Mostrando entradas con la etiqueta atletico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta atletico. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2009

PENEV


Por fin. Eso diredes alguns cando vexades o título do post. Pois si. Este é un dos personaxes que foron solicitados con máis ahínco dende que se puxera en marcha este blog. É un histórico da Liga española e un dos máis prolíficos dianteiros que vimos. Unha mestura de superación e forte carácter que é difícil de olvidar. Con vos, Luboslav Penev.


¿Quén era?: Un dianteiro búlgaro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser dianteiro centro do Valencia, Atlético de Madrid, Celta e Compostela en boas épocas destes equipos, sobre todo na do equipo roxibranco, co que conseguiu o famoso 'Dobrete' de 1996.


¿Qué foi del?: Puiden saber que na actualidade, Lubo Penev ten un cargo na Federación Búlgara, na que desempeña tarefas de director deportivo.


¿Sabías qué...?: En 1994 diagnosticouselle un cancro testicular que lle impediu participar na Copa do Mundo dese ano, en Estados Unidos, na que a sua selección conseguiu un histórico cuarto posto.
- O ano seguinte foi cando fichou polo Atletico e conseguiu o Dobrete.
- Outros dous ex xogadores do Atlético venceron batallas contra o cancro: Os porteiros José Francisco Molina e Xermán Burgos.
- Cando regresou a Bulgaria, tras 11 anos en España, foi presidente do CSKA de Sofía. Seu tío, Dimitar Penev, foi futbolista, entrenador do CSKA e seleccionador búlgaro nos 90.
- En febreiro de 1996, o nome de Lubo Penev apareceu nas portadas de moitos periódicos cando, tras un partido de Copa entre o Valencia (seu ex equipo) e o Atlético de Madrid, se liou a puñetazos co enton presidente che, Francisco Roig. As relacions entre ambos eran malas xa que segundo o búlgaro, Roig quixo rescindirlle o contrato a Penev cando se soubo a sua enfermidade. O caso é que ese día, no que Penev non xogou, ambos se cruzaron en Mestalla e tras un cruce de insultos liaronse a tortas, quedando peor parado o dirixente valencianista. Ambos querellaronse.
- A peña valencianista Lubos Gol Gran cambiou de nome tras ese incidente, pasándose a chamar simplemente Gol Gran.
- Penev fala perfectamente o castellano, apenas con acento.
- Formou unha extraordinaria parella de ataque con Kiko Narváez. Na 95/96 meteu 22 goles entre Liga e Copa do Rey.
- En 1988 foi nomeado mellor xogador búlgaro do ano e con esa vitola chegou o Valencia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Luboslav Mladenov Penev naceu en Sofia, Bulgaria, o 31 de agosto de 1964. Comezou a sua carreira no CSKA de Sofia en 1984 e alí permaneceu ata 1989, ano no que desembarcou no Valencia CF. Tras seis tempadas na cidade do Turia e superar unha grave enfermidade, Penev fichou polo Atlético de Madrid. A pesares do grande éxito no Calderón, o ano seguinte marchou o Compostela, onde estivo duas tempadas. En 1998 foise o Celta, onde fixo unha moi boa tempada. No 2000 regresou a Bulgaria, para retirarse no Lokomotiv Plovdiv. No seu palmarés destacan tres Copas búlgaras, duas ligas do seu país e o xa mencionado Dobrete co Atlético. Coa selección xogou 62 partidos e meteu 13 goles.


PD: Dimitar Penev foi precisamente o seleccionador daquela Bulgaria do 94 na que xogaban Stoitchkov, Balakov, Letchkov, Kiriakov e o ex do Deportivo Emil Kostadinov, que fixo un Mundial espectacular e logo se estrelou en España.

domingo, 12 de abril de 2009

FUTRE


Iste é deses futbolistas que non fan honor o título de blog. Quero dicir que non está olvidado. O menos, non para os hinchas do Atlético de Madrid. É máis, diría que para eles é inolvidable. O de hoxe é un futbolista especial, é para min o símbolo do Atletico de Madrid. É Paulo Futre.


¿Quén era?: Un futbolista portugués dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela da selección portuguesa durante os 80, por ser a auténtica estrela do Atlético de Madrid do inicio da era Gil e por ser campión de Europa co Oporto en 1987.

¿Qué foi del?: Retirouse en Xapón en 1999. Despois diso, foi director deportivo do Atlético entre 2000 e 2003. Tras deixar o cargo, adicase a negocios inmobiliarios no seu Portugal natal.


¿Sabías qué...?: Era o neno mimado de Jesús Gil. Foi o primeiro gran fichaxe do controvertido mandatario roxiblanco (trouxoo cando era unha das estrelas do Oporto campión de Europa).
- Era, na sua época de xogador, un fumador empedernido.
- Ademáis de pola sua velocidade, a Futre recordaselle por ser bastante 'piscinero' na sua época.
- Ten dous fillos, Paulo, de 18 anos, e Fabio, de 17. O primeiro toca nun grupo de rock madrileño chamado "fr1day" e o pequeno xoga nas categorías inferiores do Atletico e xa debutou coa selección portuguesa sub 17.Ten un sobriño chamado Artur Futre, que xogou na primeira división de Portugal no CD Aves, actualmente da segunda división lusa.
- A sua carreira viuse lastrada polas lesions de rodilla.
- Xogou o Mundial de México 86.
- En 1997, con 31 anos, regresou o Atlético de Madrid tras unhas fallidas experiencias no extranxeiro. Fíxoo como revulsivo do clube, pero apenas xogou 10 partidos nesa tempada.
- Un dos mellores partidos que xogou como roxiblanco foi a final de Copa do Rei de 1992, no Santiago Bernabéu, que enfrontaba o Atlético co Real Madrid. Os colchoeiros venceron por 2-0, cun golazo de Futre e outro do que ata fai uns meses era o técnico merengue, Bernd Schuster.
- É producto da inagotable canteira do Sporting de Portugal (que é como se chama realmente o equipo coñecido por todo o mundo como Sporting de Lisboa), coñecida como a Academia de Alcochete, que deu o fútbol xoias como Figo, Cristiano Ronaldo, Quaresma, Simao, Nani ou máis recentemente, Joao Moutinho e Miguel Veloso.

Biografía, palmarés, estatísticas: Paulo Jorge dos Santos Futre naceu o 28 de febreiro de 1966 en Montijo, Portugal. Debutou como profesional en 1983 nas filas do Sporting. O ano seguinte fichabao o Oporto. Cos Dragoes xogou tres anos. En 1987 veu a España para xogar no Atlético de Madrid, onde estivo ata 1993. Ese ano retornou a Portugal para xogar brevemente co Benfica e meses despois emigrou a Francia, onde fichou polo Olympique de Marsella. Aí empeza un peregrinar por toda Europa que o leva, aínda en 1993 a Reggina italiana, en 1995 o Milan (onde non xogou moito), en 1996 o West Ham londinense, en 1997 de novo o Atleti e finalmente, en 1998 o Yokohama Flugels xaponés, onde se retirou. No seu palmarés destaca a Copa de Europa do 87 co Oporto, duas Ligas portuguesas, unha Copa de Portugal, duas Supercopas lusas, duas Copas do Rei e unha Liga italiana co Milan. Coa selección xogou 41 partidos e meteu 6 goles.
PD: O Bernabeu non se lle daba mal. Recordase que o primeiro ou segundo ano de estar no Atletico de Madrid, o Atletico gañou o derbi na casa do Real Madrid por 0-4 ou 1-4, e este tipo saliuse. Tamén se sabía que habia partidos sobre todo os europeos, en que despois de xogar era tal a tension que tiña, que non pegaba ollo ata as 4 da maña. Fumando como un carreteiro. Vivía entre Pozuelo e Majadahonda, en Monte Alina.

lunes, 9 de marzo de 2009

ESNAIDER


Hoxe vouvos falar dun xogador que seguro que non olvidastes. Xogou en cinco equipos españois, tres dos cales están en Primeira. Todo un temperamento, foi un gran goleador, aínda que as lesions fixeronlle bastante dano. Con todos vos Juan Eduardo Esnáider.

¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e deste seculo.

¿Por qué se lle recorda?: Por chegar o Madrid con 17 anos, por gañar co Zaragoza a Recopa de Europa (metendo un gol na final), por ser o dianteiro centro titular do último Atleti que xogou a Champions e polo seu forte carácter.

¿Qué foi del?: Esnáider retirouse no 2005 nas filas do Newell's Old Boys do seu país. Pero quizas o vexamos pronto de novo cerca dos terreos de xogo, porque acaba de sacarse o carné de entrenador. Haberá que ver cal é o seu clube de debut e, quén sabe, se chega pronto a Liga española... Ademáis é comentarista de Aragón Televisión para os partidos de Primeira.


¿Sabías qué...?: O seu apelido é unha deformación do apelido Schneider. A sua familia é procedente dunha minoría étnica de alemans que vivía na ribeira do río Volga, na actual Rusia.
- A sua saida do Atlético de Madrid foi algo accidentada. Nun partido de cuartos de final contra o Ajax de Amsterdam, Esnáider fallou un penalti no Calderón que lle podería haber dado o paso os roxiblancos (Esnáider xa marcara no Amsterdam Arena). Despois dese fallo e dunha terrorífica entrada sobre Witschge (o ex barcelonista e alavesista), foi sustituido polo recién nomeado seleccionador serbio, Radomir Antic. Esnáider enfrontouse co entrenador e ese xesto valeulle a saida do clube do Manzanares. A sua despedida do fútbol español tamén foi realmente desafortunada. Xogaba no Real Murcia (en 2004), que o recuperara no seu penúltimo retorno a Primeira. O certo é que Esnáider non estaba aportando moito o equipo, pero o peor foi cando, nunha rolda de prensa, chamou "imbécil" a unha periodista do diario La Verdad, Eva Franco, que por aquel enton cubría as informacions do equipo. Foron ante os tribunais e tras recoñecer os feitos, foi condeado a pagar 600 euros, 300 por unha falta de inxurias e outros 300 por danos morais, pois a periodista alegou que o suceso (que tivo lugar diante de máis testigos) lle causou unha crise de ansiedade.
- Na sua mellor época, a do Zaragoza, gañouse o sobrenome de Gardel, polo elegante ritmo o que xogaba.
- En 1998 fichouno a Juventus de Turín, para intentar suplir unha lesión de larga recuperación de Alessandro Del Piero.
- É hincha do Racing de Avellaneda, aínda que nunca xogou neste clube.
- Na sua segunda etapa no Zaragoza (tempada 2000-2001), Esnádier protagonizou outro triste incidente. O equipo maño xogabase o descenso ante o Celta, o final da tempada, e o temperamental xogador arxentino, o comezo do choque, deulle un terrible cobadazo a Cáceres e foi expulsado. Dixose que o fixo a propósito, doido porque pouco antes, o clube dixeralle que non contaban con él para o seguinte ano. Esnáider desmentiu que esa fora a razón.
- Esnáider dixo: "Son arxentino, pero futbolísticamente son máis español".
- Dise que na sua última etapa no Zaragoza apenas entrenaba.

Biografía, palmarés, estatísticas: Juan Eduardo Esnáider naceu en Mar del Plata, Arxentina, o 5 de marzo de 1973. Debutou como profesional en 1990 con Ferrocarril Oeste. Ese mesmo ano fichouno o Real Madrid, que o mantivo un ano no Castilla. O ano seguinte xogou, pouco, no primeiro equipo. E chegou en 1993 o Zaragoza, onde pasou duas extraordinarias campañas. Despois dun novo paso polo Madrid, no que xogou máis pero non triunfou, fichou polo Atlético de Madrid, coa difícil papeleta de sustituir a Lubo Penev, despois de conseguir o equipo colchoeiro o doblete. No ano seguinte (1997) fichou polo Espanyol de Barcelona, onde xogou unha tempada boa e outra regular. Logo marchou a Juve, onde pasou tres tempadas con máis pena que gloria. No 2000 recuperouno o Zaragoza e consiguiu salvar o equipo do descenso. En 2001 fichou polo Oporto portugués, pero fracasou. Volveu o seu país para xogar en River Plate, pero tampouco cuallou. Despois dun paso polo Ajaccio francés, tamén infructuoso, volveu a España para xogar no Murcia. A sua última tempada, a 2004-2005, disputouna en Newell's Old Boys de Rosario. Coa selección arxentina xogou tres partidos pero non marcou ningún gol. No seu palmarés destacan duas Copas do Rei co Zaragoza e unha co Madrid, unha Supercopa de España cos merengues, un Torneo Clausura con River e, sobre todo, a Recopa de Europa co Zaragoza.