martes, 26 de mayo de 2009

DINO BAGGIO


Unha das pantasmas para a selección española é o xogador do post de hoxe, un xogador que todos recordamos por meterlle un gol a España, naquel fatídico partido de Boston de 1994. Hoxe falo de Dino Baggio.


¿Quén era?: Un centrocampista italiano que destacou nos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos pilares da selección italiana no Mundial de Estados Unidos do 94. En España, recordase porque foi o autor do primeiro gol dos transalpinos no partido de cuartos que enfrontou a España e a Italia.


¿Qué foi del?: Pois sorprendentemente, Dino Baggio segue xogando o fútbol os seus 36 anos. Faino, eso sí, nas filas do Tombolo, que compite na Terza Categoria do fútbol italiano (A Prima Categoría e a seguinte a serie C-2, a Terza e a terceira desde a Prima), que nin sequera é profesional. É a décima categoría do Calcio, a máis baixa (Para facervos unha idea, a Terceira Rexional é a oitava categoría do futbol daquí). Tomou a decisión de fichar por este equipo porque o entrenador é seu primo.

¿Sabías qué...?: Non ten ningún parentesco con Roberto Baggio.
- Debutou na selección o mesmo día que o ex xogador do Atlético de Madrid e Barcelona Demetrio Albertini.

- O diario Marca recollía o outro día unhas declaracions de Baggio a propósito do partido da Euro 2008 entre Italia e España: "España leva 88 anos sen gañarnos un partido oficial. Será por algo. España sempre xoga ben; Italia gaña máis".
- Cando Dino estaba na Juventus, o Parma fixolle unha oferta para fichalo. Nin Baggio nin a Juve querían desfacerse del, así que o equipo piamontés ofreceu o Parma a posibilidade de fichar a un xove xogador chamado Alessandro Del Piero. Cando xa estaba case todo feito, Dino Baggio cambiou de decisión e marchou o equipo parmesano.
- Na tempada 98/99, un partido Wisla Cracovia - Parma da Copa da UEFA, un afeccionado polaco lanzou un coitelo dende as gradas que impactou na cabeza de Dino Baggio, quen non sufriu feridas graves. O suceso costoulle o Wisla un ano de sanción.
- Aínda que se rumoreou o seu pase o Chelsea, en Inglaterra xogou no histórico Blackburn Rovers.

Biografía, palmarés, estatísticas: Dino Baggio naceu o 24 de xullo de 1971 en Camposampiero, na provincia italiana de Padua. Empezou a xogar no histórico e lexendario Torino, en 1988. En 1991 foi fichado polo Inter de Milán, onde so permaneceu un ano. En 1992 chegou a Juventus de Turín, onde despuntou. En 1994 levouno o Parma, onde formou parte da columna vertebral do equipo ata 2000. Ese ano fichou pola Lazio, ata 2003. Ese ano e o seguinte viviu duas cesions, unha o Blackburn Rovers e outra o Ancona italiano. Tras un breve paso en 2005 pola Triestina, da Serie B italiana, deixou o fútbol, para volver este ano o Tombolo. A nivel de equipos, gañou unha Copa italiana, unha Supercopa e tres UEFAS. Coa selección xogou uns nada despreciables 60 partidos e meteu 7 goles.

PD: A anecdota máis importante de Dino Baggio e a que acabou coa sua carreira foi nun partido Parma-Juventus do 9 de xaneiro de 2000, Dino Baggio é expulsado inxustamente por unha acción sobre Zambrotta, mentres se dirixe os vestiarios cuspe o cespede e co indice e pulgar fai un xesto de contar billetes. Suspendeno por dous partidos coa selección Italiana (nese momento era titular indiscutible) e o seu clube o Parma suspendeo por 6 partidos e multao con 200.000.000 de liras (100.000 euriños que naquela época eran moito máis, aínda que agora non sexan xa pouco). Despois diso non volvería a ser convocado coa selección e xogaría so 66 partidos ata 2005 co Parma, un xogador que era o xefe do mediocampo parmesano.

No hay comentarios: