Mostrando entradas con la etiqueta tottenham. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tottenham. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de octubre de 2009

GINOLA


Completamos un ciclo de grandes futbolistas franceses dunha gran época (xa vistes aquí a Djorkaeff, a Dugarry e a Cantona, entre outros) cun xenial xogador de fútbol que quizáis abriu unha tendencia do máis actual, a de aproveitar a sua imaxe para facer un diñeiro extra futbolístico. O protagonista de hoxe é David Ginola.


¿Quén era?: Un futbolista francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos máis talentosos futbolistas franceses, por asombrar a Europa nun Paris Saint-Germain no que formou unha temible parella con George Weah e por conquistar as inglesas co seu acento francés, o seu sorriso 'Profidén' e a sua melena.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002 en Inglaterra. Agora fixo os seus primeiros pinitos como comentarista deportivo e estase a preparar para sacarse o título de entrenador. Ademáis, apareceu no reality Coach Trip, da televisión británica. É unha especie de Gran Hermano pero viaxando por toda Europa e facendo probas. Ginola participou nunha delas, en Francia, xogando o fútbol-praia cos concursantes.

¿Sabías qué...?: Ginola fixose famosísimo en Inglaterra por protagonizar un anuncio de televisión de productos para o pelo de L'Oréal, que finalizaba cun "Porque eu o valo", dito cun marcado acento francés que volvía tolas as inglesas.
- Tamén participou nun anuncio do Renault Laguna. Era protagonista asiduo dun programa da BBC chamado Vingt Minutes (nada que ver cos nosos irmans franceses), adicado a ensinar francés no Reino Unido.
- Ginola foi sinalado por todos como o culpable de que Francia non se clasificara para o Mundial do 94. Tivo unha bronca con Cantona tras ese partido. A partires de aí, nin o protagonsita de hoxe, nin Cantona nin Papin volveron a ser convocados polos bleus. Comezaba así a época de Zidane e compañía.
- Foi elixido, en 1999, xogador do ano en Inglaterra, tanto polos medios como polos xogadores da Premier.
- É embaixador da Cruz Vermella.
- Antes de irse a Inglaterra, vinculouselle co Barcelona.
- Participou en duas películas. Ademáis, é un dos dobradores que participou na versión francesa da película de animación Buscando a Nemo. Puxo a sua voz a disposición de Jacques, o camarón que compartía acuario con Nemo.
- Ten dous fillos.
- Declarouse seguidor de Sarkozy.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Ginola naceu o 25 de xaneiro de 1967 en Gassin, a moi poucos quilómetros de Saint-Tropez, en plena Costa Azul. Comezou a sua carreira en 1985 no Toulon. En 1987 fichou polo histórico Racing Club de París. De 1990 a 1992 xogou no Brest. De 1992 a 1995 triunfou no Paris Saint-Germain e logo deu o salto a liga inglesa. Do 95 o 97 xogou no Newcastle United. Ese ano fichou polo Tottenham Hotspur, onde permaneceu ata o 2000. Xogou dous anos máis no Aston Villa e no 2002 acabou a sua carreira nas filas do Everton. Coa selección so xogou 17 partidos e meteu tres goles. No seu palmarés destacan unha liga francesa, duas Copas francesas e unha Copa da Liga, todo co PSG. En Inglaterra gañou, cos Spurs, unha Copa da Liga (hoxe Carling Cup). Dase a circunstancia de que ése trofeo era o último que había gañado o Tottenham ata o ano pasado, cando o volveu gañar.

PD: Ginola levou unha ovación no Bernabeu cando foi sustituido nun partido de Copa de Europa. O propio Real Madrid estivo a punto de contratalo tamén con Benito Floro no banquiño, aínda que, finalmente, o Real Madrid decidiuse polo eslovaco Petr Dubovsky.

viernes, 18 de septiembre de 2009

GASCOIGNE


Bad Boy, Enfant Terrible, incorrixible... o protagonista de hoxe é un deses que encheron periódicos enteiros coa sua forma de xogar e a sua forma de ser. E segueo facendo. Xenial, polémico, amado, odiado, gamberro, sensible. Un xenio: Paul Gascoigne.


¿Quén era?: Un futbolista inglés da década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos mellores centrocampistas de Inglaterra na sua época, polas suas miles de anécdotas e pola sua merecida fama de gamberro.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2004, nas filas do modestísimo Boston United (que agora está na que sería a cuarta división inglesa). Non deixou de facer aparicions públicas debido os seus problemas co alcohol, como que lle prohibiran subir a un avión por ir borracho ou unha pelexa co cantante de Oasis, Liam Gallagher.


¿Sabías qué?: Gañouse a adoración de toda Inglaterra cando nunha semifinal do Mundial 90 (Inglaterra - Alemania) viu un cartón amarelo que lle houbera impedido xogar a final (os pross perderon) e chorou como un neno no céspede.
- Unha das máis famosas fotos da historia do fútbol inglés protagonizana o agora actor Vinnie Jones e el, cando xogaba no Newcastle.

- Na sua época de maior fama, antes de irse a Italia, chegou a ser protagonista dun videoxogo. Incluso grabou un disco.
- En Inglaterra era costume que os futbolistas das categorías inferiores limpiaran as botas dos xogadores do primeiro equipo. A Gascoigne, xuvenil do Newcastle, tocoulle limpar as do lexendario Kevin Keegan. Cando iba de camiño a casa a limpialas, perdeunas. Gascoigne, avergoñado, dixollo a Keegan, que lle respondeu: "Tranquilo, nunca me gustaron esas botas".
- No Reino Unido é máis coñecido como Gazza.
- Cando xogaba no Glasgow Rangers, liou unha de escándalo. Nun partido de máxima rivalidade relixiosa entre protestantes (Rangers) e católicos (Celtic), meteu un gol e non se lle ocurriu mellor cousa que celebralo como se tocara unha frauta, o estilo das polémicas marchas protestantes da anticatólica Órde de Orange. Recibiu ameazas de morte por iso.

- Nunha ocasión, cando xogaba co Tottenham, sustituiu unhas diapositivas sobre tácticas que ia mostrar o adestrados Terry Venables por imáxes pornográficas.
- El quería xogar no Liverpool, pero nunca lle fixeron unha oferta e foise os Spurs.
- Compartiu vestiario no equipo londinense con dous vellos coñecidos Nayim e Lineker.
- A sua fillastra Bianca Gascoigne é bastante famosilla en Inglaterra. O porqué, podedelo ver poñendo o seu nome en Google.


Biografía, palmarés, estatisticas: Paul John Gascoigne naceu un 27 de maio de 1967 en Dunston, Inglaterra. Empezou nos xuvenis do Newcastle no 80. Saltou o primeiro equipo no 85. Fichou polo Tottenham no 88. En 1992 foise a Lazio de Roma. En 1995 foise a Escocia, o Glasgow Rangers. Volveu a Inglaterra en 1998, o Middlesbrough. Logo arrastrouse polos campos nas filas de Everton, Burnley, Gansu Tianma de China e finalmente, Boston United. Gañou unha FA Cup en 1991, duas ligas escocesas (96 e 97) e unha Copa (1996). Coa selección xogou 57 partidos e meteu 10 goles. Tamén chegou a ser entrenador do Kettering Town, da sexta división inglesa, en 2005.

PD: Recordo outras anécdotas de Gazza: unha vez, estando concentrado coa selección inglesa e completamente borracho, roubou o autobús do equipo e estampouno contra o pilar dunha ponte.

Cando Glenn Hoddle lle comunicou tras o ultimo partido de clasificacion contra Italia, que non seria levado a Francia 98 este, totalmente borracho, destrozou a habitacion do hotel.
Nas concentracions da seleccion inglesa riase e mofaba de Graeme Le Saux porque bebía viño.