Mostrando entradas con la etiqueta sporting. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sporting. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de abril de 2009

CHRISTIANSEN


Thomas Christiansen retirouse da élite fai moi pouquiño, pero como o fixo lonxe de España e con pouco ruido, merece o seu sitio neste blog.


¿Quén era?: Thomas Christiansen era un futbolista hispano-danés que xogou no FC Barcelona a principios dos 90 e que despois xogou por diversos equipos españois. Chegou a ser internacional absoluto con España.

¿Por qué se lle recorda?: Por debutar coa selección española absoluta, da man de Javier Clemente, sen nin sequera debutar co primeiro equipo do Barça. Xogou dous partidos coa Roja e meteu un gol.


¿Qué foi del?: En 2000 foise a Grecia para fichar polo Panionios, pero moi pronto volveu a Dinamarca para enrolarse no Herfølge BK, sen destacar de todo. O clube alemán VfB Bochum fichouno. No seu segundo ano alí meteu 17 goles. A gloria chegoulle na tempada 2002-2003, xa que con 21 goles, converteuse no pichichi da Liga alemana, empatado co brasileiro Giovane Elber, do Bayern de Munich. Esta fazaña fixoo fichar polo Hannover 96. Deronlle o 9, pero non puido igualar os seus rexistros. En 55 partidos meteu 12 goles ata que as lesions (unha operación de tobillo e a tibia dereita rota duas veces) acabaron coa sua carreira. O ano pasado, o Hannover decidiu non renovalo e el, colgar as botas.


¿Sabías qué...?: Sua nai, madrileña, non lle deixou viaxar a España a finais dos 80 para facer unha proba co Real Madrid.
- No Barça coincidiu con dous daneses: un tal Michael Laudrup e outro sub'21, Ronnie Ekelund.
- No ocaso da sua carreira xogou en Alemaña, no Bochum, onde conseguiu ser pichichi da Bundesliga.
- Crese que foi convocado tan pronto pola selección española para evitar que a danesa o convocara e perder así a unha posible estrela.

Biografía, palmarés, estatísticas: Thomas Christiansen Tarín naceu en Copenhague, Dinamarca, un 11 de marzo de 1973. Seu pai é danés pero a sua nai española, de Madrid. Empezou a xogar no Avedøre IF. Cando tiña 15 fichou polo equipo máis grande de Dinamarca, o Brøndby. En 1991 fichou polo Barça para xogar no filial, con 18 anos. Debutou coa sub'21 no 92 nun partido contra Alemaña e fixo un gol. Debutou coa absoluta contra México nas Palmas (27-Xaneiro-93). Clemente convocouno unha segunda vez, para un partido clasificatorio para o Mundial USA'94 contra Lituania, en Sevilla, un 24 de febreiro del 93. Meteu un gol. A tempada seguinte (1993), o Barça cedeuno o Sporting de Xixón. Tivo a mala sorte de lesionarse e completou 10 partidos con catro goles. A seguinte cesión levouno a Osasuna. Os seus números, 14 partidos, un gol. A seguinte tempada (94/95) foi de novo cedido o Racing de Santander. Empezou ben cos do Sardinero e volveu a ser convocado pola Selección, pero lesionouse e non puido xogar. Alí completou 15 partidos e meteu un gol. O Barça quixoo vender o Manchester City de Inglaterra. Pero el quería quedarse en España e fichou polo Real Oviedo. En duas tempadas alí xogou 50 partidos e meteu 5 goles. O Oviedo vendeuno a un Vilarreal que aspiraba a subir a Primeira e conseguiuno. O balance, 5 goles en 22 partidos. Tras iso, volveu a Segunda para xogar co Tarrassa, pero nin debutou. Logo, emigrou de España.


PD: Un verdadeiro trotamundos do fútbol este Christiansen, un dos poucos, atreveriame a dicir que o único xogador que foi cedido tres anos seguidos a tres equipos distintos da Liga Española.

Xogou en F.C. Barcelona, Sporting de Xixón, Rácing de Santander, Atlético Osasuna, Real Oviedo, Villarreal e Terrasa. Por outro lado, a min sempre me tocaba o cromo de Christiansen, un tipo que me caia simpático por certo. Foi pichichi da Bundesliga con 30 anos, tardío éxito cando apuntaba a estrela con 18 anos no F.C. Barcelona.

viernes, 26 de diciembre de 2008

ABLANEDO


Antes de nada, pedirvos desculpas por non actualizar nestes días, pero os motivos son obvios. Volvo cun post en honor ó Sporting de Xixón, todo un histórico do fútbol español o que eu teño un especial cariño. Igual de histórico é, pois, o protagonista de hoxe. É un dos mellores porteiros españois das últimas décadas. É Juan Carlos "O Gato" (ou Gatu) Ablanedo Iglesias.


¿Quén era?: Un porteiro español dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno gardameta do Sporting, por ser internacional (case sempre a sombra de Zubizarreta) e por ser tres veces gañador do trofeo Zamora o porteiro menos goleado.


¿Qué foi del?: Ablanedo retirouse en 1999, por suposto, nas filas do Sporting. Tra-la sua retirada, desvinculouse totalmente do mundo do fútbol. Diplomado en Relacions Laborais, sacouse o título de axente da propiedade e agora dirixe unha inmobiliaria que leva o seu nome e que ten a sua sede en Xixón.

¿Sabías qué...?: O seu irman maior José Luis xogou tamén no Sporting en Primeira. Por iso, durante moitas tempadas o seu nome futbolístico era Ablanedo II.
- Debutou coa Selección Española no Molinón.
- Como vos dicía antes, o seu apodo era O Gato (ou o Gatu, en asturiano), debido a sua axilidade e reflexos.
- Esa axilidade e reflexos compensaban a sua relativamente baixa estatura para ser porteiro: 1,77 metros.
- Coñecido en Xixón pola sua gran timidez, está solteiro. En 1986 proclamouse campión de Europa sub 21 coa Selección. Aquel día gañou España a Italia por penaltis. O Gato parou tres dos catro lanzamentos dos azzurri.
- Coa Absoluta so xogou catro partidos e encaixou dous goles.
- Dise que a entrada en vigor da regla que impide o porteiro recoller coas mans un balón cedido por un compañeiro perxudicouno, porque o forte de Ablanedo non era o xogo cos pes.
- Un cántico típico do Molinón era: "Non temos medo, temos a Ablanedo".
- Unha das suas anécdotas viviuna nun partido contra o Madrid no 86. Nunha xogada, o dianteiro mexicano dos brancos, Hugo Sánchez, deulle un pisotón o porteiro asturiano. Éste reaccionou dándolle unha patada o goleador azteca e o árbitro viuno: penalti e expulsión.
- Ablanedo é un típico apelido asturiano que se pode traducir como Avellanedo (do bable ablano=avellano).

Biografía, palmarés, estatísticas: Xoan Carlos Ablanedo Iglesias naceu o 2 de setembro de 1963 en Mieres, Asturias. Surxido da que probablemente é a mellor canteira de España, a de Mareo, debutou co Sporting en 1982 e alí permaneceu durante 17 anos. Conseguiu o trofeo Zamora en 1985, en 1986 e en 1990. Co equipo xixonés xogou 398 partidos e como vos contei antes, catro coa Selección Nacional. O seu único título é o antes referido Europeo sub 21 de 1986.

martes, 16 de diciembre de 2008

ABELARDO


Unha das maiores alegrías que levou España nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92 foi a medalla de ouro que conseguiu o equipo nacional de fútbol, nunha inolvidable final que disputou ante Polonia. Un dos compoñentes daquela selección, que despois sempre se mantivo na élite do balompé español é o protagonista de hoxe. É o entrañable defensa central asturiano Abelardo Fernández Antuña. O "Pitu" Abelardo.


¿Quén era?: Un futbolista español dos 90.


Hitos olímpicos: En realidade so foi un, formar parte da selección española que logrou o ouro de fútbol en Barcelona 92.


¿Qué foi del?: Retirouse no ano 2003, nas filas do Deportivo Alavés. Despois seguiu vinculado o fútbol gracias o seu equipo dos inicios, o Sporting de Xixón. Agora é o entrenador do Sporting B, que a pasada campaña logrou o ascenso á 2ª B.

¿Sabías qué?: No torneo olímpico de fútbol, Abelardo marcou dous goles, nada menos que en semifinales ante Ghana e na finalísima ante os polacos.
- Debutou en Primeira División con 19 anos no Santiago Bernabéu, nun Madrid-Sporting.
- É íntimo amigo do seu paisano e compañeiro seu en Sporting, Barça e selección, Luis Enrique.
- A divertidísima web inglesa uglyfootballers.com teno clasificado como un dos futbolistas máis feos de Europa.

- Conseguiu que os tribunais lle deran a razón nun caso presentado ante a Seguridade Social, que lle pasa unha pensión por unha lesión de rodilla mal curada.
- Debutou coa selección absoluta no estadio Carlos Tartiere, a casa do eterno rival do Sporting, o Real Oviedo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Abelardo Fernández Antuña naceu en Xixón, Asturias, o 19 de marzo de 1970. Procedente da canteira do Sporting, debutou co primeiro equipo en 1989. Despois de cinco anos no Molinón, fichou polo F.C. Barcelona, onde estivo oito anos. No 2002 fichou polo Alavés, onde so permaneceu unha tempada. Coa selección absoluta disputou 54 partidos e meteu 3 goles. No seu palmarés destacan duas ligas, duas copas do Rey, unha supercopa de España, a recopa de Europa e unha supercopa de Europa, todo co Barcelona.