Mostrando entradas con la etiqueta newcastle. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta newcastle. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de octubre de 2009

GINOLA


Completamos un ciclo de grandes futbolistas franceses dunha gran época (xa vistes aquí a Djorkaeff, a Dugarry e a Cantona, entre outros) cun xenial xogador de fútbol que quizáis abriu unha tendencia do máis actual, a de aproveitar a sua imaxe para facer un diñeiro extra futbolístico. O protagonista de hoxe é David Ginola.


¿Quén era?: Un futbolista francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos máis talentosos futbolistas franceses, por asombrar a Europa nun Paris Saint-Germain no que formou unha temible parella con George Weah e por conquistar as inglesas co seu acento francés, o seu sorriso 'Profidén' e a sua melena.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2002 en Inglaterra. Agora fixo os seus primeiros pinitos como comentarista deportivo e estase a preparar para sacarse o título de entrenador. Ademáis, apareceu no reality Coach Trip, da televisión británica. É unha especie de Gran Hermano pero viaxando por toda Europa e facendo probas. Ginola participou nunha delas, en Francia, xogando o fútbol-praia cos concursantes.

¿Sabías qué...?: Ginola fixose famosísimo en Inglaterra por protagonizar un anuncio de televisión de productos para o pelo de L'Oréal, que finalizaba cun "Porque eu o valo", dito cun marcado acento francés que volvía tolas as inglesas.
- Tamén participou nun anuncio do Renault Laguna. Era protagonista asiduo dun programa da BBC chamado Vingt Minutes (nada que ver cos nosos irmans franceses), adicado a ensinar francés no Reino Unido.
- Ginola foi sinalado por todos como o culpable de que Francia non se clasificara para o Mundial do 94. Tivo unha bronca con Cantona tras ese partido. A partires de aí, nin o protagonsita de hoxe, nin Cantona nin Papin volveron a ser convocados polos bleus. Comezaba así a época de Zidane e compañía.
- Foi elixido, en 1999, xogador do ano en Inglaterra, tanto polos medios como polos xogadores da Premier.
- É embaixador da Cruz Vermella.
- Antes de irse a Inglaterra, vinculouselle co Barcelona.
- Participou en duas películas. Ademáis, é un dos dobradores que participou na versión francesa da película de animación Buscando a Nemo. Puxo a sua voz a disposición de Jacques, o camarón que compartía acuario con Nemo.
- Ten dous fillos.
- Declarouse seguidor de Sarkozy.

Biografía, palmarés, estatísticas: David Ginola naceu o 25 de xaneiro de 1967 en Gassin, a moi poucos quilómetros de Saint-Tropez, en plena Costa Azul. Comezou a sua carreira en 1985 no Toulon. En 1987 fichou polo histórico Racing Club de París. De 1990 a 1992 xogou no Brest. De 1992 a 1995 triunfou no Paris Saint-Germain e logo deu o salto a liga inglesa. Do 95 o 97 xogou no Newcastle United. Ese ano fichou polo Tottenham Hotspur, onde permaneceu ata o 2000. Xogou dous anos máis no Aston Villa e no 2002 acabou a sua carreira nas filas do Everton. Coa selección so xogou 17 partidos e meteu tres goles. No seu palmarés destacan unha liga francesa, duas Copas francesas e unha Copa da Liga, todo co PSG. En Inglaterra gañou, cos Spurs, unha Copa da Liga (hoxe Carling Cup). Dase a circunstancia de que ése trofeo era o último que había gañado o Tottenham ata o ano pasado, cando o volveu gañar.

PD: Ginola levou unha ovación no Bernabeu cando foi sustituido nun partido de Copa de Europa. O propio Real Madrid estivo a punto de contratalo tamén con Benito Floro no banquiño, aínda que, finalmente, o Real Madrid decidiuse polo eslovaco Petr Dubovsky.

viernes, 9 de enero de 2009

SHEARER


Hoxe traiovos a un dos máximos expoñentes de Inglaterra na década dos 90. Un goleador dos que xa no abundan. É Alan Shearer.


¿Quén era?: Un dianteiro centro inglés dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser a estrela da selección inglesa na Eurocopa de 1996, ser o máximo goleador da competición e por ser un dos grandes arietes da sua época.


¿Qué foi del?: Retirouse fai dous anos, nas filas do Newcastle United da sua terra. Aínda que sempre se rumoreou que ia asumir tarefas técnicas cos magpies, debutou no veran de 2006 comentando o Mundial na BBC e actualmente forma parte do equipo de comentaristas do popular programa Match of the Day, que presenta Gary Winston Lineker. Ademáis, esta sacando o carné de entrenador UEFA.

¿Sabías qué...?: Con 15 anos, foi rexeitado polas categorías inferiores do Newcastle. 11 anos despois, pagaron 15 millons de libras por el, a fichaxe máis cara da historia naquel momento.
- O día do seu debut como titular no Southampton, o seu primeiro equipo profesional, fixolle un hat-trick o Arsenal. Tiña 17 anos. Nunca antes un xogador fixera tres goles tan novo. Estivo duas veces cerca de fichar polo Manchester United, en 1992 e en 1996.
- É o quinto máximo goleador da historia da selección inglesa (30 goles).
- Posue un doutorado honorífico en Dereito Civil pola Universidade de Northumbria.
- É Officer (oficial) do Imperio Británico. Nomeouno a Raiña en 2001.
- É Freeman of the City of Newcastle, o equivalente no Reino Unido a ter a Chave da Cidade.
- Ten tres fillos.
- Tamén coñecido como O León de Gosforth.

Biografía, palmarés, estatísticas: Alan Shearer naceu en Gosforth, Newcastle, Inglaterra, o 13 de agosto de 1970. Despois de xogar no Wallsend Boys Club, fichou polo Southampton en 1988. No equipo roxiblanco meteu 23 goles en 118 partidos. En 1992 fichou polo Blackburn Rovers, escuadra coa que gañou a Premier League na temporada 93-94 (é o seu único título). Despois de 112 goles en 138 partidos fichou en 1996 polo Newcastle, onde fixo 148 goles en 303 partidos o longo de dez tempadas. Coa selección, como vos dicia, meteu 30 goles en 63 partidos.