sábado, 3 de enero de 2009

BATISTUTA


O outro día, un de vos pediume que escribira sobre o protagonista de hoxe. De seguido aceptei porque se trata dun dos meus xogadores favoritos de sempre, un pedazo de dianteiro centro dos de primeira categoría. Hoxe traiovos a Gabriel Omar Batistuta.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que destacou dende finais dos 80 ata principios deste seculo.


¿Por que se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros máis potentes de Arxentina nos últimos anos, que de feito faino ser o xogador que máis goles meteu coa albiceleste (aí é nada), e por ser o santo e seña de equipos italianos como a Fiorentina ou a Roma.


¿Que foi del?: Retirouse fai pouco, en 2005, se ben levaba dende 2001 xogando na pouco competitiva liga qatarí. Agora vive en Australia. Aínda que ten o título de entrenador, aínda non se decidiu a dar o salto. Ten pequenos negocios no seu país e dedicase o golf e o polo.

Recentemente rumoreouse con que Batistuta podería ser seleccionador australiano e incluso que ía formar parte do equipo técnico liderado por Maradona para dirixir a Arxentina.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo máis coñecido é Batigol.
- A pesares de que so xogou un ano na Bombonera, declarase hincha de Boca Juniors, segundo revelou nunha entrevista o prestixioso diario Clarín.
- É o arxentino que máis goles meteu en Copas do Mundo da FIFA (10), incluido un hat trick a Grecia en 1994. De pequeno era alto e probou co baloncesto (logo quedouse, de adulto, cuns nada despreciables 185 centímetros).
- Foi outro dos grandes xogadores arxentinos que se enfrentou o seleccionador Daniel Passarella.
- Coñeceu a sua muller cando tiña 16 e ela 15 anos. Casaron cinco anos despois. Teñen catro fillos.
- Era un auténtico ídolo para as afeccions da Fiorentina e da Roma.
- Na Fiore e na selección sempre levou o 9. Cando chegou a Roma, ese dorsal estaba ocupado (por Montella) e decidiu levar o 18. O ano seguinte, levou o 20 (os goles que metera na campaña anterior) e na sua última etapa coa Roma, levou o 33 (a sua idade naquel enton).
- No seu primeiro ano na Roma gañou o Scudetto. Nun partido desa tempada fixolle un gol ó seu ex equipo (a Fiorentina) que non quixo celebrar.
- Na tempada 94/95, en Florencia, conseguiu marcar en 11 partidos consecutivos.
- É o oitavo máximo goleador da historia da Serie A italiana.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gabriel Omar Batistuta naceu en Reconquista, Arxentina, o 1 de febreiro de 1969. Empezou nas categorías inferiores do Newell's Old Boys de Rosario, onde xogou unha tempada a nivel profesional, de 1988 a 1989. No ano seguinte chegou a River Plate, onde xogou outro ano máis. No seguinte chegou a sua fichaxe por Boca Juniors. A sua boa tempada fixolle dar o salto a Italia, para fichar pola histórica Fiorentina. Alí reventou como crack, con nove anos a un altísimo nivel. No ano 2000 chegou a Roma, onde rematou de despuntar. No 2003, e tras un breve paso polo Inter de Milán, marchou a Qatar para xogar no Al-Arabi, onde permaneceu dous anos, nos que non xogou xa moito polas lesions. No seu palmarés destacan unha liga italiana coa Roma, duas Supercopas italianas (unha coa Fiore e outra coa Roma), unha Copa italiana coa Fiorentina e un campionato de Segunda División italiana, tamén co equipo viola. Coa selección gañou duas Copas de América e duas Copas Confederacions.

No hay comentarios: