martes, 13 de enero de 2009

DJALMINHA


Moitos futbolistas están tocados por esa gracia que os converte en únicos. O problema é que moitos deles están tamén tocados por ese punto rebelde que pode botar por terra todo o bo. Pero no caso de hoxe, eu creo que o bo prevaleceu e a Djalma Feitosa consideraraselle sempre como un xogadorazo. Sí, amigos deportivistas e amantes do bo fútbol, hoxe toca Djalminha.


¿Quén era?: Un mediocampista brasileiro de finais dos 90 e principios do seculo XXI.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos xogadores con máis clase e exquisita técnica que pasaron nunca por Riazor, por ser parte do Coruña que se proclamou campión de Liga e campión de Copa no famoso Centenariazo (cando o Coruña lle gañou o Madrid na final, en plena celebración polo Centenario branco) e, por desgracia, polo seu non menos famoso cabezazo que lle propinou o seu adestrador, Javier Irureta.


¿Qué foi del?: Retirouse fai so catro anos, nas filas do América de México. Agora é un habitual dos partidos de fútbol indoor, onde se volveu a enfundar a camiseta blanquiazul. Segundo unha periodista carioca, pasa temporadas en Río de Janeiro dedicándose a xogar o fútbol na praia.

¿Sabías qué...?: O seu pai, Djalma Días foi central da selección brasileira nos 60.
- O seu peor momento, o cabezazo a Irureta, ocorreu nun entrenamento en 2002. Djalminha picouse porque nun partidiño pitaronlle un penalty en contra. Cada vez que o segundo entrenador pousaba o balón no punto de penalty, o brasileiro daballe unha patada, así varias veces. Irureta interviu para mandalo a ducha e foi enton cando lle lanzou o cabezazo, sen consecuencias físicas para o técnico irundarra. Este feito supuxo o seu ocaso como deportivista. No partido do Centenariazo Djalminha xogou so uns minutos. Pero fai pouco, no espacio Fiebre Maldini de Canal +, Djalminha recordaba cómo o seu compatriota Flavio Conceiçao, nas filas do Madrid, invitouno, antes do partido, a festa que ia celebrar o equipo branco tras gañar a Copa. Djalminha advertiuno de que non vendera a pel do oso antes de cazalo... e así foi.
- Coincidiu, na sua época do Palmeiras, con Cafú, Rivaldo ou o propio Conceiçao.
- Fíxose moi famoso polos seus espectaculares regates.
- No Depor de fútbol indoor comparte equipo con históricos como Fran, José Ramón, Songo'o, Elduayen, Manjarín, oTuru Flores, Radchenko ou Donato.
- Nunca chegou a destacar individualmente na selección brasileira (coa que, non obstante, gañou unha Copa América). Alguns expertos consideran que o seu principal problema foi ser demasiado 'chupón'.
- O Depor fichouno por 1.500 millons de pesetas.
- Tamén se especializou por lanzar penalties 'o Panenka'. Un deles lanzouno en San Siro, ante o Milan. E meteuno.

Biografía, palmarés, estatísticas: Djalma Feitosa Días naceu en Sao Paulo o 9 de decembro de 1970. Empezou a xogar no Flamengo, onde militou entre 1989 e 1993. Despois dun ano no Guaraní, marchou a Xapón, onde xogou para o Shimizu S-Pulse. Despois dun ano no país asiático volveu a Brasil en 1996 para deslumbrar co Palmeiras. Un ano despois chegaba o Depor. Xogou cos coruñeses ata 2002. Os seus últimos equipos foron o Austria Viena e o América de México. Coa selección xogou 14 partidos e meteu seis goles. O seu palmarés destaca por unha Liga española, unha copa, duas Supercopas, unha Bundesliga austríaca, unha liga brasileira, unha copa brasileira, un campionato de Río e outro Paulista e a Copa América coa sua selección en 1997.

1 comentario:

A Ulloa en fotos dijo...

O meu non é o futbol, pero enlaceite igual, por eso de ser da Ulloa.

Saudos.