lunes, 10 de agosto de 2009

PANENKA


Poucos xogadores se fixeron tan famosos por unha sola xogada como o protagonista de hoxe. Foi, ademáis, o momento cumbre dunha Eurocopa, a de Iugoslavia 76. É Antonin Panenka. Sí, o do penalti.

¿Quén era?: Un xogador checo das décadas dos 60, 70 e 80.


¿Por qué se lle recorda?: Polo que aconteceu o 20 de xuño de 1976: Pequeno Maracaná de Belgrado (Iugoslavia). Alemaña e Checoslovaquia xogan a final da Eurocopa. Un gol do alemán Hölzenbein (o 2-2) leva o partido a prórroga e os penaltis. Todos converten os seus tiros ata que o teutón Uli Hoeness manda o seu lanzamento as nubes. O resultado na tanda é 4-3 para os checoslovacos e chega o turno de Antonin Panenka, centrocampìsta ofensivo do Bohemians de Praga. Enfronte, Sepp Maier, o mellor porteiro do momento. Panenka consegue enganar a Maier, que se tira a sua esquerda, pero o tiro do checo é extrano... coa punteira do seu pe dereito eleva en vaselina o balón que se cola mansamente no centro da portería alemá. Gol. 5-3. Checoslovaquia é campiona de Europa. Panenka entra na historia.


¿Qué foi del?: Trala sua retirada, e na actualidade, Antonin Panenka é o presidente do que fora o seu equipo de sempre, o Bohemians de Praga, na segunda división checa.

¿Sabías qué...?: Retirouse os 45 anos, en 1993, nas filas do Kleinwiesendorf austríaco.
- Un periodista francés calificou a Panenka, tras ese penalti, como "un poeta".
- Zinedine Zidane lanzou un penalti, na final do último Mundial de Fútbol, máis ou menos como Panenka. Foi o 1-0... o que pasou logo xa o sabedes.
- Algunhas fontes din que Panenka practicara este tipo de lanzamentos co porteiro checo Viktor.
- O ex deportivista Djalminha o Real Madrid, Riquelme con Arxentina na Copa América do ano pasado, o portugués Helder Postiga a Inglaterra na Eurocopa de 2004, o italiano Totti a Holanda na de 2000 ou o ucraniano Milevsky no último Mundial, a Suiza, son outros dos xogadores que lanzaron un penalti 'ó Panenka'.

Biografía, palmarés, estatísticas: Antonin Panenka naceu un 2 de decembro de 1948 en Praga, Checoslovaquia (hoxe República Checa). Entre 1967 e 1981 xogou no Bohemians da sua cidade natal. Logo xogou no Rapid de Viena austríaco ata 1985 e tras iso pasou por diferentes equipos daquel país como o St. Pölten, o Slovak Viena, o Hohenau e o xa citado Kleinwiesendorf. Coa sua selección xogou 59 partidos e meteu 17 goles. Gañou duas ligas en Austria e unha copa. Tamén foi subcampeón da Recopa co Rapid.

No hay comentarios: