel e varios apartamentos en Poiana Brasov, unha cidade romanesa famosa polas suas pistas de esquí. Ademáis, é propietario dun clube da segunda división romanesa, o Forex Brasov. Tamén xoga, esporádicamente, na selección romanesa de fútbol-playa.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo era A Cobra.
- Chegou o Valencia co seu irman Sabin, tamén futbolista. Para moitos, Sabin, un ano menor que Adrian, era mellor futbolista, pero o seu mal carácter arruinouno como deportista. Proba delo é que pasou por 23 clubes en so 15 anos. Agora xoga en China.
- Meteuse no negocio turístico por consello do seu sogro. O apodo da Cobra puxollo o entrenador italiano Claudio Ranieri (moi dado a por motes de animais; de Cañizares dixo que era un dragón). O seu razoamento era que Ilie "é letal, é como unha cobra, que te pica e te mata".
- As lesions impidironlle raiar a mellor nivel no Valencia, a pesares da sua prometedora primeira tempada, na que fixo 12 goles (e so xogou a segunda volta).
- A sua retirada debeuse a unha grave lesión de tobillo.
- No ano 2000, Ilie foi sancionado polo Valencia e tivo que pagar tres millons das antiguas pesetas por prolongar sen permiso as suas vacacions navideñas.
- O club ché pagou por el 7 millons de dólares o Galatasaray turco.

Biografía, palmarés, estatísticas: Adrian Bucurel Ilie naceu o 20 de abril (non do 90) do 1974 en Craiova, Rumanía. Debutou como profesional no Electroputere (bonito nome) de Craiova, en 1991. En 1993 fichou polo máis grande equipo romanes, o Steaua de Bucarest, onde permaneceu ata 1996. Os seguintes dous anos pasounos no Galatasaray de Estambul, ata que no mercado de inverno de 1998 fichouno o Valencia CF. En 2002 foi traspasado o Alavés, e a tempada seguinte, volveu a Turquía para xogar no Besiktas. As suas duas últimas temporadas pasounas no FC Zurich de Suiza e no Germinal belga. Coa selección xogou 55 partidos e meteu 13 goles. No seu palmarés destacan a Liga española de 2002 (aínda que participou pouco), a que hai que sumar catro títulos en Rumanía e outro máis en Turquía.

1 comentario:

ovella dijo...

Hola.Antes de nada noraboa polo blog.Gustaríame tamén facesche unha pequena suxerencia.¿Sería posible rescatar da memoria a algún futbolista galego?Refírome a eses grandísimos peloteiros que nunca ocuparon grandes portadas por chamarse por exemplo Padín,Canabal,Juanito,Corredoira...
A éstos sígolles a pista,pero hai moitos outros que seguro que andan por ahí en 3ª ou 2ªb que me gustaría saber deles.
Por se alguén é tan friki coma mín,ahí vos deixo dous nomes de cracks da Terra que, coma mín,tiveron que emigrar.
Pablo Rodriguez:ex Deportivo b,ex Lugo,ex Girona...acaba de fichar polo At.Balerares de Palma de Mallorca(GRUPO 3º DA 2ªB)
David Cabarcos:Ex Lugo, ex Pontevedra,e ex compañeiro meu na universidade,é a estrela do Alzira,do mesmo grupo de 2ªb.
Un saúdo.