Mostrando entradas con la etiqueta roma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta roma. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de octubre de 2009

HASSLER


Volvemos o fútbol europeo dos 90, ese que nos gusta tanto os frikis do deporte da miña xeracion. Facemolo da man do que era, despois de Klinsmann, o meu xogador favorito de Alemaña, un dos membros dunha xeración de xogadores teutons que deixou moi alto o listón para os anos vindeiros e que aínda non foi igualada, por moito que Ballack, Klose ou Podolski se empeñaran. O protagonista de hoxe é o pequeno Thomas Hässler.


¿Quén era?: Un centrocampista alemán dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos puntais da Alemaña que se proclamou campiona do mundo en Italia 90, xunto a xogadores como Illgner, Matthäus ou Klinsmann.

¿Qué foi del?: Retirouse no Salzburgo austríaco en 2004, con 38 anos de idade. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Colonia, o equipo no que debutou como profesional. Fai pouco, ademáis, foi axudante de Berti Vogts cando éste era seleccionador de Nixeria.


¿Sabías qué...?: O seu apodo en Alemaña era Icke (que significa Ich -eu- en dialecto berlinés -Hässler naceu no Berlín Occidental- ).
- Gran parte da sua xeración foise a Italia a xogar, con máis ou menos éxito: Klinsmann, Matthäus ou Brehme son exemplos diso.
- Na sua etapa na Juventus (unha tempada), so meteu un gol.
- Cando regresou a Alemaña, rexeitou ofertas dos grandes equipos alemans e firmou polo Karlsruher, que pagou a Roma 7 millons de marcos, récord para o clube.

- Na sua última tempada no Karlsruher, o equipo descendeu. No seu contrato había unha cláusula que o deixaba libre se esto ocorría. Ocorreu e foise o Borussia de Dortmund.
- Era un extraordinario lanzador de faltas.
- A nivel de clubes, non gañou ningún título na sua carreira.
- Non era, dende logo, o prototipo de deportista alemán, xa que mide 1,66 metros.
- Foi elixido mellor xogador da Eurocopa do 92.
- Neste torneo meteu dous goles, un a Comunidade de Estados Independientes e outro a Suecia. Alemaña, como recordaredes, sucumbiu na final ante unha sorprendente Dinamarca.
- O seu primeiro gol como internacional meteuno no actual RheinEnergieStadion de Colonia, no que debutou como profesional.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Hässler naceu o 30 de maio de 1966 en Berlín Occidental, Alemaña. Debutou como profesional en 1984 no Colonia, onde xogou ata 1990, ano no que fichou pola Juventus de Turín. Na cidade alpina pasou so unha tempada e marchou a Roma, onde pasou tres anos. En 1994 retornou a Alemaña, o Karlsruher. Catro anos despois, tras o descenso do equipo de Baden-Württemberg, foise o Borussia de Dortmund. So pasou unha tempada no Westfalen Stadion, trala que viaxou a Baviera para fichar polo 1860 Munich. Tras outros catro anos, pasou a sua última tempada no Salzburgo austríaco. Na selección xogou 101 partidos e meteu 11 goles. No seu palmarés destacan o Mundial do 90 e a Eurocopa do 96.

lunes, 20 de abril de 2009

CANIGGIA


Case sempre que alguen nomea o fútbol arxentino, sae un nome, o de Maradona. Foi o protagonista dunha época moi importante para unha das mellores seleccions do mundo. Hoxe vouvos falar dun enorme dianteiro que é un, ademáis, un dos mellores amigos do 10 e que é todo un tipo: Claudio Caniggia.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 80, 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro titular da Arxentina dos Mundiais do 90 e do 94, e por un gol que lle meteu a Brasil no primeiro.


¿Qué foi del?: Caniggia anunciou a sua retirada do fútbol en 2004, tras a sua experiencia en Qatar. Pero pouco despois, fixo pública a sua intención de ir coa albiceleste o Mundial de 2006, sí, o último. Non foi convocado por Pekerman, claro. Vive en Escocia.


¿Sabías qué...?: Chamabanlle "El Pájaro", "El Hijo del Viento" e incluso "Axl" (por Axl Rose, o cantante de Guns'n'Roses).
- Deu positivo por cocaína cando xogaba na Roma.

- A amizade de Caniggia e Maradona é moi intensa. Incluso chegaron a celebrar un gol cun bico na boca. A muller de Caniggia, Mariana Nannis, dixo: "As veces penso que Diego está namorado do meu marido. Debe ser polo seu pelo longo e os seus músculos".
- Non acudiu o Mundial de Francia 98 por culpa do seleccionador, Daniel Passarella. O outrora capitán da albiceleste obrigaba a todos os seus xogadores a levar o pelo curto. Caniggia negouse e quedou sen Copa do Mundo.
- Catro anos despois, na Copa do Mundo de Corea e Xapón, Marcelo Bielsa sí o convocou. Pero non chegou a xogar ningún partido. Aínda así, recibiu un cartón vermello estando no banquiño no partido contra Suecia.
- O seu segundo nome é Paul, aínda que existe unha lenda que di que en realidade é Raúl, pero que o cambiou.


Biografía, palmarés, estatísticas: Claudio Paul Caniggia naceu en Henderson, Arxentina, o 9 de xaneiro de 1967. Debutou coa camiseta de River Plate en 1985, onde estivo ata 1988. Nese ano comezou a sua aventura italiana, que o levou o Verona, o Atalanta e a Roma. En 1994 fichou polo Benfica de Lisboa, con 27 anos e o ano seguinte volveu a Arxentina, as filas de Boca Juniors. Tres anos despois, volveu facer as maletas e volveu o Atalanta. En 2000 emprendeu unha aventura en Escocia, con 33 anos que o levou o Dundee e o Glasgow Rangers. As suas últimas patadas o balón deullas no Qatar Sports Club, de onde se levou un bo puñado de petrodólares. Coa albiceleste xogou 50 partidos e meteu 16 goles. Os seus títulos, duas Copas de América con Arxentina (91 e 93) e unha Copa Confederacions no 92.

sábado, 3 de enero de 2009

BATISTUTA


O outro día, un de vos pediume que escribira sobre o protagonista de hoxe. De seguido aceptei porque se trata dun dos meus xogadores favoritos de sempre, un pedazo de dianteiro centro dos de primeira categoría. Hoxe traiovos a Gabriel Omar Batistuta.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino que destacou dende finais dos 80 ata principios deste seculo.


¿Por que se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros máis potentes de Arxentina nos últimos anos, que de feito faino ser o xogador que máis goles meteu coa albiceleste (aí é nada), e por ser o santo e seña de equipos italianos como a Fiorentina ou a Roma.


¿Que foi del?: Retirouse fai pouco, en 2005, se ben levaba dende 2001 xogando na pouco competitiva liga qatarí. Agora vive en Australia. Aínda que ten o título de entrenador, aínda non se decidiu a dar o salto. Ten pequenos negocios no seu país e dedicase o golf e o polo.

Recentemente rumoreouse con que Batistuta podería ser seleccionador australiano e incluso que ía formar parte do equipo técnico liderado por Maradona para dirixir a Arxentina.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo máis coñecido é Batigol.
- A pesares de que so xogou un ano na Bombonera, declarase hincha de Boca Juniors, segundo revelou nunha entrevista o prestixioso diario Clarín.
- É o arxentino que máis goles meteu en Copas do Mundo da FIFA (10), incluido un hat trick a Grecia en 1994. De pequeno era alto e probou co baloncesto (logo quedouse, de adulto, cuns nada despreciables 185 centímetros).
- Foi outro dos grandes xogadores arxentinos que se enfrentou o seleccionador Daniel Passarella.
- Coñeceu a sua muller cando tiña 16 e ela 15 anos. Casaron cinco anos despois. Teñen catro fillos.
- Era un auténtico ídolo para as afeccions da Fiorentina e da Roma.
- Na Fiore e na selección sempre levou o 9. Cando chegou a Roma, ese dorsal estaba ocupado (por Montella) e decidiu levar o 18. O ano seguinte, levou o 20 (os goles que metera na campaña anterior) e na sua última etapa coa Roma, levou o 33 (a sua idade naquel enton).
- No seu primeiro ano na Roma gañou o Scudetto. Nun partido desa tempada fixolle un gol ó seu ex equipo (a Fiorentina) que non quixo celebrar.
- Na tempada 94/95, en Florencia, conseguiu marcar en 11 partidos consecutivos.
- É o oitavo máximo goleador da historia da Serie A italiana.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gabriel Omar Batistuta naceu en Reconquista, Arxentina, o 1 de febreiro de 1969. Empezou nas categorías inferiores do Newell's Old Boys de Rosario, onde xogou unha tempada a nivel profesional, de 1988 a 1989. No ano seguinte chegou a River Plate, onde xogou outro ano máis. No seguinte chegou a sua fichaxe por Boca Juniors. A sua boa tempada fixolle dar o salto a Italia, para fichar pola histórica Fiorentina. Alí reventou como crack, con nove anos a un altísimo nivel. No ano 2000 chegou a Roma, onde rematou de despuntar. No 2003, e tras un breve paso polo Inter de Milán, marchou a Qatar para xogar no Al-Arabi, onde permaneceu dous anos, nos que non xogou xa moito polas lesions. No seu palmarés destacan unha liga italiana coa Roma, duas Supercopas italianas (unha coa Fiore e outra coa Roma), unha Copa italiana coa Fiorentina e un campionato de Segunda División italiana, tamén co equipo viola. Coa selección gañou duas Copas de América e duas Copas Confederacions.