jueves, 14 de mayo de 2009

JORGE CAMPOS


Estou seguro de que o protagonista de hoxe vaivos encantar. En realidade, é inolvidable, polo que se axusta pouco o título do blog, pero supoño que vos interesará saber que foi del. É o paradigma de porteiro extravagante latinoamericano, controvertido, afeccionado a sair da porta, capaz do mellor e do peor, carismático, popular, adorado polos fans... É un dos futbolistas mexicanos máis coñecidos internacionalmente, un dos máis famosos. O protagonista de hoxe é nada menos que Jorge Campos.


¿Quén era?: Un porteiro mexicano de finais dos 80, dos 90 e de principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro titular da selección mexicana nos 90, incluidos os Mundiais de 1994 e 1998 (en Corea e Xapón 2002 estivo, pero como suplente), polos seus extravagantes e chamativos uniformes e porque durante moitas etapas da sua carreira xogou de dianteiro.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2004, nas filas do Puebla FC. Tras ser axudante do seleccionador Ricardo Lavolpe, na actualidade é comentarista deportivo do canal TV Azteca. Ademáis, ten unha empresa de comida rápida chamada Sportortas. A sua especialidade son as deliciosas tortas mexicanas.


¿Sabías qué...?: Foi unha das imáxes da firma deportiva Nike. De feito, formaba parte do famosísimo equipo que rodou un dos máis aplaudidos e recordados anuncios de televisión da marca estadounidense, ese no que unha serie de xogadores internacionais se enfrontaba a un equipo de demos. Xunto a Campos, que fai de porteiro do equipo, estaban Eric Cantona, Thomas Brolin, Ronaldo, Maldini ou Figo.
- Na sua carreira levou dous dorsais, o 9 e o 1. Cando levaba o 9, solía xogar de porteiro. Co 1, solía facelo de dianteiro.
- Sorprendeu o mundo cando no Mundial de Estados Unidos luciu uniformes de cores fluorescentes e unhas tallas máis grandes. Existe unha teoría que di que os porteiros saen beneficiados cando levan cores chillons. Segundo esta teoría, os dianteiros soen lanzar inconscentemente o balón cara onde está o porteiro, atraídos polas cores chamativas. Noutro extremo, non obstante, hai outra teoría que di que é mellor que os porteiros leven cores escuros ou apagados, para que os dianteiros non poidan ver dun rápido vistazo onde está situado o gardameta.
- O seu apodo en México é El Brody (deformación de brother, irman en inglés).
- Suplía a sua escasa estatura para ser porteiro (1.75 m) cunha gran axilidade.
- Era tan famoso que inspirou un personaxe da serie xaponesa de anime Campeones (Capitán Tsubasa é o seu nome orixinal). Este personaxe chamabase Ricardo Espadas e era o porteiro da selección mexicana sub 20.
- El mesmo diseñaba os seus uniformes.
- É o terceiro xogador con máis internacionalidades por México (130 en 13 anos).
- Disputou as tres primeiras tempadas da Major Soccer League, a liga dos Estados Unidos. Xogou no Los Angeles Galaxy e nos Chicago Fire.

Biografía, palmarés, estatísticas: Jorge Campos Navarrete naceu o 15 de outubro de 1966 en Acapulco, México. Debutou como profesional en 1988, nas filas dos Pumas da UNAM. Nesa primeira etapa, que durou ata 1995, xogou indistintamente de dianteiro e de porteiro. Tras unha tempada no Atlante, pasou a 96-97 nos LA Galaxy. Tivo dous pasos moi breves por Chicago Fire e polo Cruz Azul do seu país, ata que en 1998 volveu aos Pumas. Cambiou de felino en 1999 para xogar cos Tigres. En 2000 volveu de novo os Pumas. En 2001 de novo xogou no Atlante e os seus dous últimos anos, de 2002 a 2004, xogou no Puebla. No seu palmarés destacan, entre outros títulos, unha Copa Confederacions (1999), unha Copa CONCACAF, e numerosos títulos nacionais en México.


PD: Creo recordar que dician que era mellor como dianteiro centro que como porteiro. Eu so o vin como porteiro e era bastante mediocre, moi da escola sudamericana, baixiños, palomiteros e moi inseguros, capaces da parada imposible e despois tragarse 2 goles en córners.
Aínda así Jorge Campos foi sen dubida un porteiro que marcou toda unha época no fútbol mexicano e a sua fama extendeuse por todo o mundo debido os seus uniformes extravagantes, a sua forma de xogar na portería, capaz do mellor e do peor, por ser un porteiro cunha complexión moi atípica (so 1´75 cm) e por xogar ademáis como dianteiro, onde chegou a destacar na liga do seu país. En México ademáis tenselle un especial cariño, non so como deportista, senon pola sua personalidade sencilla, humilde e moi amigable.
Como porteiro creo que a pesares dos erros que tiña, demostrou unha axilidade e uns reflexos únicos na sua especie. En 1993 foi o terceiro mellor porteiro do mundo segundo a FIFA e no 94 o décimo. Estivo además varias veces nas seleccions deste organismo.

1 comentario:

Tatiana dijo...

Interesante... Puedes probar a vestirte con un uniforme como ese... se le ve a kilómetros!