jueves, 1 de octubre de 2009

GINOLA


Completamos un ciclo de grandes futbolistas franceses dunha gran época (xa vistes aquí a Djorkaeff, a Dugarry e a Cantona, entre outros) cun xenial xogador de fútbol que quizáis abriu unha tendencia do máis actual, a de aproveitar a sua imaxe para facer un diñeiro extra futbolístico. O protagonista de hoxe é David Ginola.


¿Quén era?: Un futbolista francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos máis talentosos futbolistas franceses, por asombrar a Europa nun Paris Saint-Germain no que formou unha temible parella con George Weah e por conquistar as inglesas co seu acento francés, o seu sorriso 'Profidén' e a sua melena.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002 en Inglaterra. Agora fixo os seus primeiros pinitos como comentarista deportivo e estase a preparar para sacarse o título de entrenador. Ademáis, apareceu no reality Coach Trip, da televisión británica. É unha especie de Gran Hermano pero viaxando por toda Europa e facendo probas. Ginola participou nunha delas, en Francia, xogando o fútbol-praia cos concursantes.

¿Sabías qué...?: Ginola fixose famosísimo en Inglaterra por protagonizar un anuncio de televisión de productos para o pelo de L'Oréal, que finalizaba cun "Porque eu o valo", dito cun marcado acento francés que volvía tolas as inglesas.
- Tamén participou nun anuncio do Renault Laguna. Era protagonista asiduo dun programa da BBC chamado Vingt Minutes (nada que ver cos nosos irmans franceses), adicado a ensinar francés no Reino Unido.
- Ginola foi sinalado por todos como o culpable de que Francia non se clasificara para o Mundial do 94. Tivo unha bronca con Cantona tras ese partido. A partires de aí, nin o protagonsita de hoxe, nin Cantona nin Papin volveron a ser convocados polos bleus. Comezaba así a época de Zidane e compañía.
- Foi elixido, en 1999, xogador do ano en Inglaterra, tanto polos medios como polos xogadores da Premier.
- É embaixador da Cruz Vermella.
- Antes de irse a Inglaterra, vinculouselle co Barcelona.
- Participou en duas películas. Ademáis, é un dos dobradores que participou na versión francesa da película de animación Buscando a Nemo. Puxo a sua voz a disposición de Jacques, o camarón que compartía acuario con Nemo.
- Ten dous fillos.
- Declarouse seguidor de Sarkozy.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Ginola naceu o 25 de xaneiro de 1967 en Gassin, a moi poucos quilómetros de Saint-Tropez, en plena Costa Azul. Comezou a sua carreira en 1985 no Toulon. En 1987 fichou polo histórico Racing Club de París. De 1990 a 1992 xogou no Brest. De 1992 a 1995 triunfou no Paris Saint-Germain e logo deu o salto a liga inglesa. Do 95 o 97 xogou no Newcastle United. Ese ano fichou polo Tottenham Hotspur, onde permaneceu ata o 2000. Xogou dous anos máis no Aston Villa e no 2002 acabou a sua carreira nas filas do Everton. Coa selección so xogou 17 partidos e meteu tres goles. No seu palmarés destacan unha liga francesa, duas Copas francesas e unha Copa da Liga, todo co PSG. En Inglaterra gañou, cos Spurs, unha Copa da Liga (hoxe Carling Cup). Dase a circunstancia de que ése trofeo era o último que había gañado o Tottenham ata o ano pasado, cando o volveu gañar.

PD: Ginola levou unha ovación no Bernabeu cando foi sustituido nun partido de Copa de Europa. O propio Real Madrid estivo a punto de contratalo tamén con Benito Floro no banquiño, aínda que, finalmente, o Real Madrid decidiuse polo eslovaco Petr Dubovsky.

No hay comentarios: