domingo, 28 de diciembre de 2008

CEDRÚN


Este post esta dedicado a todo un campión da Recopa, a un xogador carismático, a outro porteiro de raza, a un carismático deportista de pinta inolvidable. Hoxe vouvos traer o que foi durante moitos anos o porteiro do Zaragoza: Andoni Cedrún.


¿Quén era?: Un porteiro da década dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o porteiro titular do Zaragoza durante moitos anos e moitos partidos, entre outros, a famosísima final da Recopa de 1995, en París, na que os maños acabaron co Arsenal


¿Qué fue del?: Retirouse do fútbol en 1997, nas filas do CD Logroñés. Despois deso, desvinculouse do mundo do fútbol (a excepción de ser accionista do Zaragoza e socio do Athletic). Ten algunhas empresas en Madrid e de vez en cando participa en torneos de veteranos. Tamén xoga o pádel, como aficionado. Ademáis, colabora con algúns medios de comunicación en Aragón.

¿Sabías qué...?: É fillo dun lexendario porteiro do Athletic de Bilbao, Carmelo Cedrún, que ademáis, foi internacional con España.
- Cando xogaba no Athletic, foi cedido o Cádiz. Cando volveu, Javier Clemente, entrenador dos leons, non contaba con el, encontraralle un sustituto e marchouse o Zaragoza. Ese sustituto chamabase tamén Andoni, de apelido Zubizarreta. Iñaki Sáez foi quen lle deu a sua primeira oportunidade.
- O xogador que máis lle impresionou, segundo recoñeceu nunha entrevista, foi o cadista Mágico González.
- Nesa mesma entrevista, afirma que unha das suas noites máis especiais foi a dunha promoción contra o Real Murcia, na que os maños golearon por 5-2 o equipo murciano.
- Puido xogar a final da Recopa porque o cartaxeneiro Juanmi estaba lesionado.
- Un dos seus mellores momentos foi na Copa do Rey do 94, cando co Zaragoza, parou o noveno lanzamiento do Celta de Vigo (tirouno Alejo) e o seguinte gol do Paquete Higuera deulle a Copa os maños.
- Outra imaxe famosa de Cedrún tivo lugar nun partido de Liga entre o Zaragoza e o Real Madrid no Bernabéu. O de Durango montoulle unha boa o médico do equipo aragonés porque, coa cella rota, quería volver o campo e o doctor no lle deixaba.

Biografía, palmarés, estatísticas: Andoni Cedrún Ibarra naceu en Durango, Viscaia, o 5 de xuño de 1960. Empezou a xogar nas categorías inferiores do Athletic. Pasou un ano no primeiro equipo (temporada 80/81). A seguinte tempada pasouna en Cádiz. Como vos contaba antes, o non ter sitio en San Mamés foise o Zaragoza, onde se consagrou. En 1996 marchou o Logroñés, onde pasou a sua última tempada en activo. No seu palmarés destacan duas Copas do Rey (1986 e 1994) e unha Recopa (1995).

viernes, 26 de diciembre de 2008

ABLANEDO


Antes de nada, pedirvos desculpas por non actualizar nestes días, pero os motivos son obvios. Volvo cun post en honor ó Sporting de Xixón, todo un histórico do fútbol español o que eu teño un especial cariño. Igual de histórico é, pois, o protagonista de hoxe. É un dos mellores porteiros españois das últimas décadas. É Juan Carlos "O Gato" (ou Gatu) Ablanedo Iglesias.


¿Quén era?: Un porteiro español dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser o eterno gardameta do Sporting, por ser internacional (case sempre a sombra de Zubizarreta) e por ser tres veces gañador do trofeo Zamora o porteiro menos goleado.


¿Qué foi del?: Ablanedo retirouse en 1999, por suposto, nas filas do Sporting. Tra-la sua retirada, desvinculouse totalmente do mundo do fútbol. Diplomado en Relacions Laborais, sacouse o título de axente da propiedade e agora dirixe unha inmobiliaria que leva o seu nome e que ten a sua sede en Xixón.

¿Sabías qué...?: O seu irman maior José Luis xogou tamén no Sporting en Primeira. Por iso, durante moitas tempadas o seu nome futbolístico era Ablanedo II.
- Debutou coa Selección Española no Molinón.
- Como vos dicía antes, o seu apodo era O Gato (ou o Gatu, en asturiano), debido a sua axilidade e reflexos.
- Esa axilidade e reflexos compensaban a sua relativamente baixa estatura para ser porteiro: 1,77 metros.
- Coñecido en Xixón pola sua gran timidez, está solteiro. En 1986 proclamouse campión de Europa sub 21 coa Selección. Aquel día gañou España a Italia por penaltis. O Gato parou tres dos catro lanzamentos dos azzurri.
- Coa Absoluta so xogou catro partidos e encaixou dous goles.
- Dise que a entrada en vigor da regla que impide o porteiro recoller coas mans un balón cedido por un compañeiro perxudicouno, porque o forte de Ablanedo non era o xogo cos pes.
- Un cántico típico do Molinón era: "Non temos medo, temos a Ablanedo".
- Unha das suas anécdotas viviuna nun partido contra o Madrid no 86. Nunha xogada, o dianteiro mexicano dos brancos, Hugo Sánchez, deulle un pisotón o porteiro asturiano. Éste reaccionou dándolle unha patada o goleador azteca e o árbitro viuno: penalti e expulsión.
- Ablanedo é un típico apelido asturiano que se pode traducir como Avellanedo (do bable ablano=avellano).

Biografía, palmarés, estatísticas: Xoan Carlos Ablanedo Iglesias naceu o 2 de setembro de 1963 en Mieres, Asturias. Surxido da que probablemente é a mellor canteira de España, a de Mareo, debutou co Sporting en 1982 e alí permaneceu durante 17 anos. Conseguiu o trofeo Zamora en 1985, en 1986 e en 1990. Co equipo xixonés xogou 398 partidos e como vos contei antes, catro coa Selección Nacional. O seu único título é o antes referido Europeo sub 21 de 1986.

lunes, 22 de diciembre de 2008

DESAILLY


O protagonista de hoxe, foi o precursor de todos os mediocentros defensivos de orixe africano que despois xogaron nos grandes equipos. O de hoxe é Marcel Desailly.


¿Quén era?: Un centrocampista / defensa francés dos 90.
¿Por qué se lle recorda?: Por ser unha peza inamovible da Francia campiona do mundo do 98, e por ser un dos puntais do segundo mellor Milan dos últimos tempos (Boban, Desailly, Baresi...) (por detrás, por suposto, do meu idolatrado Milan degli olandesi (Rijkaard, Gullit e Van Basten)).


¿Qué foi del?: Retirouse fai dous anos en Qatar. Agora é comentarista da BBC, embaixador de Unicef por Ghana (o seu país natal) e firme candidato a ocupar o banquillo desa selección. Ademáis, é olleador do Milan en África.


¿Sabías qué...?: Adoptouno un diplomático francés que estaba en Ghana e que se casou coa sua nai


- El sempre preferiu xogar de defensa.
- Gañouse o sobrenome da Roca.
- Gañou duas Copas de Europa, unha co Olympique de Marsella e outra co Milan. A que gañou cos rossoneri foi naquela fatídica final de Atenas na que o equipo lombardo meteulle catro goles o Barça. Desailly marcou un. Foi expulsado na final do Mundial de Francia, ante Brasil. Converteuse así no terceiro xogador expulsado nunha final dun Mundial (o cuarto e Zidane, Alemania 06)
- Escribiu a sua autobiografía.
- Formou parte do comité organizador da pasada Copa de África, que se disputou en Ghana.
- Ten unha filla e tres fillos.
- É un fanático do viño, os reloxos, os coches e o tenis de mesa.
- Ten un bar en Nantes, a cidade a que chegou desde Ghana.
- Foi capitán de Francia.

Biografía, palmarés, estatísticas: Odenke Abbey (logo cambiou o seu nome por Marcel Desailly) naceu en Accra, Ghana, o 7 de setembro de 1968. Comezou a sua carreira no Nantes Atlantique en 1986. En 1992 fichou polo Olympique de Marsella, onde so permaneceu un ano. No Milan estivo do 93 o 98. Ese ano foise o Chelsea, onde permaneceu ata 2004, cando emigrou a Qatar para xogar no Al-Gharafa e no Qatar SC, ata a sua retirada, fai dous anos. Co Marsella gañou unha Copa de Europa. Co Milan, outra, máis duas ligas italianas e unha Supercopa de Europa, trofeo que tamén gañou co Chelsea, os que hai que sumar unha FA Cup e unha Charity Shield (hoxe Community Shield). Tamén gañou unha liga qatarí. Coa selección xogou 116 partidos e meteu tres goles. Foi campión do mundo en 1998 e de Europa en 2000.

viernes, 19 de diciembre de 2008

OS DE BOER


Son os xemelos máis famosos do mundo do fútbol: Os irmans Ronald e Frank de Boer. E aquí volos traigo.


¿Quén eran?: Dous futbolistas holandeses dos 90.


¿Por qué se lles recorda?: Evidentemente, o feito de que sexan xemelos é difícil de olvidar. Pero ademáis, formaron parte do último gran Ajax de Amsterdam, o dos Kluivert, Seedorf, Blind, Rijkaard, Kanu ou Litmanen, que se proclamou campión de Europa. Ademáis, ambos xogaron no FC Barcelona.


¿Qué foi deles?: Frank, o defensa, retirouse en 2006 nas filas do Al Shamal de Qatar. Agora é entrenador das categorías inferiores do Ajax. Ronald, o centrocampista, que xogaba no mesmo equipo, acabase de retirar, fai apenas un par de meses.


¿Sabías qué...?: Ronald é 10 minutos maior que o seu irman.
- No terreo de xogo, Frank era zurdo cerrado e Ronald diestro. Pero para utilizar as mans, o diestro era Frank e o zurdo, Ronald. Curiosísimo.
- Coincidiron en cinco equipos: O Ajax, o Barça, o Glasgow Rangers, o Al Rayyan e o Al Shamal. Durante a sua carreira internacional coa selección 'oranje', ambos marcaron exactamente o mesmo número de goles: 13. A diferencia é que Frank xogou 112 partidos coa sua selección e Ronald 67.
- Máis diferencia hai aínda cos partidos xogados no Barcelona. Frank disputou 143 de blaugrana e Ronald, 33. O primeiro estivo cinco tempadas e o segundo, duas.
- Nos seus comenzos no Ajax, Ronald xogou de dianteiro centro.
- O Barcelona pagou por eles 3.500 millones das antiguas pesetas.
- Quizais para diferenciarse, ou como guiño, Frank peinase coa raya a dereita e Ronald, coa raia a esquerda... ¿ou é o revés?

Biografías, palmarés, estatísticas: Frank e Ronald de Boer naceron en Hoorn, Holanda, o 15 de maio de 1970. Ambos son froito da canteira do Ajax, unha das mellores do mundo. No primeiro equipo debutaron en 1988. Permaneceron nel ata 1998, cando ficharon polo Barça. Ronald, que xogou duas temporadas no Twente entre 1991 e 1993, foise no 2000 o Rangers, onde estivo ata 2004. Pasou un ano no Al Rayyan qatarí e retirouse no Al Shamal. Frank continuou en Can Barça ata 2003. Ese ano fichou polo Galatasaray turco. En 2004 xogou co seu irman no Rangers e xa non se separou del, porque estivo con el no Al Rayyan e no Al Shamal. Ambos, co Ajax, gañaron cinco ligas, duas copas e tres Supercopas holandesas, unha Champions, unha Supercopa de Europa e unha Intercontinental (Case nada). Frank ten, ademáis, unha UEFA (gañada cando o seu irman xogaba no Twente). Co Barça gañaron unha Liga. Ronald, ademáis, ten unha liga escocesa co Rangers.

jueves, 18 de diciembre de 2008

WEAH


Co protagonista de hoxe comezamos a falar de grandes historicos do balompé que nunca pisaron a nosa liga aínda que non por eso son uns descoñecidos. Foi un dos mellores xogadores do mundo e despois da sua retirada, traballou por mellorar as condicions de vida do seu país, Liberia. É George Weah.


¿Quén era?: Un dianteiro liberiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua endiablada velocidade, pola sua gran potencia e por ser o protagonista dunha gran época para equipos como o Paris Saint Germain ou o Milan.


¿Qué foi del?: Retirouse no 2003 nas filas do Al Jazira dos Emiratos Árabes. En 2005, Weah lanzouse o mundo da política, perseguindo ser presidente do seu país, moi castigado por unha guerra civil. A pesar da sua falta de experiencia, as suas promesas de vivienda barata, auga corrente, educación e electricidade levarono a gañar a primeira volta electoral, se ben perdeu na segunda volta contra Ellen Johnson-Sirleaf, a primeira muller en ser elexida presidenta en África.


¿Sabías qué...?: É de etnia kru, gañouse a fama en África pola sua especial combatividade contra os escravistas. Dise que ou acababan matando ós seus perseguidores ou acababan suicidándose con tal de non converterse en escravos. Cando expresou a sua vontade de ser presidente de Liberia houbo algunhas dubidas, xa que se supoñía que adoptara a nacionalidade francesa na sua estancia no país galo.
- O seu descubridor futbolístico e quen o trouxo a Europa foi o actual entrenador do Arsenal, Arsène Wenger, que o fichou para o seu Monaco no 1988.
- En 1995 convertiuse no primeiro xogador africano que gañou o trofeo o mellor xogador de Europa.
- Tamén foi elixido mellor xogador africano do seculo XX.
- Antes da sua carreira política, foi embaixador de UNICEF.
- Creou unha escola de fútbol para nenos en Monrovia, capital de Liberia. So había unha condición para entrar nela: Había que ir o colexo.
- Despois da sua retirada e antes de embarcarse na política viviu en Estados Unidos. O seu fillo George xa xogou na selección sub 20 dos USA.
- Era musulmán, pero abandoou este credo.

Biografía, palmarés, estatísticas: George Tawlon Oppong Ousman Weah naceu en Monrovia, Liberia, o 1 de outubro de 1966. Comezou a sua carreira en equipos do seu país como o Young Survivors, o Bongrange Company, o Mighty Barolle e o Invincible Eleven (bonitos nomes). Despois marchou a liga camerunesa para fichar polo Tonnerre Yaoundé. No 1988, como dixen antes, fichouno o Monaco francés. Catro anos despois fichou polo PSG (formando unha espectacular parella con David Ginola). No 1995 fichouno o Milan, onde permaneceu ata 1999. Despois de pasar un ano en Inglaterra (no Chelsea e no Manchester City), pasou un ano máis no Olympique de Marsella francés, para retirarse no Al Jazira dos Emiratos Árabes. Coa sua selección xogou 60 partidos e meteu 22 goles. Entre o seu palmarés por equipos destacan duas ligas italianas e unha francesa. De maneira individual, gañou o Balón de Ouro de 1995.

martes, 16 de diciembre de 2008

CAMARASA


A nosa selección xoga na Coruña contra unha clásica do fútbol sudamericano, Chile. España enfrontouse a ela fai pouco e facía 15 anos que non se enfrentaban á "Roja" (así a chaman no seu país, é a homóloga o outro lado do oceano). A última vez que se enfrontaron España e Chile foi en setembro de 1993, nun partido tamén disputado na Comunidade Valenciana, en concreto no Rico Pérez de Alacante. Gañou 2-0, con goles de Julen Guerrero, España. Ese día, debutaron coa selección española tres xogadores. Un deles é o noso protagonista. É toda unha lenda do valencianismo. É Paco Camarasa.


¿Quén era?: Un defensa español dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos centrales do Valencia durante moitos anos, un dos xogadores máis emblemáticos do clube ché, que foi capitán do equipo e que formou parte da selección española que tan bo sabor de boca deixou no Mundial de Estados Unidos 94.

¿Qué foi del?: Retirouse do fútbol profesional en 1999. Segue vinculado o seu clube de toda a vida. Agora é o segundo entrenador e delegado do filial do equipo ché, o Valencia-Mestalla.

¿Sabías qué...?: A sua retirada do fútbol foi bastante triste. Por algunha razón, tanto Claudio Ranieri como Héctor Cúper defenestrarono, chegando incluso a rebaixalo ó filial.
- Realizou un partidazo no Mundial 94, cando España xogou contra Alemaña, e que quedou 1-1.
- O seu máis habitual compañeiro na zaga valencianista foi outro home da casa, Fernando Giner.
- En 12 anos no clube, so meteu 7 goles. En 1999, en pleno ostracismo o que o someteu Claudio Ranieri, o Valencia gañou a Copa do Rey (a un Atlético de Madrid descendido). O capitán aquel día, o gran Gaizka Mendieta, quixo levantar a Copa xunto a Camarasa, que participara moi pouco.
- Con 17 anos casi se frustra a sua carreira deportiva, xa que rompeu unha tibia.
- Aínda sendo central, so foi expulsado de maneira directa 10 veces en 12 anos.
- O seu pai foi futbolista e xogou no Levante, equipo do que foi capitán.
- Nas suas catro últimas tempadas, so xogou de titular 18 partidos.
- O seu dorsal foi sempre o 4.
- O pasado mes de agosto, na presentación do Valencia, Camarasa tivo unha aparición estelar, xa que portou a Copa do Rey para ofrecerlla a afección.

Biografía, palmarés, estatísticas: Francisco José Camarasa Castella naceu o 27 de setembro de 1967 en Rafelbuñol, Valencia. Debutou co primeiro equipo, procedente das categorías inferiores, en 1987. Nunca se moveu do Valencia ata a sua retirada en 1999. No seu palmarés atopanse a Copa do Rey e a Supercopa do 99. Coa selección xogou 14 partidos.

ABELARDO


Unha das maiores alegrías que levou España nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92 foi a medalla de ouro que conseguiu o equipo nacional de fútbol, nunha inolvidable final que disputou ante Polonia. Un dos compoñentes daquela selección, que despois sempre se mantivo na élite do balompé español é o protagonista de hoxe. É o entrañable defensa central asturiano Abelardo Fernández Antuña. O "Pitu" Abelardo.


¿Quén era?: Un futbolista español dos 90.


Hitos olímpicos: En realidade so foi un, formar parte da selección española que logrou o ouro de fútbol en Barcelona 92.


¿Qué foi del?: Retirouse no ano 2003, nas filas do Deportivo Alavés. Despois seguiu vinculado o fútbol gracias o seu equipo dos inicios, o Sporting de Xixón. Agora é o entrenador do Sporting B, que a pasada campaña logrou o ascenso á 2ª B.

¿Sabías qué?: No torneo olímpico de fútbol, Abelardo marcou dous goles, nada menos que en semifinales ante Ghana e na finalísima ante os polacos.
- Debutou en Primeira División con 19 anos no Santiago Bernabéu, nun Madrid-Sporting.
- É íntimo amigo do seu paisano e compañeiro seu en Sporting, Barça e selección, Luis Enrique.
- A divertidísima web inglesa uglyfootballers.com teno clasificado como un dos futbolistas máis feos de Europa.

- Conseguiu que os tribunais lle deran a razón nun caso presentado ante a Seguridade Social, que lle pasa unha pensión por unha lesión de rodilla mal curada.
- Debutou coa selección absoluta no estadio Carlos Tartiere, a casa do eterno rival do Sporting, o Real Oviedo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Abelardo Fernández Antuña naceu en Xixón, Asturias, o 19 de marzo de 1970. Procedente da canteira do Sporting, debutou co primeiro equipo en 1989. Despois de cinco anos no Molinón, fichou polo F.C. Barcelona, onde estivo oito anos. No 2002 fichou polo Alavés, onde so permaneceu unha tempada. Coa selección absoluta disputou 54 partidos e meteu 3 goles. No seu palmarés destacan duas ligas, duas copas do Rey, unha supercopa de España, a recopa de Europa e unha supercopa de Europa, todo co Barcelona.