Mostrando entradas con la etiqueta rumania. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rumania. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2009

HAGI


O mellor xogador da historia de Romanía pode dicir tamén que xogou nos dous máis grandes equipos de España. Todo un crack, Gheorghe 'Gica' Hagi asomase a este blog.


¿Quén era?: Un futbolista romanés que abandeirou o deporte do seu país nos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Pola sua extraordinaria clase co balón (que lle gañou o sobrenome de Maradona dos Cárpatos) e polo seu carisma no terreo de xogo.


¿Qué foi del?: Retirado en 2001, fixose entrenador. Tras dirixir a sua selección e o Galatasaray, entre outros, fixose cargo do mellor equipo de Romanía, o Steaua de Bucarest do controvertido George 'Gigi' Becali, do cal dimitiu tras enfrontarse o presidente, que lle ordeaba as alineacions. Agora é olleador en Europa do Este dun equipo escocés, o Inverness Caledonian Thistle.


¿Sabías qué?: Non gañou ningún título nin co Madrid nin co Barça.
- A sua muller é a irma da muller do seu amigo, tocaio e compañeiro no Barça e na selección Gica Popescu.

- É de etnia arumana.
- É o máximo goleador da historia da selección romanesa.
- En España recordase un gol que, co Barcelona, lle meteu o Celta de Vigo dende o centro do campo.

Biografía, palmarés, estatísticas: Gheorghe Hagi naceu un 5 de febreiro de 1965 en Sacele, Constanta, Romanía. Empezou a xogar no Farul Constanta, do que pasou o Sportul Studentesc. En 1987, xusto despois de que o Steaua gañara a Copa de Europa, firmou por este equipo. A sua seguinte etapa pasouna no Madrid, entre o 90 e o 92, de onde emigrou o Brescia italiano, que o tivo nas suas filas ata o 94. Firmou polo Barcelona ese ano e xogou duas tempadas. De aí foise o Galatasaray turco, onde en cinco anos viviu unha das suas mellores etapas. Empezou como entrenador na sua selección. Logo entrenou o Bursaspor e o Galatasaray en Turquía e a Politecnica de Timisoara e o Steaua no seu país. Gañou duas Supercopas de Europa (con Steaua e co Galatasaray), unha UEFA (co equipo turco) e varias ligas e copas locais en Romanía e Turquía.

PD: Cando falamos de Hagi debemos mencionar un pouco o Mundial 94. Romanía perdeu en cuartos de final, pero foi a selección que probablemente realizou o xogo máis vistoso. E esa selección, o igual que Bulgaria, non era un equipo, senon Hagi e un ou dous máis facendoo todo, e ese Mundial foi o que o relanzou a fama, e con iso a sua fichaxe polo F.C. Barcelona (e bueno, tamén o que non poideron fichar a Rui Costa)


lunes, 19 de enero de 2009

ILIE


Durante os últimos días, as augas baixan revoltas polo Valencia CF, un dos grandes equipos de Europa e de España. Pero non fai tanto, menos de dez anos, na ribeira do Turia gozaban moito cunha escadra capaz de codearse cos máis grandes. Desa época é o protagonista de hoxe, un dos grandes dianteiros que xogou en España. Con él imos a Rumanía, un país que deu numerosos prodixios o mundo do fútbol. É Adrian Ilie.


¿Quén era?: Un dianteiro rumano da década dos 90 e principios desta.

¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos dianteiros titulares de Rumanía e unha das estrelas do Valencia CF que se proclamou subcampeón de Europa no ano 2000.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2006 no Germinal belga. Agora é director deportivo do Steaua de Bucarest e empresario do sector turístico. Construiu un hotel e varios apartamentos en Poiana Brasov, unha cidade romanesa famosa polas suas pistas de esquí. Ademáis, é propietario dun clube da segunda división romanesa, o Forex Brasov. Tamén xoga, esporádicamente, na selección romanesa de fútbol-playa.

¿Sabías qué...?: O seu apelativo era A Cobra.
- Chegou o Valencia co seu irman Sabin, tamén futbolista. Para moitos, Sabin, un ano menor que Adrian, era mellor futbolista, pero o seu mal carácter arruinouno como deportista. Proba delo é que pasou por 23 clubes en so 15 anos. Agora xoga en China.
- Meteuse no negocio turístico por consello do seu sogro. O apodo da Cobra puxollo o entrenador italiano Claudio Ranieri (moi dado a por motes de animais; de Cañizares dixo que era un dragón). O seu razoamento era que Ilie "é letal, é como unha cobra, que te pica e te mata".
- As lesions impidironlle raiar a mellor nivel no Valencia, a pesares da sua prometedora primeira tempada, na que fixo 12 goles (e so xogou a segunda volta).
- A sua retirada debeuse a unha grave lesión de tobillo.
- No ano 2000, Ilie foi sancionado polo Valencia e tivo que pagar tres millons das antiguas pesetas por prolongar sen permiso as suas vacacions navideñas.
- O club ché pagou por el 7 millons de dólares o Galatasaray turco.

Biografía, palmarés, estatísticas: Adrian Bucurel Ilie naceu o 20 de abril (non do 90) do 1974 en Craiova, Rumanía. Debutou como profesional no Electroputere (bonito nome) de Craiova, en 1991. En 1993 fichou polo máis grande equipo romanes, o Steaua de Bucarest, onde permaneceu ata 1996. Os seguintes dous anos pasounos no Galatasaray de Estambul, ata que no mercado de inverno de 1998 fichouno o Valencia CF. En 2002 foi traspasado o Alavés, e a tempada seguinte, volveu a Turquía para xogar no Besiktas. As suas duas últimas temporadas pasounas no FC Zurich de Suiza e no Germinal belga. Coa selección xogou 55 partidos e meteu 13 goles. No seu palmarés destacan a Liga española de 2002 (aínda que participou pouco), a que hai que sumar catro títulos en Rumanía e outro máis en Turquía.