domingo, 1 de febrero de 2009

BUSQUETS


Hoxe propuxenme sacar a un dos inolvidables do Barça de Cruyff, o porteiro Carles Busquets. Eu xa o tiña previsto. E é que este é un deses deportistas inolvidables.


¿Quén era?: Foi porteiro do Barcelona entre 1988 e 1998.


¿Por qué se lle recorda?: Porque sempre levaba pantalón largo e porque tiña colgado o sambenito de ser un porteiro inseguro e fallón.


¿Qué foi del?: Retirouse nas filas da UE Lleida en 2003. Agora é o entrenador de porteiros do Barça B.


¿Sabías qué...?: O seu fillo, Sergio, xoga no Barcelona este ano con notable éxito.
- Circulaban numerosas lendas urbanas acerca da costume de Busquets de levar pantalón largo. Entre as máis comentadas, que tiña unha tatuaxe que quería ocultar e que tiña unha espantosa cicatriz (ou queimadura, segundo a versión).
- Chamabanlle 'Busi'. Os seus detractores, 'Porteiro de balonman'.
- En 1995, Cruyff e Rexach conminaronlle a que falara máis en catalán.
- O ano pasado, Busquets estivo de entrenador de porteiros do primeiro equipo, xa que Juan Carlos Unzué (o titular) estaba nun curso de entrenadores.

- Víctor Valdés dixo, en referencia a Busquets fillo: "É un gran xogador. Igual que o seu pai, que tamén foi un gran porteiro que marcou época".

- Outra historia pouco clara acerca de Busquets e a famosísima anécdota do porteiro e a plancha. Para xustificar unha baixa de 'Busi', o Barça explicou que sufrira un accidente doméstico, o coller unha plancha quente que ia caer sobre o seu fillo e queimarse as mans.

Biografía, palmarés, estatísticas: Carles Busquets Barroso naceu en Badia do Vallès, Barcelona, o 19 de xullo de 1967. Despois de dous anos no Barça B, pasou o primeiro equipo de 1990 a 1999 (xogou 79 partidos). Logo marchou o Lleida, ata a sua retirada,

en 2003. O seu palmarés está moi pero que moi ben: Unha Copa de Europa, seis Ligas, duas Copas do Rei, unha Recopa, duas Supercopas de Europa e catro Supercopas de España.


PD: Qué grande era Busi. Podese dar unha referencia a sua sangre fría a hora de regatear o dianteiro que o presiona, fixoo un par de veces. Tiña máis habilidade que Ronaldinho nos seus tempos e máis sangre fría que Romario. Aínda que o corazón dos barcelonistas nunca se llo perdoarían. Esperemos que pronto poida aparecer a historia de Angoy porque tamen merece un post neste blog. A verdade é que o pobre home tiña fama de facer unhas cantadas increíbles, aínda que creo que todos recordarán que era un gran porteiro 'por abaixo e cos pes'.

Despois de Busi pasaron outros gardamentas con non moi bo recordo por Barcelon como Vitor Baia, Ruud Hesp, Richard Dutruel, Bonano, o alemán Enke ou Rustu Recber.

Falabase moito do gran equipo que tiña Cruyff no Barcelona e do malo do filial con Escaich, o seu fillo Jordi, Korneyev, a parella de porteiros Busquets e Angoy, Sanchez Jara... Vaia, nada de futbolistas a escala clase mundial.

Agora dedicase a xogar na liga indoor de veteranos co FC Barcelona.

Outra anecdota sobre Busquets é a que di que comezou xogando ó futbol - sala de xogador e por iso o seu afán no regate sobre os dianteiros

No hay comentarios: