Mostrando entradas con la etiqueta compostela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta compostela. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2009

PENEV


Por fin. Eso diredes alguns cando vexades o título do post. Pois si. Este é un dos personaxes que foron solicitados con máis ahínco dende que se puxera en marcha este blog. É un histórico da Liga española e un dos máis prolíficos dianteiros que vimos. Unha mestura de superación e forte carácter que é difícil de olvidar. Con vos, Luboslav Penev.


¿Quén era?: Un dianteiro búlgaro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser dianteiro centro do Valencia, Atlético de Madrid, Celta e Compostela en boas épocas destes equipos, sobre todo na do equipo roxibranco, co que conseguiu o famoso 'Dobrete' de 1996.


¿Qué foi del?: Puiden saber que na actualidade, Lubo Penev ten un cargo na Federación Búlgara, na que desempeña tarefas de director deportivo.


¿Sabías qué...?: En 1994 diagnosticouselle un cancro testicular que lle impediu participar na Copa do Mundo dese ano, en Estados Unidos, na que a sua selección conseguiu un histórico cuarto posto.
- O ano seguinte foi cando fichou polo Atletico e conseguiu o Dobrete.
- Outros dous ex xogadores do Atlético venceron batallas contra o cancro: Os porteiros José Francisco Molina e Xermán Burgos.
- Cando regresou a Bulgaria, tras 11 anos en España, foi presidente do CSKA de Sofía. Seu tío, Dimitar Penev, foi futbolista, entrenador do CSKA e seleccionador búlgaro nos 90.
- En febreiro de 1996, o nome de Lubo Penev apareceu nas portadas de moitos periódicos cando, tras un partido de Copa entre o Valencia (seu ex equipo) e o Atlético de Madrid, se liou a puñetazos co enton presidente che, Francisco Roig. As relacions entre ambos eran malas xa que segundo o búlgaro, Roig quixo rescindirlle o contrato a Penev cando se soubo a sua enfermidade. O caso é que ese día, no que Penev non xogou, ambos se cruzaron en Mestalla e tras un cruce de insultos liaronse a tortas, quedando peor parado o dirixente valencianista. Ambos querellaronse.
- A peña valencianista Lubos Gol Gran cambiou de nome tras ese incidente, pasándose a chamar simplemente Gol Gran.
- Penev fala perfectamente o castellano, apenas con acento.
- Formou unha extraordinaria parella de ataque con Kiko Narváez. Na 95/96 meteu 22 goles entre Liga e Copa do Rey.
- En 1988 foi nomeado mellor xogador búlgaro do ano e con esa vitola chegou o Valencia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Luboslav Mladenov Penev naceu en Sofia, Bulgaria, o 31 de agosto de 1964. Comezou a sua carreira no CSKA de Sofia en 1984 e alí permaneceu ata 1989, ano no que desembarcou no Valencia CF. Tras seis tempadas na cidade do Turia e superar unha grave enfermidade, Penev fichou polo Atlético de Madrid. A pesares do grande éxito no Calderón, o ano seguinte marchou o Compostela, onde estivo duas tempadas. En 1998 foise o Celta, onde fixo unha moi boa tempada. No 2000 regresou a Bulgaria, para retirarse no Lokomotiv Plovdiv. No seu palmarés destacan tres Copas búlgaras, duas ligas do seu país e o xa mencionado Dobrete co Atlético. Coa selección xogou 62 partidos e meteu 13 goles.


PD: Dimitar Penev foi precisamente o seleccionador daquela Bulgaria do 94 na que xogaban Stoitchkov, Balakov, Letchkov, Kiriakov e o ex do Deportivo Emil Kostadinov, que fixo un Mundial espectacular e logo se estrelou en España.

viernes, 3 de abril de 2009

GUDELJ


Continuamos nos grandes anos da Liga española, a época dos cromos dos da miña xeración, a época na que non había tantos millons para fichar e na que os clubes tiñan que ter moito ollo no mercado, que as veces daba uns pufos terribles, pero que tamén ofrecía xogadores que se facían cun nome. O protagonista de hoxe é un destes últimos. Veu dos Balcans e convertiuse en todo un ídolo e un símbolo para os siareiros (entre os que me inclúo) do Celta de Vigo. Fálovos de Vladimir Gudelj.


¿Quén era?: Un dianteiro centro bosnio dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante case unha década o goleador e unha das estrelas do Celta de Vigo, onde firmou algunhas das mellores tempadas do clube celeste.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2002 nas filas do Hajduk Split croata. Tras esa experiencia, regresou a Vigo e actualmente é o responsable de Relacions Externas do Celta.

¿Sabías qué...?: Foi pichichi de Segunda na sua chegada o Celta e clave para o ascenso do equipo vigués.
- É o segundo máximo goleador da historia do Celta.
- O Logroñés tivo a principios dos 90 a outro xogador bosnio que se apelidaba Gudelj.
- Nunha recente entrevista, dicía que "No vestiario do Celta é onde máis aprendeu da vida, parecía a ONU". Nunca xogou nin na selección iugoslava nin na bosnia.
- Gudelj xogou noutro equipo galego, o Compostela, entre 1999 e 2001.
- En Vigo recordan con cariño partidos como aquel no que Gudelj lle meteu tres goles o Madrid da primeira época de Capello, ou un contra o Mérida que supoñía o pase do Celta a UEFA por primeira vez na sua historia e no que Gudelj, tras marcar o 2-0, luciu unha camiseta co lema "Gracias afición".
- Era un extraordinario lanzador de penalties.
- Nunca deu escándalos de ningunha clase e recordase polo seu carácter tímido e reservado.
- Ten unha peña celtista co seu nome.

Biografía, palmarés, estatísticas: Vladimir Gudelj naceu en Mostar, hoxe Bosnia, enton Iugoslavia, o 27 de novembro de 1966. Comezou a sua carreira no equipo da sua cidade, o Velez Mostar, a cuxo primeiro equipo chegou en 1985 con 19 anos. Despois duns extraordinarios números na liga iugoslava, chegou en 1991 a España para xogar no Celta con 24 anos, onde pasou oito anos nos que meteu 68 goles. En 1999, con 33 anos, ficha polo Compostela, onde volve a deixar mostras do seu olfato goleador, pois en duas tempadas fixo a nada despreciable cifra de 17 goles. En 2001 fichou polo Hajduk Split croata xa con 35 anos, equipo no que se retirou en 2003 ós 37 anos.


P.D: Por primeira vez en todos os post que leva este blog voume tomar a licencia de facer un comentario persoal xa que creo que xogadores como este xa no hai, humilde, loitador e comprometido. Grazas por todo o que me fixeches desfrutar.


Falei mais arriba dun xogador do Logroñés que se apelidaba tamén Gudelj, ese xogador era Nebojsa Gudelj e é primo de Vlado, pero este non chegou a triunfar na liga española.


Nunca olvidarei a recepción no concello por aquela histórica clasificación para a UEFA (A clasificación acadouse na temporada 97/98, tras a victoria en Balaidos contra o Mérida, con gol de Gudelj, daquela o campión de Liga acudía a Copa de Europa, o campión de Copa ía á Recopa de Europa e para ir a Copa da UEFA tiñas que clasificarte entre 2 e 5), na que Vlado arrancou a cantar "A Rianxeira"... en galego!!



Saludos!! Gran Blog!!