lunes, 24 de agosto de 2009

MAURO SILVA


Estamos falando dun dos mellores brasileiros que xogaron na nosa liga, todo un exemplo de profesionalidade, traballo e bo facer. É unha das estrelas principais do Deportivo da Coruña que maravillou a España nos 90 (o SuperDepor) e por riba, pertencente a unha xeneración de xogadores brasileiros que culminaron a sua carreira coa consecución do Mundial 94. Bueno, non me alargo máis. Hoxe toca falar de Mauro Silva.


¿Quén era?: Un mediocampista brasileiro dos 90 e principios desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos pilares do SuperDepor, un dos máis queridos pola afección e por ser campión do mundo en 1994 con Brasil.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2005, nas filas do Depor. Estudiou un máster de formación executiva e creou unha empresa, con sede en Sao Paulo (onde vive agora), que se chama Mauro Silva Sports&Business Plan. Toca o campo da construcción e a través dela, Silva asesora a promotores, especialmente galegos, para que invirtan en Brasil. Ademáis, Silva é broker na Bolsa brasileira.

¿Sabías qué...?: Pasou 13 anos na Coruña. O seu fillo maior naceu na cidade galega.
- Retirouse con outro histórico do Depor, o eterno capitán Fran. Foron homenaxeados no mesmo partido. Chegou a Galicia con Bebeto.
- Levou sempre o dorsal 6.
- Se Bebeto representaba o futbolista brasileiro caprichoso pero máxico e fantasioso, Mauro representaba o brasileiro serio, traballador e comprometido. Naquela época, oíase ese chiste tan malo de "Bebeto canta e Mauro... Silva".
- A sua capacidade goleadora non era, dende logo, a sua especialidade (tampouco o seu cometido). En 369 partidos en Primeira, so meteu un gol. Na seleçao non chegou a estrearse (xogou 59 partidos).
- Na Coruña comercializanse camisetas co lema "Eu vin o gol de Mauro Silva", considerándoo como algo histórico. Ese gol meteuno o brasileiro en 1994, ante o Valencia.
- Actualmente, comparase o mediocampista do Vilarreal Marcos Senna con Silva.
- Recorda con especial cariño o 4-0 que o Depor lle meteu o Milan nun partido de Liga de Campions.
- Gañou co Depor tantos títulos como marcaba o seu dorsal.

Biografía, palmarés, estatísticas: Mauro da Silva Gomes naceu o 12 de xaneiro de 1968 en Sao Bernardo do Campo, Brasil. Comezou a xogar no Guaraní FC, entre 1988 e 1990. Ata 1992 xogou no Bragantino. Dende o 92 e ata a sua retirada, en 2005, xogou no Depor. No seu palmarés a nivel de clube destaca unha Liga, duas Copas do Rei e tres Supercopas de España. Coa canarinha logrou o Mundial do 94 e a Copa América do 97.

PD: É considerado xunto a Guardiola, Redondo, Laudrup e Xavi como un dos 5 mellores centrocampistas da historía da Liga.

Ó pouco tempo de chegar á Coruña, dous ou tres anos despois, a Lazio puxo sobre a mesa de Lendoiro a clausula de rescisión. Uns mil millons de pesetas daquela (ano 93-94). Mauro non quixo irse.

É curioso comprobar como o fútbol brasileiro acostuma a dar dous tipos de xogadores de características complementamente diferentes. Por un lado, tipos ofensivos, eléctricos, rápidos, repletos de calidade, desordeados, anárquicos e con certa tendencia a dispersión fora do campo -vexase Ronaldinho, Ronaldo, Romario, Robinho...- e por outro, xogadores marciais, pesados, con personalidade e dominio táctico, e discretos como personaxes públicos -vexase Mauro Silva, Mazinho, Dunga, Emerson, Kaká...

No hay comentarios: