miércoles, 18 de febrero de 2009

BIERHOFF


O futbolista de hoxe foi un dos grandes protagonistas da edición de 1996 da Eurocopa de fútbol, xa que foi o autor do gol de ouro máis famoso da historia (como xa sabedes, o gol de ouro é un mecanismo xa case en desuso, que daba por finalizado un partido na prórroga cando un dos dous equipos marcaba, vamos, como cando no colexio dicíamos "Quen marque, gaña"). O personaxe de hoxe é Oliver Bierhoff.


¿Quén era?: Un dianteiro alemán dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro centro de Alemaña e do Milan durante a segunda metade dos 90, e polo que vos comentaba antes: El foi o autor dos goles que lle deron o seu país o título do Europeo de Nacions do 96, despois de vencer a República Checa na final, que se disputou no estadio de Wembley, en Londres.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2003, nas filas do Chievo Verona. Despois de pasar unha tempada comentando partidos de Champions no canal SAT 1, Bierhoff pasou a formar parte do equipo de Jürgen Klinsmann o frente da selección alemana. O seu cargo, que aínda conserva, é o de director deportivo da Mannschaft.

¿Sabías qué...?: Seu pai foi porteiro nos 50.
- Seu avo foi político: era o presidente do distrito de Düren, en Alemaña.
- É o único xogador extranxeiro que foi máximo goleador nas series A e B italianas (a primeira e a segunda división).
- Deixou a selección despois da final do Mundial de 2002.
- Participou no comité organizador do último Mundial, o do seu país en 2006.
- Era un especialista en remates de cabeza (mide 1,91). No seu último partido oficial, co Chievo, fixolle un hat-trick a Juventus.
- En Alemaña dixose, e así o expresa a UEFA na sua páxina web, que foi a muller do seleccionador alemán no 96, Berti Vogts, a que aconsellou o seu marido que levara a Bierhoff a Eurocopa. "Xa verás cómo cho paga", dixolle. E tanto.
- No último Mundial, Bierhoff viuse implicado na gran tangana (ou tángana) que se montou no Alemaña-Arxentina de cuartos de final. Despois de acabar a tanda de penalties, que gañaron os teutons, xogadores de ambos equipos liaronse a golpes. Aínda que Bierhoff, que estaba no banquiño xunto o resto do equipo técnico, dixo que só foi a separar, os arxentinos acusarono de meterse na pelea. Bierhoff añadiu despois que "o temperamento dos arxentinos e moi forte".

Biografía, palmarés, estatísticas: Oliver Bierhoff naceu en Karsruhe, Alemaña o día 1 de maio de 1968. Empezou a sua carreira profesional en 1986, nas filas do Bayer Uerdingen. Do 88 o 90 xogou no Hamburgo. Despois dun breve paso polo Borussia Mönchengladbach, emigrou a Austria en 1990 e fichou polo Salzburgo. O seu bo facer alí levouno o Calcio, da man do Ascoli. Alí pasou catro anos, tres deles na Serie B. Do 95 o 98 destacou nas filas de Udinese e o seu bo nome levouno o Milan no 98. Despois de tres tempadas, foise en 2002 o Monaco, pero a tempada seguinte, volveu a Italia para retirarse no Chievo. Coa selección xogou 70 partidos e meteu 37 goles. Os seus títulos son unha liga italiana co Milan e a Eurocopa do 96.

No hay comentarios: