Mostrando entradas con la etiqueta arxentina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arxentina. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de octubre de 2009

KEMPES


Ben, chegou o momento: Valencianistas, arxentinos, preparadevos para emocionarvos coa historia do Matador.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que maravillou o mundo na década dos 70 e os 80.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o mellor xogador do Mundial de Arxentina 78, amén de máximo goleador.


¿Qué foi del?: Tras xogar no ocaso da sua carreira en lugares como Indonesia, Kempes iniciou a sua carreira como entrenador naquel país asiático, en Albania e en Bolivia. A día de hoxe, o Matador é comentarista da cadena estadounidense ESPN, na sua versión latinoamericana, e comenta a Liga Española.


¿Sabías qué?: No seu primeiro partido co Valencia fallou un penalti.
- Mario Kempes, o artífice do Mundial de Arxentina, ten duas xugosas anécdotas da final. Unha, que non lle deu a man a Xorxe Videla, o militar que ocupaba o cargo de presidente da República Arxentina, debido o tumulto que se organizou. É o mesmo motivo polo que Kempes no chegou nunca a tocar a Copa do Mundo. Segundo conta nunha entrevista a revista El Gráfico, "o día seguinte levarona e non a vimos máis. Era imposible chegar a copa, estaban todos desesperados".
- Cando entrenou en Albania, tivo que escapar do país debido o clima prebélico que se creou por unha grave crisis económica.
- A dictadura arxentina impediulle chamar Natasha a unha filla, porque soaba a ruso. Tivolle que poñer Magalí. Anos despois tivo outra nena que sí se puido chamar Natasha.
- Nunca foi expulsado nos seus 24 anos de carreira futbolística.
- Afirma que o defensa máis duro co que se enfrontou foi Xosé Antonio Camacho.
- O seu ídolo foi Pelé.
- Cando facía o servicio militar xogaba en Rosario Central. Sempre posuidor dunha fermosa melena, un cabo obligouno a cortarla case a ras. Kempes enterouse máis tarde de que o cabo era hincha de Newell's Old Boys (o outro equipo de Rosario e eterno rival do Central).


Biografía, palmarés, estatísticas: Mario Alberte Kempes naceu en Bell Ville, provincia de Córdoba, Arxentina, un 15 de xuño de 1956. Xogou no Instituto de Córdoba, Rosario Central, Valencia, River Plate, Hércules de Alicante, Austria Viena, Sankt Polten; Krems (ambos de Austria), Fernández Vial (Chile) e Petaling Jaya (Indonesia). Gañou unha liga arxentina con River e unha Copa do Rei, unha Recopa e unha Supercopa de Europa co Valencia. Foi pichichi duas veces en España e otras duas en Arxentina, mellor xogador suramericano de 1978 e sexto mellor xogador arxentino do seculo XX. Coa selección foi campión do Mundo e bota de ouro mundialista en 1978. Sumou 43 partidos coa albiceleste e meteu 20 goles.


PD: No ano 84, Kempes encontrabase semi-retirado en Austria xogando o futbol-sala, e recibiu a chamada do Hércules para xogar en Primeira Division, para axudarlle a non caer en posicions de descenso. Esa tempada o Hércules salvouse gañando na última xornada no Bernabeu, mandando o Málaga a Segunda. O Málaga e o Betis pactaron un empate que mandaba o Hércules a Segunda se non gañaba en Madrid, pero a falta de 5 minutos Sanabria marcou para os herculanos, levando o pánico a Málaga. O ano seguinte Kempes abandonou o clube a media tempada para irse o Austria de Viena.

jueves, 6 de agosto de 2009

FRANCESCOLI


O protagonista deste post é, sen dubida, un dos mellores xogadores sudamericanos da historia. Un superclase dos que fai tempo que non se ven. É o uruguaio Enzo Francescoli.


¿Quén era?: Un mediapunta uruguaio das décadas dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o auténtico líder do River Plate arxentino, o santo e seña da selección charrúa, coa que gañou tres Copas de América.


¿Qué foi del?: Tras retirarse no 1997, Francescoli é vicepresidente das empresas Tenfield e Gol TV. A primeira delas é unha compañía de organización de eventos deportivos. Teñen os dereitos das retransmisions do fútbol uruguaio. A segunda é un canle de televisión que retransmite nos Estados Unidos 24 horas de fútbol.


¿Sabías qué...?: Francescoli xogou no Olympique de Marsella na tempada 89/90. Un ilustre marsellés, Zinedine Zidane, chamou o seu fillo Enzo en honor do uruguaio.
- É máis coñecido como O Príncipe.
- Destaca o seu enorme parecido físico co dianteiro arxentino agora do Inter de Milán, Diego Milito.
- Hincha de Peñarol de Montevideo, nunca xogou no equipo aurinegro. Fixo unha proba pero foi rexeitado por ser demasiado delgado.
- Este ano foi elexido como máximo ídolo de toda a historia de River Plate.
- Como o seu apelido indica, é de orixe italiano.

- O día do seu homenaxe-despedida (o 1 de agosto de 1999), xuntou a 60.000 enfervorizados fans no Monumental de River. Co equipo da Banda Sangre xogaban naquel enton os vellos coñecidos Aimar e Ayala, o ex-merengue Saviola e o ex culé e ex murcianista Bonano. Enfronte estaba o Peñarol, no que xogaba o ex deportivista Walter Pandiani. Nese partido, saltaron o campo os fillos de Francescoli, de 10 e 12 anos. O maior meteu o último gol do partido, o 4-0.
- Os hinchas de River cantaban na sua honra esta canción: "...veni, veni, canta conmigo, que un amigo vas a encontrar que de la mano, del Uruguayo, todos la vuelta vamos a dar...veni, veni, canta conmigo, que un amigo vas a encontrar que de la mano, del Uruguayo, todos la vuelta vamos a dar...!".

- No fútbol arxentino, 'Dar la vuelta' é sinónimo de ser campión.
- O equipo que máis o sufriu en Arxentina foi San Lorenzo de Almagro, que recibiu 10 goles do Príncipe. Boca recibiu a metade.


Biografía, palmarés, estatísticas: Enzo Francescoli Uriarte naceu o 12 de novembro de 1961 en Montevideo, Uruguai. Debutou en 1980 nas filas do Montevideo Wanderers, onde xogou dous anos. Foi cando iniciou a sua primeira época nos Millonarios (así se coñece a River Plate), bastante exitosa. Logo, en 1986, fichou polo lexendario Racing de París (equipo que agora se adica o fútbol amateur). Pasou dous anos bastante tristes alí e un máis, na tempada 89/90, no Olympique de Marsella. De Francia saltou a Italia, onde xogou no Cagliari tres anos e un no Torino. E por fin regresou a River no 94, onde xogou os seus últimos tres anos. Coa selección xogou 72 partidos e meteu 15 goles. O seu palmarés recolle unha liga arxentina, tres Aperturas e un Clausura e unha liga francesa. Ademáis, gañou tres Copas de América con Uruguai, unha Copa Libertadores e unha Supercopa Americana.

lunes, 20 de abril de 2009

CANIGGIA


Case sempre que alguen nomea o fútbol arxentino, sae un nome, o de Maradona. Foi o protagonista dunha época moi importante para unha das mellores seleccions do mundo. Hoxe vouvos falar dun enorme dianteiro que é un, ademáis, un dos mellores amigos do 10 e que é todo un tipo: Claudio Caniggia.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro titular da Arxentina dos Mundiais do 90 e do 94, e por un gol que lle meteu a Brasil no primeiro.


¿Qué foi del?: Caniggia anunciou a sua retirada do fútbol en 2004, tras a sua experiencia en Qatar. Pero pouco despois, fixo pública a sua intención de ir coa albiceleste o Mundial de 2006, sí, o último. Non foi convocado por Pekerman, claro. Vive en Escocia.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle "El Pájaro", "El Hijo del Viento" e incluso "Axl" (por Axl Rose, o cantante de Guns'n'Roses).
- Deu positivo por cocaína cando xogaba na Roma.

- A amizade de Caniggia e Maradona é moi intensa. Incluso chegaron a celebrar un gol cun bico na boca. A muller de Caniggia, Mariana Nannis, dixo: "As veces penso que Diego está namorado do meu marido. Debe ser polo seu pelo longo e os seus músculos".
- Non acudiu o Mundial de Francia 98 por culpa do seleccionador, Daniel Passarella. O outrora capitán da albiceleste obrigaba a todos os seus xogadores a levar o pelo curto. Caniggia negouse e quedou sen Copa do Mundo.
- Catro anos despois, na Copa do Mundo de Corea e Xapón, Marcelo Bielsa sí o convocou. Pero non chegou a xogar ningún partido. Aínda así, recibiu un cartón vermello estando no banquiño no partido contra Suecia.
- O seu segundo nome é Paul, aínda que existe unha lenda que di que en realidade é Raúl, pero que o cambiou.


Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio Paul Caniggia naceu en Henderson, Arxentina, o 9 de xaneiro de 1967. Debutou coa camiseta de River Plate en 1985, onde estivo ata 1988. Nese ano comezou a sua aventura italiana, que o levou o Verona, o Atalanta e a Roma. En 1994 fichou polo Benfica de Lisboa, con 27 anos e o ano seguinte volveu a Arxentina, as filas de Boca Juniors. Tres anos despois, volveu facer as maletas e volveu o Atalanta. En 2000 emprendeu unha aventura en Escocia, con 33 anos que o levou o Dundee e o Glasgow Rangers. As suas últimas patadas o balón deullas no Qatar Sports Club, de onde se levou un bo puñado de petrodólares. Coa albiceleste xogou 50 partidos e meteu 16 goles. Os seus títulos, duas Copas de América con Arxentina (91 e 93) e unha Copa Confederacions no 92.

viernes, 10 de abril de 2009

"TURU" FLORES


O protagonista de hoxe é un deses dianteiros arxentinos que de vez en cando aterrizan no noso campionato e que deixan un excelente sabor de boca. O problema é que se converten en 'cus de mal asiento' e pasan por innumerables equipos. Sea o que fora, deixovos con Óscar José 'Turu' Flores.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e estes primeiros anos de seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro centro daquel lexendario Vélez Sarsfield dirixido por Carlos Bianchi que gañou un Apertura, dous Clausuras, unha Libertadores de América e unha Intercontinental e logo chegou a España para xogar na UD Las Palmas, o Depor (co que tocou o ceo o gañar unha Liga), o Valladolid, o Mallorca e o extinto Cidade de Murcia.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2007 nas filas do Lyn Oslo noruegues. Dende fai uns meses é axudante do entrenador de Vélez Sarsfield, Ricardo Gareca.

¿Sabías qué...?: Na sua última experiencia como xogador, no Lyn, so xogou 45 minutos.
- Chegou a Noruega con outro ilustre arxentino, Matías Almeyda. Éste tampouco xogou apenas.

- A UD As Palmas pagou por él 550 millons de pesetas cando aínda estaban en Segunda. Convertiuse na fichaxe máis cara da historia da categoría.
- Cando xogou no Deportivo da Coruña formou a dianteira 'Turuleta': formabana el e o portugués Pauleta.
- Tiña tendencia a engordar, pero a pesares diso, era terriblemente habilidoso co balón nos pes.
- Consagrouse no Clausura do 95, no que conseguiu 15 goles.
- Naquel lexendario Vélez xogaban tamén Chilavert, Tito Pompei ou José Basualdo.
- Na sua segunda tempada nas Palmas meteu 21 goles, que foron clave para levar o clube a antiga promoción, na que foron vencidos polo Oviedo.
- Xogou co equipo de fútbol indoor para veteranos do Deportivo.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Óscar Flores naceu en Bos Aires o 16 de maio de 1971. Comezou a sua carreira profesional en Vélez Sarsfield en 1990, equipo no que permaneceu ata 1996, ano no que chegou a UD Las Palmas. Tras dous exitosos anos en Canarias, deu o salto o Deportivo da Coruña, onde pasou tres bos anos. En 2001 foise o Valladolid e o ano seguinte o Maiorca. De novo en 2003 cambia de equipo e ficha polo Cidade de Murcia, onde so permanece un ano. Regresa a Arxentina para fichar por Independiente de Avellaneda. Sen tempo para máis, ficha polo Atlético Aldovisi da segunda arxentina. A sua última experiencia foi a do Lyn noruegues. No seu palmarés ten un Apertura, dous Clausuras, unha Copa Libertadores de América, unha Intercontinental, unha Copa Interamericana e unha Supercopa americana. En España, co Depor, conseguiu unha Liga e unha Supercopa.


PD: Xogando co Cidade de Murcia meteulle un gol as Palmas e non o celebrou e puxose a chorar.
Nas Palmas e sobre todo no Deportivo da Coruña foi un bo xogador, pero en Valladolid chegou "queimado". Estaba gordete. Non fixo nada en todo o ano. Como se convertiu en costume en Valladolid por eses anos, 'fichaxe estrela' que viña, fichaxe que fracasaba ou non rendia o nivel esperado: Valderrama, Higuita, Belodedici, Urban, Asanovic, Ciric, Cuauhtemoc, Kaviedes, etc...

O Deportivo pagou 800 millons de pesetas por Turu Flores a UD As Palmas, cando a UD o comprara por 500, parecia un gran negocio pero resulta que xunto con Turu no paquete ía un tal Manuel Pablo.

lunes, 9 de marzo de 2009

ESNAIDER


Hoxe vouvos falar dun xogador que seguro que non olvidastes. Xogou en cinco equipos españois, tres dos cales están en Primeira. Todo un temperamento, foi un gran goleador, aínda que as lesions fixeronlle bastante dano. Con todos vos Juan Eduardo Esnáider.

¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e deste seculo.

¿Por qué se lle recorda?: Por chegar o Madrid con 17 anos, por gañar co Zaragoza a Recopa de Europa (metendo un gol na final), por ser o dianteiro centro titular do último Atleti que xogou a Champions e polo seu forte carácter.

¿Qué foi del?: Esnáider retirouse no 2005 nas filas do Newell's Old Boys do seu país. Pero quizas o vexamos pronto de novo cerca dos terreos de xogo, porque acaba de sacarse o carné de entrenador. Haberá que ver cal é o seu clube de debut e, quén sabe, se chega pronto a Liga española... Ademáis é comentarista de Aragón Televisión para os partidos de Primeira.


¿Sabías qué...?: O seu apelido é unha deformación do apelido Schneider. A sua familia é procedente dunha minoría étnica de alemans que vivía na ribeira do río Volga, na actual Rusia.
- A sua saida do Atlético de Madrid foi algo accidentada. Nun partido de cuartos de final contra o Ajax de Amsterdam, Esnáider fallou un penalti no Calderón que lle podería haber dado o paso os roxiblancos (Esnáider xa marcara no Amsterdam Arena). Despois dese fallo e dunha terrorífica entrada sobre Witschge (o ex barcelonista e alavesista), foi sustituido polo recién nomeado seleccionador serbio, Radomir Antic. Esnáider enfrontouse co entrenador e ese xesto valeulle a saida do clube do Manzanares. A sua despedida do fútbol español tamén foi realmente desafortunada. Xogaba no Real Murcia (en 2004), que o recuperara no seu penúltimo retorno a Primeira. O certo é que Esnáider non estaba aportando moito o equipo, pero o peor foi cando, nunha rolda de prensa, chamou "imbécil" a unha periodista do diario La Verdad, Eva Franco, que por aquel enton cubría as informacions do equipo. Foron ante os tribunais e tras recoñecer os feitos, foi condeado a pagar 600 euros, 300 por unha falta de inxurias e outros 300 por danos morais, pois a periodista alegou que o suceso (que tivo lugar diante de máis testigos) lle causou unha crise de ansiedade.
- Na sua mellor época, a do Zaragoza, gañouse o sobrenome de Gardel, polo elegante ritmo o que xogaba.
- En 1998 fichouno a Juventus de Turín, para intentar suplir unha lesión de larga recuperación de Alessandro Del Piero.
- É hincha do Racing de Avellaneda, aínda que nunca xogou neste clube.
- Na sua segunda etapa no Zaragoza (tempada 2000-2001), Esnádier protagonizou outro triste incidente. O equipo maño xogabase o descenso ante o Celta, o final da tempada, e o temperamental xogador arxentino, o comezo do choque, deulle un terrible cobadazo a Cáceres e foi expulsado. Dixose que o fixo a propósito, doido porque pouco antes, o clube dixeralle que non contaban con él para o seguinte ano. Esnáider desmentiu que esa fora a razón.
- Esnáider dixo: "Son arxentino, pero futbolísticamente son máis español".
- Dise que na sua última etapa no Zaragoza apenas entrenaba.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Eduardo Esnáider naceu en Mar del Plata, Arxentina, o 5 de marzo de 1973. Debutou como profesional en 1990 con Ferrocarril Oeste. Ese mesmo ano fichouno o Real Madrid, que o mantivo un ano no Castilla. O ano seguinte xogou, pouco, no primeiro equipo. E chegou en 1993 o Zaragoza, onde pasou duas extraordinarias campañas. Despois dun novo paso polo Madrid, no que xogou máis pero non triunfou, fichou polo Atlético de Madrid, coa difícil papeleta de sustituir a Lubo Penev, despois de conseguir o equipo colchoeiro o doblete. No ano seguinte (1997) fichou polo Espanyol de Barcelona, onde xogou unha tempada boa e outra regular. Logo marchou a Juve, onde pasou tres tempadas con máis pena que gloria. No 2000 recuperouno o Zaragoza e consiguiu salvar o equipo do descenso. En 2001 fichou polo Oporto portugués, pero fracasou. Volveu o seu país para xogar en River Plate, pero tampouco cuallou. Despois dun paso polo Ajaccio francés, tamén infructuoso, volveu a España para xogar no Murcia. A sua última tempada, a 2004-2005, disputouna en Newell's Old Boys de Rosario. Coa selección arxentina xogou tres partidos pero non marcou ningún gol. No seu palmarés destacan duas Copas do Rei co Zaragoza e unha co Madrid, unha Supercopa de España cos merengues, un Torneo Clausura con River e, sobre todo, a Recopa de Europa co Zaragoza.

miércoles, 11 de febrero de 2009

DERTYCIA


O de hoxe é un futbolista olvidado, pero non tanto. E é que Óscar Alberto Dertycia é un deses futbolistas inolvidables.


¿Quén era?: Dertycia foi un dianteiro centro arxentino que chegou a Liga Española da man do Cádiz. A sua alopecia non pasou desapercibida ante a guasa gaditana e foi bautizado como 'Míster Proper' (o 'Don Limpio' de antaño). Xogou tamén no Tenerife e no Albacete.


¿Por qué se lle recorda?: Por suposto, polo seu singular aspecto e a sua simpatía. Pero a nivel futbolístico, por ser un dos compoñentes do Tenerife que, na última xornada da tempada 92/93, arrebatou o Real Madrid a sua segunda liga consecutiva no Heliodoro Rodríguez López. Dertycia meteu un dos goles.


¿Qué foi del?: Cando xa tiña unha lixeira pelusiña sobre a cabeza, na tempada 95/96, Dertycia volveu o seu país. Xogou tres tempadas en Talleres. Despois, outra no Instituto e outra máis no General Paz Juniors, todos eles equipos da sua cidade natal, Córdoba. En 2001 estivo enrolado no Temuco de Chile e ése mesmo ano, no Sport Coopsol de Perú. Segundo a web italiana Tutto Mercato, despois da sua aventura peruana, en 2003, regresou a Córdoba para xogar de novo no General Paz Juniors, que estaba na terceira división arxentina. Pronto lle encargaron a tarefa de ser adestrador-xogador e pouco despois colgou as botas para sempre para adicarse a ser técnico.


¿Sabías qué...?: A finais dos 80, como xogador da Fiorentina italiana, Dertycia sufriu unha grave lesión que lle provocou unha alopecia nerviosa. Ata ese momento, 'Míster Proper' lucía unha esplendorosa melena.


Biografía, palmarés, estatísticas: Naceu en Córdoba (de Arxentina) un tres de marzo de 1965, Dertycia chegou o lexendario Argentinos Juniors en 1985. Dous anos despois, marchou a Italia para fichar pola Fiorentina, onde coincidiu con Roberto Baggio. No 89 chega o Cádiz. En 21 partidos meteu 6 goles e so estivo un ano cos do Carranza. O ano seguinte cambiu Cádiz por Tenerife. Alí xogou tres temporadas, da 91/92 a 93/94. En 91 partidos meteu 27 goles. Foi a época na que media España se encariñou co xogador e cando o Día Después sacaba todas as semanas a progresión do renacemento capilar de Dertycia. Na 94/95 volveu a facer as maletas e fichou polo Albacete Balompé (que estaba en Primeira). Os seus números, seis goles en 26 partidos. Despois foi a Perú.




PD: En Córdoba, Arxentina, é coñecido co mote de "Cocayo", esta vivindo nun pequeno pobo das serras de Córdoba, chamado San Antonio de Arredondo, que se atopa a 45 kms da cidade capital. Ademais fundou unha ONG "Fundacion Córdoba Futbol". Espero que sexa do voso interés.
Non vos olvidedes un cántico que foi un buque insignia alá no estadio onde lle tocase xogar a Dertycia e era así co ritmo de guantanamera "cortate el pelo,Dertycia cortate el pelo,Dertycia cortate el peeelo,cortate el peeelo..." ou o tamén coñecido "Peinate a ralla,Dertycia peinate a ralla..."

Dertycia participou naquel famoso Cadiz 4 - Barsa 0 que propiciou a permanencia do Cadiz.

Dese Tenerife que lle cerrou a boca o Madrid, aparte de Dertycia aparecian xogadores como Julio Llorente, Antonio Mata, Sebastian Cruzado "Chano", Chemo del Solar...

En Tenerife segue habendo unha peña co seu nome que acude os domingos ó Heliodoro coa súa pancarta.

O arxentino dabao todo no campo e unha vez que se puxo a tono fisicamente era unha pesadilla para as defensas rivais. Contaxiaba a todos co seu carácter e tiña olfato de gol. No partido que falaba da goleada do Cadiz ao Barça de Cruyff, Dertycia meteu un gol salindo coa pelota de campo propio flechado como un obús ata a porteria de Zubi e deixando polo camiño no chan a Koeman, aquela tarde o Cádiz gañou 4-0. Dertycia fora vital para a permanencia ese ano en primeira. Un gran fichaxe da man de Irigoyen e un gran xogador como desmostrou despois en Tenerife.

Nesa tempada da permanencia do Cadiz tiña un gran equipo co propio Dertycia, Pepe Szendrei, Carmelo, Oliva, Juan José, Pepe Mejias, Quevedo, Kiko, Raúl Procopio....e no banquiño primeiro Veira e logo Ramón Blanco.
Fai alguns anos, cando o Tenerife xa militaba en segunda, Dertycia, volveu a aparecer en escea, viña flaco e en forma, e quixo entrar a formar parte do equipo, ofreceuse en varios medios e incluso creo que chegou a traballar co equipo, pero finalmente o corpo técnico decidiu que mellor non fichalo, unha pena en realidade, porque ía ser unha boa inxección de moral.

sábado, 3 de enero de 2009

BATISTUTA


O outro día, un de vos pediume que escribira sobre o protagonista de hoxe. De seguido aceptei porque se trata dun dos meus xogadores favoritos de sempre, un pedazo de dianteiro centro dos de primeira categoría. Hoxe traiovos a Gabriel Omar Batistuta.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que destacou dende finais dos 80 ata principios deste seculo.


¿Por que se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros máis potentes de Arxentina nos últimos anos, que de feito faino ser o xogador que máis goles meteu coa albiceleste (aí é nada), e por ser o santo e seña de equipos italianos como a Fiorentina ou a Roma.


¿Que foi del?: Retirouse fai pouco, en 2005, se ben levaba dende 2001 xogando na pouco competitiva liga qatarí. Agora vive en Australia. Aínda que ten o título de entrenador, aínda non se decidiu a dar o salto. Ten pequenos negocios no seu país e dedicase o golf e o polo.

Recentemente rumoreouse con que Batistuta podería ser seleccionador australiano e incluso que ía formar parte do equipo técnico liderado por Maradona para dirixir a Arxentina.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo máis coñecido é Batigol.
- A pesares de que so xogou un ano na Bombonera, declarase hincha de Boca Juniors, segundo revelou nunha entrevista o prestixioso diario Clarín.
- É o arxentino que máis goles meteu en Copas do Mundo da FIFA (10), incluido un hat trick a Grecia en 1994. De pequeno era alto e probou co baloncesto (logo quedouse, de adulto, cuns nada despreciables 185 centímetros).
- Foi outro dos grandes xogadores arxentinos que se enfrentou o seleccionador Daniel Passarella.
- Coñeceu a sua muller cando tiña 16 e ela 15 anos. Casaron cinco anos despois. Teñen catro fillos.
- Era un auténtico ídolo para as afeccions da Fiorentina e da Roma.
- Na Fiore e na selección sempre levou o 9. Cando chegou a Roma, ese dorsal estaba ocupado (por Montella) e decidiu levar o 18. O ano seguinte, levou o 20 (os goles que metera na campaña anterior) e na sua última etapa coa Roma, levou o 33 (a sua idade naquel enton).
- No seu primeiro ano na Roma gañou o Scudetto. Nun partido desa tempada fixolle un gol ó seu ex equipo (a Fiorentina) que non quixo celebrar.
- Na tempada 94/95, en Florencia, conseguiu marcar en 11 partidos consecutivos.
- É o oitavo máximo goleador da historia da Serie A italiana.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gabriel Omar Batistuta naceu en Reconquista, Arxentina, o 1 de febreiro de 1969. Empezou nas categorías inferiores do Newell's Old Boys de Rosario, onde xogou unha tempada a nivel profesional, de 1988 a 1989. No ano seguinte chegou a River Plate, onde xogou outro ano máis. No seguinte chegou a sua fichaxe por Boca Juniors. A sua boa tempada fixolle dar o salto a Italia, para fichar pola histórica Fiorentina. Alí reventou como crack, con nove anos a un altísimo nivel. No ano 2000 chegou a Roma, onde rematou de despuntar. No 2003, e tras un breve paso polo Inter de Milán, marchou a Qatar para xogar no Al-Arabi, onde permaneceu dous anos, nos que non xogou xa moito polas lesions. No seu palmarés destacan unha liga italiana coa Roma, duas Supercopas italianas (unha coa Fiore e outra coa Roma), unha Copa italiana coa Fiorentina e un campionato de Segunda División italiana, tamén co equipo viola. Coa selección gañou duas Copas de América e duas Copas Confederacions.

viernes, 5 de diciembre de 2008

PIZZI

Despois de Radchenko ven outro dianteiro, un dianteiro que naceu máis alá do Atlántico pero que vestiu a "Roja", na mesma época que Donato (outro que naceu máis alá do Atlántico). Este é un deses goleadores carismáticos que sempre tivo a Liga. É Juan Antonio Pizzi.

¿Quén era?: Un dianteiro hispano-arxentino da década dos 90.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos mellores goleadores da súa época, por ser o estilete dun Tenerife de ensoño e por dar un par de alegrías gordas ós aficionados do Barça.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol en 2002, nas filas do Vilarreal. Despois, estableceuse en Barcelona onde se enrolou no Real Club de Polo de Barcelona para xogar a ese elitista deporte. Máis recentemente, marchouse a Perú para probar como entrenador. Ata a tempada pasada era o técnico do Universidade de San Martín do país andino.

¿Sabías qué...?: Foi coñecido como O Lagarto e como Macanudo Pizzi.

- O segundo apodo púxollo o periodista deportivo Joaquim Maria Puyal. Foi no seu día máis glorioso como azulgrana. Nunha semifinal épica de Copa do Rei entre o Barça e o Atlético de Madrid en 1997, Pizzi marcou o último gol dun tolo 5-4 que supuxo a clasificación dos culés para a final. Nese partido, o Barcelona chegou a perder por 0-3.

- Esa Copa do Rey gañouna o Barcelona ó Betis na final. Pizzi fixo o 2-2 que levou o partido á prórroga. O Barça gañou 3-2.

- Foi bota de oro Europea co Tenerife en 1996.

- Chegou a xogar con España ante o seu país orixinal, Arxentina. Foi nun amistoso no que España gañou 2-1 no Calderón. El mesmo meteu o primeiro gol.

- O seu último partido coa selección foi contra Paraguai no Mundial do 98, de mal recordo para os seguidores da selección.

- A súa etapa no Valencia tivo máis sombras que luces.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Antonio Pizzi Torroja naceu o 7 de Xuño de 1968 en Santa Fé, Arxentina. Debutou con 20 años nas filas de Rosario Central, onde estivo ata o 90. Ese ano marchou a México para xogar no Toluca, pero só pasou un ano. Foi entón cando chegou a Liga española, para xogar no Tenerife. Pasou dous exitosos anos ata que na 93/94 fichou polo Valencia. O seu escaso éxito na ribeira do Turia fixoo volver ó Tenerife, onde volveu pasar dous anos. Foi no 96 cando fichou polo Barcelona. Alí pasou dous anos e despois retornou a Arxentina, onde xogou un Apertura e un Clausura con River Plate, e outros tantos de novo con Rosario Central. Volveu a Europa para xogar no Oporto un ano e retirouse no Vilarreal, que o fichou en 2001 para sustituir a un lesionado Martín Palermo. Coa Selección española xogou 22 partidos e meteu oito goles. Os seus títulos gañounos co Barça: Campeón de Liga en 1998, de Copa do Rei no 97 e no 98, da Supercopa de España no 96 e da Recopa no 97.