Mostrando entradas con la etiqueta dinamarca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinamarca. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de abril de 2009

CHRISTIANSEN


Thomas Christiansen retirouse da élite fai moi pouquiño, pero como o fixo lonxe de España e con pouco ruido, merece o seu sitio neste blog.


¿Quén era?: Thomas Christiansen era un futbolista hispano-danés que xogou no FC Barcelona a principios dos 90 e que despois xogou por diversos equipos españois. Chegou a ser internacional absoluto con España.

¿Por qué se lle recorda?: Por debutar coa selección española absoluta, da man de Javier Clemente, sen nin sequera debutar co primeiro equipo do Barça. Xogou dous partidos coa Roja e meteu un gol.


¿Qué foi del?: En 2000 foise a Grecia para fichar polo Panionios, pero moi pronto volveu a Dinamarca para enrolarse no Herfølge BK, sen destacar de todo. O clube alemán VfB Bochum fichouno. No seu segundo ano alí meteu 17 goles. A gloria chegoulle na tempada 2002-2003, xa que con 21 goles, converteuse no pichichi da Liga alemana, empatado co brasileiro Giovane Elber, do Bayern de Munich. Esta fazaña fixoo fichar polo Hannover 96. Deronlle o 9, pero non puido igualar os seus rexistros. En 55 partidos meteu 12 goles ata que as lesions (unha operación de tobillo e a tibia dereita rota duas veces) acabaron coa sua carreira. O ano pasado, o Hannover decidiu non renovalo e el, colgar as botas.


¿Sabías qué...?: Sua nai, madrileña, non lle deixou viaxar a España a finais dos 80 para facer unha proba co Real Madrid.
- No Barça coincidiu con dous daneses: un tal Michael Laudrup e outro sub'21, Ronnie Ekelund.
- No ocaso da sua carreira xogou en Alemaña, no Bochum, onde conseguiu ser pichichi da Bundesliga.
- Crese que foi convocado tan pronto pola selección española para evitar que a danesa o convocara e perder así a unha posible estrela.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Christiansen Tarín naceu en Copenhague, Dinamarca, un 11 de marzo de 1973. Seu pai é danés pero a sua nai española, de Madrid. Empezou a xogar no Avedøre IF. Cando tiña 15 fichou polo equipo máis grande de Dinamarca, o Brøndby. En 1991 fichou polo Barça para xogar no filial, con 18 anos. Debutou coa sub'21 no 92 nun partido contra Alemaña e fixo un gol. Debutou coa absoluta contra México nas Palmas (27-Xaneiro-93). Clemente convocouno unha segunda vez, para un partido clasificatorio para o Mundial USA'94 contra Lituania, en Sevilla, un 24 de febreiro del 93. Meteu un gol. A tempada seguinte (1993), o Barça cedeuno o Sporting de Xixón. Tivo a mala sorte de lesionarse e completou 10 partidos con catro goles. A seguinte cesión levouno a Osasuna. Os seus números, 14 partidos, un gol. A seguinte tempada (94/95) foi de novo cedido o Racing de Santander. Empezou ben cos do Sardinero e volveu a ser convocado pola Selección, pero lesionouse e non puido xogar. Alí completou 15 partidos e meteu un gol. O Barça quixoo vender o Manchester City de Inglaterra. Pero el quería quedarse en España e fichou polo Real Oviedo. En duas tempadas alí xogou 50 partidos e meteu 5 goles. O Oviedo vendeuno a un Vilarreal que aspiraba a subir a Primeira e conseguiuno. O balance, 5 goles en 22 partidos. Tras iso, volveu a Segunda para xogar co Tarrassa, pero nin debutou. Logo, emigrou de España.


PD: Un verdadeiro trotamundos do fútbol este Christiansen, un dos poucos, atreveriame a dicir que o único xogador que foi cedido tres anos seguidos a tres equipos distintos da Liga Española.

Xogou en F.C. Barcelona, Sporting de Xixón, Rácing de Santander, Atlético Osasuna, Real Oviedo, Villarreal e Terrasa. Por outro lado, a min sempre me tocaba o cromo de Christiansen, un tipo que me caia simpático por certo. Foi pichichi da Bundesliga con 30 anos, tardío éxito cando apuntaba a estrela con 18 anos no F.C. Barcelona.

sábado, 21 de marzo de 2009

BRIAN LAUDRUP




O protagonista de hoxe tratase dun caso curioso. Foi un excelente futbolista, pero quizais estivo algo eclipsado polo seu irman, que era un megacrack. Pero sempre estivo en equipos de élite e destacou na sua selección, algo que non é fácil. Aínda que, insisto, seu irman é moito máis famoso (entre outras cousas porque triunfou en España), creo que o personaxe de hoxe merece un post. É Brian Laudrup.



¿Quén era?: Un futbolista danés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Case todos en España, por ser o irman do gran Michael Laudrup, pero podese dicir que foi un dos puntais da selección danesa que gañou a Eurocopa do 92 (sorprendendo a todo o mundo) e por xogar en equipos como o Bayern de Munich, o Milan ou o Chelsea.


¿Qué foi del?: Retirouse nas filas do Ajax de Amsterdam en 2000, cando so tiña 31 anos (as lesions aceleraron a sua retirada). Agora é comentarista dos partidos da Liga de Campions para a televisión danesa TV3+, xunto co seu compatriota Peter Schmeichel. Ademáis, ten unha escola de fútbol.



¿Sabías qué...?: Naceu en Viena, Austria, porque seu pai, Finn Laudrup, era futbolista e xogaba no WSC da capital austríaca.
- Unha curiosidade: xamáis coincidiu con seu irman en ningún equipo (a excepción da selección). Sí hai dous clubes que os tiveron nas suas filas: O Brondby danés e o Ajax holandés, pero en etapas diferentes. Pelé incluiuno na sua lista dos 125 mellores xogadores da historia. Nesa lista estaba tamén seu irman Michael.
- Aínda que non meteu ningún gol na Euro do 92, sí que se lle considerou como un dos mellores xogadores do torneo.
- Cando estivo na Fiorentina, viviu o dramático descenso do clube viola a serie B. Nunha ocasión, e para evitar a ira dos afeccionados, tivo que sair dun partido no maletero dun coche.
- Decidiu deixar a selección con so 29 anos.
- Cando chegou o Ajax, seu irman Michael deixara o clube un ano antes.
- O seu último equipo en Dinamarca foi o FC Copenhague. Na sua visita o campo do Brondby, o seu primeiro equipo, recibiu abucheos durante todo o partido.
- A sua mellor época foi a do Rangers, onde conseguiu tres ligas e unha Copa escocesa. Para moitos afeccionados do equipo protestante de Glasgow, Brian Laudrup é o mellor xogador extranxeiro da historia do clube.


Biografía, palmarés, estatísticas: Brian Laudrup naceu o 22 de febreiro de 1969 en Viena, Austria. O seu primeiro clube foi o Brondby danés (1986-1989). Na tempada 89-90 fichou polo Bayer Uerdingen alemán, experiencia que lle valeu para fichar polo Bayern Munich a tempada seguinte. Tras dous anos en Baviera, fichou pola Fiorentina, onde estivo unha nefasta tempada. Seguiu en Italia porque na tempada 93-94 xogou no Milan, onde non xogou moito. En 1994 fichou polo Glasgow Rangers, onde xogou durante catro exitosos anos. En 1998 fichou polo Chelsea. Despois dunha tempada en Londres, en 1999 xogou no FC Copenhague. A sua retirada chegou en 2000, nas filas do Ajax. Coa selección xogou 82 partidos e meteu 21 goles. No seu palmarés destaca a Eurocopa do 92 con Dinamarca, máis duas ligas danesas, un Scudetto co Milan, tres ligas, unha copa e unha copa da liga en Escocia e unha Supercopa de Europa co Chelsea.