jueves, 6 de agosto de 2009

FRANCESCOLI


O protagonista deste post é, sen dubida, un dos mellores xogadores sudamericanos da historia. Un superclase dos que fai tempo que non se ven. É o uruguaio Enzo Francescoli.


¿Quén era?: Un mediapunta uruguaio das décadas dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o auténtico líder do River Plate arxentino, o santo e seña da selección charrúa, coa que gañou tres Copas de América.


¿Qué foi del?: Tras retirarse no 1997, Francescoli é vicepresidente das empresas Tenfield e Gol TV. A primeira delas é unha compañía de organización de eventos deportivos. Teñen os dereitos das retransmisions do fútbol uruguaio. A segunda é un canle de televisión que retransmite nos Estados Unidos 24 horas de fútbol.


¿Sabías qué...?: Francescoli xogou no Olympique de Marsella na tempada 89/90. Un ilustre marsellés, Zinedine Zidane, chamou o seu fillo Enzo en honor do uruguaio.
- É máis coñecido como O Príncipe.
- Destaca o seu enorme parecido físico co dianteiro arxentino agora do Inter de Milán, Diego Milito.
- Hincha de Peñarol de Montevideo, nunca xogou no equipo aurinegro. Fixo unha proba pero foi rexeitado por ser demasiado delgado.
- Este ano foi elexido como máximo ídolo de toda a historia de River Plate.
- Como o seu apelido indica, é de orixe italiano.

- O día do seu homenaxe-despedida (o 1 de agosto de 1999), xuntou a 60.000 enfervorizados fans no Monumental de River. Co equipo da Banda Sangre xogaban naquel enton os vellos coñecidos Aimar e Ayala, o ex-merengue Saviola e o ex culé e ex murcianista Bonano. Enfronte estaba o Peñarol, no que xogaba o ex deportivista Walter Pandiani. Nese partido, saltaron o campo os fillos de Francescoli, de 10 e 12 anos. O maior meteu o último gol do partido, o 4-0.
- Os hinchas de River cantaban na sua honra esta canción: "...veni, veni, canta conmigo, que un amigo vas a encontrar que de la mano, del Uruguayo, todos la vuelta vamos a dar...veni, veni, canta conmigo, que un amigo vas a encontrar que de la mano, del Uruguayo, todos la vuelta vamos a dar...!".

- No fútbol arxentino, 'Dar la vuelta' é sinónimo de ser campión.
- O equipo que máis o sufriu en Arxentina foi San Lorenzo de Almagro, que recibiu 10 goles do Príncipe. Boca recibiu a metade.


Biografía, palmarés, estatísticas: Enzo Francescoli Uriarte naceu o 12 de novembro de 1961 en Montevideo, Uruguai. Debutou en 1980 nas filas do Montevideo Wanderers, onde xogou dous anos. Foi cando iniciou a sua primeira época nos Millonarios (así se coñece a River Plate), bastante exitosa. Logo, en 1986, fichou polo lexendario Racing de París (equipo que agora se adica o fútbol amateur). Pasou dous anos bastante tristes alí e un máis, na tempada 89/90, no Olympique de Marsella. De Francia saltou a Italia, onde xogou no Cagliari tres anos e un no Torino. E por fin regresou a River no 94, onde xogou os seus últimos tres anos. Coa selección xogou 72 partidos e meteu 15 goles. O seu palmarés recolle unha liga arxentina, tres Aperturas e un Clausura e unha liga francesa. Ademáis, gañou tres Copas de América con Uruguai, unha Copa Libertadores e unha Supercopa Americana.

No hay comentarios: