jueves, 15 de enero de 2009

BAGGIO


Señoras e señores, quítense o sombreiro se o levan, porque hoxe toca falar dun dos xogadores con máis talento que pisaron nunca un terreo de xogo. É Roberto Baggio.


¿Quén era?: Un futbolista italiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante anos o auténtico líder da selección italiana de fútbol, algo que tamén conseguiu a nivel de clubes, pois non en van xogou na Juventus, no Milan e no Inter, os tres equipos máis poderosos do país transalpino.

¿Qué foi del?: Retirado en 2004 nas filas do Brescia, adicase, simplemente, a vivir. Sigue sendo embaixador das Nacions Unidas e ten unha finca agrícola en Arxentina, a que vai a relaxarse e a cazar. Ademáis, é un blogger bastante activo (de feito, o seu blog ten unha versión en castelan). Por agora non se decidiu a volver a vincularse o mundo do fútbol, a pesares de que o presidente do Inter, Massimo Moratti, propuxollo.

¿Sabías qué?: É budista.
- Escribiu a sua biografía, titulada Una porta nel celo (Unha porta no ceo).
- O seu irman pequeno, Eddy, xoga o fútbol nun equipo de cuarta división italiana.
- Non ten ningún parentesco co que fora compañeiro seu na selección e na Juve Dino Baggio. É Cabaleiro da Orde do Mérito da República Italiana.
- Ten unha filla e dous fillos.
- É o único futbolista italiano que marcou goles en tres Mundiais (Italia 90, USA 94 e Francia 98).
- A cantante Madonna namorouse del despois de verlle un partido do Mundial de Italia.
- Foi o autor do 2-1 no partido que sacou a España do Mundial de Estados Unidos (sí, o do codazo de Tassotti a Luis Enrique).
- Moitos expertos definían a Baggio como un '9,5', pois non era dianteiro centro (9) nin un centrocampista atacante (10) en esencia. Era un termo medio. Non obstante, xogaba con este último dorsal.
- O Brescia retirou o número 10 no seu honor.
- En Italia chamano Il Divin Codino, en referencia a sua coda ou cola de cabalo.
- Cerca do final da sua carreira chegou a ter ofertas do Arsenal e do Real Madrid.

Biografía, palmarés, estatísticas: Roberto Baggio naceu en Caldogno, provincia de Vicenza, Italia, o 18 de febreiro de 1967. Despois de xogar tres anos no Vicenza, fichou pola Fiorentina, onde empezou a despuntar. Pasou alí cinco anos e no 1990 fichou pola Juventus, onde pasou outro lustro (no que xogou 141 partidos e meteu 78 goles). Do 95 o 97 xogou no Milan. Pasou un ano no Bolonia e despois regresou a Milán, pero para xogar no Inter, entre o 98 e o 2000. Ese ano fichou polo Brescia, onde se retirou en 2004. En total, acumula 453 partidos de liga italiana e 205 goles neles. Coa selección xogou 56 partidos e meteu 27 goles. No seu palmarés ten duas ligas italianas, unha Copa de Italia e unha UEFA. Foi Balón de Ouro e FIFA World Player en 1993.

No hay comentarios: