Mostrando entradas con la etiqueta inter. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inter. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2009

DINO BAGGIO


Unha das pantasmas para a selección española é o xogador do post de hoxe, un xogador que todos recordamos por meterlle un gol a España, naquel fatídico partido de Boston de 1994. Hoxe falo de Dino Baggio.


¿Quén era?: Un centrocampista italiano que destacou nos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos pilares da selección italiana no Mundial de Estados Unidos do 94. En España, recordase porque foi o autor do primeiro gol dos transalpinos no partido de cuartos que enfrontou a España e a Italia.


¿Qué foi del?: Pois sorprendentemente, Dino Baggio segue xogando o fútbol os seus 36 anos. Faino, eso sí, nas filas do Tombolo, que compite na Terza Categoria do fútbol italiano (A Prima Categoría e a seguinte a serie C-2, a Terza e a terceira desde a Prima), que nin sequera é profesional. É a décima categoría do Calcio, a máis baixa (Para facervos unha idea, a Terceira Rexional é a oitava categoría do futbol daquí). Tomou a decisión de fichar por este equipo porque o entrenador é seu primo.

¿Sabías qué...?: Non ten ningún parentesco con Roberto Baggio.
- Debutou na selección o mesmo día que o ex xogador do Atlético de Madrid e Barcelona Demetrio Albertini.

- O diario Marca recollía o outro día unhas declaracions de Baggio a propósito do partido da Euro 2008 entre Italia e España: "España leva 88 anos sen gañarnos un partido oficial. Será por algo. España sempre xoga ben; Italia gaña máis".
- Cando Dino estaba na Juventus, o Parma fixolle unha oferta para fichalo. Nin Baggio nin a Juve querían desfacerse del, así que o equipo piamontés ofreceu o Parma a posibilidade de fichar a un xove xogador chamado Alessandro Del Piero. Cando xa estaba case todo feito, Dino Baggio cambiou de decisión e marchou o equipo parmesano.
- Na tempada 98/99, un partido Wisla Cracovia - Parma da Copa da UEFA, un afeccionado polaco lanzou un coitelo dende as gradas que impactou na cabeza de Dino Baggio, quen non sufriu feridas graves. O suceso costoulle o Wisla un ano de sanción.
- Aínda que se rumoreou o seu pase o Chelsea, en Inglaterra xogou no histórico Blackburn Rovers.

Biografía, palmarés, estatísticas: Dino Baggio naceu o 24 de xullo de 1971 en Camposampiero, na provincia italiana de Padua. Empezou a xogar no histórico e lexendario Torino, en 1988. En 1991 foi fichado polo Inter de Milán, onde so permaneceu un ano. En 1992 chegou a Juventus de Turín, onde despuntou. En 1994 levouno o Parma, onde formou parte da columna vertebral do equipo ata 2000. Ese ano fichou pola Lazio, ata 2003. Ese ano e o seguinte viviu duas cesions, unha o Blackburn Rovers e outra o Ancona italiano. Tras un breve paso en 2005 pola Triestina, da Serie B italiana, deixou o fútbol, para volver este ano o Tombolo. A nivel de equipos, gañou unha Copa italiana, unha Supercopa e tres UEFAS. Coa selección xogou uns nada despreciables 60 partidos e meteu 7 goles.

PD: A anecdota máis importante de Dino Baggio e a que acabou coa sua carreira foi nun partido Parma-Juventus do 9 de xaneiro de 2000, Dino Baggio é expulsado inxustamente por unha acción sobre Zambrotta, mentres se dirixe os vestiarios cuspe o cespede e co indice e pulgar fai un xesto de contar billetes. Suspendeno por dous partidos coa selección Italiana (nese momento era titular indiscutible) e o seu clube o Parma suspendeo por 6 partidos e multao con 200.000.000 de liras (100.000 euriños que naquela época eran moito máis, aínda que agora non sexan xa pouco). Despois diso non volvería a ser convocado coa selección e xogaría so 66 partidos ata 2005 co Parma, un xogador que era o xefe do mediocampo parmesano.

domingo, 8 de marzo de 2009

DJORKAEFF


Volvemos a unha época dourada para o fútbol francés, cando os "bleus" se proclamaron campions do Mundo e de Europa. Un dos pilares dese equipo é o protagonista de hoxe. É Youri Djorkaeff.


¿Quén era?: Un centrocampista francés da década dos 90 e comezos desta.


¿Por qué se lle recorda?: Por formar parte, como vos dicía antes, daquela selección francesa que se convertiu na máis poderosa do mundo.


¿Qué foi del?: Retirouse fai moi pouco, en 2006, nas filas dos MetroStars de New York (hoxe Red Bull New York). Agora é presidente do UGA Décines (UGA son as siglas de Unión General Armenia), un equipo de categoría amateur de Lyon. Djorkaeff é de orixe armenio.

¿Sabías qué?: Seu pai, Jean Djorkaeff, foi defensa do Olympique de Lyon, do Paris Saint Germain e da selección francesa.
- Escribiu un libro autobiográfico, Snake (é o apodo que lle puxeron pola sua forma de meterse nas defensas contrarias).

- Tamén probou sorte na música. Grabou unha canción de estilo house, pero ahí quedou a cousa.
- Xogou en catro das principais ligas de Europa: Francia, Italia, Alemania e Inglaterra. So lle faltou España.
- Sua nai é de orixe armenio. Seu pai, da etnia Kalmyk, de tipo mongol.
- Formou unha gran parella con Zinedine Zidane.
- Na sua época vinculouselle como posible fichaxe do Barcelona.

Biografía, palmarés, estatísticas: Youri Djorkaeff naceu o 9 de marzo de 1968 en Lyon, Francia. Debutou como profesional no Grenoble en 1984. No 89 chegou o Estrasburgo e dous anos despois, o Monaco. Despois de catro temporadas, foise o Paris Saint-Germain, onde cuallou unha gran tempada que o levou a Italia o ano seguinte para firmar polo Inter de Milán. En 1999 xogou no Kaiserslautern alemán. De 2002 a 2004, no Bolton Wanderers inglés. Despois dun breve paso polo Blackburn Rovers, chegou os MetroStars de Nueva York, onde se retirou en 2006. A nivel de clubes gañou unha Copa francesa co Monaco, unha Recopa co PSG e unha UEFA co Inter. Coa selección, o Mundial do 98 e a Eurocopa do 2000.

PD: O seu explendor máximo foi na Eurocopa do 1996 en Inglaterra, onde el so case consigue o titulo. Foi un xogador que en clubes nunca despuntou, pero con Francia era o corazón do equipo, salvandolles de eliminacions como contra España no 2000.
Djorkaeff era a definición perfecta de Centrocampista Interior, aínda que en clubes ás veces xogaba máis de mediapunta central. Moitísima clase, fisico un pouco endeble, habilidade para pegarlle a porta e sobre todo de primeiras. Facía xogar os seus compañeiros, non metía demasiados goles, pero gracias a él vimos brilar a xogadores como Zidane.

sábado, 31 de enero de 2009

BLANC


Repasando un pouco os meus posts, dinme conta de que aquí saíu un dos grandes xogadores franceses (xa retirado) dos últimos anos como Desailly. E pensando un pouco, dinme conta de que faltaba un bastante bo, bastante carismático, e que encima xogou en España. Así tiveno claro e hoxe vouvos falar doutro dos irreductibles galos que, capitaneados por Zidane, asombraron o mundo enteiro nos últimos anos do seculo pasado. É Laurent Blanc.


¿Quén era?: Un defensa francés dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser un dos centrais titulares da selección francesa que gañou o Mundial do 98 e a Eurocopa do 2000 e por xogar en grandes de Europa como o Barça, o Inter ou o Manchester United.


¿Qué foi del?: Retirouse en 2003 nas filas do Manchester United. Despois delo, sacou o título de entrenador e o ano pasado, un histórico galo como o Girondins de Burdeos deulle unha oportunidade. E foille bastante ben, porque no seu primeiro ano no banquiño dos de Aquitania, clasificou o equipo para a Champions League.


¿Sabías qué...?: Nos partidos da selección francesa, popularizou un xesto que facía antes de cada partido. Blanc acercabase o porteiro, Fabien Barthez, e bicaballe a calva.

- Laurent Blanc foi o autor do primeiro gol de ouro da historia dos Mundiais. Meteullo a Paraguai en 1998.
- As veces que Blanc xogou en defensa con Thuram, Desailly, Lizarazu e Barthez de porteiro, Francia nunca perdeu. Perdeuse a final do Mundial do 98 porque en semifinais foi expulsado polo árbitro español García Aranda (que raro), por unha suposta agresión o croata Slaven Bilic (hoxe seleccionador dos balcánicos). Deulle un pouco, pero Bilic esaxerou o golpe.
- Alex Ferguson estivo detrás da sua fichaxe dende 1996 para o seu Manchester. Non o puido contratar ata 2001.
- É o séptimo xogador francés con máis internacionalidades.
- Os lectores da revista France Football elexirono en 2006 o cuarto mellor xogador da historia de Francia, despois de Platini, Zidane e Kopa (todos eles, por certo, de orixe estranxeiro -italiano, arxelino e polaco-).
- No Barcelona non logrou facerse coa titularidade, lastrado polas lesions.
- En Francia era coñecido como Le Président (o Presidente).

Biografía, palmarés, estatísticas: Laurent Blanc naceu o 19 de novembro de 1965 en Alès, Francia. Debutou como profesional no Montpellier, en 1983. Despois de oito anos no clube, fichou polo Napoles italiano, onde cuallou unha boa tempada. Volveu non obstante, a Francia para xogar no Nîmes na tempada 92-93. O ano seguinte marchou para o histórico Saint Etienne. Despois de dous anos cos verdes, fichou polo Auxerre do lexendario Guy Roux. O ano seguinte (96-97) fichou polo Barcelona. En 1997 fichou polo Olympique de Marsella, onde estivo dous anos. Logo volveu a aventurarse no extranxeiro e fichou polo Inter, onde pasou outros dous anos. As suas últimas duas tempadas viviunas en Inglaterra, co Manchester United. Coa selección xogou 97 partidos e meteu 16 goles. No seu palmarés destacan, por suposto, o Mundial do 98 e a Euro de 2000. A nivel de clubes, ten unha Supercopa de España, duas ligas francesas, unha liga inglesa e duas copas de Francia.
PD: Era un defensa cumplidor, profesional dentro e fora do campo, un señor. Cando xogou no Barcelona quedou segundo na Liga, aínda que estaba acompañado de grandes xogadores como Ronaldo, Figo, Stoichkov ou Guardiola xa que o Real Madrid de Capello, Suker e Mijatovic alzouse campión.
Para min é o mitico defensa, xenial, fabuloso e gran xogador en todos os seus equipos pero que se apaga a pasos axigantados en Can Barça (Abidal, Pellegrino, Christanval, Bogarde, Thuram ou Fernando Couto).
Pronto apareceran antigos compañeiros de seleccion de Blanc, esa gran selección con nomes como Djorkaeff, Lizarazu, Dugarry, Boghossian ou Leboeuf

jueves, 15 de enero de 2009

BAGGIO


Señoras e señores, quítense o sombreiro se o levan, porque hoxe toca falar dun dos xogadores con máis talento que pisaron nunca un terreo de xogo. É Roberto Baggio.


¿Quén era?: Un futbolista italiano que destacou na década dos 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser durante anos o auténtico líder da selección italiana de fútbol, algo que tamén conseguiu a nivel de clubes, pois non en van xogou na Juventus, no Milan e no Inter, os tres equipos máis poderosos do país transalpino.

¿Qué foi del?: Retirado en 2004 nas filas do Brescia, adicase, simplemente, a vivir. Sigue sendo embaixador das Nacions Unidas e ten unha finca agrícola en Arxentina, a que vai a relaxarse e a cazar. Ademáis, é un blogger bastante activo (de feito, o seu blog ten unha versión en castelan). Por agora non se decidiu a volver a vincularse o mundo do fútbol, a pesares de que o presidente do Inter, Massimo Moratti, propuxollo.

¿Sabías qué?: É budista.
- Escribiu a sua biografía, titulada Una porta nel celo (Unha porta no ceo).
- O seu irman pequeno, Eddy, xoga o fútbol nun equipo de cuarta división italiana.
- Non ten ningún parentesco co que fora compañeiro seu na selección e na Juve Dino Baggio. É Cabaleiro da Orde do Mérito da República Italiana.
- Ten unha filla e dous fillos.
- É o único futbolista italiano que marcou goles en tres Mundiais (Italia 90, USA 94 e Francia 98).
- A cantante Madonna namorouse del despois de verlle un partido do Mundial de Italia.
- Foi o autor do 2-1 no partido que sacou a España do Mundial de Estados Unidos (sí, o do codazo de Tassotti a Luis Enrique).
- Moitos expertos definían a Baggio como un '9,5', pois non era dianteiro centro (9) nin un centrocampista atacante (10) en esencia. Era un termo medio. Non obstante, xogaba con este último dorsal.
- O Brescia retirou o número 10 no seu honor.
- En Italia chamano Il Divin Codino, en referencia a sua coda ou cola de cabalo.
- Cerca do final da sua carreira chegou a ter ofertas do Arsenal e do Real Madrid.

Biografía, palmarés, estatísticas: Roberto Baggio naceu en Caldogno, provincia de Vicenza, Italia, o 18 de febreiro de 1967. Despois de xogar tres anos no Vicenza, fichou pola Fiorentina, onde empezou a despuntar. Pasou alí cinco anos e no 1990 fichou pola Juventus, onde pasou outro lustro (no que xogou 141 partidos e meteu 78 goles). Do 95 o 97 xogou no Milan. Pasou un ano no Bolonia e despois regresou a Milán, pero para xogar no Inter, entre o 98 e o 2000. Ese ano fichou polo Brescia, onde se retirou en 2004. En total, acumula 453 partidos de liga italiana e 205 goles neles. Coa selección xogou 56 partidos e meteu 27 goles. No seu palmarés ten duas ligas italianas, unha Copa de Italia e unha UEFA. Foi Balón de Ouro e FIFA World Player en 1993.