miércoles, 4 de febrero de 2009

MILENE DOMINGUES


Por primeira vez no blog aparecerá unha muller futbolista. A verdade e que hoxe ides a ler un artigo diferente, xa que en realidade tratase dunha deportista coñecida polos non amantes do balompé, e e que ademáis de deportista, a protagonista de hoxe é un coñecido persoaxe do corazón. Non nos engañemos. Eo gracias o seu ex, un dos futbolistas máis famosos dos últimos anos, o gran Ronaldo. Por iso, a nosa heroína de hoxe coñecemola como Ronaldinha. O seu nome é Milene Domingues.


¿Quén e?: Unha futbolista brasileira que segue en activo aquí en España.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser unha xogadora da selección brasileira de fútbol feminino e sobre todo, por chegar a España como muller de Ronaldo, cando este regresou a nosa Liga como xogador do Real Madrid. Tamén se lle coñece por haber xogado no Raio Vallecano feminino.


¿Qué foi dela?: Segue xogando. Agora está nas filas do Pozuelo Féminas, equipo que ten unha especie de acordo co Real Madrid, que o auspicia. Agora está recuperándose dunha lesión.


¿Sabías qué...?: En 2006 participou no concurso de Televisión Española Mira quén baila.
- Comezou a sua carreira no lexendario Corinthians de Sao Paulo. A sección masculina deste equipo acaba de fichar o seu ex, Ronaldo.
- Ten un fillo con Ronaldo, que se chama Ronald. Está casada co dianteiro do Raio Vallecano David Aganzo.
- Foi comentarista para a radio e para programas deportivos de Televisión Española.
- Posou para diversas publicacions lixeira de roupa (pero sen ensinar nada, ¿eh?).
- A sua carreira estivo supeditada a de Ronaldo. Cando o astro brasileiro fichou polo Inter, Milene foise xogar a Italia, o Fiammamonza (con sede en Monza, moi cerca de Milán).
- Ten o récord de toques seguidos o balón, con 55.197.

Biografía, palmarés, estatísticas: Milene Domingues naceu o 18 de xuño de 1979 en Sao Paulo, Brasil. Comezou a sua carreira no Corinthians da sua cidade natal. Foise con Ronaldo a Italia para xogar no Fiammamonza e cando Ronaldo regresou a España para xogar no Madrid, ela veu con él e xogou no Raio Vallecano e no Torrejón. Coa selección xogou o Mundial de Estados Unidos de 2003, pero as canarinhas foron eliminadas en cuartos de final.

No hay comentarios: