jueves, 26 de febrero de 2009

AMUNIKE


Por petición popular (sodes alguns os que mo pedistes), presentovos a todo un personaxe do fútbol... e da publicidade: Emmanuel Amunike.


¿Quén era?: Un xogador nixeriano da década dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Deberiaselle recordar por pertencer a unha das mellores xeneracions do fútbol africano, pero sobre todo, polo seu máis que discreto paso polo Barça e polo celebérrimo anuncio que fixo para Renault.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2004. Pouco despois saltou a fama co seu anuncio da Kangoo. Segundo a Wikipedia, agora vive en Santander e é entrenador do S. D. Reocín de Cantabria, aínda que este dato non o puiden confirmar.


¿Sabías qué?: O Barcelona pagou tres millons de euros por el.
- O seu nome, en realidade, e Amuneke.
- Ten dous irmans xogando a nivel profesional, ambos en Suecia: Kingsley faino no IFK Värnamo e Kevin no IFK Norrköping. Ambos son internacionais.
- Foi escollido mellor xogador africano do 2004.
- Gañou un ouro Olímpico en Atlanta.

Biografía, palmarés, estatísticas: Emmanuel Amunike, ou mellor dito, Amuneke, naceu un 25 de decembro de 1970 en Eze Obodo, Nixeria. Xogou no Julius Berger do seu país, no Zamalek exipcio, no Sporting de Lisboa, no Barcelona, no Albacete, no Busan coreano e retirouse no Al-Wihdat de Xordania. O seu palmarés non está nada mal: Duas ligas españolas, duas Copas do Rei, unha Recopa, unha Supercopa Europea e unha Copa Catalunya co Barça e unha Copa de Portugal co Sporting, aparte do ouro olímpico xa referido.


PD: Rumorease que no famoso anuncio da Kangoo, antes do chiste do saque de banda ensaiouse cunha chilena que nunca saiu emitida. Amunike aparecía nun famoso cántico do Santiago Bernabeu: "Luis Enrique, tu padre es Amunike". O seu adestrador Bobby Robson dixo que era un gran sacador de banda e incluso tiñan unha xogada ensaiada para el. Hai que sinalar que a sua estancia no equipo culé acabou sendo unha autentica pesadilla para o bo de Emmanuel. Como sempre acababa as tempadas lesionado, non habia maneira de vendelo ou cedelo a outro equipo, ademáis da sua lóxica vontade de querer quedarse aínda que so fose para xogar os minutos da basura. A resposta do clube foi apartalo do equipo, non deixarlle apenas espacio dentro das instalacions do clube para que se exercitase por si so, e encima, segundo unhas declaracions suas naquela epoca, o Barça queria facelo firmar unha declaración pola que el mesmo recoñecia a sua incapacidade para volver xogar o futbol e poder rescindir o seu contrato dunha vez. O propio Van Gaal chegou a botarlle unha bronca diante dos seus compañeiros por non someterse os desexos do clube e largarse dunha vez.


Aínda así o seu maior logro en España foi o gol da victoria nun Logroñes-Barça, no que marcou o 0-1 a falta de poucos minutos para o final. Un gol que foi recordado por todos os medios durante o tramo final da liga 96/97 dado o apretado sprint final que levaban Madrid e Barça.

Amunike adicase a distribucion dunha marca deportiva en Africa, colabora nas TVs rexionais de Cantabria como contertulio en programas deportivos e ademais e olleador do futbol africano para o Manchester United ou para o Arsenal esto non o recordo ben.

No hay comentarios: