martes, 12 de mayo de 2009

CHAPUISAT


Era un deses futbolistas que a nivel europeo se fixo moi coñecido, a pesares de non ser dun país de grandes resultados. Formou parte dun clube que chegou a ser o máis poderoso de Europa e o seu nome quedará nas retinas de moitos afeccionados. É o suizo Stephan Chapuisat.

¿Quén era?: Un dianteiro suizo dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a principal estrela do Borussia de Dortmund que se proclamou campión de Europa en 1997 e o xogador máis destacado da sua selección, amén de ser un dos máis cotizados dianteiros de Europa no seu tempo.


¿Qué foi del?: Pois retirouse fai pouco, en 2006, os 37 anos de idade, nas filas do Lausana. Agora forma parte do equipo técnico do Young Boys de Berna, equipo no que tamén xogou. En concreto traballa como olleador.


¿Sabías qué...?: O seu sucesor como gran goleador suizo, Alexander Frei, tamén xoga no Borussia de Dortmund.
- Seu pai, Pierre-Albert, tamén foi futbolista e foi internacional.
- É o único xogador suizo gañador dunha Copa de Europa (dos que chegaron a xogar na final). É o terceiro mellor goleador estranxeiro da historia da Bundesliga (106 goles), superado polo brasileiro Elber e o peruano Pizarro. O tamén brasileiro Ailton empatalle.
- É o terceiro jugador con máis internacionalidades por Suiza e foi elexido como mellor futbolista helvético dos últimos 50 anos.
- O ano no que o Borussia gañou a Champions, foi no que o Atlético de Madrid competiu por última vez nela. Na fase de grupos, os roxibrancos lograron unha inolvidable victoria no Westfalenstadion, con goles de Roberto Fresnedoso e Milinko Pantic.
- Chapuisat tiña, entre os seus compañeiros dese temible Borussia, a Klos, a Sammer, a Riedle, a Lambert, a Kohler ou a Paulo Sousa. Un equipazo.
- Enfrontouse coa sua selección a Española no Mundial de Estados Unidos do 94.
- Na recente Eurocopa de Suiza e Austria (a de España), Chapuisat realizou tarefas de embaixador da competición. De feito, formou parte das estrelas retiradas que participaron no sorteo da Eurocopa.
- En Suiza coñecíano como Chappi.
- Estivo cerca de xogar na Premier League. O Blackburn Rovers fixolle unha xenerosa oferta a finais dos 90.

Biografía, palmarés, estatísticas: Stephane Chapuisat naceu o 29 de xuño de 1969 en Lausana, Suiza. Comezou a sua carreira no equipo da sua cidade, onde debutou en 1987. En 1991 emigrou a Alemaña, para xogar no Bayer Uerdingen. Ese mesmo ano fichou polo Borussia, onde permaneceu ata 1999, cando retornou a Suiza para xogar no Grasshoppers de Zurich. En 2002 firmou polo Young Boys de Berna, onde estivo tres anos. A sua última tempada foi a 2005/06, na que xogou no equipo dos seus oríxes, o Lausana. No seu palmarés destacan a Champions del 97, a Intercontinental dese ano, duas ligas alemanas e unha liga suiza. Coa selección disputou 103 partidos e meteu 21 goles.


PD: Gran xogador. Recordo especialmente a este xogador a partires do mundial do 94 e tamén daquela época a outro xogador suizo que xogaba en Alemaña e en Italia, Ciriaco Sforza.
Tamén dicir que nese Borussia campión de Europa tamén estaba Andy Möller, un dos poucos xogadores alemanes (xunto a Mehmet Scholl) que recordo cun certo nivel técnico.
Desa Suiza podiase destacar tamén a Sutter e a Henchoz, aparte de veteranos como Bregy, que marcou un golazo de falta contra EEUU no segundo partido do Mundial que acabou 1-1. Wynalda marcou o gol estadounidense.

No hay comentarios: