martes, 10 de noviembre de 2009

MAZINHO


Se houbera unha clasificación de grandes futbolistas brasileiros que xogaron na nosa liga, o que vos traio hoxe estaría, seguro, entre os 10 primeiros. É ese tipo de xogador de enorme técnica, de traballo constante, de visión de xogo enorme e de honradez no terreo de xogo e fora del (non todolos brasileiros da nosa liga poideron dicir isto último). Ademáis, este futbolista é un dos compoñentes dunha das mellores xeracions de xogadores do seu país, capitaneada por Romário e que culminaron a sua carreira conseguindo gañar o Mundial dos Estados Unidos. O home do que vos falo hoxe é Mazinho.


¿Quén era?: Un futbolista brasileiro dos 80 e os 90.


¿Por qué se lle recorda?: Por ser titular na selección brasileira que gañou o Mundial en Estados Unidos 94 e ser un dos grandes xogadores dos últimos anos tanto do Valencia CF como do Celta de Vigo. Ademáis, tamén xogou no Elche e no Alavés.

¿Qué foi del?: Retirouse en 2001, nas filas do Vitória de Bahía do seu país. Tras iso, foi director técnico do Aris de Salónica grego. Agora volveu a vivir en España, en concreto en Barcelona. A razón é que se adica en corpo e alma a promocionar e representar a carreira futbolística dos seus fillos Thiago e Rafael, que xogan nas categorías inferiores do Barça. Os que saben moito desto din que Thiago, que xoga no Barça B as ordes de Luis Enrique, é un crack e que promete moitisimo. Ademáis, debutou xa coa sub 17 española. Ultimamente formou tándem con outro ex-futbolista brasileiro da nosa liga, Donato, para entrenar ó Aris de Salónica. Fai pouco que os destituiron.


¿Sabías qué...?: Sen dubida, a imaxe máis famosa de Mazinho, é a celebración dun gol que Bebeto lle fixo a Holanda no Mundial de USA 94. O ex dianteiro do Depor celebrouno co xesto de acunar un bebé (acababa de ser pai), e Romário e Mazinho unironselle na banda, imitando o mesmo xesto. Sobre esa celebración, Mazinho dixo fai pouco, nunha entrevista: "Non había nada preparado naquela celebración, foi algo espontáneo. Bebeto adicaballo o seu fillo e logo unimonos Romario e eu".
- Thiago, o fillo de Mazinho, ten nacionalidade española, pero naceu en Bari, Italia, cando seu pai xogaba no Lecce do país transalpino.
- Futbolísticamente, Thiago criouse en Vigo.
- Thiago estivo a punto de fichar polo Madrid, pero o clube merengue non aceptou o que pedía Mazinho: 40.000 euros, billetes de avión para viaxar a Madrid e un traballo como cazatalentos do Madrid en Vigo. O Barça si aceptou.
- A principios dos 90, houbo outro Mazinho que xogou coa selección brasileira.
- Mazinho tamén se fixo cargo dun campus de fútbol para nenos en Vigo.
- Fai un ano, o diario El Mundo Deportivo de Barcelona publicou que o Chelsea xa preguntara a Mazinho polos seus fillos.
- Segundo o blog "Eu xoguei no Celta", o Celta pagou 100 millons de pesetas o Valencia polos seus servizos.


Biografía, palmarés, estatísticas: Iomar do Nascimento, alias Mazinho, naceu en Santa Rita, Brasil, o 8 de abril de 1966. Debutou en 1983 no Santa Rita. En 1986 deu o salto o gran Vasco de Gama do seu país, onde pasou catro exitosos anos e tras os que deu o salto a liga italiana. En 1990 chegou o Lecce e o ano seguinte fichou pola Fiorentina. Tras un ano no equipo toscano, regresou a Brasil para xogar no Palmeiras de Sao Paulo. Duas tempadas despois volve a Europa da man do Valencia CF. Dous anos despois ficha polo Celta de Vigo, onde pasa catro tempadas. As suas últimas patadas o balón deunas no Elche, no Alavés e no Vitória de Bahía do seu país. Coa canarinha xogou 39 partidos. No seu palmarés destacan o Mundial do 94 e a Copa América do 89 coa selección e dous campionatos paulistas (Palmeiras), dous campionatos cariocas (Vasco), amén de dous Brasileiraos (un con Vasco e outro con Palmeiras).

PD: En Vigo foi onde máis destacou aínda que en Valencia tamén era un gran xogador, ata que chegou Luis Aragonés e o descartou xunto con Viola, Engonga e Romário... casualmente todos de color.

Estupenda tempada 97-98 que fixo o Celta no medio campo coa parella Ito - Mazinho. Complemento ideal que devolveu o Celta a Copa da UEFA, 19 anos despois.

Na seleccion brasileira campiona do Mundo en EEUU, Mazinho era suplente xa que o titular no centro do campo canarinho era Raí.

Falar de Mazinho como xa dixen e falar dun dos 10 mellores brasileiros que xogaron na Liga Española: Ronaldo, Rivaldo, Romário, Ronaldinho, Mauro Silva, Roberto Carlos, Djalminha, Dani Alves, Bebeto e o propio Mazinho, quizais neste orde.

Mazinho, un señor, agás o seu último ano no Celta, tiña unha lesión ósea dexenerativa nunha rodilla e pouco menos que coxeaba. Despois de 3 grandiosas tempadas non soubo recoñecer a sua desgracia e marchou o Elche pola porta de atrás. Todo iso non emborrona a gran calidade que tiña como futbolista e como persona. Vendo o Celta nestes días, no pozo da Segunda División acordome dun once mítico: Dutruel; Míchel Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges; Mazinho, Makélélé; Revivo, Mostovoi, Karpin; Penev.

No hay comentarios: