Mostrando entradas con la etiqueta deportivo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deportivo. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de septiembre de 2009

LIAÑO


Seguimos co Superdepor e facemolo da man dun dos seus pilares, nada menos que o porteiro. Un caso curioso, ademáis, porque habendo demostrado como o fixo as suas cualidades, non deu o salto a un equipo máis grande (quizáis porque o Depor da sua época xa o era) nin tampouco tivo renome internacional. En calquera caso, é un histórico do noso campionato e merece con creces estar aquí. É Paco Liaño.


¿Quén era?: Un porteiro español dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro do xa lexendario Superdepor que maravillou a toda España na primeira metade dos 90, así como de ser o porteiro que gañou o Trofeo Zamora con mellor promedio de goles encaixados, na tempada 93-94, con so 18 goles encaixados en 38 partidos (unha media de 0,47 goles por encontro).

¿Qué foi del?: Retirouse no 1998, nas filas do Sporting de Xixón. Despois desa experiencia, agora é entrenador de porteiros no seu Santander natal, na escola de Goyo Zamoruca, ademáis de ser comentarista colaborador con alguns medios de comunicación, como Telecinco.

¿Sabías qué...?: Quedou as portas de ser campión de Liga. Era o porteiro do Deportivo coa famosa Liga do penalti de Djukic.
- Dous anos despois da sua retirada, o Depor conseguiu por fin o título de Liga. O porteiro era o camerunés Jacques Songo'o.
- Logrou dous Zamoras consecutivos.
- Cando fichou polo Depor, en 1991, o equipo coruñés estaba recén ascendido a Primeira e el acababa de proclamarse Zamora de Segunda co Sestao.
- Xogou en equipos das catro comunidades españolas bañadas polo Cantábrico.
- Estivo moi cerca de fichar polo Real Murcia ese veran.
- Sobre o penalti de Djukic dixo: "Recordo que non o quería ver. O final fixeno e leveime a mesma decepción que todos". Preguntado pola famosa polémica sobre se ese día, Bebeto non quixo tirar a pena máxima, dixo: "Que ninguen diga que Bebeto se raxou, porque o encargado de lanzalos era Donato, que nese momento non estaba no campo. Bebeto empezou tirando os penaltis pero fallou catro dos cinco penaltis que lanzou e deixou de tiralos. Curiosamente o mesmo Donato había fallado duas xornadas antes un penalti en Pamplona que tamén nos daría a Liga. Ninguen pode botarlle a culpa a Djukic de nada daquelo".
- Foi seguidor de Zubizarreta.
- Como vos dicía na introducción, Paco Liaño non chegou nunca a ser internacional. Pero el considera que "merecín ir o mundial de Estados Unidos (1994). Ese foi o ano no que gañei o Zamora do récord e case a Liga e doeume un pouco". (foron Zubizarreta, por suposto, Cañizares e ... Lopetegui)
- Na tempada do seu lexendario Zamora, xogou todos os minutos do campionato e non recibiu ningun cartón.
- Segundo comentan no blog "Yo jugué en el Sporting", Liaño sufriu unha polidiscopatía cervical que o obligou a retirarse.
- Na mesma entrada adicada a Liaño, contase que no seu primeiro ano estivo a sombra do mítico Juan Carlos Ablanedo. Unha das poucas ocasions que tivo de xogar foi a segunda parte dun Zaragoza-Sporting. No descanso o marcador era de 3-0 a favor dos maños e o míster asturiano, Benito Floro, dixolle a Ablanedo: "Comechete os tres goles. Decidelle a Liaño que quente". O resultado final foi 5-0.

Biografía, palmarés, estatísticas: Francisco Liaño Fernández naceu en Santander o 16 de novembro de 1964. Comezou a sua carreira deportiva no Racing de Santander en 1984. Na sua terra permaneceu ata 1990, que foi cando emigrou a un histórico como o Sestao. Tras unha espectacular tempada na que acabou como Zamora de Segunda, fichou polo Deportivo da Coruña, o equipo que o encumbrou. Tras cinco anos de éxitos, en 1996 fichou polo Sporting de Xixón, onde tras duas tempadas retirouse. No seu palmarés destacan os dous Zamoras de Primeira e un de Segunda, a Copa do Rei do 95 e a Supercopa dese mesmo ano.


PD: Na tempada do récord (18 goles en 38 partidos) hai que ter en conta que nun partido recibiu 3, Barcelona 3-0 Deportivo, entón a marca pódese cosiderar como 15 goles en 37 partidos. Aí é nada!.

lunes, 24 de agosto de 2009

MAURO SILVA


Estamos falando dun dos mellores brasileiros que xogaron na nosa liga, todo un exemplo de profesionalidade, traballo e bo facer. É unha das estrelas principais do Deportivo da Coruña que maravillou a España nos 90 (o SuperDepor) e por riba, pertencente a unha xeneración de xogadores brasileiros que culminaron a sua carreira coa consecución do Mundial 94. Bueno, non me alargo máis. Hoxe toca falar de Mauro Silva.


¿Quén era?: Un mediocampista brasileiro dos 90 e principios desta década.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos pilares do SuperDepor, un dos máis queridos pola afección e por ser campión do mundo en 1994 con Brasil.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2005, nas filas do Depor. Estudiou un máster de formación executiva e creou unha empresa, con sede en Sao Paulo (onde vive agora), que se chama Mauro Silva Sports&Business Plan. Toca o campo da construcción e a través dela, Silva asesora a promotores, especialmente galegos, para que invirtan en Brasil. Ademáis, Silva é broker na Bolsa brasileira.

¿Sabías qué...?: Pasou 13 anos na Coruña. O seu fillo maior naceu na cidade galega.
- Retirouse con outro histórico do Depor, o eterno capitán Fran. Foron homenaxeados no mesmo partido. Chegou a Galicia con Bebeto.
- Levou sempre o dorsal 6.
- Se Bebeto representaba o futbolista brasileiro caprichoso pero máxico e fantasioso, Mauro representaba o brasileiro serio, traballador e comprometido. Naquela época, oíase ese chiste tan malo de "Bebeto canta e Mauro... Silva".
- A sua capacidade goleadora non era, dende logo, a sua especialidade (tampouco o seu cometido). En 369 partidos en Primeira, so meteu un gol. Na seleçao non chegou a estrearse (xogou 59 partidos).
- Na Coruña comercializanse camisetas co lema "Eu vin o gol de Mauro Silva", considerándoo como algo histórico. Ese gol meteuno o brasileiro en 1994, ante o Valencia.
- Actualmente, comparase o mediocampista do Vilarreal Marcos Senna con Silva.
- Recorda con especial cariño o 4-0 que o Depor lle meteu o Milan nun partido de Liga de Campions.
- Gañou co Depor tantos títulos como marcaba o seu dorsal.

Biografía, palmarés, estatísticas: Mauro da Silva Gomes naceu o 12 de xaneiro de 1968 en Sao Bernardo do Campo, Brasil. Comezou a xogar no Guaraní FC, entre 1988 e 1990. Ata 1992 xogou no Bragantino. Dende o 92 e ata a sua retirada, en 2005, xogou no Depor. No seu palmarés a nivel de clube destaca unha Liga, duas Copas do Rei e tres Supercopas de España. Coa canarinha logrou o Mundial do 94 e a Copa América do 97.

PD: É considerado xunto a Guardiola, Redondo, Laudrup e Xavi como un dos 5 mellores centrocampistas da historía da Liga.

Ó pouco tempo de chegar á Coruña, dous ou tres anos despois, a Lazio puxo sobre a mesa de Lendoiro a clausula de rescisión. Uns mil millons de pesetas daquela (ano 93-94). Mauro non quixo irse.

É curioso comprobar como o fútbol brasileiro acostuma a dar dous tipos de xogadores de características complementamente diferentes. Por un lado, tipos ofensivos, eléctricos, rápidos, repletos de calidade, desordeados, anárquicos e con certa tendencia a dispersión fora do campo -vexase Ronaldinho, Ronaldo, Romario, Robinho...- e por outro, xogadores marciais, pesados, con personalidade e dominio táctico, e discretos como personaxes públicos -vexase Mauro Silva, Mazinho, Dunga, Emerson, Kaká...

domingo, 5 de julio de 2009

DONATO


O futbolista que vos traio hoxe é un dos máis entrañables xogadores que pasaron pola liga española. Un deses que se fan querer polas afeccions, polos compañeiros e polos contrincantes polas suas boas formas. Sempre cunha sorrisa na cara, hoxe traiovos a Donato Gama Da Silva.


¿Quén era?: Un futbolista hispano-brasileiro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua lonxevidade como futbolista, pois retirouse os 41 anos, polo seu bo humor e, sobre todo, por aquel famosísimo anuncio do libro de autoaxuda Forza para vivir.


¿Qué foi del?: Trala sua retirada, en 2003, adicase a ser ministro da Igrexa Universal do Reino de Dios (onde os membros deportistas son chamados Atletas de Cristo, como Kaká ou Baltazar). Está traballando para abrir unha escola de fútbol para nenos en Brasil e colaborar co Deportivo da Coruña.

¿Sabías qué...?: Se nacionalizou español e debutó coa absoluta no 94, na clasificación para a Eurocopa do 96.
- O día do seu estreno, en Sevilla ante Dinamarca, marcou un gol. Marcaría outros dous máis con España.

- De pequeno vendeu paraugas en Río de Xaneiro e de xove foi cerralleiro.
- Era coñecido como o Avo nos seus últimos anos de carreira.
- No seu primeiro pasaporte español houbo un erro coa fecha do seu nacemento. En vez de nado no 62, o pasaporte decia que nacera no 52, polo que houbo certa polémica sobre a sua idade.
- Foi o segundo xogador máis vello que xogou na Liga Española. Superouno o valencianista Amedeo Carboni.
- Nalguns campos de fútbol cantabanlle con sorna "Donato dame forza, forza pa vivir".

Biografía, palmarés, estatísticas: Donato Gama da Silva naceu en Río de Xaneiro, Brasil, un 30 de decembro de 1962. Comezou a xogar no Vasco de Gama en 1980. No 88 chegou a España, as filas do Atlético de Madrid, onde estivo catro anos nos que gañou duas Copas do Rei. En 1992 marchou o SuperDepor e alí permaneceu 11 anos. Cos galegos gañou duas Copas do Rei, unha Liga e tres Supercopas de España. Coa Selección Española xogou 12 partidos.

PD: Donato é membro dunha Igrexa Evanxélica Bautista na Coruña. É dicir, a Igrexa de Martin Luther King e o ex-presidente e premio nobel Jimmy Carter, entre outras personalidades ilustres. Baltazar e Michael Chang, quen tamén son cristianos evanxélicos ou "protestantes". A Igrexa Universal do Reino de Dios en cambio, moi extendida en Brasil, é un movemento sincretista, autóctono e de recente creación, que non está vinculado os movementos cristianos históricos. Tampouco ten nada que ver con este movemento a organización "Atletas de Cristo", que é unha entidade evanxélica-protestante ben recoñecida en Brasil e moitos outros países pola sua labor de asistencia espiritual os deportistas de élite. Tal é o caso de Donato, Baltazar, Kaká e outros moitos.


Na actualidade, ademáis de formar parte do equipo de veteranos do Depor, e da selección española de fútbol-praia, Donato pasa as suas horas xogando o Golf, desfrutando da sua familia, e ocupado en distintos negocios.


Foi o primeiro xogador negro da historia da selección española en xogar. Nos anos 60 houbo un que estivo convocado nalguns partidos pero non chegou a debutar, o guineano Miguelito Jones (ollo, pronúnciese como sona en galego, non "Yons" como se diría en inglés). Aínda que curiosísimo, sen embargo sí se lle pode considerar campión de Europa en España 64, porque estivo convocado nalgun dos partidos desa Eurocopa.

domingo, 14 de junio de 2009

DJUKIC


Un dos momentos máis dramáticos dos últimos anos da Liga española tivo lugar fai xa 15 anos (cómo pasa o tempo). Tivo lugar no estadio de Riazor e tivo como protagonista o xogador do que vos vou falar hoxe. Tratase dun histórico do noso campionato, un futbolista que viviu un amargo trago, xunto a toda unha cidade. É Miroslav Djukic.


¿Quén era?: Un defensa serbio da década dos 90 e principios deste seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Sexamos realistas. Recordaselle por aquela fatídica última xornada da Liga 93/94. Era o 14 de maio de 1994. Xogabanse o campionato o Barcelona e o Deportivo da Coruña. Na última xornada, o Depor, entrenado por Arsenio Iglesias, dependía de sí mesmo. Se gañaba era campión. No último minuto do partido, con 0-0 no marcador, o Valencia cometeu un penalti. Aínda que o debería tirar Bebeto (ou polo menos eso é o que sempre se dixo), o brasileiro non quixo lanzalo e a responsabilidade recaeu no defensa iugoslavo Miroslav Djukic. Non quedaba tempo para máis. Se entraba, o Depor gañaba o partido e a Liga. Todo Riazor, toda Galicia parou. Era un momento histórico. Un equipo modesto como o Depor podería arrebatarlle a Liga os grandes. Djukic colleu o balón. Colocouno no punto de penalti. Cos brazos en xarra, resoplou profundamente. Colleu carreiriña, lanzou coa perna dereita a dereita do porteiro González... e o gardameta do Valencia parou o balón. A Coruña chora. Barcelona estalla de alegría. O soño do Super Depor desvanecese. Anos máis tarde, Djukic fichou polo Valencia. A sua carreira acabouna tamén en España, no Tenerife.

¿Qué foi del?: Como vos dicía, retirouse no Tenerife, no ano 2004. Volveu a Valencia, para residir na bela capital do Turia. Fíxose entrenador e debutou, en 2006, como técnico da selección Serbia sub 21. O ano seguinte fichou como entrenador do Partizan de Belgrado, un dos grandes equipos serbios de todolos tempos. A principios deste ano, e en sustitución de Javier Clemente, faise cargo da selección absoluta de Serbia. Fai unhas semanas, Radomir Antic sustituino. Non obstante, Djukic fixose cargo da selección olímpica de Serbia, coa que acaba de desputar os Xogos de Pekín.

¿Sabías qué...?: O día seguinte do partido de maio do 94, o do penalti, no portal da casa onde Djukic vivía apareceu unha pintada: "¿Djukic? Querote igual".
- O serbio quedou profundamente marcado por ese fallo. Dixo que foi o momento máis triste da sua vida deportiva e que "a xogada, a imaxe, o momento, perseguiume durante moito tempo, era como unha obsesión insana. Un día decidín que non podía seguir pensando naquel maldito instante, non quería volverme tolo". Cando anos despois, o Depor gañou a Liga, Djukic declarou que "Deus existe. Merecíano. Agora estou en paz".
- Declarou recentemente que lle encantaría entrenar en España.
- Anos despois daquela Liga, o defensor valencianista Giner afirmou que o Barcelona os primou aquel día.
- Na sua época valencianista, estivo seriamente pelexado con Santi Cañizares, ata o punto de non falarse. O motivo é que o serbio nunca consentiu as intensas broncas de Cañizares os defensas. Finalmente, fixeron as paces.
- Fai pouco houbo polémica, de novo, polo penalti de Djukic. Fernando Giner, o mesmo que dixo que o Barça os primou, afirmou que "Durante o partido Bebeto dixome de todo: que se éramos uns vendidos, que se non nos daba vergoña? En fin, de todo -recalca-. Cando pitan o penalti dirixome a el e digolle que xa o tiñan, que se era o que quería xa o conseguira. O que son as cousas. Enton desapareceu da miña vista, escondeuse e tivoo que tirar 'Djuka'. Fodeume que se borrara desa maneira. A Liga perdea o Deportivo, non lla facemos perder nos". O brasileiro respondeulle: "Quen diga que non me atrevín a tirar o penalti, está mentindo. Donato non estaba no campo e Djukic era o lanzador. Él nunca fallaba, nin sequera nos entrenamentos. Falei con él para tiralo, pero dixome que estaba ben para lanzar e facer gol. Ademáis, no campo eu xamais falaba cos xogadores rivais. Eu non lle comentei nada a Giner. O que el di agora son tonterías. Está tolo e minte".
- Djukic volveu a vivir momentos amargos como futbolista. En concreto, as duas finais da Liga de Campións que perdeu co Valencia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Miroslav Djukic naceu o 19 de febreiro de 1966 en Sabac, Serbia. Debutou como profesional en 1986 nas filas do Macva Sabac. Logo pasou unha tempada no Rad de Belgrado, ata que en 1990 fichou polo Deportivo da Coruña, onde pasou sete anos. Logo fichou polo Valencia CF. En 2003 foi o Tenerife e en 2004 retirouse. Gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España co Depor. Co Valencia gañou unha Liga, unha Copa e unha Supercopa de España. Como internacional, xogou 48 partidos e meteu dous goles, tanto coa selección de Iugoslavia unida como coa Iugoslavia que formaron despois Serbia e Montenegro.

viernes, 10 de abril de 2009

"TURU" FLORES


O protagonista de hoxe é un deses dianteiros arxentinos que de vez en cando aterrizan no noso campionato e que deixan un excelente sabor de boca. O problema é que se converten en 'cus de mal asiento' e pasan por innumerables equipos. Sea o que fora, deixovos con Óscar José 'Turu' Flores.


¿Quén era?: Un dianteiro arxentino dos 90 e estes primeiros anos de seculo.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o dianteiro centro daquel lexendario Vélez Sarsfield dirixido por Carlos Bianchi que gañou un Apertura, dous Clausuras, unha Libertadores de América e unha Intercontinental e logo chegou a España para xogar na UD Las Palmas, o Depor (co que tocou o ceo o gañar unha Liga), o Valladolid, o Mallorca e o extinto Cidade de Murcia.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2007 nas filas do Lyn Oslo noruegues. Dende fai uns meses é axudante do entrenador de Vélez Sarsfield, Ricardo Gareca.

¿Sabías qué...?: Na sua última experiencia como xogador, no Lyn, so xogou 45 minutos.
- Chegou a Noruega con outro ilustre arxentino, Matías Almeyda. Éste tampouco xogou apenas.

- A UD As Palmas pagou por él 550 millons de pesetas cando aínda estaban en Segunda. Convertiuse na fichaxe máis cara da historia da categoría.
- Cando xogou no Deportivo da Coruña formou a dianteira 'Turuleta': formabana el e o portugués Pauleta.
- Tiña tendencia a engordar, pero a pesares diso, era terriblemente habilidoso co balón nos pes.
- Consagrouse no Clausura do 95, no que conseguiu 15 goles.
- Naquel lexendario Vélez xogaban tamén Chilavert, Tito Pompei ou José Basualdo.
- Na sua segunda tempada nas Palmas meteu 21 goles, que foron clave para levar o clube a antiga promoción, na que foron vencidos polo Oviedo.
- Xogou co equipo de fútbol indoor para veteranos do Deportivo.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Óscar Flores naceu en Bos Aires o 16 de maio de 1971. Comezou a sua carreira profesional en Vélez Sarsfield en 1990, equipo no que permaneceu ata 1996, ano no que chegou a UD Las Palmas. Tras dous exitosos anos en Canarias, deu o salto o Deportivo da Coruña, onde pasou tres bos anos. En 2001 foise o Valladolid e o ano seguinte o Maiorca. De novo en 2003 cambia de equipo e ficha polo Cidade de Murcia, onde so permanece un ano. Regresa a Arxentina para fichar por Independiente de Avellaneda. Sen tempo para máis, ficha polo Atlético Aldovisi da segunda arxentina. A sua última experiencia foi a do Lyn noruegues. No seu palmarés ten un Apertura, dous Clausuras, unha Copa Libertadores de América, unha Intercontinental, unha Copa Interamericana e unha Supercopa americana. En España, co Depor, conseguiu unha Liga e unha Supercopa.


PD: Xogando co Cidade de Murcia meteulle un gol as Palmas e non o celebrou e puxose a chorar.
Nas Palmas e sobre todo no Deportivo da Coruña foi un bo xogador, pero en Valladolid chegou "queimado". Estaba gordete. Non fixo nada en todo o ano. Como se convertiu en costume en Valladolid por eses anos, 'fichaxe estrela' que viña, fichaxe que fracasaba ou non rendia o nivel esperado: Valderrama, Higuita, Belodedici, Urban, Asanovic, Ciric, Cuauhtemoc, Kaviedes, etc...

O Deportivo pagou 800 millons de pesetas por Turu Flores a UD As Palmas, cando a UD o comprara por 500, parecia un gran negocio pero resulta que xunto con Turu no paquete ía un tal Manuel Pablo.

jueves, 2 de abril de 2009

BEBETO


Agora o Deportivo da Coruña non é o que foi. Unha época na que o equipo coruñés se gañou o sobrenome de SuperDepor. Unha época na que brilaron con luz propia nomes como o do protagonista de hoxe: Bebeto.


¿Quén era?: Un dianteiro brasileiro que xogou entre o 83 e o 2002.


¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte do mellor Deportivo da Coruña da historia e por gañar coa sua selección o Mundial de USA 94. Os críticos recordarano por non tirar o famosísimo penalti que lle parou o valencianista González a Miroslav Djukic e que de ser gol, houbera suposto o título de Liga para o Depor na tempada 93/94. Bebeto era o encargado de tirar os penaltis.


¿Qué foi del?: Tras a sua retirada, fai seis anos, adicase a fundación Instituto Bola Pra Frente, de axuda a nenos desfavorecidos de entre 6 e 16 anos de Río de Janeiro. Colabora con el o tamén internacional Jorginho. Tamén é representante de xogadores.

¿Sabías qué...?: Saltou a fama a celebración dun dos seus goles no Mundial de Estados Unidos, contra Holanda. A sua muller acababa de dar a luz o seu terceiro fillo e cando Bebeto marcou, celebrouno cun xesto de como se acunara a un neno. Os seus compañeiros Mazinho e Romario acompañarono.

- Chegou o Depor xunto o seu compatriota Mauro Silva.
- Bebeto ven do seu segundo nome Roberto, o seu apodo "Shorao" significa chorón

- Case sempre se dixo que Bebeto non tirou o famoso penalti contra o Valencia por medo. O seu compañeiro Donato dixo fai uns anos na Voz de Galicia que foi porque había fallado recentemente dous penaltis e non tiña confianza.
- Considerase hincha do Flamengo.
- O seu fillo Matheus xa debutou coa selección sub-13.

Biografía, palmarés, estatísticas: José Roberto Gama de Oliveira, Bebeto, naceu o 16 de febreiro de 1964 en Salvador, Brasil. Xogou no Vitoria, no Flamengo, no Vasco de Gama, no Deportivo, no Flamengo, no Sevilla, no Vitoria de novo, no Botafogo, no Toros Neza de México, no Kashima Antlers de Japón, de novo no Vitoria, de novo no Vasco e finalmente, no Al-Ittihad de Arabia Saudí. Coa canarinha xogou 76 partidos e meteu 42 goles. Foi plata na Olimpiada de Seúl e bronce na de Atlanta. Co Depor gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa (1995). Coa selección, un Mundial (1994) e unha Copa América (1989).

PD: Bebeto formou parte do mellor Deportivo da Coruña da historía onde a alineación tipo era a formada por: Liaño, Voro, Nando, Ribera, Lopez Rekarte, Aldana, Donato, Mauro, Fran, Claudio e Bebeto. Aparte do chamado xogador numero 12 e revulsivo Manjarín.


Discutiuse moito sobre o lanzador de penaltis naquela época. O primeiro ano do SuperDepor era Bebeto, o segundo, tempada 93/94 o primeiro lanzador era Donato, Bebeto o segundo ou cando non estaba Donato no campo; cousa que pasou aquel día contra o Valencia; Arsenio sustituirao por alguen máis ofensivo, non recordo quen. Outra das razons polas que Bebeto non lanzou o famoso penalti de Djukic foi porque fallara os dous últimos que lanzara un deles contra o Raio Vallecano na anterior xornada na casa. De habelo metido aquel día nin se chegaría a falar do erro de Djukic.

Volveu fichar polo Depor un par de anos despois pero non durou nin un mes, nin chegou a xogar, o discutir con Lendoiro sobre un suposto engano nas condicions do contrato.
Eu quedome co gol o Borussia en Riazor en cuartos de UEFA de espuela pola escadra... ou outro o Rosenborg nunha remontada épica remachando un contrataque de luxo entre Aldana e Fran.

Supuxo moita polémica a sua convocatoria para o Mundial de Francia 98 xa que estaba no ocaso da súa carreira. Xogouno porque o convocado Romario se lesionara. Bebeto xogou todo o mundial titular como parella de Ronaldo. Brasil chegou a final e el anotou 3 goles demostrando que aínda tiña corda, a verdade e que non había moitos mellores dianteiros brasileiros naquela época..Romario lesionado, Anderson ou Giovanni morrendo no Barcelona, Jardel, Edmundo e Luizao.

martes, 13 de enero de 2009

DJALMINHA


Moitos futbolistas están tocados por esa gracia que os converte en únicos. O problema é que moitos deles están tamén tocados por ese punto rebelde que pode botar por terra todo o bo. Pero no caso de hoxe, eu creo que o bo prevaleceu e a Djalma Feitosa consideraraselle sempre como un xogadorazo. Sí, amigos deportivistas e amantes do bo fútbol, hoxe toca Djalminha.


¿Quén era?: Un mediocampista brasileiro de finais dos 90 e principios do seculo XXI.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos xogadores con máis clase e exquisita técnica que pasaron nunca por Riazor, por ser parte do Coruña que se proclamou campión de Liga e campión de Copa no famoso Centenariazo (cando o Coruña lle gañou o Madrid na final, en plena celebración polo Centenario branco) e, por desgracia, polo seu non menos famoso cabezazo que lle propinou o seu adestrador, Javier Irureta.


¿Qué foi del?: Retirouse fai so catro anos, nas filas do América de México. Agora é un habitual dos partidos de fútbol indoor, onde se volveu a enfundar a camiseta blanquiazul. Segundo unha periodista carioca, pasa temporadas en Río de Janeiro dedicándose a xogar o fútbol na praia.

¿Sabías qué...?: O seu pai, Djalma Días foi central da selección brasileira nos 60.
- O seu peor momento, o cabezazo a Irureta, ocorreu nun entrenamento en 2002. Djalminha picouse porque nun partidiño pitaronlle un penalty en contra. Cada vez que o segundo entrenador pousaba o balón no punto de penalty, o brasileiro daballe unha patada, así varias veces. Irureta interviu para mandalo a ducha e foi enton cando lle lanzou o cabezazo, sen consecuencias físicas para o técnico irundarra. Este feito supuxo o seu ocaso como deportivista. No partido do Centenariazo Djalminha xogou so uns minutos. Pero fai pouco, no espacio Fiebre Maldini de Canal +, Djalminha recordaba cómo o seu compatriota Flavio Conceiçao, nas filas do Madrid, invitouno, antes do partido, a festa que ia celebrar o equipo branco tras gañar a Copa. Djalminha advertiuno de que non vendera a pel do oso antes de cazalo... e así foi.
- Coincidiu, na sua época do Palmeiras, con Cafú, Rivaldo ou o propio Conceiçao.
- Fíxose moi famoso polos seus espectaculares regates.
- No Depor de fútbol indoor comparte equipo con históricos como Fran, José Ramón, Songo'o, Elduayen, Manjarín, oTuru Flores, Radchenko ou Donato.
- Nunca chegou a destacar individualmente na selección brasileira (coa que, non obstante, gañou unha Copa América). Alguns expertos consideran que o seu principal problema foi ser demasiado 'chupón'.
- O Depor fichouno por 1.500 millons de pesetas.
- Tamén se especializou por lanzar penalties 'o Panenka'. Un deles lanzouno en San Siro, ante o Milan. E meteuno.

Biografía, palmarés, estatísticas: Djalma Feitosa Días naceu en Sao Paulo o 9 de decembro de 1970. Empezou a xogar no Flamengo, onde militou entre 1989 e 1993. Despois dun ano no Guaraní, marchou a Xapón, onde xogou para o Shimizu S-Pulse. Despois dun ano no país asiático volveu a Brasil en 1996 para deslumbrar co Palmeiras. Un ano despois chegaba o Depor. Xogou cos coruñeses ata 2002. Os seus últimos equipos foron o Austria Viena e o América de México. Coa selección xogou 14 partidos e meteu seis goles. O seu palmarés destaca por unha Liga española, unha copa, duas Supercopas, unha Bundesliga austríaca, unha liga brasileira, unha copa brasileira, un campionato de Río e outro Paulista e a Copa América coa sua selección en 1997.